Inicio | Noticias | A Coruña | Concello de Carral

En el foro se dijo

 
Concello de Carral Imprimir E-mail
Usar puntuación: / 0
MaloBueno 
Noticias - A Coruña
Escrito por Administratora   
Jueves, 04 de Septiembre de 2008 09:01

Boletín Nº 204. Jueves, 4 de septiembre de 2008

Bases e convocatoria para a provisión dunha praza de conserxe-ordenanza do Concello de Carral
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.-
O obxecto da presente convocatoria de probas selectivas é a provisión dunha praza de Conserje-ordenanza, vacante na plantilla de funcionarios de carreira deste Concello.
Esta praza está dotada co soldo base e o complemento de destino correspondente o Grupo E, da escala de Administración Xeral, subestacala Subalterno, de conformidade coa lexislación vixente e acordos municipais.
A provisión desta praza se efectuará mediante o sistema de oposición libre.
2.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.-
Para ser admitidos na presente oposición, os aspirantes deberán reunir na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes os seguintes requisitos:
- Ser español, nacional ou dun Estado membro da Unión Europea o nacional dun Estado incluido no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Comunidad Europea e ratificados por España, que contemplen a libre circulación de traballadores.
- Ser maior de idade.
- Estar en posesión, o en condiciones de obtelo na data na que termine o prazo de presentación de solicitudes, do título de Graduado Escolar, Formación Profesional de Primer Grao o título equivalente.
- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio ó Estado, Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. Os aspirantes que non posúan nacionalidade española deberán acreditar, igualmente non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no ser Estado, o acceso á función pública.
- Non ter enfermidade ou eiva física ou psíquica que impida o desempeño das funcións correspondentes. As persoas con minusvalía deberán fecelo constar na súa instancia, sinalando se precisan adaptación das probas. A condición de minusválido acreditarase por certificación da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
3.- SOLICITUDES.-
Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia dirixida ó Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Carral, directamente ou a través dos procedementos previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de
Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, en prazo de trinta días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación da respectiva convocatoria no Boletín Oficial do Estado, se ó último día do prazo coincidiera con sábado ou festivo, se trasladaría o seguinte día no que as oficinas do Concello estén abiertas o público.
Nas solicitudes os aspirantes deberán manifestar que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas, referidas a data de expiración do prazo sinalado para a sua presentación.
A solicitude, debidamente cumprimentada, acompañaranse da seguinte documentación:
- Fotocopia do D.N.I.
- Fotocopia da titulación esixida na convocatoria.
4.- ADMINISÓN DOS ASPIRANTES.-
- Rematado o prazo de presentación de instancias, o Alcalde-Presidente dictará no prazo dun mes, resolución pola que se aprobará a lista provisional de admitidos/as e exluidos/as, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello. Na mesma resolución incluirase a composición do Tribunal e o lugar, hora e data de comezo dos exercicios.
- Os aspirantes disporán dun prazo de 10 días para subsanación de erros, nos termos do artigo 71 da Lei 30/92. Unha vez transcorrido o dito prazo, o Sr. Alcalde-Presidente dictará resolucicón definitiva, que levará impliícita a estimación ou desestimación das solicitudes de subsanación, e que se publicará no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello.
- O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoque. Cando da documentación que debe presentarse no caso de superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación no procedemento.
5º.- TRIBUNAIS CUALIFICADORES.
- O Tribunal cualificador dos procesos selectivos designaranse de conformidade co sinalado no artigo 4 do R.D. 896/1991, do 7 de xuño e a súa composición farase pública de acordo co establecido no apartado anterior.
- Todos os membros do Tribunal, excepto o Presidente deberán contar con titulación ou especialización igual ou superiro á esixida para o acceso á praza ou prazas que se convoquen.
- O Tribunal non se poderá constituir, nin actuar sen a presencia, cando menos, da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.
- En todo caso requírese a asistencia do Presidente e do Secretario ou dos que legalmente os substitúan.
- Os membros do Tribunal deberanse de abster de intervir, comunicándoo á autoridade convocante, cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, ou estivesen preparando aspirantes ás probas nos 5 anos anteriores á publicación desta convocatoria. Os aspirantes poderán recusar ós membros do Tribunal cando concorran aquelas cirsunstancias.
- O Tribunal resolverá tódas as dúbidas que xurdan na aplicación das presente normas, así como nos casos non previstos polas mesmas.
- A sua composición será:
- Presidente: O funcionario de carreira, que designe o Alcalde, así como o seu suplente.
- Secretario: O do Concello, e como suplente o funcionario que designe o Alcalde (que actuará con voz paero sen voto).
- Vocais:
- D. Frco. Jose Goyanes Fernández. (Técnico Municipal)
- Dª Amalia Seijas Seoane (Administrativo).
- D. Guillermo Rios Varela (Policía Local)
- D. Javier Gestal Pose (Representente Sindical).
6º.- DESENVOLVEMENTO DOS EXERCICIOS.
- Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluidos da oposición os que non comparezan, non sendo os casos debidamente xustificados libremento apreciados polo Tribunal. Os aspirantes deben acreditar a súa personalidade coa exhibición do DNI.
- A actuación dos aspirantes naqueles exercicios que non poidan realizarse conxuntamente levarase a cabo por orde alfabética segundo a primeira letra
- o apelido, comezando pola letra que resulte do sorteo para o ano ó que se refire o artigo 9 do Regulamento de Selección do persoal da Comunidade Autónoma de Galicia de 20 de marzo de 1991.
- Unha vez comenzadas as probas selectivas non será obrigatoria a publicación da celebración dos sucesivos exercicios no Boletín Oficial da Provincia, sendo suficiente coa súa exposición no Taboleiro de Edictos do Concello.
- Entre o final dunha proba e o comezo da seguinte deberán transcorrer un mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días.
- Os exercicios, realizaranse en lingua galega ou casteá. Os exercicios escritos poderán ser lidos públicamente, se así o acordase o Tribunal, podendo este dialogar co aspirante co fin de determinar os seus coñecementos obre o contido do exposto durante un tempo máximo de dez minutos.
7º.- SISTEMA DE SELECCIÓN E CUALIFICACIÓN DOS EXERCICIOS.
- Fase de oposición:
Primeiro exercicio.- De carácter teórico, que será obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en responder por escrito a un cuestionario de 30 preguntas, durante sesemta minutos relativas ó contido do programa que se acompaña como Anexo a estas Bases, con respostas alternativas, das cales unha será a correcta.
Sendo 10 puntos a cualificación máxima que se pode alcanzar na realización deste exercicio, serán eliminados os aspirantes que non alcancen un mínimo de 5 puntos.
Segundo exercicio.- Proba oral, que será obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na exposición durante 30 minutos de dous temas (15 para cada un) contidos no programa que se acompaña como Anexo a estas bases, sacados al azar.
Sendo 10 puntos a cualificación máxima que se pode alcanzar na realización deste exercicio, serán eliminados os aspirantes que non alcancen un mínimo de 5 puntos.
Terceiro exercicio.- Entrevista curricular, a sua puntuación máxima será de 5 puntos.
- As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada exercicio publicaranse o mesmo día no que se acorden no Taboleiro de Ediocos do Concello.
- A puntuación final e a orde de cualificación dos aspirantes virá dada pola suma da totalidade das puntuación obtidas no conxunto das probas.
8º.- RELACIÓN DE APROBADOS.
- Rematada a cualificación dos aspirantes, o Tribunal publicará a relación de aprobados por orde de puntuación. Dado que en ningún caso o número de aspirantes aprobados pode exceder o número de prazas convocadas, a
- relación de aprobados confeccionarase cos aspirantes que, superados tódolos exercicios obrigatorios, obteñan a maior puntuación, sumando os puntos de cada un dos exercicios da oposición.
- O Tribunal elevará a citada relación ó Alcalde-Presidente da Corporación, ó cal compete o nomeamento correspondente.
9º.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS.
Unha vez seleccionado ó aspirante deberá presentar os seguintes documentos:
- Fotocopia compulsada do DNI.
- Fotocopia compulsada do título académico esixido nas bases, ou, no seu defecto, o xustificante de ter aboado os dereitos para a súa expedición. Se estes documentos estivesen expedidos despois da data de remate do prazo de presentación das solicitudes de admisión ás probas selectivas, deberán xustificar debidamente o momento de remate dos estudios correspondentes.
- Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración Pública, nin atoparse inhabilitado para o exercico das funcións públicas.
- Declaración xurada de non atoparse incurso en ingunha causa de incapacidade de incompatibilidade, de conformidade coa lexislación vixente e referida ó momoento da súa toma de posesión.
- certificación médica oficial acreditativa de non padecer enfermidade ou eiva física ou psíquica que imposibilite o normal exercicio da súa función.
- o aspirantes que fagan valer a súa condición de persoas con minusvalidez deberán presentar certificcado expedido polos órganos competentes que acredite a mesma, e tamén deberán presentar certificación dos citados órganos ou administración sanitaria acreditativa da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.
- Os que tivesen a condición de funcionarios de carreira estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa probados, para obter o seu anterior nomeamento, presentando neste caso, certificación da Administración Pública da que dependan que acredite esta condición.
- Os que dentro do prazo sinalado e agás os casos de forza maior, non presenten a súa documentación ou non reúnan os requisitos esixidos, non poderán seren nomeados, quedando anuladas tódalas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que poidesen incorrer por falsidade na súa instancia solicitando participar no proceso selectivo.
10.- NOMEAMENTO E TOMA DE POSESIÓN.
- O aspirante proposto que presente a documentación preceptiva será nomeado funcionario de carreira polo Sr. Alcalde, e deberán tomar posesión no prazo dun mes contado dende o día seguinte ó da notificación do citado nomeamento.
11.- IMPUGNACIÓN.
As presentes bases e tódolos actos administrativos que dele deriven poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
ANEXO:
- Tema 1.- A Constitución Española de 1978: estructura e contido. Principios Xerais. O Tribunal Constitucional. O defensor do Pobo.
- Tema 2.- Clases de Dereito. Concepto de Dereito Administrativo.Fontes do Dereito Administravio. A Xerarquia das normas.
- Tema 3.- Dereitos dos cidadans. Dereito de acceso os archivos e rexistros. Deberes dos cidadans.
- Tema 4.- Dereitos e deberes dos funcionarios.
- Tema 5.- Información e Comunicación.
- Tema 6.- Coñecemento, utilización e atención dun servicio telefónico. Recepción e telefonia.
- Tema 7.- Correspondencia. Envios e recibos postais. Correspondencia oficial.
- Tema 8.- O termino municipal de Carral. Historia, situación xeográfica e actualidade.
- Tema 9.- O Municipio. Elementos Territoriais e poboación. Competencias dos Municipios.
- Tema 10.- Organos Básicos: O Alcalde, Teniente de Alcalde, Pleno e Xunta de Goberno Local.
Carral, 19 de agosto de 2008.
O Alcalde,
Asdo. José L. Fernández Mouriño
Última actualización el Martes, 25 de Mayo de 2010 18:33
 
 

¿Quién está en línea?

Tenemos 11 invitados conectado(s)