Aprobación das bases que rexerán a convocatoria unitaria dunha praza de traballador/a social
RESOLUCIÓN NÚM. 200/2008, DO 6 DE AGOSTO, DE APROBACIÓN DAS BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA UNITARIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE DUNHA PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL, INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE PONTECESO PARA O ANO 2008
ANTECEDENTES
1 A secretaria do concello redactou as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición libre, dunha praza de traballador/a social.
2 A oferta de emprego público saíu publicada no Boletín Oficial da Provincia núm. 60, do 12 de marzo de 2008, e no Diario Oficial de Galicia núm. 91, do 13 de maio.
3 O anuncio da modificación da oferta de emprego público para 2008 saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia núm. 121, do 28 de maio, e no Diario Oficial de Galicia núm. 102, do 28 de maio.
CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS
– Lei 7/2007, do estatuto básico do empregado público
– Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
– Decreto legislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia
– Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos aos que debe axustarse o procedemento de selección de funcionarios da administración local
– Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia
– Real decreto legislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local
– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común
– Real decreto 861/1986, do 18 de abril, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos aos que se debe axustar o procedemento de selección dos funcionarios de administración local
– Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da administración do Estado
O artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, na redacción que dá a Lei 11/1999, do 21 de abril, atribúeme a competencia para resolver.
Por todo o anterior, RESOLVO:
1 Aprobar as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición libre, dunha praza de traballador/a social, incluída na oferta de emprego público do Concello de Ponteceso para o ano 2008, e convocar as correspondentes probas selectivas. As bases aparecen transcritas como anexo a este acordo.
2 A convocatoria, xunto coas bases, sairá publicada no Boletín Oficial da Provincia. Ademais sairá publicado un extracto detallado no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial de Galicia. Os efectos administrativos produciranse dende a data de publicación do extracto no Boletín Oficial do Estado.
Anexo
BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DUN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL DO CONCELLO DE PONTECESO
1 Obxecto da convocatoria
O obxecto da convocatoria é o de regular o acceso á función pública, como funcionario/a, dunha praza de traballador/a social, incluida na oferta de emprego público para o ano 2007. O sistema de selección é o de concurso-oposición libre.
A praza convocada corresponde ao grupo A, subgrupo A2, segundo o que establece o artigo 76 e a disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do estatuto básico do empregado público e está dotada de conformidade co que está establecido no cadro de persoal, que aprobou o Pleno do Concello na sesión extraordinaria do 21 de decembro de 2007.
Os/as aspirantes que resulten nomeados/as quedarán sometidos/as á Lei 53/1984, do 26 de decembro, dende o momento da súa toma de posesión.
2 Funcións da praza
As funcións da praza serán as propias do departamento municipal de servizos sociais.
3 Réxime xurídico
Esta convocatoria rexerase por estas bases e, no que non estea previsto nelas, pola seguinte normativa:
– Lei 7/2007, do estatuto básico do empregado público
– Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
– Decreto legislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia
– Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos aos que debe axustarse o procedemento de selección de funcionarios da administración local
– Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia
– Real decreto legislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local
– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común
– Real decreto 861/1986, do 18 de abril, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos aos que se debe axustar o procedemento de selección dos funcionarios de administración local
– Supletoriamente, o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da administración do Estado
4 Requisitos dos/as aspirantes
Para ser admitido/a nas probas, o/a aspirante deberán reunir os seguintes requisitos:
– Ter nacionalidade española, sen prexuízo do que dispón o artigo 57 do Estatuto Básico do Empregado Público
– Ter cumplidos os 16 anos de idade e non exceder da idade prevista para a jubilación
– Estar en posesión do título de diplomado/a en traballo social ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo para presentar as instancias
– Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desenvolvemento das correspondentes funcións
– Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo ao Estado, ás comunidades autónomas ou ás entidades locais, nin estar inhabilitado para ejercer funcións públicas
– Estar colegiados/as no Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social. Os/as aspirantes deberán estar colegiados/as antes de tomar posesión
– Comprometerse a realizar o xuramento ou a promesa do cargo, tal e como o establece o artigo 1 do Real decreto 707/1979, do 5 de abril
Os/as aspirantes deberán posuír todos estes requisitos na data na que remate o prazo para presentar as instancións e deberanos manter ata o momento do nomeamento. Será nulo o nomeamento como funcionario/a do/a aspirante que estea incurso/a en causas de incapacidade, de conformidade coa normativa vixente.
5 Presentación de instancias
As persoas que queiran participar deberán facelo constar nunha instancia dirixida ao alcalde do Concello de Ponteceso, segundo o modelo que aparece como anexo 1 nestas bases.
As persoas interesadas en participar poderán presentar a instancia directamente no rexistro xeral do concello ou por calquera outro dos sistemas previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas.
As persoas interesadas deberán presentar as instancias no prazo de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao do da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
6 Documentación
Os/as aspirantes achegarán coa instacia:
– A fotocopia compulsada do DNI
– A fotocopia compulsada da titulación esixida na base 4
– A relación dos méritos que aleguen e os documentos xustificativos correspondentes, que deberán ser orixinais ou fotocopias compulsadas. O tribunal non terá en consideración os méritos que non estean debidamente acreditados, en todos os seus externos, no momento de presentar a instancias
7 Admisión de aspirantes
Logo de que remate o prazo para presentar as instancias, o alcalde, no prazo máximo de un mes, aprobará a listaxe provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, indicando, de ser o caso, as causas da exclusión. A listaxe sairá publicada no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da casa do concello. Os/as aspirantes excluídos/as e os que non consten na listaxe de admitidos/as nin na de excluidos terán un prazo de dez día, contados a partir do seguinte ao do da publicación da resolución, para corrixir os defectos da solicitude.
Unha vez transcorrido o prazo de dez días para corrixir os defectos da solicitude, o alcalde aprobará a listaxe definitiva, que levará implícita a estimación ou a desestimación das solicitudes corrixidas. A listaxe definitiva sairá publicada no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da casa do concello. O alcalde aprobará nesa mesma resolución a composición do tribunal, o lugar, a data e a hora de comezo do primeiro ejercicio.
No caso de que non haxa aspirantes excluídos/as entenderase que a listaxe provisional é a definitiva de aspirantes admitidos/as.
Os/as aspirantes excluídos/as poderán interpor contra a relación definitiva o recurso potestativo de reposición ante o alcalde ou o contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nos prazos que están establecidos na Lei 30/199.
O feito de figurar na relación de admitidos/as non prexulga que se lles recoñeza que posúen os requisitos esixidos no procedemento.
Os/as aspirantes que consten na relación de admitidos/as decaerán en todos os dereitos que pudiesen derivar da súa participación no procedemento, no caso de que non posúan algún dos requisitos.
8 Tribunal cualificador
Os órganos de selección serán colegiados e a súa composición deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos/das seus/súas membros e deberán tender, así mesmo, á paridade entre muller e home, de conformidade co que establece o artigo 60 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.
O alcalde designará o tribunal de conformidade co artigo 4, parágrafos e) e f) do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos aos que se debe axustar o procedemento de selección dos funcionarios de administración local.
A composición será a seguinte:
Presidente/a:
Titular: a secretaria do concello
Suplente: un/unha funcionario/a con habilitación estatal da Comunidade Autónoma de Galicia que sexa nomeado/a polo alcalde
Vogais 1 e 2:
Titulares e suplentes: un/unha funcionario/a con habilitación estatal da Comunidade Autónoma de Galicia que sexa nomeado/a polo alcalde
Vogais 3 e 4:
Titulares e suplentes: un/unha traballador/a social ou similar, funcionario/a da administración local Secretario/a, con voz e sen voto.
Titular: a tradutora do concello.
Suplente: un/ha tradutor/a da provincia da Coruña, que sexa nomeado polo alcalde
Os membros do tribunal non intervirán no procedemento e comunicaranllo ao alcalde cando concurran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou cando realizasen tarefas de preparación a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Os/as aspirantes poderán recusar os/as membros do tribunal cando concurran esas circunstancias, de conformidade co artigo 29 da Lei 30/1992.
O tribunal no poderá constituirse nin actuar sen a presenza, cando menos, do/a presidente/a e do/a secretario/a ou dos/as que os/as substitúan, e dun/ha vogal, como mínimo.
O tribunal resolverá todas as dúbidas que xurdan de aplicar estas normas, así como no que non estea previsto nelas. Tamén poderá dispor a incorporación de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que xulgue oportuno. Estes asesores, con voz pero sen voto, colaborarán nas súas especialidades técnicas. O tribunal tamén se poderá valer de persoal auxiliar durante o desenvolvemento material dos exercicios.
O tribunal queda autorizado para resolver cantas dúbidas poidan xurdir e para adoptar os acordos que garanticen o bo desenvolvemento da convocatoria en todo o non estea previsto nas bases e na normativa aplicable. Tamén queda facultado para deixar deserta a convocatoria, no caso de non existir ningún/ningunha aspirante cualificado/a para o posto.
O voto do/a presidente/a terá carácter dirimente no caso de empate nas decisións dos/as membros do tribunal.
Os/as compoñentes do tribunal terán a categoría que corresponda segundo o que establece o Real decreto 462/2002, do 24 de maio, para os efectos de percibir indemnizacións en concepto de asistencia.
9 Desenvolvemento das probas selectivas
Os/as aspirantes acudirán ás probas provistos/as do DNI e serán convocados para cada exercicio nun único chamamento. Estarán excluídos do procedemento selectivo os/as aspirantes que non comparezan, agás nos casos debidamente xustificados. Serán os/as membros do tribunal os/as que deberán apreciar a xustificación.
Os/as aspirantes actuarán por orde alfabética. Comezarán os/as aspirantes o primeiro apelido dos/as cales comece pola letra V, de conformidade coa Resolución do 29 de xaneiro de 2008, da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que se refire o regulamento de selección de persoal da administración da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG n.º 25, do 5 de febreiro).
Os demais anuncios relacionados coa convocatoria sairán publicados no taboleiro de anuncios da casa do concello, unha vez que comecen as probas e despois de que saian publicadas estas bases no Boletín Oficial da Provincia. Os/as aspirantes tamén poderán obter información vía telefónica, logo de acreditar a súa identidade. Entre o final dunha proba e o comezo da seguinte deberán transcorrer un mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días.
O tribunal poderá esixirlles aos/ás aspirantes que acrediten a súa identidade en calquera momento durante as probas e os/as aspirantes deberán mostrar o seu DNI ou documento equivalente.
A fase de concurso que non suporá máis do 40% da fase de oposición, será anterior á fase da oposición, non terá carácter eliminatorio non se poderá ter en conta para superar as probas da fase de oposición libre. O tribunal no poderá valorar os méritos que non foran alegados e que non estean probados nos documentos que os/as aspirantes achegan coas solicitudes. O tribunal non poderá conceder ningún prazo para que os/as aspirantes corrixan a documentación que fai referencia aos méritos.
O tribunal publicará a cualificación dos/das aspirantes aprobados/as en cada exercicio o mermo día do acordo no taboleiro de anuncios da casa do concello.
10 Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.
O tribunal, unha vez que rematen as probas, publicará no taboleiro de anuncios da casa do concello a relación de aprobados/as por orde de puntuación final. O tribunal considerará aprobado/a o/a aspirante que acade a maior puntuación na suma total de todo o proceso selectivo, incluida a fase de concurso. O número de aprobados/as non poderá ser maior que o número de prazas convocadas. O tribunal poderá declarar deserto o posto se non hai ningun/ha aspirante que supere as probas. O tribunal trasladaralle ao alcalde a relación xunto coa acta da última sesión, para os efectos de que o alcalde nomee ao/á candidato/a proposto/a. Será nula de pleno dereito calquera proposta que contraveña o que dispón o tribunal.
O/a opositor/a aprobado/a, no prazo de vinte días naturais, contados dende o seguinte ao do publicación da relación de aprobados/as, deberá presentar a seguinte documentación:
– Copia cotexada do DNI ou, de ser o caso, o documento equivalente expedido pola autoridade competente do país de orixe
– Copia cotexada do título que se esixe nestas bases ou, de ser o caso, o xustificante de ter aboados os dereitos para ser expedido
– Copia cotexada co carné de colexiado/a como traballador/a social
– Declaración xurada de non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha administración pública, nin de estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas
– Declaración xurada de non estar incurso en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade, de conformidade coa lexislación vixente e referida ao momento da súa toma de posesión. Os/as aspirantes que fixeran valer a súa condición de persoas con minusvalía deberán presentar un certificado expedido polo órgano competente que acredite tal condición. Deberán presentar, ademais, un certificado do citado órgano ou da administración sanitaria acreditativo da compatibilidade co desenvolvemento das tarefas e das funcións correspondentes.
Os/as aspirantes que tiveran a condición de funcionarios/as de carreira ou de persoal laboral fixo ao servizo de calquera administración pública quedarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións xerais que xa tivesen probado para obter seu anterior nomeamento. En todo caso, deberán presentar un certificado da administración pública da que dependeran para reditar a súa condición.
Non poderán ser nomeados/as funcionarios/as aqueles/as que dentro do prazo indicado e salvo caso de forza maior non presentaran a documentación ou se da documentación que presentaron se deduce que carecen dalgún dos requisitos esixidos, sen prexuízo da responsabilidade na que incorrera por falsidade na instancia.
11 Probas selectivas e sistema de cualificación dos exercicios
As probas selectivas constarán de dúas fases:
– Concurso
– Oposición libre
A). Fase de concurso
Será previa á da oposición e non será eliminatoria. A cualificación desta fase deberá estar concluida antes de que os/as aspirantes comecen a fase de oposición, e o tribunal fará público o seu resultado no taboleiro de anuncios da casa do concello.
O tribunal só admitirá documentos orixinais ou copias cotexadas para acreditar os méritos. O tribunal non valorará os méritos que non estean xustificados dentro do prazo para presentar as instancias.
O tribunal valorará a experiencia profesional, a formación académica e outros méritos cun máximo de 20 puntos, segundo o seguinte baremo.
1 Experiencia profesional: o tribunal valorará este mérito cun máximo de 12 puntos, de conformidade co seguinte baremo:
– Por servizos prestados como traballador/a social na administración pública local: 0,10 puntos por mes completo traballado
– Por servizos prestados como traballador/a social en calquera outra Administración ou entidade pública: 0,05 puntos por cada mes completo traballado
– Por servizos prestados como traballador/a social no sector privado: 0,025 puntos por cada mes completo traballado
Os/as aspirantes xustificarán os servizos prestados na administración local mediante un certificado oficial expedido para o efecto.
Os/as aspirantes xustificarán os servizos prestados no sector público mediante un certificado dos períodos cotizados na Seguridade Social.
O tribunal non valorará os servizos que non estean debidamente acreditados.
2 Cursos de formación, ata un máximo de 6 puntos:
a) Por cursos relacionados co posto de traballo, impartidos pola administración pública, universidades, centros públicos e concertados e organismos oficiais, ata un máximo de 4 puntos:
– Cursos de 50 horas ou máis: 0,25 por curso, ata un máximo de 1 punto
– Cursos de 25 a 50 horas: 0,50 puntos por curso, ata un máximo de 0,50 puntos
– Cursos de menos de 25 horas: 0,25 puntos por curso, ata un máximo de 0,25 puntos
O tribunal non valorará neste apartado os foros, as xornadas, os encontros, as charlas, os seminarios, os congresos nin os períodos de prácticas, que poderán ser valorados en outros méritos.
O tribunal non admitirá como mérito neste apartado os certificados nos que non consten o número de horas ou de créditos.
Os/as aspirantes acreditarán estes méritos mediante un diploma ou un certificado expedido ou homologado por organismos oficiais.
b) Cursos de aplicacións ofimáticas: Microsoft, Office, Lotus Word Pro, Acces, e Internet, impartidos pola administración pública, universidades, centros públicos e concertados e organismos oficiais: 0, 25 puntos por curso ata un máximo de 1 punto.
Cursos xerais relacionados coa administración local, impartidos pola administración pública, universidades, centros públicos e concertados e organismos oficiais: 0,25 puntos por curso ata un máximo de 1 punto.
Os/as aspirantes acreditarán estes méritos mediante un diploma ou un certificado expedido ou homologado por organismos oficiais.
3 Por cursos de lingua galega, debidamente acreditados por certificados emitidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística:
– Polo curso de iniciación ou Celga 3: 0,25 puntos
– Polo curso de perfeccionamento ou Celga 4: 0,50 puntos
– Polo curso de linguaxe administrativa de nivel medio: 0,75 puntos
– Polo curso de linguaxe administrativa de nivel superior: 1 punto.
O tribunal só puntuará o curso de nivel máis alto, no caso de ter máis dun curso.
4 Outros méritos (xornadas, seminarios, congresos, cursos impartidos por organismos non oficiais), ata un total de 1 punto
B) Fase de oposición
Constará dos seguintes exercicios, que terán carácter obrigatorio e eliminatorio.
1 Primeiro exercicio:
Consistirá en desenvolver por escrito, nun período máximo de dúas horas un cuestionario de 100 preguntas tipo test, relacionadas co temario que figura como anexo II. Serán 30 preguntas da parte xeral e 70 preguntas da parte específica. O tribunal cualificará este exercicio de 0 a 20 puntos e é preciso acadar un mínimo de 10 puntos para superar a proba.
O tribunal non computará as respostas en branco e descontará unha resposta correcta por cada tres error.
2 Segundo exercicio:
Consistirá en desenvolver por escrito, nun período máximo de dúas horas, un proxecto social sobre un suposto práctico que formulará o tribunal antes de comezar o exercicio. O suposto práctico estará relacionado coas funcións asignadas ao posto de traballo. O Tribunal elaborará dous supostos prácticos e os/as aspirantes deberán escoller un deles.
O tribunal valorará neste exercicio a formación xeral, os coñecementos específicos sobre a materia, a claridade e a orde das ideas, a facilidade da exposición escrita, a achega persoal do/a aspirante e a súa capacidade de síntese.
Os/as aspirantes deberán ler obrigatoriamente este exercicio ante o tribunal.
O tribunal cualificará este exercicio de 0 a 20 puntos e será preciso acadar un mínimo de 10 puntos para superar a proba.
3 Terceiro exercicio:
Consistirá na tradución directa ou inversa dun texto en galego ou en español nun tempo máximo de 30 minutos.
O tribunal cualificará este exercicio de 0 a 20 puntos e é preciso acadar un mínimo de 10 puntos para superar a proba.
A cualificación final do concurso-oposición estará determinada pola suma de méritos do concurso e dos resultados da fase de oposición. O tribunal dirimirá da seguinte forma en caso de empate: Primeiro: o aspirante que obtivese a maior puntuación no segundo exercicio
Segundo: O aspirante que obtivese a maior puntuación no primeiro exercicio
Terceiro: O aspirante que obtivese a maior puntuación no terceiro exercicio
O tribunal declarará aprobado/a o/a aspirante que obtivese a maior puntuación e proporalle ao órgano competente da Corporación o seu nomeamento como funcionario/a de carreira do Concello de Ponteceso na categoría de Traballador/a social.
12 Recursos
Os actos que poñan fin ao procedemento selectivo deberán ser motivados. A motivación dos actos do tribunal estará referida ao cumprimento das normas legais e regulamentarias e das bases da convocatoria.
As resolucións do tribunal vinculan ao Concello de Ponteceso, sen prexuízo de que as poida revisar, de conformidade co que dispoñen os artigos 102 e seguntes da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo comúm.
As persoas interesadas poderán impugnar estas bases, a súa convocatoria e cantos actos se deriven delas, de conformidade co que establece a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, así como, de ser o caso, pola Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Anexo I.
Modelo de instancia.
.... co DNI núm. ...., co enderezo na rúa ...., núm. .... andar ...., código postal ...., localidade ...., e teléfono ....
Expoño:
1 Que desexo participar nas probas selectivas para acceder a unha praza de traballador/a social, convocada pola Resolución do .... publicada no Boletín Oficial do Estado núm. .... do ....
2 Que, á data de remate do prazo sinalada para presentar a solicitude, reúno todos os requisitos esixidos nas bases, que declaro coñecer.
3 Coa solicitude, achego a seguinte documentación:
– A copia cotexada do DNI
– Unha relación dos méritos que alego e os documentos acreditativos ou as copias cotexadas de cada un dos méritos alegados que son puntuables segundo as bases.
...., .... de .... de 2008
Anexo II
Temario xeral
1 A Constitución. Concepto. A Constitución como norma xurídica. A Constitución Española de 1978. Estructura e contido. Principios xerais.
2 O Estado español como Estado Social e Democrático de Dereito. Os valores superiores na Constitución Española. Os dereitos e deberes fundamentais dos españoles.
3 As Cortes Xerais: Congreso dos Deputados e Senado. Composición e funcións. Aspectos básicos do procedemento de elaboración e aprobación das leis. As relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais.
4 O Goberno. Composición e atribucións. A administración pública: principios constitucionais informadores. A Administración Xeral do Estado. A Lei de organización e funcionamento da administración xeral do Estado e a súa normativa de desenvolvemento.
5 A distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas na Constitución española e nos Estatutos de Autonomía. As formas de acceso á autonomía. O proceso estatuínte: os estatutos de autonomía. A organización político-institucional das Comunidades Autónomas.
6 O estatuto de autonomía de Galicia. As institucións autonómicas galegas. O Parlamento: composición, atribucións e funcionamento. O presidente da Xunta de Galiza. Elección, estatuto persoal e atribucións. O Goberno: Atribucións e competencias.
7 O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Motivación, notificación e eficacia. A validez dos actos administrativos. A revisión de oficio dos actos administrativos: anulación e revocación.
8 O procedemento administrativo. Principios informadores. Fases do procedemento: Iniciación, Ordenación, Instrucción e Terminación. Procedementos de execución.
9 Os recursos administrativos: concepto e clases. Os recursos ordinarios e o recurso extraordinario de revisión.
10 Os contratos administrativos: naturaleza, caracteres e clases. Elementos. Formas de contratación. Prerrogativas da administración. Resolución, rescisión e denuncia.
11 O dominio público. Concepto, natureza xurídica e elementos. O patrimonio privado das administracións públicas.
12 O municipio: elementos, organización e competencias. A provincia, organización e competencias.
13 O alcalde: competencias e funcións. O Pleno da Corporación Local. A Xunta de Goberno Local. Tenentes de Alcalde e concelleiros. Competencias e funcións.
14 Dereitos e deberes dos veciños no ámbito local: información e participación cidadá.
15 O persoal ao servizo das entidades locais: clases e réxime xurídico. A función pública local: clases de funcionarios locais. Sistemas de selección do persoal ao servizo das entidades locais: persoal permanente e non permanente. Situacións administrativas dos funcionarios públicos.
16 Dereitos do persoal ao servizo das entidades locais. Retribucions. Deberes do persoal ao servizo das entidades locais. Incompatibilidades. Réximen disciplinario.
17 Os bens das entidades locais
18 O servizo público na esfera local. Os modos de xestión dos servizos públicos.
19 As facendas locais: recursos das facendas locais. Impostos e taxas. Os prezos públicos.
20 O orzamento das corporacións locais.
Temario específico
1 A acción social. Concepto e etapas históricas. Política social. O estado do benestar.
2 Política social na UE. A Carta Social Europea. O Fondo Social Europeo. O Plan europeo de loita contra a pobreza.
3 Marco legal dos servizos sociais. A Constitución española, o Estatuto de Autonomía, a Lei de bases de réxime local. A lei de servizos sociais de Galicia: estructura e contido.
4 A Lei 4/1993 do 14 de abril, dos Servizos Sociais de Galicia. Principios xerais. A Lei galega de medidas básicas para a inserción social. Antecedentes e fundamentación. Estructura e contido. Normas de desenvolvemento.
5 O sistema español de Seguridade Social. Lei protectora. Prestacións.
6 A lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social Prestacións non contributivas. Modalidades. Requisitos.
7 Fundamentos, principios e funcións do traballo social. O obxecto do traballo social: suxeto, obxeto e contido. Obxetivos, etapas e metas. Niveis de intervención no traballo social.
8 Técnicas no traballo social: instrumentos de coñecemento, de intervención, e de avaliación.
9 A investigación en traballo social. As necesidades sociais. Tipoloxía, identificación e medida. Obxetivación. Técnicas aplicables. O traballo social como tecnoloxía.
10 O traballador social como membro dun equipo interdisciplinar: fundamento, funcións e principios básicos como técnico e nos diferentes ámbitos de intervención.
11 Deontoloxía e ética profesional. Os códigos de ética no traballo social en relación co usuario, as institucións e outros profesionais.
12 Os servicios sociais. Concepo. Os servicios sociais na administración pública a nivel estatal, autonómico e local. Os servizos sociais de atención primaria: organización, fundamento e funcionamento. Programas e equipamentos.
13 O Plan concertado de prestacións básicas de servizos sociais nas corporacións locais. Concepto, programas e compromisos.
14 Os servizos sociais especializados: organización, fundamento e funcionamento: programas e equipamentos.
15 O Decreto 240/1995: a regulación da atención primaria de Galicia.
16 A Orde do 22 de xullo de 1996. A regulación do servizo de axuda no fogar.
17 A regulamentación da axuda no fogar no Concello de Ponteceso.
18 Beneficiarios e profesionais do servizo de axuda no fogar. Servizos complementarios do programa de axuda no fogar.
19 Servizos sociais especializados I: infancia e adolescencia. Normativa reguladora de menores. A Lei 21/1987 de desenvolvemento na comunidade Autónoma; principais modificacións que introduce.
20 Servizos sociais especializados II. Infancia e adolescencia. Os malos tratos na infancia. Definición. Tipoloxía. Factores de risco.
21 Servizos e centros de atención á infancia, marco legal e programas de actuación.
22 Servizos sociais especializados: muller. Políticas sociais actuais no sector da muller. O papel do traballador social nos servizos sociais de atención á muller en situación de necesidade.
23 A situación da muller en Galicia: problemática, recursos e organización administrativa. Valoración cualitativa e datos estadísticos.
24 A actuación dos Servizos sociais municipais ante a problemática do maltrato á muller. Estratexias de actuación.
25 Servizos Sociais especializados: minusválidos físicos, psíquicos e sensoriais. Necesidades e recursos: centros e servizos especializados, acollemento familiar e axuda a domicilio, axudas e subvencións.
26 O papel do traballador social na acción integradora nos niveis laborais, educativo, de ocio e tempo libre das persoas con minusvalías.
27 O Sistema de Información de Usuarios dos Servizos Sociais (SIUSS). Organización e funcionamento.
28 O Manual de Traballo, Información e Asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS). Organización, funcionamento e utilidades.
29 A Lei de integración social do minusválido (LISMI). Normas de desenvolvemento.
30 O Servizo de Transporte Adaptado (programa ANTA). Obxetivos. Beneficiarios.
31 O Programa de educación familiar nos servizos sociais.
32 A teleasistencia domiciliaria. O comedor sobre rodas.
33 A Renda de Integración Social de Galicia. Definición e requisitos.
34 O acollemento familiar. A emerxencia social. O cheque asistencial.
35 Pensións no contributivas: invalidez, xubilación e prestación familiar por fillo a cargo.
36 A lei 39/2006, de 24 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
37 O Real decreto 504/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o baremo de valoración da situación de dependencia establecido pola Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
38 Os programas básicos dos servizos sociais de atención primaria.
39 A estructura e desenvolvemento dos Servizos sociais no concello de Ponteceso.
40 O concello de Ponteceso. Estructura territorial, demográfica, social, económica, educativa, cultural, deportiva e de lecer.
Ponteceso, 6 de agosto de 2008.
O alcalde,
José Luis Fondo Aguiar.
Administración Local (BOE 228 de 20/9/2008)
Resolución de 28 de agosto de 2008, del Ayuntamiento de Ponteceso (A Coruña), referente a la convocatoria para proveer una plaza.
Rango: Resolución
Páginas: 38403 - 38403
Referencia: 2008/15301
TEXTO
En el «Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña» número 193, de 22 de agosto de 2008, salieron publicadas íntegramente las bases para cubrir, mediante el sistema de concurso-oposición libre, una plaza de Trabajador Social, encuadrada en la escala de Administración Especial.
El plazo para presentar las instancias solicitando participar será de veinte días naturales, contados a partir del siguiente al de la publicación de este anuncio en el «BOE».
Los demás anuncios relacionados con esta convocatoria saldrán publicados únicamente en el «Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña» y en el tablón de anuncios del Ayuntamiento.
Ponteceso, 28 de agosto de 2008.-El Alcalde, José Luis Fondo Aguiar.