Inicio | Noticias | A Coruña | Concello de Cee

En el foro se dijo

 
Concello de Cee Imprimir E-mail
Usar puntuación: / 0
MaloBueno 
Noticias - A Coruña
Escrito por Administratora   
Sábado, 27 de Septiembre de 2008 15:56
Boletín Nº 215. MiÉrcoles, 17 de septiembre de 2008
Aprobación das bases da convocatoria para a selección dunha praza de auxiliar administrativo (notificador)
Mediante Resolución da Alcaldía de data 3 de setembro de 2008, aprobaronse as bases da convocatoria para a selección dunha praza de auxiliar administrativo (notificador) incluida na Oferta de Emprego Público deste Concello do ano 2008:
BASES DA CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO (NOTIFICADOR) INCLUIDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE CEE DO ANO 2008.
1) NORMAS XERAIS.
1. Convócase proceso selectivo para a provisión dunha praza, Escala de Administración General, subescala auxiliar (notificador) incluida na oferta de emprego público do exercicio 2008, a cubrir por funcionario de carreira. A descrición da praza detállase no anexo I.
2. A convocatoria farase pública mediante a súa publicación no taboleiro de edictos da Corporación, no Boletín Oficial da Provincia, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado.
3. O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de concurso-oposición.
2) REQUISITOS DOS CANDIDATOS.
2.1. Para ser admitidos ao proceso selectivo os aspirantes deberán posuír no día do remate do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento da formalización do nomeamento, os seguintes requisitos de participación:
2.1.1. Nacionalidade: Ter a nacionalidade española sen perxuizo do artigo 57 da Ley 7/2007 do 12 de abril, Estatuto Básico do Empregado Público.
2.1.2. Capacidade legal: Ter capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
2.1.3. Titulación: Hallarse en posesión, como mínimo, do título de graduado en educación secundaria obligatoria.
2.1.4. Compatibilidade funcional: Non padecer enfermidade ou estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das funcións do posto de traballo.
2.1.5. Habilitación: Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas. Os aspirantes que non teñan nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.
2.1.6. Ter cumplidos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de jubilación forzosa.
Os requisitos previstos nos tres puntos anteriores estarán referidos á data de expiración do prazo de presentación de instancias e sen perxuicio dos específicos que se requiran no correspondente anexo, e deberanse manter con posterioridade ata a toma de posesión ou contratación laboral.
3) PUBLICIDADE:
1.- As presentes bases, xunto cos seus anexos, publicaranse no BOLETÍN OFICIAL da Provincia e en extracto no DOG e no Boletín Oficial do Estado.
2.- Tódolos demais anuncios ou publicación que se citen nas presentes bases referiranse e publicaranse unicamente no taboleiro de edictos do Concello.
4) DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR.
1.- A solicitude de participación no proceso selectivo correspondente que será en modelo oficial (figura como anexo V a estas bases), e presentarase no prazo de 20 días naturais, contados a partires do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, poderá presentarse no Rexistro Xeral da Corporación, ou na forma prevista no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
2.- Unha fotocopia compulsada do documento de identidade, pasaporte ou calquera outro documento acreditativo do cumprimento do requisito de nacionalidade establecido na normativa de aplicación.
3.- Copia compulsada da titulación académica esixida.
4.- Currículo Vitae unicamente referido ós méritos puntuables, xunto con documentos acreditativos dos mesmos, se se tratara de concurso ou concurso oposición. Só se valorarán os méritos alegados no currículo e acompañalos de xustificación documental debidamente compulsada.
No caso de que os documentos aportados non xustifiquen plenamente os méritos alegados dando lugar a dúbidas o órgano cualificador, os mesmos non se terán en conta e non serán valorados, nin puntuados.
As certificacións de realización de cursos só se valorarán se constan acreditadas o número de horas de duración dos mesmos.
5) ADMISIÓN DE ASPIRANTES.
5.1. Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldia dictará resolución declarando aprobadas as listas de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión. Estas listas serán exportas no taboleiro de edictos da Corporación e no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, sinalando un prazo de dez días hábiles, contados a partir da súa publicación, para subsanar o defecto que ocasionara a exclusión ou omisión.
5.2 Rematado dito prazo, no caso de producirse modificacións, éstas exporanse nos mesmos lugares que as relacións iniciais.
6) TRIBUNAL.
6.1. O tribunal cualificador deste proceso selectivo estará composto tal como se indica no anexo III destas bases. Todos os seus membros teñen voz e voto, agás o Secretario que terá voz pero non voto.
6.2. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto na Lei 30/1992, de 26 de novembro (LRXPAC), e demais disposicións vixentes.
6.3. Os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei citada anteriormente.
6.4. A efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Casa do Concello de Cee, c/ Rúa de Andrade s/n en Cee (A Coruña).
6.5. O tribunal non poderá constituirse sen a presenza de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes.
6.6. O tribunal poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas nas que o estimen necesario ou conveniente. Ditos asesores actuarán con voz e sen voto, limitando a lúa actuación ao exercicio das especialidades técnicas polas que colaboren co tribunal.
6.7. Para os efectos de percepción de asistencias os compoñentes do tribunal terán a categoría primeira que establece o RD 462/02, de 24 de maio.
7) DESENVOLVEMENTO DO PROCESO SELECTIVO.
7.1. O procedemento de selección dos aspirantes constará de dúas fases:
a) Fase de concurso.
b) Fase de oposición.
7.1.a) FASE DE CONCURSO:
No día e hora que oportunamente se sinale, o tribunal cualificador reunirase na Casa do Concello de Cee e procederá a avaliación dos méritos alegados polos aspirantes xunto coas súas solicitudes, consonte coas valoracións e puntuacións establecidas no anexo II. ( a puntuación máxima será de 3 puntos)
7.2.b) FASE DE OPOSICIÓN:
A fase de oposición constará dos seguintes exercicios, todos eles de carácter obrigatorio e eliminatorio, relacionados co temario da convocatoria, que se reflicte no anexo IV destas bases (a puntuación máxima será de 7 puntos):
7.2.b.1) Primeiro exercicio:
Consistirá en contestar un cuestionario de 75 preguntas, con despostas alternativas, sobre o contido do programa especificado no Anexo da convocatoria, O ejercicio será calificado de 0 a 10 puntos, sendo preciso alcanzar un mínimo de cinco puntos para superalo, sendo eliminados aqueles aspirantes que non a obteñan.
7.2.b.2) Segundo exercicio:
Consistirá en desarrollar por escrito, no prazo máximo de duas horas, 2 temas extraídos o azar de entre todo os comprendidos no anexo da convocatoria. Se valorará neste exercicio a corrección das respostas e a capacidade de redacción e síntesis. O ejercicio será calificado de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar un mínimo de cinco puntos para superalo, sendo eliminados aqueles aspirantes que non a obtenían.
8) CUALIFICACIÓN DOS EXERCICIOS.
8.1. Cada un dos exercicios da fase de oposición será cualificado Cunha puntuación entre 0 e 10 puntos, sendo necesario obter un mínimo de cinco puntos para a súa superación.
8.2. As cualificacións de cada exercicio obteranse sumando as puntuacións outorgadas por cada membro do tribunal, dívidindo o total polo número de membros do mesmo asistentes ao acto.
8.3. As cualificacións de cada exercicio publicaranse no taboleiro de edictos do Concello, constando unicamente a cualificación acadada polos aspirantes que superaran a correspondente proba. No mesmo edicto faranse constar o día e hora de celebración do exercicio seguinte.
8.4. A cualificación definitiva da fase de oposición virá dada pola suma das cualificacións obtidas nos dous exercicios.
8.5. Para os efectos de establecer a orde definitiva dos aprobados, os puntos da fase de concurso sumaranse á puntuación final da fase de oposición.
9) SUPERACIÓN DO PROCESO SELECTIVO.
9.1. Rematada a cualificación dos opositores, o tribunal elevará á Alcaldía, previa publicación no taboleiro de edictos da Corporación, a relación de aprobados na fase de oposición coa puntuación total acadada no proceso selectivo.
9.2. A adxudicación efectuarase, mediante Decreto da Alcaldía, a favor do aspirante que obtivera a maior puntuación total. En caso de empate adxudicarase ao que acade máis puntuación na fase de oposición. De persistir o empate ao aspirante que obtivera maior puntuación na entrevista persoal.
9.3. O aspirante seleccionado deberá achegar, no prazo de dez días hábiles contados a partir da publicación da puntuación definitiva, a seguinte documentación:
9.3.1. Fotocopia compulsada do título esixido na presente convocatoria. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, achegarase fotocopia cotexada da homologación ou recoñecemento.
9.3.2. Certificado médico acreditativo do requisito esixido na base 2.1.4.
9.4. O nomeamento do funcionario será efectuado pola Alcaldía dentro dos cinco días hábiles seguintes ao do o remate do prazo de entrada documentación sinalada na base 8.3. O prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles a partir do seguinte ao da notificación do nomeamento.
9.5. No caso de que o candidato proposto non presente a documentación correspondente no prazo establecido, non cumpra os requisitos esixidos ou renuncie ao posto de traballo, a Alcaldía, previa consulta co tribunal, poderá adxudicar o mesmo ao seguinte candidato da relación á que se refire a base 8.1, ou ben declarar anuladas tódalas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades que puideran esixirse por faisidade na instancia solicitando tomar parte no proceso selectivo.
9) DISPOSICIÓN FINAL.
Serán de aplicación ao presente proceso selectivo as normas contidas na Lei 30/1984, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública; na Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local; na Lei Gatega 5/1997, de administración local de Galicia, Real Decreto 364/1995, que aproba o regularnento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado e demais disposicións concordantes.
O tribunal queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e adoptar os acordos necesarios para o correcto desenvolvemento das probas en canto ao non previsto nestas bases.
Contra estas bases poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición, previo ao contencioso-administrativo, perante o Sr. Alcalde do Concello de Teo, ou ben recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses dende a súa publicación integra no BOP, perante o órgano xurisdiccional competente, de conformidade co disposto na Lei 30/1992 LRXPAC e na Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Asemade, poderase proceder á revisión das resolucións do tribunal, conforme ao previsto na citada Lei 30/1992, de 26 de novembro (LRXPAC).
Cee, a 2 de setembro de 2008.
O ALCALDE
Ramón Vigo Sambade
ANEXO I
DESCRICIÓN DA PRAZA:
Denominación
Grupo /
Subgrupo
Clasificación
Nº de
vacantes
Nivel
Sistema Selección
Auxiliar
Administrativo
C / C2
Escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar
1
14
Concurso -Oposición
As funcións que corresponde desenvolver o funcionario que ocupe a devandita praza as concreta a relación de postos de traballo que se esta a elaborar, no proxecto ou borrador da cal se especifican as seguintes, axustadas ó disposto na normativa vixente :
1.- Tarefas de transcripción mecanográfica de documentos, incluíndo a redacción material de notificacións e edictos tipo, actas e demaís documentos que se lle requiran.
2.- Reprografía, encadernación, fotocopias e outras tarefas auxiliares.
3.- Atención ó público.
4.- Arquivo e ordenación da documentación propia do negociado ou servizo que corresponda.
5.- Tarefas de notificación de todo tipo de documentación derivada das actuacións administrativas do Concello que así o requiran
6.- Xestión e reparto do correo de entrada e de saida.
7-. As propias da subescala de auxiliar fixadas na normativa vixente.
ANEXO II
AVALIACIÓN DOS MÉRITOS NA FASE DE CONCURSO
Na fase de concurso procederase á avaliación dos méritos alegados polos aspirantes segundo os criterios que a seguir se indican, a puntuación máxima acadada no concurso será de 3 puntos:
a) Servizos prestados na Administración Local, subescala auxiliar de Admón. Xeral: 0,25 puntos por ano de servizo.
b) Servizos prestados en postos de traballo de superior categoría á de auxiliar administrativo, dentro da Administración Local, 1,00 puntos por cada ano de servizo, sempre que os interesados acrediten o correspondente nomeamento pola Administración Local, para desempeño de tales funcións. As fraccións por meses no desempeño de tales funcións aplicaranse proporcionalmente de acordo coa puntuación citada anteriormente de forma anual.
A valoración conxunta dos apartados anteriores a) e b) non poderá exceder do máximo de 2 puntos.
c) Titulación académica superior á esixida para acceder á praza:
- Diplomado universitario: 1,00 punto.
- Licenciado universitario: 2,00 puntos.
- Doctor: 3 puntos.
Só se valorará un título, e a puntuación outorgada pola titulación superior, exclúe as outorgadas polas inferiores.
d) Cursos oficiais de lingua galega ou convalidación correspondente:
- Curso de iniciación á lingua galega, 0,25 puntos.
- Curso de perfeccionamento da lingua galega, 0,50 puntos.
- Curso de especialización en linguaxe administrativa para a Administración Local, con título oficial de traductor: 1,00 punto.
Só se valorará un título e a puntuación outorgada pola titulación superior, exclúe as outorgadas por titulacións inferiores.
e) Formación relacionada co posto de traballo impartida pola Administración Pública, Universidades, centros públicos ou concertados, organismos oficiais e outra formación homologada:
- Xornadas, seminarios, congresos e cursos de menos de 15 horas: 0,20 puntos cada un ata un máximo de 2 puntos.
- Xornadas, seminarios, congresos e cursos de 15 ou máis horas e menos de 50 horas:: 0,30 puntos cada un, ata un máximo de 2 puntos.
- Cursos de máis de 50 horas e menos de 100 horas: 0,75 puntos por cada un, ata un máximo de 2 puntos.
- Cursos de máis de 100 horas: 1 punto por cada un, ata un máximo de 2 puntos.
Nos documentos acreditativos da realización dos cursos, deberá constar a duración dos mesmos. De non figurar, entenderase que teñen menos de 15 horas.
Os méritos valoraranse con referencia á data na que remate a presentación de instancias, e acreditaranse no momento de formalizar a solicitude de participación, presentando os documentos orixinais ou fotocopias compulsadas, xa que non serán tidos en conta, nin serán valorados aqueles que non queden debidamente acreditados dentro do prazo de presentación de instancias.
O tribunal non poderá estimar o non achegado e probado polos aspirantes nos documentos aportados no momento de presentaren a solicitude para admisión ás probas selectivas, sen que sexa admisible a concesión de prazo ningún para emendar a falta de alegación ou de proba de méritos.
A puntuación obtida na fase de concurso será publicada no taboleiro de edictos do Concello no mesmo día en que se acorde e antes de dar comezo á celebración dos exercicios da oposición. En ningún caso poderá ser aplicada co fin de superar os exercicios da oposición
ANEXO III
TRIBUNAL CUALIFICADOR :
PRESIDENTE:
Nome e apelidos: Dona Angelina Blanco Rial (Tesoureira do Concello)
Suplente: Dona Rosa Fernández Canosa (Interventora do Concello)
SECRETARIO:
Nome e apelidos: Rocío Hermida Cancela (Secretaria do Concello)
Suplente: Dona Concepción Outes Trillo (Funcionaria do Concello).
PRIMEIRO VOGAL:
Nome e apelidos: Don Gonzalo Castelo Montero (Policia Local do Concello)
Suplente: Don Victor Castiñeira Castro (Funcionario do Concello).
SEGUNDO VOGAL:
Nome e apelidos: Don Miguel Mariano Jato López (Técnico de Administración Xeral do Concello)
Suplente: Don Carlos Quintela Castro (Arquitécto Técnico do Concello)
TERCEIRO VOGAL:
Nome e apelidos: Dona Carmen Rodiño Blanco (Traballadora Social do Concello)
Suplente: Don Javier Landeira Rial (Funcionario do Concello)
CUARTO VOGAL:
Nome e apelidos: Don Manuel García Leal (Policia Local do Concello)
Suplente: Don Jesús Roget Salgado (Funcionario do Concello)
ANEXO IV
PROGRAMA DA CONVOCATORIA
1.-TEMARIO XERAL
1. A Constitución española de 1978: características e estrutura. Os dereitos fundamentais, as libeniades públicas e os dereitos sociais e económicos.
2. Os poderes do Estado. A división e relación de poderes.
3. A Unión Europea. Sistema institucional: o ordenamento xurídico comunitario. A súa relación co ondenamento xurídico español.
4. O Estatuto de Autonomía de Galicia. Organización e competencias. Institucións de Galicia.
5. A Administración e o dereito administrativo. As fontes do dereito administrativo. A leí, decretos leí e decretos lexislslativos. O regulamento. A potestade regulamentaria.
6. O procedemento administrativo. As potestades administrativas. O principio de legalidade. A actividade das administracións públicas. Disposicións administrativas.
7. O acto administrativo. Concepto e elementos. Clases. A eficacia e a execución do acto administrativo.
8. A motivación do acto administrativo. Os actos nulos e anulables. A notificación e publicación dos actos administrativos.
9. As formas de acción administrativa con especial referencia á Administración Local. A actividade de fomento. A actívidade de policía: as licenzas. O servizo público local: formas de xestión dos servizos públicos, con alusión especial ao ámbito local.
10. El registro de documentos: concepto. El registro de entrada y salida: su funcionamiento en las corporaciones locales. Presentación de instancias y otros documentos en las oficinas públicas.
11. O municipio: conceptos e elementos. O termo municipal. A poboación: o empadroamento.
12. Organización municipal. Competencias.
13. Outras entidades locais. As mancomunidades. Os consorcios. As comarcas. As áreas metropolitanas. Entidades de ámbito territorial inferior ao municipal.
14. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Procedemento de elaboración e aprobación. A potestade sancionadora local: infraccións e sancións.
15. Persoal ao servizo das entidades locais: funcionarios, persoal laboral e persoal eventual. Réxime xurídico: dereitos e deberes. Réxime disciplinario.
16. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e salda de documentos. Requisitos de presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.
17. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificacións dos acordos.
18. Derechos y deberes de los vecinos en el ámbito local: información y participación ciudadana.
19.-El personal al servicio de la Administración local: funcionarios propios de las entidades locales. Integración en escalas, subescalas y clases. Derechos y deberes.
20. O orzamento das entidades locais. Principios e documentos de que constan. Proceso de aprobación. Principios xerais de execución. Modificacións orzamentarias. Liquidación do orzamento. A conta xeral.
ANEXO V
Modelo de solicitude
Instancia tipo para participar nas probas para a praza de auxiliar administrativo (notificador) incluída na Oferta de Emprego 2008, do Concello de Cee.
Primeiro apelido: ....
Segundo apelido: ....
Nome: ....
D.N.I.: ....
Data de nacemento: ....
Domicilio: ....
Tfno.: ....
Localidade e provincia: ....
Expón:
Que reúne todos e cada un dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria.
Méritos que alega para a fase de concurso (no seu caso):
......
......
......
Solicita:
A súa admisión para participar nas probas selectivas a que se refire a presente instancia e declara que son certos os datos consignados nela e que reúne as condicións esixidas para ingresar ó servicio da Administración e as especialmente sinaladas na convocatoria anteriormente citada, comprometéndose a probar documentalmente tódolos datos que figuran na solicitude.
CEE, a .... de.... de 200....
SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO ILMO. CONCELLO DE CEE
Última actualización el Martes, 25 de Mayo de 2010 18:30
 
 

¿Quién está en línea?

Tenemos 11 invitados conectado(s)