Boletín Nº 213. Lunes, 15 de septiembre de 2008
Convocatoria provisión dúas prazas de policía da Policía Local (concurso-oposición)
ANUNCIO CONVOCATORIA DO CONCELLO DE CULLEREDO, PROVINCIA DE A CORUÑA.
No BOP nº 193 de 22/08/08, publicáronse integramente as bases para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de dúas prazas de Policía da Policía Local, pertencentes á escala de administración especial, subescala Servizos Especiais, Grupo C1.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 DÍAS NATURAIS, a contar dende o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do Concello.
Culleredo, a 26 de agosto de 2008
A Concelleira de economía e facenda, réxime interior e seguridade
P.D. resol. alcaldía 02/07/07 (BOP 01/08/07)
Asdo. Alicia Ferreiro Varela