Inicio | Noticias | A Coruña | Concello de Carballo

En el foro se dijo

 
Concello de Carballo Imprimir E-mail
Usar puntuación: / 0
MaloBueno 
Noticias - A Coruña
Escrito por Administratora   
Domingo, 07 de Septiembre de 2008 09:28

Boletín Nº 205. Viernes, 5 de septiembre de 2008

Bases para contratación laboral temporal dun arquitecto/a para a oficina técnica municipal (SLT 48/2008)
BASES PARA CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DUN ARQUITECTO/A PARA A OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL (SLT 48/2008)
Por resolución da Alcaldía núm. 1981, de data 28 de agosto de 2008 aprobaronse as bases para a contratación laboral temporal dun arquitecto/a para a Oficina Técnica Municipal.
Primeiro.- Aprobar as seguintes bases para a selección dunha praza de arquitecto/a, en réxime de contratación laboral temporal, de duración determinada.
BASES PARA A PROVISIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE DURACIÓN DETERMINADA, DUNHA PRAZA DE arquitecto/A (SLT 48/2008)
PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA, MODALIDADE DE CONTRATACIÓN E DURACIÓN DO CONTRATO
O obxecto desta convocatoria é a contratación en réxime laboral temporal, por obra ou servizo determinado, dun/dunha arquitecto/a, a través do procedemento de selección que se sinala nestas bases, de conformidade co disposto na Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, a Lei 7/1985, de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, o Decreto Lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais disposicións de pertinente aplicación.
O contrato formalizarase baixo a modalidade de duración determinada, por obra ou servizo determinado, e a súa duración terá vixencia mentres as actuais necesidades de persoal continúen na Oficina Técnica Municipal do Concello de Carballo e a praza non sexa creada e cuberta por persoal permanente do Concello a través do procedemento regulamentariamente establecido.
As retribucións mensuais no ano 2008 serán de dous mil oitocentos sesenta e dous euros con setenta e tres céntimos (2.862,73 €) por tódolos conceptos, incluída a prorrata de pagas extraordinarias, que se aboarán con cargo a partida orzamentaria 432.131.00.
O horario de traballo será coincidente co do resto dos/as funcionarios/as que traballan nas oficinas xerais do Concello.
As funcións que hai que desempeñar son as propias do posto de traballo e, en especial, a elaboración de informes técnicos nos expedientes de outorgamento de licenzas, informes de valoracións e informes sobre plans e demais instrumentos de ordenación e execución urbanística, así como a información e asesoramento á cidadanía en materia urbanística.
Con independencia das demais disposicións legais en materia de incompatibilidades (Lei 53/1984 de 26 de decembro), o persoal seleccionado non pode exercer, por si ou mediante substitución, actividades privadas, incluídas as de carácter profesional, sexan por conta propia ou baixo a dependencia ou a servizo de entidades ou particulares que se relacionen directamente coas que desenvolva a Oficina Técnica.
SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS/AS ASPIRANTES
Para tomar parte nas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, referidos todos e cada un á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
a) Ser español, ou nacional dun estado membro da Unión Europea, acorde co disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro.
b) Ter cumpridos dezaseis anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
c) Estar en posesión do título de arquitecto/a superior ou equivalente ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse en posesión da credencial que acredite a súa homologación.
d) Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da categoría á que se aspira.
A condición de discapacitado/a e a súa compatibilidade acreditarase pola correspondente certificación. Os/as aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.
e) Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo ao Estado, ás comunidades autónomas ou ás entidades locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. Idéntico requisito seralles esixido aos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea no seu caso.
f) Non estar incurso en causas de incompatibilidade de conformidade co establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.
TERCEIRA.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS
1.- As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo deberán facerse mediante instancia dirixida ao Sr. Alcalde- Presidente da corporación, e presentaranse no Rexistro xeral do Concello en horas de oficina, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Poderán asimesmo remitirse na forma determinada na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.
Se, conforme a este precepto se presentan a través das oficinas de correos, deberá aparecer o selo na propia solicitude. Doutro modo, a data de anotación no Rexistro xeral será a que se teña en conta a tódolos efectos.
2.- Tamén se achegará o xustificante acreditativo de que se ingresou na Tesouraría municipal a cantidade de trinta e seis euros (36,00 €) en concepto de dereitos de exame. Este importe poderá facerse efectivo directamente nas arcas municipais ou mediante xiro postal ou telegráfico, así como mediante ingreso nalgunha das seguintes contas municipais (cos datos persoais do/a aspirante e praza á que opta), número de conta de Caixa Galicia: 2091-0019-10-3110000019, e número de conta de Caixanova: 2080-0171-67-0040000013.
Para ser admitido/a e, no seu caso, tomar parte nas probas selectivas, bastará con que os/as aspirantes manifesten nas súas instancias que reúnen todos e cada un dos requisitos xerais esixidos na base segunda, referidos sempre ao día en que remate o prazo de presentación de instancias.
3.- A cada solicitude achegarase unha fotocopia do DNI ou documento identificativo; fotocopia título de arquitecto ou equivalente; un curriculum vitae e a documentación xustificativa, e autentificada debidamente, dos méritos alegados (clasificada polos apartados do baremo de méritos que forma parte destas bases). Na solicitude farase constar que reúnen todos os requisitos sinalados na base segunda.
Non se terán en conta os méritos alegados e non xustificados documentalmente nin tampouco aqueles méritos que non figuren no baremo. Na fase de concurso só se terán en conta os méritos que se xustifiquen documentalmente dentro do prazo de presentación de instancias así como os méritos alegados dentro deste prazo que fosen xustificados con posterioridade no prazo de emenda de defectos formais.
Nota: Admítese, para os efectos de acreditación da titulación requirida, a presentación de fotocopia da solicitude de expedición do título, se ben neste suposto débese acompañar da certificación académica de que se remataron os estudos correspondentes.
CUARTA.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES. DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS
1.- Rematado o prazo de presentación de instancias, o Alcalde dictará resolución no prazo máximo de dez días declarando aprobada a lista de admitidos/as e excluídos/as, con indicación, se é o caso, das causas de exclusión. Esta resolución publicarase no taboleiro de edictos do Concello e será determinante para os efectos de posibles impugnacións e recursos, de conformidade co previsto na lei.
Os/as aspirantes excluídos/as, dispoñen dun prazo de dez días seguintes á publicación da antedita resolución, para presentar as reclamacións oportunas ou emendas de defectos, nos termos do art. 71 da Lei 30/92.
2.- Posteriormente, o Alcalde declarará aprobada a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, que se publicará no taboleiro de edictos do Concello. Na mesma resolución o Alcalde determinará o lugar, data e hora de valoración da fase de concurso e da celebración das probas da fase de oposición, así como a composición do tribunal cualificador.
3.- De non existir aspirantes excluídos/as, o Alcalde elevará a definitiva a lista provisional na mesma resolución de aprobación.
QUINTA.- TRIBUNAL CUALIFICADOR
O tribunal cualificador será designado por Decreto da Alcaldía, no momento de aprobación das listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as.
Todos/as os/as vogais deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza.
O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos membros (titulares ou suplentes, indistintamente). En todo caso, será precisa a asistencia do presidente e do secretario.
O tribunal poderá dispoñer a incorporación de asesores/as especialistas para as probas que considere pertinentes, que se limitarán ao exercicio das súas especialidades técnicas en base exclusivamente as cales colaborarán co órgano de selección.
O tribunal queda facultado para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nas bases.
Os membros dos tribunais deberán absterse de formar parte de estes cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, notificándoo á autoridade convocante, ou cando realizaran tarefas de preparación a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.
Os/as aspirantes poderán recusalos de acordo co artigo 29 da mencionada lei.
Para os efectos de percepción de asistencias polos membros concorrentes ás sesións dos tribunais, estes estarán clasificados nas categorías que establece o número 1 do artigo 30 do Decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servicio.
SEXTA.- CONTIDO DO PROCESO SELECTIVO, FORMA DE DESENVOLVEMENTO E SISTEMA DE CUALIFICACIÓN
Sistema de provisión: concurso-oposición.
Desenvolvemento das probas e programas
Unha vez comezadas as probas selectivas será suficiente coa exposición nos locais onde se celebren éstas e no taboleiro de anuncios do Concello. Cando o tribunal o considere conveniente, poderá acordar a celebración de varios exercicios nunha mesma xornada, concedéndolles aos/ás opositores/as un descanso mínimo de trinta minutos entre a celebración deles, ou na xornada seguinte, deixando transcorrer un prazo mínimo de 12 horas.
Os/as aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, quedando decaídos no seu dereito os opositores que non comparezan a realizalo, salvo casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados discrecionalmente polo tribunal.
Os aspirantes deberán presentarse para realizaren cada exercicio provistos do DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal, e tamén os medios materiais adecuados que sexan necesarios para a práctica daqueles.
Na realización e corrección dos exercicios escritos garantirase o anonimato, podendo utilizar o tribunal os medios que considere oportunos.
Comezada a práctica dos exercicios, os tribunais poderán requirirlles en calquera momento aos/ás concursantes que acrediten a súa identidade.
Se durante o desenvolvemento do proceso selectivo chegase a coñecemento do tribunal que algún dos aspirantes carece de calquera dos requisitos esixidos na convocatoria, será excluído, previa audiencia do interesado, comunicándollo no mesmo día á autoridade que convocara o proceso selectivo.
Para determinar a orde de actuación dos/as aspirantes naqueles exercicios que non podan celebrarse conxuntamente, iniciarase pola letra que resulte do sorteo que efectúa a Secretaría de Estado para a Administración pública ou, no seu defecto, pola que determine o tribunal previo sorteo celebrado para tal efecto.
Os exercicios que se celebren por escrito poderán ser lidos publicamente, se así o acorda o tribunal xulgador.
A selección dos aspirantes realizarase mediante o sistema de concurso-oposición libre que se desenvolverá como segue:
Fase de concurso: valoración de méritos
Puntuarase de 0 a 20 puntos.
Na fase de concurso comprobaranse e cualificaranse os méritos alegados polos aspirantes, que deben xustificarse fidedignamente con documentos orixinais ou unha copia autenticada acreditativa daqueles.
A cualificación dos méritos na fase de concurso será anterior á fase de oposición e as puntuacións outorgadas publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello.
A puntuación obtida na fase de concurso non terá carácter eliminatorio e non poderá terse en conta para superar os exercicios da fase de oposición.
Nesta fase valoraranse os méritos específicos adecuados ás características de cada posto, segundo o seguinte: BAREMO
Apartado A) Experiencia Profesional efectiva:
A puntuación máxima por este apartado A) é de 8 puntos.
A1) por cada ano completo en postos de traballo de Arquitecto Municipal (na área de Urbanismo): 1 punto.
A2) por cada ano completo en outros postos de traballo da Administración Pública relacionados directamente co posto que hai que desempeñar: 0,5 puntos.
A experiencia profesional deberá acreditarse mediante certificación acreditativa, expedida pola autoridade ou funcionario/a competente da administración pública na que prestou servizos, facendo constar a función desempeñada e/ou o posto de traballo concreto no que se prestou ou presta servizos e o cómputo total de días, meses ou anos traballados, que se acompañará de informe de vida laboral expedido pola Administración da Seguridade Social.
No seu defecto, poderá acreditarse mediante informe de vida laboral expedido pola Administración da Seguridade Social que se acompañará de fotocopia dos contratos, sempre que se acredite de forma fidedigna a función desempeñada e/ou o posto de traballo concreto no que se prestou ou presta servizos desempeñada e o tempo traballado.
Non se computarán as fraccións inferiores ao ano.
Para estes efectos non se computarán os servizos que prestara simultáneamente con outros igualmente alegados e reduciranse proporcionalmente os prestados a tempo parcial.
Apartado B) Especialización do perfil profesional en urbanismo, vivenda e ordenación do territorio
A puntuación máxima neste apartado non poderá superar os 6 puntos.
- Redacción de documentos de planeamento xeral e de desenvolvemento: plans parciais, plans especiais, estudos de detalle...: máximo 4 puntos:
• 2 puntos por planeamento xeral de ordenación municipal
• 1 punto por plan parcial, plan especial ou plan de sectorización.
• 0,25 puntos por estudo de detalle.
A especialización do perfil profesional en urbanismo, vivenda e ordenación do territorio, acreditarase mediante relación de traballos profesionais, premios e distincións recibidos, experiencia docente, publicacións, traballos de investigación, relatorios e conferencias.
Apartado C) Formación directamente relacionada coa praza convocada.
A puntuación máxima neste apartado non poderá superar os 4 puntos.
- Titulo de arquitecto/a coa especialidade en urbanismo, 2 puntos.
- Por outro título universitario distinto do esixido na convocatoria e relacionado co posto a desempeñar: 1 punto.
- Curso de especialización en Estudos Territoriais e Urbanísticos “Diploma de Técnico/a Urbanista” do INAP, 3 puntos.
- Curso Superior de Urbanismo ou Curso Superior de Xestión e Disciplina Urbanística da E.G.A.P., 1,5 puntos.
- Por outros cursos de formación en urbanismo: máximo de 2 puntos.
a) 0,25 puntos por cursos de 15 a 40 horas.
b) 0,50 puntos por cursos de 41 a 70 horas.
c) 0,75 puntos por cursos de más de 71 horas.
Non se valorarán as titulacións académicas esixidas polo artigo 75 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, para o acceso aos distintos grupos de titulación, nin os cursos encamiñados á obtención destes.
A posesión de titulacións académicas xustificarase con copia compulsada do título que se presente para a súa valoración nesta fase e os cursos e/o seminarios, acreditaranse mediante a presentación do correspondente diploma ou titulo nos que quede suficientemente acreditada a duración en horas ou xornadas completas e, expresar con suficiente claridade o seu contido básico. No suposto de non acreditarse a duración dos cursos, éstes non se valorarán.
O mesmo curso realizado en máis dunha ocasión só será valorado unha vez.
Apartado D) Formación complementaria:
A puntuación máxima neste apartado non poderá superar os 2 puntos.
- Por participar, como asistente ou relator, en cursos de formación organizados ou homologados polas Administracións públicas, EGAP e/ou universidades relacionados coas funcións e posto que hai que desempeñar: 0,05 puntos por cada 10 horas de formación (máx. 2 puntos).
- Polos cursos de coñecemento de idioma galego:
a) Celga 1: .................................. .................... 0,25 puntos
b) Celga 2: .................................. .................... 0,50 puntos
c) Celga 3 ou Grao de iniciación .................... 0,75 puntos
d) Celga 4 ou Grao de perfeccionamento........ 1,00 puntos
e) Celga 5: ................................... .................... 1,25 puntos
Soamente se puntuará un curso, computándose o grao superior alegado. Non se puntuará a validación dos cursos por outro tipo de ensinanzas. Unicamente se puntuará a efectiva realización destes cursos.
- Por outras actividades de formación e perfeccionamento distintas das anteriores e relacionadas coas funcións e posto a desempeñar: máx. 2 puntos.
- Por coñecementos informáticos acreditados en programas de deseño asistido (CAD, Microstation...): máximo de 1 punto. Non se terán en conta os cursos de formación inferiores a 10 horas.
Os cursos e/o seminarios, acreditaranse mediante a presentación do correspondente diploma ou título nos que quede suficientemente acreditada a duración en horas ou xornadas completas e, expresar con suficiente claridade o seu contido básico. No suposto de non acreditarse a duración dos cursos, éstes non se valorarán.
O mesmo curso realizado en máis dunha ocasión só será valorado unha vez.
Fase de oposición. Exercicios
Constará de dúas partes, que se van desenvolver na mesma data, ambas eliminatorias. A cualificación final das probas virá determinada pola suma das puntuacións obtidas en cada unha delas.
1ª parte: SUPOSTO PRÁCTICO: Consistirá na realización dun informe técnico, nun tempo máximo de dúas horas, en relación cunha solicitude de licenza urbanística, instrumento de ordenación urbanística ou expediente de disciplina urbanística. Puntuación de 0 a 20, debéndose obter unha puntuación mínima de 10 puntos. Os/as aspirantes deberán asistir a esta parte con calculadora e escalímetro.
2ª parte: PROBA ORAL: de carácter eliminatorio. Puntuación máxima 20 puntos, debéndose obter unha puntuación mínima de 10 puntos.
Este exercicio consistirá nunha proba oral, de duración nunca superior a 30 minutos na que o Tribunal realizará un máximo de 5 preguntas relacionadas coas funcións propias do posto de traballo, trámites habituais na Administración no eido de Urbanismo, coñecementos profesionais básicos e/ou preguntas de índole curricular encamiñadas a comprobar os coñecementos sobre as tarefas a desenvolver no posto de traballo convocado e avaliar as aptitudes dos/as aspirantes.
Cualificación final e relación de aprobados
Á cualificación obtida polos aspirantes, resultante da suma das puntuacións outorgadas nas probas da fase de oposición, sumaráselle a puntuación obtida na fase de concurso, acadándose así a puntuación final.
No prazo dos dous días seguintes á realización da proba, o tribunal publicará no taboleiro de anuncios do Concello a relación de puntuacións obtidas, debidamente clasificadas, dos/as aspirantes no procedemento, fixándose un prazo de reclamación de dous días.
Será seleccionado/a aquel/a que obteña maior puntuación global (sumadas as da fase de concurso e oposición). En caso de igualdade será seleccionado/a aquel que obteña maior puntuación na fase de oposición.
No suposto de que o/a seleccionado/a non presente a documentación requirida ou ben renuncie ao posto obtido, a proposta de contratación efectuarase ao seguinte da lista de puntuación obtida.
Publicidade do proceso selectivo
A publicidade dos distintos actos derivados deste proceso selectivo, así como as comunicacións a que dese lugar, realizaranse mediante publicación no taboleiro de edictos deste Concello, sen prexuízo de calquera outro medio de difusión que se considere oportuno.
SÉTIMA.- PROPOSTA DE APROBADO
Concluída a cualificación final do proceso selectivo, o Tribunal publicará no citado taboleiro de anuncios o nome do/a aspirante aprobado/a por orde da puntuación total final, con especificación desta. Asemesmo, o Tribunal elevará esta relación, coa acta da sesión, ao Alcalde para proceder á formalización do contrato correspondente, a favor do/a aspirante que obtivera a puntuación total máis alta (o Tribunal Cualificador non poderá facer proposta de contratación a favor dun número de aspirantes superior ao das prazas convocadas). Calquera proposta que inclúa máis nomes que prazas convocadas ou contradiga o anteriormente establecido, será nula de pleno dereito.
Na acta da última sesión, incluirase unha relación dos aspirantes que tendo superado os exercicios da oposición, no seu caso, non foran incluídos na lista de aprobados/as e proposta de nomeamento, así como daqueles outros que superaran algún dos exercicios, a efectos de poder, se así se estima, ser contratados eventualmente, para cubrir provisionalmente as vacantes que se produzan ou as ausencias por aproveitamento de licenzas regulamentarias, necesidades do servizo, etc., ou por se fose necesario cubrir algunha baixa ou renuncia do seleccionado.
OITAVA.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS
O/a aspirante proposto/a presentará na Secretaría Xeral do Concello, no prazo de tres días naturais (contado a partir da publicación do resultado da selección), os documentos que acrediten que cumpren todos e cada un dos requisitos esixidos na base 2.ª desta convocatoria, no caso de que non foran xa presentados xunto coa solicitude para tomar parte neste proceso selectivo.
Se o/a aspirante proposto tivera a condición de funcionario/a público/a ou de traballador/a laboral fixo ao servizo de calquera das Administracións públicas, estará exento/a de xustificar documentalmente as condicións ou requisitos xa demostrados para obter o seu anterior nomeamento, debendo, neste caso, presentar certificado do organismo do que dependa, acreditando a súa condición e cantas circunstancias consten na súa folla de servizos.
Se dentro do prazo indicado, salvo casos de forza maior, o/a aspirante proposto non presentara a súa documentación ou non acreditara reunir os requisitos esixidos, non se poderá proceder á súa contratación, quedando anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades en que puidera ter incorrido por falsidade na instancia ou na documentación presentada para tomar parte neste proceso selectivo.
Se se tratase de nacionais de estados membros da Unión Europea presentarán a documentación esixida pola Lei do 23 de decembro de 1993, ademais da sinalada nos números 2, 3, 5, 6 e 7 da anterior relación.
NOVENA.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO E PERÍODO DE PROBA
Unha vez presentada a documentación á que se refire o apartado anterior, o órgano competente da Corporación fará o nomeamento a favor do/a aspirante proposto/a polo Tribunal Cualificador, e será nulo o nomeamento de quen estea incurso en causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.
A formalización do contrato terá lugar dentro do prazo de cinco días naturais, a contar desde a data de notificación do acordo de nomeamento.
Previamente á sinatura do contrato, os/as aspirantes nomeados/as deberán subscribir a declaración a que se refire o artigo 13.1 do Real Decreto 598/1985, de 30 de abril, sobre incompatibilidades.
Mentres non se formalice o respectivo contrato e non se incorpore ao posto de traballo, o/a aspirante non terá dereito a percepción económica de ningunha clase.
A persoa contratada estará obrigada a prestar a súa xornada de traballo na medida e forma requiridas polo interese do servizo, de acordo coa lexislación aplicable, quedando sometida a un período de proba, co alcance previsto no artigo 14 do Estatuto dos Traballadores, e estará suxeita á lexislación laboral pertinente.
DÉCIMA.- NORMAS FINAIS
Primeira.- Para todo o non previsto nestas bases, ou naquilo que as contradigan, será de aplicación supletorio o establecido na Lei reguladora das bases de réxime local, na Lei de Administración local de Galicia, Real Decreto 896/1991, Real Decreto 364/1995, e demais lexislación vixente que sexa de aplicación.
Segunda.- Agás a convocatoria, que se publicará segundo se establece na base 3ª, os sucesivos actos e comunicacións que se deriven da celebración deste proceso selectivo faranse públicos, exclusivamente, a través do taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
Terceira.- Tódolos actos administrativos derivados desta convocatoria, así como da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polos/as interesados/as nos casos e na forma establecidos pola Lei de procedemento administrativo e normas vixentes concordantes.
A presentación de reclamacións non suspenderá a continuación do proceso selectivo, salvo que así o decida o órgano convocante.
Cuarta.- Contra as presentes bases e a resolución que as aproba, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses (contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria).
Con carácter potestativo e previo, poderá interpor recurso de reposición ante o mesmo órgano que adoptou o acordo de aprobación, no prazo dun mes (contado desde ao día seguinte ao da publicación da convocatoria). Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo até que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recursos de reposición interposto. Neste último suposto, o prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses contado desde o día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Todo iso sen prexuízo do que poida exercitar calquera outro que considere procedente.
Segundo.- Convocar o proceso de selección de persoal citado nestas bases e ordenar a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, na prensa e no Taboleiro de Anuncios do Concello.
O prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
ANEXO I .- TEMARIO
Para a realización da fase de oposición terase en conta o seguinte programa.
Parte xeral
Tema 1.- A Constitución española de 1978. Estructura. Especial referencia aos dereitos fundamentais e liberdades públicas.
Tema 2.- Organización territorial do Estado na Constitución. O estado das autonomías: principios e características.
Tema 3.- O Estatuto de Autonomía de Galicia. Organización da comunidade e réxime de competencias. Atribucións dos órganos de goberno.
Tema 4.- Réxime local español: clases de entidades locais. Especial referencia ao municipio: elementos e competencias.
Tema 5.- A organización municipal. Órganos básicos: Alcalde, tenentes de Alcalde, Pleno e Xunta de Goberno Local. Órganos complementarios.
Tema 6.- O alcalde: competencia e funcións
Tema 7. O Pleno da Corporación local. Tenentes de Alcaldee concelleiros: competencia e funcións.
Tema 8.- Réxime de sesións e acordos dos órganos de goberno local. As actas e as certificacións.
Tema 9.- O persoal ao servizo da administración local: funcionarios/as propios das entidades locais. Integración en escalas, subescalas e clases. Dereitos e deberes do personal ó servicio da Administración Pública. Lei de incompatibilidades do persoal público.
Tema 10.- O acto administrativo, concepto e clases. Elementos. Requisitos: motivación e forma.
Tema 11.- Eficacia dos actos: executividade. A notificación dos actos. A publicación de disposicións xerais e actos administrativos.
Tema 12.- O procedemento administrativo: iniciación, ordenación e instrucción.
Tema 13.- Finalización do procedemento; a obriga de resolver. Contido da resolución. A terminación convencional. O silencio administrativo. O desistimento e a renuncia. A caducidade.
Tema 14.- Contratos das administracións públicas: disposicións xerais, requisitos para contratar, actuacións administrativas preparatorias dos contratos, tramitación dos expedientes de contratación e adxudicación dos contratos.
Tema 15.- Contrato de obras: preparación, procedementos e formas de adxudicación, execución, modificación e extinción. Execución de obras pola propia administración.
Tema 16.-A facenda pública local. Recursos tributarios dos Concellos.
Tema 17.- As taxas e os impostos. O Imposto de construccións, instalacións e obras (ICIO).
Tema 18.-Os bens das entidades locais. Clases e réxime xurídico.
Parte específica
Tema 19.- A Lei do solo: Bases do réxime do solo (Título II).
Tema 20.- Lei 2/2008, de 20 de xuño, do solo: Bases do réxime do solo: Valoracións (Título III).
Tema 21.- Lei 2/2008, de 20 de xuño, do solo: Bases do réxime do solo: Expropiación forzosa e resposabilidade patrimonial (Título IV). Función social da propiedade e xestión do solo (Título V).
Tema 22.- O Decreto 28/99 de 21 de xaneiro polo que se aproba o Regulamento de disciplina de Galicia para o desenvolvemento e aplicación da Lei do Solo de Galicia.
Tema 23.- Finalidade e obxectivos das principias modificacións da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia: A Lei 15/2004, de 29 de decembro; a Lei 6/2007, de 11 de maio e a Lei 6/2008, de 19 de xuño
Tema 24.- O sistema de ordenación
Tema 25.- Disposicións xerais sobre planeamento.
Tema 26.- Límites á potestade de planeamento
Tema 27.-O Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concepto, ámbito e obxecto.
Tema 28.- Determinacións do Plan xeral de ordenación urbana.
Tema 29.- Documentación do Plan xeral de ordenación urbana.
Tema 30.- O Plan Parcial: Obxecto e finalidade.
Tema 31.- Determinacións e documentación dos Plans parciais.
Tema 32.-Os Plans de sectorización: Obxecto e finalidade.
Tema 33.- Determinacións e documentación dos Plans de sectorización.
Tema 34.- Os Plans Especiais. Clases.
Tema 35.- Documentos e determinacións dos Plans especiais.
Tema 36.- Os estudios de detalle.
Tema 37.- Elaboración e aprobación dos instrumentos de planeamento xeral.
Tema 38.- As técnicas para o reparto equitativo de cargas e beneficios.
Tema 39.- As áreas de reparto e o aproveitamento tipo na Lei 9/2002 de 30 de decembro de ordenación urbanística e proteccion do medio rural de Galicia.
Tema 40.-As reglas xerais para a equidistribución.
Tema 41.- A reparcelación como instrumento de equidistribución da Lei 9/2002 de 30 de decembro de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Tema 42.- Novidades da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia nas actuacións sistemáticas.
Tema 43.- Actuacións sistemáticas: A súa regulación na Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Tema 44.- O sistema de compensación
Tema 45.- O sistema de cooperación
Tema 46.- O sistema de expropiación
Tema 47.- A reversión nas expropiacións urbanísticas
Tema 48.- O sistema de concerto
Tema 49.- Os instrumentos de execución dos plans en solo de núcleo rural
Tema 50.- Os convenios urbanísticos: concepto e tipoloxía.
Tema 51.- A tramitación dos convenios urbanísticos.
Tema 52.- As licencias urbanísticas: concepto e natureza.
Tema 53.- Actos suxeitos a licencia
Tema 54.- Licencias de Obra maior e menor: definición e límites
Tema 55.- As licencias urbanísticas: aspectos procedimentais.
Tema 56.- Os actos exentos de licencia urbanística.
Tema 57.- As licencias de usos e obras provisionais
Tema 58.- Suspensión e revisión das licencias
Tema 59.- A declaración de ruina
Tema 60.- A inspección urbanística
Tema 61.- A protección da legalidade urbanística en obras sen licencia ou sen axustarse a licencia en curso de execución
Tema 62.- A protección da legalidade urbanística en obras sen licencia ou sen axustarse a licencia rematadas.
Tema 63.- Outros actos sen licencia.
Tema 64.- A protección da legalidade urbanística no solo rústico, zonas verdes e espacios libres.
Tema 65.- A protección da legalidade no solo rústico: dotacións e equipamentos públicos. Subrogación.
Tema 66.- Infraccións e sancións urbanísticas.
Tema 67.- O procedemento sancionador en materia urbanística
Tema 68.- As licencias de apertura e de actividade no Decreto 133/2008, de 12 de xuño, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvovemento Sostible da Xunta de Galicia, polo que se regula a Avaliación da Incidencia Ambiental (DOG nº 126 de 01/07/2008) e na Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e proteccion do medio rural de Galicia.
Tema 69.- Edificios fora de ordenación
Tema 70.-Réxime xurídico do solo urbano consolidado
Tema 71.- Réxime xurídico do solo urbano non consolidado
Tema 72.- Réxime xurídico do solo urbanizable
Tema 73.- Rexime xurídico do solo de núcleo rural
Tema 74.- Réxime xurídico do solo rústico de protección ordinaria: concepto, dereitos e deberes.
Tema 75.- Rexime xurídico do solo rústico de protección ordinaria: condicións de uso e edificación.
Tema 76.- Réxime xurídico do solo rústico de protección especial: xustificacions e fins.
Tema 77.- Solo rústico de protección especial: dereitos e deberes, categorías.
Tema 78.- Rexime xurídico do solo rústico de protección especial: condicións de uso e edificación.
Tema 79.- Réxime transitorio do réxime xurídico do solo en municipios con planeamento non adaptado a Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia
Tema 80.-Instrumentos de intervención do mercado do solo: os patrimonios públicos do solo
Tema 81.- Instrumentos de intervención do mercado do solo: o dereito de superficie.
Tema 82.- Decreto 262/2007, de 20 de decembro, polo que se aproban as Normas do Habitat Galego: condicións mínimas de habitabilidade nas vivendas.
Tema 83.- Accesibilidade e supresión de barreiras. Ley 8/97 e Decreto 35/2000. Novidades derivadas da entrada en vigor do Código Técnico da Edificación. (CTE).
Tema 84.-Código Técnico da Edificación (CTE). Documento básico de seguridade en caso de incendios (DB-SI). Aplicación en edificios de vivendas.
Tema 85.- Código Técnico da Edificación (CTE). Documento básico de seguridade de utilización (DB-SU). Aplicación en edificios de vivendas
Tema 86.- Código Técnico da Edificación (CTE). Documento básico de aforro de enerxía (DB-HE). Aplicación en edificios de vivendas
Tema 87.- Código Técnico da Edificación (CTE). Documento básico de seguridade estructural (DB-SE). Aplicación en edificios de vivendas
Tema 88.- Código Técnico da Edificación (CTE). Documento básico de salubridade (DB-HS). Aplicación en edificios de vivendas
Tema 89.- Ley 4/1994 de Estradas de Galicia. Incidencia no urbanismo.
Tema 90.- Legislación en materia de costas e de augas. Incidencia no urbanismo.
Carballo, 28 de agosto de 2008
O Alcalde
D. Evencio Ferrero Rodríguez
Última actualización el Martes, 25 de Mayo de 2010 18:33
 
 

¿Quién está en línea?

Tenemos 10 invitados conectado(s)