Selección persoal
Tendo en conta a preasignación provisional de seis prazas para o ano 2008 de axuda no fogar para o Concello de Val do Dubra destinadas á atención de persoas dependentes valoradas, ao abeiro da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, estimándose para os ditos casos unhas 274 horas de prestación ao mes este Concello procederá á contratación con carácter urxente de UN auxiliar de axuda no fogar a xornada completa.
RESOLVO: aprobar a convocatoria de UNHA praza de auxiliar de axuda no fogar a xornada completa e con carácter temporal seguindo o procedemento marcado no dito regulamento, quedando en lista de espera por orde de puntuación as persoas que cumpran os requisitos e non resulten seleccionadas.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a partir da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. As instancias presentaranse acompañadas da documentación xustificativa dos requisitos esixidos (Titulación: estar en posesión do título de graduado escolar, FP 1 ou equivalente ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e estar en posesión do carné de conducir B) e dos méritos alegados:
Servizos prestados (ata un máximo de 5 puntos):
• Servizos prestados no mesmo ou superior corpo, escala, subescala e/ou categoría da lista da que se pretenda formar parte no Concello de Val do Dubra: 0,20 puntos por cada mes completo ou fracción superior a quince días.
• Servizos prestados no mesmo ou superior corpo, escala, subescala e/ou categoría da lista da que se pretenda formar parte noutras administracións: 0,10 puntos por cada mes completo ou fracción superior a quince días.
c) Formación:
• Por cursos relacionados coa actividade a desenvolver impartidos pola administración pública ou homologados, ata un máximo de dous puntos:
De máis de 100 horas: 0,75 puntos
De máis de 70 a 100 horas: 0,50 puntos
De máis de 40 a 70 horas: 0,35 puntos
De máis de 15 a 40 horas: 0,20 puntos
De menos de 15 horas: 0,10 puntos
No suposto de que na acreditación dos cursos non figure o número de horas, aplicarase a puntuación mínima.
• Por posuír unha titulación académica de nivel superior, distinta e independente da requirida na convocatoria como requisito imprescindible para o acceso, computándose unicamente o título de maior nivel dos alegados:
* Título de doutor: 2,00 puntos.
* Título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente: 1,50 puntos.
* Título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico ou equivalente: 1,00 puntos.
* Título de Bacharel Superior, Formación Profesional de 2.º grao ou equivalente: 0,50 puntos.
* Título de Graduado Escolar, Formación Profesional de 1.º grao ou equivalente: 0,25 puntos.
• Polo coñecemento acreditado do idioma galego, computándose unicamente o grao superior alegado, e concedéndose validez soamente ós cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:
* En grao de iniciación: 0,50 puntos.
* En grao de perfeccionamento: 0,75 puntos.
• Pola inscrición acreditada como demandante de emprego, cun máximo de 1,00 puntos: 0,01 puntos por cada mes completo ou fracción superior a quince días.
Val do Dubra, 27 de agosto de 2008
O alcalde
Juan M. Baleato Iglesias