Inicio | Noticias | A Coruña | Concello de Toques

En el foro se dijo

 
Concello de Toques Imprimir E-mail
Usar puntuación: / 0
MaloBueno 
Noticias - A Coruña
Escrito por Administratora   
Sábado, 27 de Septiembre de 2008 15:59
Boletín Nº 215. MiÉrcoles, 17 de septiembre de 2008
Bases do proceso para a selección dunha praza de axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Toques.
A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 29 de agosto de 2008, adoptou o acordo de aprobación das bases que rexerán a convocatoria dunha praza de axente de emprego e desenvolvemento local, en aplicación do establecido na disposición transitoria 4ª da lei 7/2008, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, relativa a consolidación de emprego temporal.-
BASES DO PROCESO PARA A SELECCIÓN DUNHA PRAZA DE AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL DO CONCELLO DE TOQUES:
1.- Obxecto da convocatoria.
O obxecto da convocatoria é o de regular o acceso á función pública, como funcionario/a, dunha praza de axente de emprego e desenvolvemento local, incluida na oferta de emprego público para o ano 2008.
O sistema de selección é o de concurso-oposición con aplicación da disposición transitoria 4ª da lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público.
A praza convocada corresponde ao grupo A, subgrupo A2, segundo o que establece o artigo 76 e a disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do estatuto básico do empregado público e está dotada de conformidade co que está estblecido no cadro de persoal, que aprobou o Pleno do Concello na sesión celebrada o día 8 de maio de 2008.-
O/a aspirante que resulte nomeado/a quedará sometido/a á Lei 53/1984, do 26 de decembro, dendo o momento da súa toma de posesión.
2.- Funcións da praza.
As funcións da praza serán as propias do posto de traballo de axente de emprego e desenvolvemento local, así como calquera outra encomendada pola Alcaldía na súa competencia de organización dos servizos municipais.
3.-Réxime Xurídico.
Esta convocatoria rexerase por estas bases e, no que non estea previsto nelas, pola seguinte normativa:
- Lei 7/2007, do estatuto básico do empregado público.
- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
- Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia.
- Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos aos que debe axustarse o procedemento de selección de funcionarios de administración local.
- Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.
- Real Decreto Legislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.
- Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- Supletoriamente, o Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da administración do Estado.
4.- Requisitos dos/as aspirantes.
Para ser admitido/a nas probas, o/a aspirante deberá reunir os seguintes requisitos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do que dispón o artigo 57 do Estatuto Básico do Empregado Público.
- Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder da idade prevista para a xubilación.
- Estar en posesión dun título universitario (licenciado/a ou diplomado/a) ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo para presentar as instancias.
- Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desenvolvemento das correspondentes funcións.
- Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario, do servizo ao Estado, ás comunidades autónomas ou ás entidades locais, nin estar inhabilitado para exercer funcións públicas.
- Comprometerse a realizar o xuramento ou promesa do cargo, tal e como establece o artigo 1 do Real decreto 707/1979, do 5 de abril.
- Os/as aspirantes deberán posuir todos estes requisitos na data na que remate o prazo para presentar as instancias e deberanos manter ata o momento do nomeamento. Será nulo o nomeamento como funcionario/a do/a aspirante que estea incurso/a en causas de incapacidade, de conformidade coa normativa vixente.
5.- Presentación de instancias.
As solicitudes presentaránse no rexistro de entrada do Concello de Toques ou mediante o procedemento regulado no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, según o modelo que figura como anexo I.-
6.- Documentación.
Os/as aspirante achegarán coa instancia:
- A fotocopia compulsada do DNI.
- Fotocopia compulsada da titulación esixida na base 4ª.
- Relación de méritos que aleguen e os documentos xustificativos correspondentes, que deberán de ser orixinais ou fotocopias compulsadas. O tribunal non terá en consideración os méritos que non estean debidamente acreditados.
7º.- Admisión de aspirantes.
Logo de que remate o prazo de presentar as instancias, o alcalde, no prazo máximo de un mes, aprobará a listaxe provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, indicando, de ser o caso, as causas da exclusión. A listaxe sairá publicada no Boletín Oficial da Provincia e no taboeiro de anuncios da casa do concello. Os/as aspirantes excluídos/as e os que non consten na listaxe de admitidos/as nin na de excluidos terán un prazo de dez dias, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución, para corrixir os defectos da solicitude.
Unha vez transcorrido o prazo de dez días para corrixir os defectos da solicitude, o alcalde aprobará a listaxe definitiva, que levará implícita a estimación ou a desestimación das solictudes corrixidas. A listaxe definitiva sairá publicada no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da casa do concello. O alcalde aprobará nesa mesma resolución a composición do tribunal, o lugar, a data e a hora de comenzo do primeiro exercicio.
No caso de que non haxa aspirantes excluidos/as entenderase que listaxe provisional é a definitiva de aspirantes admitidos/as.
Os/as aspirantes excluidos/as poderán interpor contra a relación definitva o recurso potestativo de reposición ante o alcalde ou o contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nos prazos que están establecidos na Lei 30/1992.
O feito de figurar na relación de admitidos/as non prexulga que se lles recoñeza que posúen os requisitos esixidos no procedemento.
Os/as aspirantes que consten na relación de admitidos/as decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación no procedemento, no caso de que non posúan algún dos requisitos.
8º.- Tribunal calificador.
Os órganos de selección serán colexiados e a súa composición deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos/das seus/súas membros e deberán tender, así mesmo, á paridade entre muller e home, de conformidade co que establece o artigo 60 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.
O Alcalde designará o tribunal de conformidade co artigo 4, do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos aos que se debe axustar o procedemento de selección dos funcionarios de administración local.
Tódolos membros/as do tribunal deberán contar con titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso á praza ou prazas que se convoquen, e tenderase á paridade entre muller e home.
O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a presenza, cando menos da metade dos/das seus/súas membros, titulares ou suplentes indistintamente. En todo caso requírese a asistencia do/a presiente/a e do/a secretario/a ou os/as que legalmente os/as substitúan.
Os membros do tribunal deberanse de abster de intervir, comunicándoo á autoridade convocante, cando concorran as circustancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, ou estivesen preparando a aspirantes ás probas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Os/as aspirantes poderán recusar aos/ás membros do tribunal cando concorran aquelas circustancias.
O tribunal resolverá tódalas dúbidas que xurdan na aplicación das presentes normas, así como nos casos non previstos polas mesmas. Tamén poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores/as especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que xulgue oportuno, limitándose os/as asesores/as a prestar colaboración nas súas especialidades técnicas.
Para os efectos do percibo de indemnizacións en concepto de asistencias, os compoñentes dos tribunais que actúen nestas probas terán as categorías que correspondan segundo establece o Real decreto 462/2002, do 24 de maio.
9.- Desenvolvemento das probas selectivas.
Os/as aspirantes acudirán ás probas provistos/as do D.N.I. E serán convocados para cada exercicio nun único chamamento. Estarán excluídos do procedemento os/as aspirantes que non comparezan, agás nos casos debidamente xustificados. Serán os/as membros do tribunal os/as que deberán apreciar a xustificación.
Os/as aspirantes actuarán por orden alfabética. Comenzarán os/as aspirantes que o primeiro apelido empece pola letra A.
Os demais anuncios relacionados coa convocatoria sairán publicados no taboleiro de anuncios da casa do concello, unha vez que comencen as probas e despois de que saian publicadas estas bases no Boletín Oficial da Provincia. Os/as aspirantes tamén poderán obter información vía telefónica, logo de acreditar a sua identidade. Entre o final dunha proba e o comenzo da seguinte deberán de transcorrer un mínimo de 24 horas e un máximo de 40 días.
O tribunal poderá esixirlles aos/ás aspirantes que acrediten a súa identidade en calquera momento durante as probas e os/as aspirantes deberán mostrar o seu DNI ou documento equivalente.
A fase de concurso que non suporá máis do 40% da puntuación total, será anterior á fase da oposición, non terá carácter eliminatorio e non se poderá ter en conta para superar as probas da fase de oposición. O tribunal non poderá valorar os méritos que non foran alegados e que non estean probados nos documentos que os/as aspirantes achegaran coas solicitudes. O tribunal non poderá conceder ningún prazo para que os/as aspirantes corrixan a documentación que fai referencia aos méritos.
O tribunal publicará a calificación dos/das aspirantes aprobados/as en cada exercicio o mesmo día do acordo no taboleiro de anuncios do concello.
10.- Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.
O tribunal, unha vez que rematen as probas, publicará no taboleiro de anuncios da casa do cncello a relación de aprobados/as por orden de puntuación final. O tribunal considerará aprobado/a o/a aspirante que acade a maior puntuación na suma total de todo o proceso selectivo, incluida a fase de concurso. O número de aprobados/as non poderá ser maior que o número de prazas convocadas. O tribunal poderá declarar deserto o posto se non hai ningun/ha aspirante que supere as probas. O tribunal trasladaralle ao alcalde a relación xunto coa acta da última sesión, para os efectos de que o alcalde nomee ao/á proposto/a. Será nula de pleno dereito calquera proposta que contraveña o que dispon o tribunal.
O/a opositor/a aprobado/a, no prazo de vinte días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación da relación de aprobados/as, deberá presentar a seguinte documentación:
- Copia cotexada do DNI ou, de ser o caso, o documento equivalente expedido pola autoridade competente do país de orixe.
- Copia cotexada do título que se esixe nestas bases ou, de ser o caso, xustificante de ter aboados os dereitos para ser expedido.
- Declaración xurada de non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha administración pública, nin de estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.
- Declaración xurada de non estar incurso en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade, de conformidade coa lexislación vixente e referida ao momento da súa toma de posesión. Os/as aspirantes que fixeran valer a súa condición de persoas con minusvalía deberán presentar un certificado expedido polo órgano competente que acredite tal condición. Deberán presentar, ademais, un certificado do citado órgano ou da administración sanitaria acreditativo da compatibilidade co desenvolvemento das tarefas e das funcións correspondentes.
Os/as aspirantes que tiveran a condición de funcionarios/as de carreira ou de persoal laboral fixo ao servizo de de calquera administración pública quedarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións xerais que xa tivesen probado para obter o seu anterior nomeamento. En todo caso, deberán presentar un certificado da adminstración pública da que dependeran para reditar a súa condición.
Non poderán ser nomeados/as funcionarios/as aqueles/as que dentro do prazo indicado e salvo caso de forma maior non presentaran a documentación ou se a documentación que presentaron se deduce que carecen dalgún dos requisitos esixidos, sen prexuízo da responsabilidade na que incorrera por falsidade na instancia.
11.- Probas selectivas e sistema de calificación dos exercicios.
As probas selectivas constarán de dúas fases:
- Concurso
- Oposición
A) Fase do concurso
Será previa á da oposición e non será eliminatoria. A calificación desta fase deberá estar concluida antes de que os/as aspirantes comencen a fase de oposición, e o tribunal fará público o seu resultado no taboeiro de anuncios da casa do concello.
O tribunal só admitirá documentos orixinais ou copias cotexadas para acreditar os méritos. O tribunal non valorará os méritos que non estean xustificados dentro do prazo para presentar instancias.
O tribunal valorará a experiencia profesional, a formación académica e outros méritos cun máximo de 20 puntos, segundo o seguinte baremo:
1.- Titulacións académicas: o tribunal valorará este mérito cun máximo de 5 puntos, de conformidade co seguinte baremo:
- Licenciatura en Dereito, Economía, Dirección e Administración de empresas, Ciencias Políticas ou Socioloxía: 5 puntos
- Outras licenciaturas: 3 puntos
- Diplomatura en Relacións Laborais, Ciencias Empresariais ou similares: 3 puntos.
Acreditarase mediante fotocopia compulsada do título ou do xustificante de ter cumpridos tódolos requisitos para a expedición do mesmo.
2.- Experiencia profesional: o tribunal valorará este mérito cun máximo de 7 puntos, de conformidade co seguinte baremo:
- Por servizos prestados no concello de Toques como Técnico local de emprego ou Axente de emprego e desenvolvemento local: 0,10 puntos por mes completo traballado.
- Por servizos prestados noutras administracións como Técnico de emprego ou Axente de emprego e desenvolvemento : 0,05 puntos por cada mes completo traballado.
Os/as aspirantes xustificarán os servizos prestados na administración local mediante un certificado oficial expedido ao efecto.
Os/as aspirantes xustificarán os servizos prestados no resto do sector público mediante un certificado dos períodos cotizados na Seguridade Social.
O tribunal non valorará os servizos que non estean debidamente acreditados.
3.- Cursos de formación, ata un máximo de 6 puntos.
A) Por cursos ou seminarios relacionados co posto de traballo ou coa Administración local, impartidos ou homologados polas administracións públicas, universidades, centros públicos e concertados, e organismos oficiais, ata un máximo de 4 puntos:
- Cursos de 100 horas ou máis: 1 punto por curso.
- Cursos de 25 a 99 horas: 0,50 puntos por curso.
- Cursos de 15 a 24 horas: 0,25 puntos por curso.
- Cursos de menos de 15 horas: 0,10 puntos por curso.
O tribunal non valorará neste apartado os foros, encontros, charlas, congresos, nin os períodos de prácticas, que poderán ser valorados no apartado 5º “Outros méritos”.
O tribunal non admitirá como mérito neste apartado os certificados nos que non consten o número de horas.
Os/as aspirantes acreditarán estes méritos mediante diploma, certificado ou xustificante expedido ou homologado por organismos oficiais.
B) Por cursos de aplicacións informáticas impartidos ou homologados por administracións públicas, universidades, centros públicos ou concertados: ata un máximo de 2 puntos, non puntuando os cursos con duración inferior a 10 horas.
- Cursos de 100 horas ou máis: 1 punto por curso.
- Cursos de 50 a 99 horas: 0,75 puntos por curso.
- Cursos de 10 a 49 horas: 0,50 puntos por curso.
4.- Por cursos de lingua galega, debidamente acreditados por certificados emitidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística:
- Polo curso de iniciación ou Celga 3: 0,50 puntos.
- Polo curso de perfeccionamento ou Celga 4: 1 punto.
O tribunal só puntuará o curso de nivel máis alto, no caso de ter máis dun curso.
5.- Outros méritos: por asistencia a xornadas da rede de técnicos de emprego ou outras xornadas, seminarios, congresos, relacionados co posto de traballo: 0,25 puntos por cada un, ata un máximo de 1 punto.
B) Fase de oposición:
Constará dos seguintes exercicios, que terán carácter obrigatorio e eliminatorio:
1.- Primeiro exercicio :
Consistirá en desenvolver por escrito, nun período máximo dunha hora, un cuestionario de 50 preguntas tipo test, relacionadas co temario que figura como parte xeral no anexo II. O tribunal calificará este exercicio de 0 a 15 puntos e é preciso acadar un mínimo de 7,5 puntos para superar a proba.
O tribunal non computará as respostas en branco e descontará unha resposta correcta por cada tres erros.
2.- Segundo exercicio:
Consistirá en desenvolver por escrito nun período máximo de unha hora, un tema(de entre dous propostos polo tribunal), referentes á segunda parte do programa recollido no anexo II (Parte específica).
O tribunal calificará este exercicio de 0 a 15 puntos e será preciso acadar un mínimo de 7,5 puntos para superar a proba.
O tribunal valorará neste exercicio a formación xeral, os coñecementos específicos sobre a materia, a claridade e a orde das ideas, a facilidade da exposición escrita, a achega persoal do/a aspirante e a súa capacidade de síntese.
3.- Terceiro exercicio:
De carácter obrigatorio e eliminatorio, agás para aqueles aspirantes que presenten o certificado orixinal ou fotocopia cotexada de ter superados os estudos conducentes á obtención do certificado de perfeccionamento na lingua galega ou Celga 4, expedido por organismo oficial para o efecto.
Consistirá na traducción dun texto facilitado polo Tribunal do castelán ao galego nun tempo máximo de 30 minutos, coa cualificación final de “apto” ou “non apto”.
A cualificación final do concurso oposición estará determinada pola suma de méritos do concurso e dos resultados da fase de oposición. O tribunal dirimirá da seguinte forma en caso de empate:
*Primeiro: o aspirante que obtivese a maior puntuación no segundo exercicio.
*Segundo: o aspirante que obtivese a maior puntuación no primeiro exericicio.
O tribunal declarará aprobado/a o/a aspirante que obtivese a maior puntuación e proporalle ao órgano competente da Corporación o seu nomeamento como funcionario/a de carreira do Concello de Toques na categoria de axente de emprego e desenvolvemento local.
12.- Recursos.
Os actos que poñan fin ao procedemento selectivo deberán ser motivados. A motivación dos actos do tribunal estará referida ao cumprimento das normas legais e regulamentarias e das bases da convocatoria.
As resolucións do tribunal vinculan ao Concello de Toques, sen prexuízo de que as poida revisar, de conformidade co que dispoñen os artigos 102 e seguintes da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas poderán impugnar estas bases, a súa convocatoria e cantos actos se deriven delas, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como de ser o caso, pola Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Anexo 1.
Modelo de Instancia
............... co DNI núm..............co enderezo na rúa.........núm..........andar, código postal............., localidade............, teléfono.................
Expoño:
1.- Que desexo participar nas probas selectivas para acceder a unha praza de axente de emprego e desenvolvemento local, convocada pola Resolución do...................publicada no Boletín Oficial do Estado número....................do..............-
2.- Que, á data de remate do prazo sinalada para presentar a solicitude, reúno todos os requisitos esixidos nas bases, que declaro coñecer.
3.- Coa solicitude, achego a seguinte documentación:
- A copia cotexada do DNI
- Unha relación dos méritos que alego e os documentos acreditativos ou as copias cotexadas de cada un dos méritos alegados que son puntuables segundo as bases.
................de.............de 2008.-
Anexo II
Parte Xeral:
Tema 1.- A Constitución Española de 1978: estructura e contido. Os principios xerais do Título Preliminar.
Tema 2.- Dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns. A súa garantía e suspensión.
Tema 3.- A Coroa. As funcións do Rei. O referendo.
Tema 4.- As Cortes Xerais. Composición, atribucións e funcionamento. Órganos de control dependentes das Cortes Xerais: O Defensor do Pobo. O Tribunal de Contas.
Tema 5.- O Poder Xudicial. Regulación constitucional da Xustiza. O Consello xeral do Poder Xudicial. A organización da Administración de Xustiza en España.
Tema 6.- O Tribunal Constitucional. Composición, organización e funcións. A eficacia das súas sentenzas. O sistema español de control da constitucionalidade das leis.
Tema 7.- O Goberno no sistema constitucional español. A designación e remoción do Presidente do Goberno. O Goberno: funcións e composición.
Tema 8.- A Administración do Estado. A estructura departamental e os seus órganos superiores. Organos consultivos. A Administración periférica.
Tema 9.- Os Estatutos de Autonomía: o seu significado e natureza xurídica. As formas de acceso á autonomía na Constitución Española. A organización política e administrativa das Comunidades Autónomas.
Tema 10.- O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estructura e principios fundamentais. Aprobación e reforma.
Tema 11.- Competencias da Xunta de Galicia, especial consideración as competencias en materia de réxime local.
Tema 12.- O Parlamento de Galicia. A Xunta e o seu Presidente.
Tema 13.- As fontes do Dereito Administrativo. A Lei. Concepto e caracteres. As leis estatais: leis ordinarias e orgánicas. Normas do goberno con forza de lei. Os tratados internacionais como normas do dereito interno.
Tema 14.- O Regulamento. A potestade regulamentaria: Formación e fundamento. Distinción de figuras afíns. As relacións entre Lei e Regulamento
Tema 15.- A relación xurídico-administrativa. Concepto. Suxetos: a administración e o administrado. Dereitos do administrado. Actos xurídicos do administrado.
Tema 16.- O procedemento administrativo. Concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedmento administrativo común: ámbito de aplicación e principios informadores.
Tema 17.- As fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. O silencio administrativo.
Tema 18.- O acto administrativo: concepto e clases. Requisitos: motivación e forma. Actos administrativos convencionais.
Tema 19.- Eficacia dos actos administrativos. Executividade e execución forzosa. Suspensión. Validez e invalidez do acto administrativo. Convalidación, conservación e conversión.
Tema 20.- Revisión dos actos administrativos. Revisión de oficio. Os recursos administrativos: principios xerais.
Tema 21.- Clases de recursos administrativos. Recurso de alzada. Recurso potestativo de Reposición. Recurso extraordinario de Revisión. Recurso Económico-Administrativo.
Tema 22.- Formas da acción administrativa, con especial referencia á administración local. A actividade de fomento. A actividade de policía: as licencias. O servizo público local: formas de xestión.
Tema 23.- A intervención administrativa na propiedade privada. A expropiación forzosa.
Tema 24.- A responsabilidade da Administración Pública: evolución histórica e situación actual.
Tema 25.- O réxime local español: principios constitucionais e regulación xurídica.
Tema 26.- O Municipio: concepto e elementos. O termo municipal. A poboación: especial referencia ao empadroamento. Alteracións dos termos municipais. Lexislación básica e lexislación autonómica.
Tema 27.- Organización municipal. Competencias.
Tema 28.- A provincia. Organización provincial. Competencias.
Tema 29.- Outras entidades locais. Mancomunidades, comarcas ou outras entidades que agrupen varios municipios. As áreas metropolitanas. Entidades de ámbito territorial inferior ao municipio.
Tema 30.- A potestade regulamentaria das entidades locais: Regulamentos, Ordenanzas e Bandos. Procedemento de elaboración e aprobación.
Tema 31.- O sistema electoral local. Causas de inelexibilidade e incompatibilidade. Elección dos concelleiros e alcaldes. Elección de deputados provinciais e presidentes..
Tema 32.- O Alcalde: competencias e funcións. O Pleno da corporación local. A Xunta de Goberno Local. Tenentes- Alcalde e Concelleiros: competencias e funcións.
Tema 33.- Réxime de funcionamento dos órganos colexiados locais. Sesións e acordos.
Tema 34.- Actas, certificacións, comunicacións, notificacións e publicación dos acordos. Rexistro de documentos.
Tema 35.- O persoal ao servizo das entidades locais: clases e réxime xurídico. Os instrumentos de organización do persoal: cadro de persoal e relacións de postos de traballo.
Tema 36.- O acceso aos empregos locais. Sistemas selectivos. A extinción da condición de empregado público. O réxime de provisión de postos de traballo: sistemas de provisión.
Tema 37.-O persoal funcionario das entidades locais: dereitos, deberes, réxime disciplinario. Situacións administrativas. O réxime de Seguridade Social.
Tema 38.- Os bens das entidades locais. O dominio público. O patrimonio privado das mesmas.
Tema 39.- Os contratos administrativos na esfera local. Requisitos dos contratos. O contratista: capacidade, solvencia, prohibicións e clasificación.
Tema 40.- A selección do contratista. Actuacións previas á contratación. Procedementos, formas e criterios de adxudicación. As garantías e responsabilidades na contratación.
Tema 41.- O perfeccionamento e formalización do contrato. Execución e modificación dos contratos. A revisión de prezos. Extinción do contrato.
Tema 42.- As facendas locais: recursos das facendas locais. Impostos e taxas. Os prezos públicos.
Tema 43.- O orzamento das Corporacións Locais. Principios, integración e documentos de que consta. Proceso de aprobación. Principios xerais de execución do orzamento. Modificacións orzamentarias. Liquidación do orzamento.
Tema 44.- O gasto público local: concepto e réxime legal. Execución dos gastos públicos. Contabilidade e contas.
Tema 45.- A Unión Europea: antecedentes, nacemento e obxectivos. Os Tratados orixinais e modificativos. A ampliación a 25 membros. Cambios fundamentais.
Tema 46.- As Institucións da Unión Europea: O Parlamento, o Consello, a Comisión, o Tribunal de Xustiza. Outros órganos.
Parte específica:
Tema 1.- As políticas activas de emprego e o servizo público de emprego en Galicia. Relación co desenvolvemento local.
Tema 2.- Análise económica do mercado de traballo, indicadores territoriais e fontes estatísticas a nivel local.
Tema 3.- O I Plan Integral de Emprego de Galicia.
Tema 4.- O emprendedor. Análise da idea empresarial. Motivación para emprender.
Tema 5.- O Plan de empresa. O plan económico e financieiro no plan de empresa.
Tema 6.- Elección da forma xurídica. Trámites e procedementos para a creación dunha empresa.
Tema 7.- O empresario individual.
Tema 8.- Sociedades mercantís en xeral. Concepto legal de sociedade mercantil. Clases, disolución e liquidación de sociedades.
Tema 9.- A sociedade de responsabilidade limitada. Administración e representación. Xunta de socios.
Tema10.- A sociedade anónima. Rasgos fundamentais do seu réxime xurídico. Escritura social e estatutos. Órganos sociais. Os socios.
Tema 11.- A sociedade anónima. Patrimonio e capital social.
Tema 12.- A sociedade civil particular. Comunidades de bens. Obxecto social. Características prinicipais. Os socios e os órganos sociais. O capital social. Tramitación. Vantaxes e inconvenientes.
Tema13.- A sociedade laboral. Obxecto social. Características principais. Os socios e os órganos sociais. O capital social. Tramitación. Vantaxes e inconvenientes.
Tema 14.- Sociedade cooperativa. Obxecto social. Características principais. Os socios e os órganos sociais. O capital social. Tramitación. Vantaxas e invonvenientes.
Tema 15.- Os contratos laborais. Tipos de contratos.
Tema 16.- Programas de formación e emprego: escolas taller, casas de oficio e obradoiros de emprego.
Tema 17.- Axudas á creación de emprego autónomo, sociedades laborais e cooperativas.
Tema18.- Iniciativas de emprego: ILE e IER, procedemento de cualificación e inscrición rexistral. Programas de axudas.
Tema 19.- O Igape. Programas de microcréditos. Apoio a emprendedores.
Tema 20.- Programas de axudas ao emprego para mulleres. Programa Emega e Emprender en Feminino.
Tema 21.- Programas de incentivos para o fomento da estabilidade laboral mediante a contratación por conta allea.
Tema 22.- Introducción ao desenvolvemento local. Os axentes de emprego e desenvolvemento local. Funcións.
Tema 23.- Rede Natura 2000. Rede Natura no Concello de Toques.
Tema 24.- Os sectores primarios do concello: agricultura, e gandería. Realidade actual. Perspectivas de futuro.
Tema 25.- Puntos fortes de ámbito socioeconómico do Concello de Toques. Promoción do municipio e os seus productos: imaxe de identificación e de calidade.
Tema 26.- Puntos débiles de ámbito socio-económico do Concello de Toques.
Tema 27.- Os novos xacementos de emprego.
Toques, 9 de setembro de 2008
O Alcalde
Miguel Angel Buján Varela
Última actualización el Martes, 25 de Mayo de 2010 18:30
 
 

¿Quién está en línea?

Tenemos 11 invitados conectado(s)