OEP 2008. Bases xerais OEP 2008 e convocatorias específicas 1, 2, 3 e 4/2008
BASES XERAIS REGULADORAS DOS PROCESOS SELECTIVOS CORRESPONDENTES Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE 2008 E CONVOCATORIAS ESPECÍFICAS 1, 2 3 E 4/2008.
Pola Xunta de Goberno Local, en sesión realizada o día 03.07.08, prestouse aprobación ás bases xerais reguladoras dos procesos selectivos correspondentes á oferta de emprego público de 2008 e ás das convocatorias específicas 1/2008 (auxiliar administrativo/a), 2/2008 (oficial 2ª servizos múltiples) e 3/2008 (maquinista-chófer vehículos municipais), e pola Xunta de Goberno Local en sesión realizada o día 22.07.08, prestouse aprobación ás bases da convocatoria expecífica 4/2008 (arquitecto/a), correspondentes todas elas á oferta emprego público para 2008, cuio texto se transcribe deseguido:
BASES XERAIS REGULADORAS DOS PROCESOS SELECTIVOS CORRESPONDENTES Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE 2008.
1.-Normas xerais.
1.1.-É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade das prazas de funcionarios/as de carreira e de persoal laboral fixo, correspondentes á oferta de emprego público de 2008, a través do procedemento de selección que para cada unha delas se estableza nas bases das convocatorias específicas, segundo as seguintes disposicións:
- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
- Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido de disposicións legais vixentes en materia de réxime local.
- Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.
- Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, sobre regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección de funcionarios de Administración Local.
- Artigo 39 da Lei 50/1998, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social. Este precepto será de aplicación a aquelas convocatorias nas que os sistemas selectivos sexan os de concurso ou concurso-oposición, en quenda libre, valorándose, entre outros méritos, a experiencia nos postos de traballo obxecto da convocatoria cando se trate de consolidación de emprego temporal ou substitución de emprego interino.
- Regulamento de selección do persoal da administración da Comunidade Autónoma de Galicia, do 20 de marzo de 1991 e, supletoriamente, o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración do Estado, aprobado por Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.
2.-Requisitos.
a) Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional do Reino de Noruega ou nacional da República de Islandia.
Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e ascendentes do cónxuxe, dos/as españois e dos/das nacionais de países membros da Unión Europea, de Noruega ou de Islandia, sempre que non estean separados/as de dereito, menores de vinte e ún anos ou maiores da devandita idade que vivan ás súas expensas.
Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España.
En cumprimento do sinalado no artigo 1.3 da Lei 17/1993, do 23 de decembro, as bases específicas de cada convocatoria establecerán que prazas quedan reservadas para aspirantes de nacionalidade española.
b) Ter cumpridos dezaseis anos de idade, e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
c) Ter o título esixido ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. Os títulos requiridos para cada unha das prazas sinalaranse nas bases específicas de cada unha das convocatorias. No caso de titulacións non expedidas en España éstas deberán estar debidamente revalidadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
d) Non ter enfermidade ou eiva física ou psíquica que impida o desempeño das funcións correspondentes. As persoas con minusvalidez deberán facelo constar na súa instancia, sinalando se precisan adaptación das probas. A condición de minusvalidez acreditarase por certificación da Delegación provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.
Os anteriores requisitos, así como os específicos que se esixan para cada unha das prazas, deberanse reunir con referencia ó derradeiro día de prazo de presentación de solicitudes, e será nulo o nomeamento como funcionario/a de carreira ou a contratación de persoal laboral fixo dos/as aspirantes que estean incursos en causas de incapacidade segundo a normativa vixente.
3.-Solicitudes.
3.1.-Os/as que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia dirixida ó Alcalde-Presidente do Concello, directamente ou a través dos procedementos previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O prazo de presentación de instancias é o de vinte días naturais, a partir do seguinte ao da publicación da respectiva convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).
No caso de prazas de promoción interna, as convocatorias publicaranse únicamente no BOP, publicación que iniciará o prazo de vinte dias naturais de presentación de solicitudes.
Á instancia achegarase fotocopia do DNI e xustificante de ter aboados na tesourería municipal os dereitos de exame que en cada convocatoria se precisen, ou xustificante de xiro postal ou telegráfico do seu pagamento.
De conformidade co establecido no artigo 12 da Lei 8/1989, do 13 de abril, de Taxas e prezos públicos, procederá a devolución da taxa por dereitos de exame cando non se realice o feito impoñible por causas non imputables ao/á interesado/a. Por tanto, non procederá a devolución dos dereitos de exame nos supostos de exclusión das probas selectivas por causas imputables ao/á interesado/a, polo que no suposto de exclusión por non cumprir os requisitos ou non aportar os documentos esixidos na convocatoria non haberá lugar á devolución da taxa de exame.
Os/as aspirantes/as que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo dun nacional doutro Estado co que teñan dito vínculo. Así mesmo, deberán achegar declaración xurada ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, de ser o caso, do feito de que o/a aspirante vive a expensas ou está ao seu cargo.
3.2.-Cando o procedemento de selección inclúa ou consista en concurso de méritos, os/as aspirantes deberán achegar inescusablemente á instancia unha relación dos que aleguen e os documentos acreditativos ou fotocopias compulsadas de todos e cada un dos méritos alegados que sexan puntuables segundo as bases específicas que correspondan.
3.3.- Co fin de asegurar a participación en igualdade de condicións co resto dos/as aspirantes establecerase para os/as aspirantes con discapacidade que o soliciten, as adaptacións de tempo necesarias para a súa realización. A tal efecto os/as interesados/as deberán formular a correspondente petición concreta na solicitude de participación, na que reflectirán as necesidades específicas que teñan para acceder ao proceso de selección. Os criterios de adaptación de tempos serán os establecidos na Orde de Ministerio da Presidencia do 9 de xuño( BOE n. 140, do 13/6/2006 ).
4.-Admisión de aspirantes.
4.1.-Para ser admitido/a e tomar parte nas probas que se convoquen será suficiente con que os/as aspirantes manifesten na súa instancia que reúnen todas e cada unha das condicións sinaladas na base nº 2, ademais das que para cada praza se sinalen nas correspondentes convocatorias específicas.
4.2.-Rematado o prazo de presentación de instancias, o Alcalde-Presidente dictará, no prazo de un mes, resolución pola que se aprobará a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e no taboleiro de edictos da Casa do Concello. Na mesma resolución incluirase a composición íntegra do tribunal e o lugar, hora e data de comezo dos exercicios.
4.3.-Os/as aspirantes disporán dun prazo de dez días para emenda, nos termos do artigo 71 da Lei 30/92. Unha vez transcorrido o dito prazo, o Alcalde-Presidente dictará resolución definitiva, que levará implícita a estimación ou desestimación das solicitudes de emenda e que se publicará no taboleiro de edictos da Casa do Concello.
4.4.-O feito de figurar na relación de admitidos/as non prexulga que se lles recoñeza aos/ás interesados/as a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoque. Cando da documentación que debe presentarse no caso de superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación no procedemento.
5.-Tribunais cualificadores.
5.1.-Os tribunais cualificadores dos procesos selectivos designaranse de conformidade co sinalado no artigo 60 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, e a súa composición farase pública de acordo co establecido na base anterior, sen prexuízo de que conste parcial ou totalmente nas convocatorias específicas.
O persoal de elección ou de designación política, os funcionarios/as interinos/as e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección.
A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse ésta en representación ou por conta de ninguén.
5.2.- De acordo co disposto nos parágrafos anteriores, os tribunais estarán compostos polos/as seguintes membros:
Presidente/a: Un funcionario/a ou persoal laboral de calquera administración pública.
Secretario/a: O funcionario/a ou persoal laboral da Corporación que se nomee.
Vogais: Tres vogais funcionarios/as ou persoal laboral de calquera administración pública designados pola Alcaldía, a proposta da Comisión de Persoal.
5.3.-Tódolos/as membros do tribunal deberán contar con titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso á praza ou prazas que se convoquen, e tenderase á paridade entre muller e home.
5.4.-O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a presenza, cando menos, da metade dos/das seus/súas membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requírese a asistencia do/a presidente/a e do/a secretario/a ou os/as que legalmente os/as substitúan.
5.5.-Os/as membros do tribunal deberanse de abster de intervir, comunicándoo á autoridade convocante, cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou estivesen preparando a aspirantes ás probas nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria. Os/as aspirantes poderán recusar ós/ás membros do tribunal cando concorran aquelas circunstancias.
5.6.-O tribunal resolverá tódalas dúbidas que xurdan na aplicación das presentes normas, así como nos casos non previstos polas mesmas. Tamén poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores/as especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que xulgue oportuno, limitándose os/as asesores/as a prestar a colaboración nas súas especialidades técnicas.
5.7.-Para os efectos do percibo de indemnizacións en concepto de asistencias, os compoñentes dos tribunais que actúen nestas probas terán as categorías que correspondan segundo establece o Real decreto 462/2002, do 24 de maio.
6.-Desenvolvemento dos exercicios.
6.1.-Os/as aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluídos da oposición os que non comparezan, non sendo os casos debidamente xustificados, libremente apreciados polo tribunal.
Os/as aspirantes deben acreditar a súa personalidade coa exhibición do DNI ou pasaporte.
6.2.-A actuación dos/as aspirantes naqueles exercicios que non poidan realizarse conxuntamente levarase a cabo por orde alfabética segundo a primeira letra do apelido. Segundo a Resolución do 29 de xaneiro de 2008 (DOG do 5 de Febreiro) a orde comezará por aqueles/as opositores/as dos/das que o primeiro apelido empece pola letra V.
6.3.-Unha vez comezadas as probas selectivas non será obrigatoria a publicación da celebración dos sucesivos exercicios no Boletín Oficial da Provincia, sendo suficiente coa súa exposición no taboleiro de edictos do Concello.
6.4.-Entre o final dunha proba e o comezo da seguinte deberán transcorrer un mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días.
6.5.-Os exercicios, tanto orais como escritos ou prácticos, realizaranse en lingua castelá ou galega, a criterio do/a aspirante. Os exercicios escritos poderán ser lidos publicamente, se así o acordase o tribunal, podendo este dialogar co/coa aspirante co fin de determinar os seus coñecementos sobre o contido do exposto durante un tempo máximo de dez minutos.
7.-Sistema de selección e cualificación dos exercicios.
7.1.-Nas convocatorias específicas que completan estas bases xerais concretaranse o sistema de selección, así como os sistemas de cualificación dos distintos exercicios.
7.2.-No sistema de concurso-oposición, a fase de concurso, que será previa á de oposición, non terá carácter eliminatorio e non poderá terse en conta para superar as probas da fase de oposición. O tribunal non poderá estimar o non alegado e probado polos/as aspirantes nos documentos achegados no momento de presentaren a solicitude para a súa admisión ás probas selectivas, sen que sexa admisible a concesión de prazo ningún para emendar a falta de alegación ou proba de méritos.
7.3.-As cualificacións dos/as aspirantes aprobados/as en cada exercicio publicaranse o mesmo día no que se acorden no taboleiro de edictos da Casa do Concello.
7.4.-A puntuación final e a orde de cualificación dos/as aspirantes virá dada pola suma da totalidade das puntuacións obtidas no conxunto das probas.
8.-Relación de aprobados/as.
Rematada a cualificación dos/as aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados/as por orde de puntuación. Dado que en ningún caso o número de aspirantes aprobados pode exceder o número de prazas convocadas, a relación de aprobados/as confeccionarase cos/coas aspirantes que, superados tódolos exercicios obrigatorios, obteñan a maior puntuación, sumando á fase de concurso, de existir, os puntos de cada ún dos exercicios da oposición.
O tribunal elevará a citada relación ao Alcalde-Presidente da Corporación, ao cal compete o nomeamento correspondente (no caso dos funcionarios/as) e a contratación laboral (cando se trate de postos de persoal laboral fixo).
9.-Presentación de documentos.
9.1.-No prazo de vinte días naturais contados dende o seguinte ao da publicación das listas de aspirantes aprobados/as, estes deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello, os seguintes documentos:
a) Fotocopia compulsada do DNI, ou, se é o caso, documento equivalente expedido pola autoridade competente do país de orixe.
b) Fotocopia compulsada do título académico esixido nas respectivas bases específicas, ou, no seu defecto, o xustificante de ter aboado os dereitos para a súa expedición. Se estes documentos estivesen expedidos despóis da data de remate do prazo de presentación das solicitudes de admisión ás probas selectivas, deberán xustificar debidamente o momento de conclusión dos estudios correspondentes.
c) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.
d) Declaración xurada de non acharse incurso en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente e referida ao momento da súa toma de posesión.
e) Certificación médica oficial acreditativa de non padecer enfermidade ou eiva física ou psíquica que imposibilite o normal exercicio da súa función.
9.2.-Os/as aspirantes que fagan valer a súa condición de persoas con minusvalez deberán presentar certificado expedido polos órganos competentes que acredite a mesma e tamén deberán presentar certificación dos citados órganos ou administración sanitaria acreditativa da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.
9.3.-Os/as que tivesen a condición de funcionarios/as de carreira ou persoal laboral fixo ao servizo de calquera administración, estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento, presentando neste caso certificación da Administración pública da que dependan que acredite esta condición.
9.4.-Os/as que dentro do prazo sinalado, e agás os casos de forza maior, non presentasen a súa documentación ou non reúnan os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados/as, quedando anuladas tódalas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puideran incorrer por falsidade na súa instancia solicitando participar no proceso selectivo.
10.-Nomeamento de funcionarios/as e toma de posesión.
10.1.-Os/as aspirantes propostos/as que presenten a documentación preceptiva serán nomeados funcionarios/as de carreira polo Sr. Alcalde e deberán tomar posesión no prazo de un mes contado dende o día seguinte ao da notificación do citado nomeamento.
10.2.-Se é o caso e para os supostos que se determinen nas respectivas bases específicas, o nomeamento como funcionario/a de carreira poderá quedar supeditado á superación do correspondente período de prácticas ou curso de formación, sendo nomeado, mentres, funcionario/a en prácticas.
11.-Formalización do contrato e período de proba (praza de persoal laboral).
11.1.-Unha vez presentada a documentación solicitada ou, se é o caso, acreditado que se reúnen as condicións esixidas, a Alcaldía-Presidencia efectuará a contratación do/a aspirante proposto/a polo tribunal cualificador.
11.2.-Será nula a contratación de quen estea incurso en causa de incapacidade específica consonte a normativa vixente.
11.3.-A formalización do contrato terá lugar no prazo de un mes, contado a partir do seguinte a aquel no que lle se notifique a proposta de contratación feita polo tribunal.
11.4.-Mentres non se formalice o contrato e se incorpore ao posto de traballo correspondente, o/a aspirante non terá dereito a ningunha prestación económica, podendo especificarse no contrato o período de proba a que se somete, co alcance prevido no Texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.
11.5.-Transcorrido, de ser o caso, o período de proba, o/a aspirante seleccionado/a adquirirá a condición de persoal laboral fixo.
12.-Impugnación.
As presentes bases e tódolos actos administrativos que dela deriven poderán seren impugnados polos/as interesados/as nos casos e na forma previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
INSTRUCCIONS PARA A/O INTERESADA/O
Escriba somente a máquina ou con bolígrafo sobre superficie dura, utilizando maiúsculas de tipo de imprenta.
Evite dobrar o papel, realizar correccións, enmendas ou tachaduras.
Non olvide asinar o impreso.
No cadro donde figura o código da convocatoria consigne, cando proceda, o número de convocatoria específica.
No cadro de ano da convocatoria sinale o ano en que a mesma se ten publicado.
No cadro data boletín oficial consigne a data do boletín (BOE ou BOP según proceda) determinante da apertura do prazo de presentación de instancias.
No cadro minusvalía indicar a porcentaxe do grao de minusvalía según o ditame do órgano competente.
As/os aspirantes que soliciten participar polo turno de reserva para discapacitadas/os, o indicarán cun X no recadro.
CONVOCATORIA ESPECÍFICA 1/2008: AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A (FUNCIONARIOS/AS DE CARREIRA. QUENDA LIBRE )
BASES:
A presente convocatoria específica constitúe o desenrolo da Oferta de emprego público de este Concello para o ano 2008 (B.O.P. de 02.06.2008 ) e réxese polas Bases Xerais ou Convocatoria Unitaria para a provisión en propiedade de prazas de funcionarios/as de carreira e persoal laboral convocadas polo CONCELLO DE MUGARDOS e correspondentes ao ano 2008, en aplicación do disposto na base primeira da mesma, e polas seguintes bases específicas:
1ª.-Clasificación da praza.-A praza ou posto que se convoca está encadrada na plantilla de persoal como funcionario/a de carreira na Escala de Administración xeral, Subescala auxiliar, coa categoría e denominación de auxiliar administrativo, pertencentes ó grupo C2 (artigo 76 da Lei 7/2007, do 12 de abril).
2ª.-Dotación económica.-A praza está dotada coas retribucións básicas correspondentes ao grupo C2 e as complementarias sinaladas no cadro de persoal e demáis acordos e resolucións adoptados polos órganos corporativos.
3ª.-Oferta de emprego á que corresponden: ano 2008.
4ª.-Número de prazas convocadas: unha (1).
5ª.-Sistema de selección.-O sistema de selección será o de oposición, quenda libre.
6ª.-Requisitos esixidos.-Ademáis dos reflectidos nas bases xerais, requírese:
a) Titulación.-Estar en posesión do título de Graduado en Educación secundaria Obrigatoria, Formación Profesional de 1º Grao ou equivalente.
b) Xustificante acreditativo de ter ingresado na conta corrente número 2091-0205-33-3110000032 da Caixa de Aforros de Galicia a cantidade de 18,00 euros en concepto de dereitos de exame.
7ª.-Dereitos de exame.-Os dereitos de exame establécense en 18,00 euros.
Estarán exentos do pago dos dereitos de exame, previa xustificación, as persoas que figuren como demandantes de emprego durante o prazo de, alomenos, un mes anterior á data de convocatoria das probas selectivas nas que soliciten a súa participación. Serán requisitos para o disfrute da exención que, no prazo de que se trate, non houberan rexeitado oferta de emprego adecuado nin se houbesen negado a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais e que, así mesmo, carezan de rendas superiores, en cómputo mensual, ao salario mínimo interprofesional.
8ª.-Tribunal cualificador.-O órgano seleccionador estará integrado do seguinte xeito:
Presidente: Un funcionario/a ou persoal laboral de calquera administración pública.
Secretario: O funcionario/a ou persoal laboral da Corporación que se nomee.
Vogais: Tres vogais funcionarios/as ou persoal laboral de calquera administración pública designados pola Alcaldía, a proposta da Comisión de Persoal.
9ª.-Contido do proceso selectivo, forma de desenvolvemento e sistema de cualificación.-O proceso selectivo estará composto da seguinte fase:
FASE DE OPOSICIÓN: constará dos seguintes exercicios, de carácter obrigatorio e eliminatorio, sendo os contidos e cualificacións os que de seguido se describen:
Primeiro exercicio.- De carácter obrigatorio.
Consistirá en contestar por escrito, nun prazo máximo de 60 minutos, un cuestionario de sesenta preguntas con respostas alternativas relacionadas co contido do programa que figura no anexo da convocatoria.
Corresponderá ao tribunal determinar o número de respostas correctas esixido para acadar a puntuación mínima.
Segundo exercicio.- De carácter obrigatorio.
Consistirá en desenvolver por escrito, no prazo máximo de noventa minutos, dez (10 ) cuestións ou preguntas curtas relacionadas cos temas comprendidos no Anexo da convocatoria. Valorarase neste exercicio a corrección das respostas e a capacidade de redacción e síntese.
Terceiro exercicio.- De carácter eliminatorio :Consistirá na realización dun exercicio práctico con ordenador con preguntas tipo test con respostas alternativas, nun tempo máximo de corenta e cinco minutos, onde deberán quedar reflectidos os coñecementos e manexo, a nivel de usuario, do procesador de textos Microsoft Word, etc..
Cuarto exercicio.- De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Obrigatoria e eliminatoria, coñecemento de galego. Consistirá na traducción directa e/ou inversa de un ou varios textos, en castelán ou galego, sen axuda de dicionario facilitados polo tribunal, nun tempo máximo de 30 minutos.
Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obter o resultado de apto, correspondendo ao tribunal determinar o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar o resultado de apto.
Estarán exentos da realización de este exercicio os apirantes/as que acrediten posuír no día de finalización do prazo de presentación de instancias o curso de perfeccionamento de galego ou Celga 4.
10ª.-Cualificación dos exercicios e resultado final.
Tódolos exercicios obrigatorios, agás o cuarto que será cualificado con apto ou non apto, cualificaranse ata un máximo de 15 puntos, sendo eliminados os que obteñan unha puntuación media inferior a 7,50 puntos.
O número de puntos que poderán ser outorgados por cada membro do Tribunal (presidente, vocais e secretario), en cada unha das probas, será de 0 a 15. As cualificacións obteranse sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do Tribunal e dividindo o total polo número de integrantes do mesmo, sendo o cociente resultante a cualificación obtida.
A puntuación final e orde de cualificación dos/as aspirantes virá dada pola suma das puntuacións obtidas no conxunto das probas. En caso de producirse empate entre dous ou máis aspirantes, este resolverase do seguinte xeito: a favor daquel/a aspirante/a que obtivese maior puntuación no exercicio terceiro, de persistir éste acudirase ó primeiro, segundo e cuarto exercicio, por esta orde.
O tribunal, á vista do resultados totais, declarará aprobado e propoñerá ao órgano competente o nomeamento do/a aspirante que teña acadado a maior puntuación, sen que, en ningún caso, poda declarar que superaron as probas un número superior ao de prazas convocadas.
12ª.- PUBLICIDADE DO PROCESO SELECTIVO.
A publicidade dos distintos actos derivados deste proceso selectivo, así como as comunicacións a que dese lugar, realizaranse mediante publicación no Taboleiro de Edictos deste Concello e a través do teléfono de información municipal (981470290-981470338) sen prexuízo de calquera outro medio de difusión que se considere oportuno.
13ª.-Norma final.-A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven da mesma poderán ser impugnados polos/as interesados/as nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
ANEXO : P R O G R A M A
Materias Comúns.
Tema 1.- A Constitución española de 1978. Estructura. Contido. Principios xerais. Dereitos e liberdades.
Tema 2.- A Coroa. O poder lexislativo. Composición, atribucións e funcionamento.
Tema 3.- O Goberno e a Administración do Estado. Relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais. O Poder Xudicial.
Tema 4.- O estado das autonomías: principios. Características. Estatutos de autonomía. Elaboración. Contido. Reforma. O Estatuto de autonomía de Galicia. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente.
Terna 5.- O acto administrativo. Principios xerais do procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo xeral.
Tema 6.- Os recursos administrativos: concepto. Clases. Interposición. Suspensión da execución. Audiencia ao interesado. Resolución. Recurso de alzada. Recurso potestativo de reposición. Recurso de revisión.
Materias Específicas.
Tema 1.- A responsabilidade da Administración: introducción. Danos pola súa actividade ilexítima. Danos pola súa actividade lexítima. Responsabilidade no dereito positivo.
Tema 2.- A administración local na Constitución: entidades que comprende e regulación actual. Administración local de Galicia: a Lei 5/97, do 22 de xullo. Aspectos fundamentais.
Tema 3.- O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento. Padrón de españois residentes no estranxeiro.
Tema 4.- A organización municipal. Órganos de goberno municipais. O alcalde. Os concelleiros. O Pleno. A xunta de goberno local. Órganos complementarios.
Tema 5.- Funcionamento dos órganos colexiados locais. Réxime de sesións. Convocatorias e orde do día. Adopción de acordos. Actas e certificacións de acordos.
Tema 6.- Procedemento administrativo local : Concepto. Principios que o inspiran. Actuacións que comprende.
Tema 7 .- Función pública local. Clases de funcionarios ó servicio da Administración local. Adquisición e perda da condición de funcionario. Dereitos e deberes.Réxime disciplinario. Dereito de sindicación.
Tema 8 .- Situacións administrativas do persoal ao servizo da Administración Local. Incompatibilidades. O persoal laboral ao servizo das entidades locais: precedentes lexislativos. Situación actual. Réxime xurídico: persoal laboral. Persoal eventual.
Tema 9.- Ordenanzas e regulamentos municipais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.
Tema 10 .- Atención ao público: Acollida e información. Os servicios de información administrativa. Dereitos dos cidadáns á información. O acceso aos arquivos e rexistros. Os servicios de información e de reclamacións administrativas.
Tema 11.-Dereitos e deberes dos veciños no ámbito local: información e participación cidadán.
Tema 12.- Concepto de documento. O rexistro xeral de entrada e saída. Funcións do rexistro. A presentación de instancias e documentos nas oficinas públicas: a informatización dos rexistros. Comunicacións e notificacións.
Tema 13.- Facendas locais. Clasificación dos ingresos. As ordenanzas fiscais.
Tema 14.- O orzamento municipal. Elaboración. Aprobación. Tramitación. Contido
Tema 15.- O patrimonio das entidades locais. Bens de dominio público e bens patrimoniais.
Tema 16.- A contratación administrativa : A Lei de Contratos do Sector Público : obxeto e ámbito de aplicación. Contratos do sector público.
Tema 17.- O obxeto, prezo e contía do contrato. As garantías a prestar nos contratos celebrados coas Administracións.
Tema 18.- Normas xerais de preparación dos contratos. Os procedemenos de adxudicación. Selección do adxudicatario.
Tema 19.- Procedemento aberto. Procedemento restrinxido.
Tema 20.- O procedemento negociado.
Tema 21.- A intervención da administración no uso do solo e da edificación. As licenzas urbanísticas: concepto, actos suxeitos a licenza. Procedemento de outorgamento e competencia.
Tema 22.- Extremos que deberá conter o acto de concesión da licenza. A caducidade das licenzas. Actos promovidos polas Administracións públicas.
CONVOCATORIA ESPECÍFICA 2/2008: OFICIAL DE 2ª DE SERVIZOS MUNICIPAIS (PERSOAL LABORAL-PROMOCIÓN INTERNA)
BASES:
1ª.-Clasificación da praza.-A praza ou posto que se convoca está encadrada na plantilla de persoal como persoal laboral fixo, coa categoría e denominación de oficial de 2ª de servizos municipais ou múltiples, pertencente ao grupo C2, antigo grupo D, (artigo 76 da Lei 7/2007, do 12 de abril).
2ª.-Dotación económica.-A praza está dotada coas retribucións básicas correspondentes ó grupo C2 e as complementarias sinaladas no cadro de persoal e demáis acordos e resolucións adoptados polos órganos corporativos.
3ª.-Oferta de emprego á que corresponden: ano 2008.
4ª.-Número de prazas convocadas: unha (1).
5ª.-Sistema de selección.-O sistema de selección será o de concurso-oposición, pola quenda de promoción interna.
6ª.-Requisitos esixidos.-Ademáis dos reflectidos nas bases xerais, requírese:
a) Os/as aspirantes deberán pertencer ó cadro de persoal laboral fixo do Concello de Mugardos coa categoría e denominación de “peón “, e ter unha antigüedade de, polo menos, dous anos na categoría de peón, referido ó dia en que remate o prazo de presentación de instancias e posui-lo titulo de Graduado en educación secundaria obligatoria, FP1 ou equivalente; ou ter unha antigüedade de dez anos na citada categoría.
7ª.-Dereitos de exame.-Os dereitos de exame establécense en 18,00 euros.
8ª.-Tribunal cualificador.- O órgano seleccionador estará integrado do seguinte xeito:
Presidente/a: Un funcionario/a ou persoal laboral de calquera administración pública.
Secretario/a: O funcionario/a ou persoal laboral da Corporación que se nomee.
Vogais: Tres vogais funcionarios/as ou persoal laboral de calquera administración pública designados pola Alcaldía, a proposta da Comisión de Persoal.
9ª.-Contido do proceso selectivo, forma de desenvolvemento e sistema de cualificación.-O proceso selectivo estará composto de dúas fases; a primeira, fase de concurso; e a segunda, fase de oposición.
Fase de concurso: será previa á de oposición, non eliminatoria, e non poderá terse en conta para superar a fase de oposición.
Baremo de méritos: para valorar a fase de concurso terase en conta o seguinte baremo:
9.1- Por servizos prestados ao Concello de Mugardos no posto de traballo ou na categoría de peón : 0,5 puntos por ano, ata un máximo de 7 puntos.
9.2- Por servizos prestados noutras administraacións na categoría de peón: 0,3 puntos por ano, ata un máximo de 4 puntos.
9.3- Pola realización de cursos de albañilería, carpinteria ou fontanería feitos ou homologados por un organismo público: 0,50 puntos por curso ata un máximo de 1,50 puntos.
Non se avaliarán cursos ou xornadas de duración inferior ás 20 horas.
9.4 – Cursos de lingua galega:
- Celga 3 ou curso de iniciación da lingua galega: 0,75 puntos.
- Celga 4 ou curso de perfeccionamento da lingua galega: 1,50 puntos.
Caso de terse os dous únicamente se valorará o de maior puntuación.
9.5- Permiso de conducir: Clase B: 0,50 puntos; C1 ou superior: 1 punto.
A acreditación dos servizos prestados efectuarase mediante certificación expedida polo ente público no que se teñan prestados os servizos.
A acreditación da realización dos cursos de galego farase mediante certificado expedido ou homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüistica ou Consellería de Educación; a dos cursos de formación mediante orixinal ou fotocopia autenticada deles.
Para esta fase, os/as aspirantes presentarán conxuntamente coa solicitude para tomar parte no proceso selectivo e a carta de pagamento acreditativa de ter aboado o importe dos dereitos de exame, unha relación dos méritos alegados. A devandita relación acompañarase dos documentos xustificativos dos mesmos, orixinais ou fotocopias compulsadas, pois non se tomarán en consideración nin serán valorados aqueles que non queden debidamente acreditados, en todos os seus extremos, dentro do prazo de presentación de instancias.
Antes da fase de oposición serán publicadas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello as puntuacións asignadas ós/ás aspirantes polos méritos acreditados, na forma descrita con anterioridade.
O total de puntuación na fase de concurso non superará en ningún caso o 40% do total da fase de oposición.
En ningún caso a puntuación obtida na fase de concurso poderá aplicarse para supera-los exercicios da fase de oposición.
- FASE DE OPOSICIÓN: constará de un exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio, sendo os contidos e cualificacións os que deseguido se describen:
- Exercicio.- De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá nunha ou varias probas de tipo práctico, obxectivas e de carácter manual, a libre elección do Tribunal, entre os cometidos propios do oficio en un tempo máximo de unha hora, dirixidas a aprecia-la capacidade dos/as aspirantes para levar a cabo as tarefas relacionadas co posto de traballo e versará sobre as materias que se especifican no programa anexo desta convocatoria.
10ª.-Cualificación dos exercicios e resultado final.
Tódolos exercicios obrigatorios cualificaranse ata un máximo de 10 puntos, sendo eliminados ós que obteñan unha puntuación media inferior a 5 puntos.
O número de puntos que poderán ser outorgados por cada membro do Tribunal (presidente/a, vocais e secretario/a), en cada unha das probas, será de 0 a 10. As cualificacións obteranse sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do Tribunal e dividindo o total polo número de integrantes do mesmo, sendo o cociente resultante a cualificación obtida.
A puntuación final será dada pola suma da puntuación obtida na fase de oposición e na do concurso, sempre e cando os/as aspirantes superen o exercicio da fase de oposición.
O Tribunal declarará aprobados ós/ás aspirantes/as que obtivesen a maior puntuación e proporalle ó órgano competente da Corporación a súa contratación como persoal laboral fixo na categoría de oficial de 2ª de servizos municipais ou servicios múltiples.
O Tribunal non poderá declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.
11ª.-Norma final.-A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven da mesma poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A N E X O
P R O G R A M A
Tema 1.- Cimentacións. Muros de formigón armado. Materiais. Ferramentas.
Tema 2.- Carpintería interior e exterior. Vidrería. Materiais. Ferramentas.
Tema 3.- Cubertas. Tipos. Materiais. Ferramentas.
Tema 4.- Solos. Elementos resistentes. Pavimentos. Acabados. Falsos teitos. Materiais. Ferramentas.
Tema 5.- Escaleiras. Estructura. Peldaños. Relación entre partes do chanzo. Varandas. Materiais. Ferramentas.
Tema 6.- Movemento de terras. Ferramentas. Útiles. Medios auxiliares. Execución.
Tema 7.- Revestimentos. Tipos. Materiais Medios auxiliares. Ferramentas.
Tema 8.- Formigóns. Tipos. Áridos. Adicións. Dosificación. Execución de obras de formigón. Fabricación. Transporte. Posta en obra. Xuntas. Curado. Encofrados. Forxados.
Tema 9.- Albañilería. Organización. Operarios. Materiais. Ferramentas. Útiles e medios auxiliares. Execución de obra. Unións. Ocos.
Tema 10.- O accidente de traballo. Condicións de seguridade. Medio Ambiente físico do traballo.
CONVOCATORIA ESPECÍFICA 3/2008: MAQUINISTA-CHOFER DE VEHÍCULOS MUNICIPAIS. ( PERSOAL LABORAL FIXO. CONCURSO-OPOSICIÓN QUENDA LIBRE)
BASES:
A presente convocatoria específica constitúe o desenrolo da Oferta de emprego público de este Concello para o ano 2008 (B.O.P. 02.06.2008) e réxese polas Bases Xerais ou Convocatoria Unitaria para a provisión en propiedade de prazas de funcionario/a de carreira e persoal laboral convocadas polo CONCELLO DE MUGARDOS no ano 2008, en aplicación do disposto na base primeira da mesma, e polas seguintes bases específicas:
1ª.-Clasificación da praza.- A praza ou posto que se convoca está encadrada na plantilla de persoal como persoal laboral fixo, coa categoría de oficial de 2ª e denominación de maquinista-chófer de vehículos municipais de todo tipo, pertencentes ao grupo C2, antigo grupo D, (artigo 76 da Lei 7/2007, do 12 de abril).
2ª.-Dotación económica.-A praza está dotada coas retribucións básicas correspondentes ó grupo C2 e as complementarias sinaladas no cadro de persoal e demáis acordos e resolucións adoptados polos órganos corporativos.
3ª.-Oferta de emprego á que corresponden: ano 2008.
4ª.-Número de prazas convocadas: unha (1).
5ª.-Sistema de selección.- O sistema de selección será o de concurso-oposición, quenda libre.
6ª.-Requisitos esixidos.-Ademais dos reflectidos nas bases xerais, requírese:
a) Titulación: Estar en posesión do título de Graduado en Educación secundaria Obrigatoria, Formación Profesional de 1º Grao ou equivalente.
b) Posuír permiso de conducir clase C.
c) Xustificante acreditativo de ter ingresado na conta corrente número 2091-0205-33-3110000032 da Caixa de Aforros de Galicia a cantidade de 12,00 euros en concepto de dereitos de exame.
7ª.-Dereitos de exame.-Os dereitos de exame establécense en 12,00 euros.
Estarán exentos do pago dos dereitos de exame, previa xustificación, as persoas que figuren como demandantes de emprego durante o prazo de, cando menos, un mes anterior á data de convocatoria das probas selectivas nas que soliciten a súa participación. Serán requisitos para o disfrute da exención que, no prazo de que se trate, non houberan rexeitado oferta de emprego adecuado nin se houbesen negado a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais e que, así mesmo, carezan de rendas superiores, en cómputo mensual, ao salario mínimo interprofesional.
8ª.-Tribunal cualificador.- O órgano seleccionador estará integrado do seguinte xeito:
Presidente: Un funcionario/a ou persoal laboral de calquera administración pública.
Secretario: O funcionario/a ou persoal laboral da Corporación que se nomee.
Vogais: Tres vogais funcionarios/as ou persoal laboral de calquera administración pública designados pola Alcaldía, a proposta da Comisión de Persoal.
9ª.-Contido do proceso selectivo, forma de desenvolvemento e sistema de cualificación.
O proceso selectivo estará composto de dúas fases; a primeira, fase de concurso; e a segunda, fase de oposición.
Fase do concurso:
Non terá carácter eliminatorio e nela avaliarase:
A.1.- Experiencia profesional ou servizos prestados:
a. Por servizos prestados ao Concello de Mugardos como chófer : 0,10 puntos por mes, ata un máximo de 4 puntos.
b. Por servizos prestados ao Concello de Mugardos como peón ou noutras categorías : 0,05 puntos por mes, ata un máximo de 2,50 untos.
c. Por servizos prestados noutras Administracións públicas ou na empresa privada como chófer: 0,05 puntos por mes, ata un máximo de 1,50 puntos.
A.2 Cursos:
a. Celga 3 ou curso de Iniciación da Lingua Galega: 0,75 puntos.
b. Celga 4 ou curso de Perfeccionamento da Lingua Galega: 1,50 puntos.
Puntuarase o de máis alto nivel caso de posuí-los dous.
c. Cursos relacionados coa Automoción:
• de 20 a 40 horas: 0,5 puntos por curso.
• De mais de 40 horas: 1,00 punto por curso.
Ata un máximo de 2 puntos neste apartado.
A. 3 Titulación:
a. Título de FP-1 rama de Automoción: 1,00 punto.
B Título de FP-2 rama de Automoción: 2,00 puntos.
- A acreditación dos servizos prestados efectuarase mediante certificación expedida polo Secretario do Concello ou Entidade Pública onde se teñan prestado os servizos; para a empresa privada certificado de vida laboral expedido pola Tesoureria Xeral de Seguridade Social acompañado do certificado de empresa no que conste a categoría na que se teñen prestado os servizos, e só se avaliarán os servizos prestados nos últimos cinco anos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
A acreditación da realización dos cursos de galego farase mediante certificado expedido ou homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüistica ou Conselleria de Educación, e a dos demáis cursos mediante o correspondente certificado da súa realización expedido pola EGAP, Universidade ou calquera Administración Pública, organismos da administración e institucións públicas ou debidamente homologadas por ésta. Non serán obxecto de avaliación os certificados expedidos por academias privadas senon se xustifica a homologación sinalada.
A acreditación da titulación farase mediante copia autenticada deles.
Antes da fase de oposición serán publicadas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello as puntuacións asignadas ós/ás aspirantes polos méritos acreditados, na forma descrita con anterioridade.
O total de puntuación na fase de concurso non superará en ningún caso o 40% do total da fase de oposición.
En ningún caso a puntuación obtida na fase de concurso poderá aplicarse para supera-los exercicios da fase de oposición.
Fase da Oposición:
Constará das seguintes probas, de carácter obrigatorio e eliminatorio:
Primeiro exercicio.- De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito, a un cuestionario de 40 preguntas con respostas alternativas sobre o contido do programa achegado como anexo I, nun tempo máximo de cincuenta minutos.
Corresponderá ao tribunal determinar o número de respostas correctas esixido para acadar a puntuación mínima.
Segundo exercicio.- De carácter obrigatorio e eliminatorio,
De carácter práctico, consistirá en facer unha ou varias probas de conducción, no tempo que determine o Tribunal, cos camións e vehículos especiais, así como os seus medios auxiliares, é decir de vehículos propios da praza que se convoca.
10ª.-Cualificación dos exercicios e resultado final.
Tódolos exercicios obrigatorios eliminatorios ( 1º e 2º ) cualificaranse ata un máximo de 10 puntos, sendo eliminados os que obteñan unha puntuación media inferior a 5 puntos.
O número de puntos que poderán ser outorgados por cada membro do Tribunal (presidente, vocais e secretario), en cada unha das probas, será de 0 a 10 puntos. As cualificacións obteranse sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do Tribunal e dividindo o total polo número de integrantes do mesmo, sendo o cociente resultante a cualificación obtida.
A puntuación final será dada pola suma da puntuación obtida na fase de oposición e na do concurso, sempre e cando os/as aspirantes superen o exercicio da fase de oposición.
O Tribunal declarará aprobados ós/ás aspirantes/as que obtivesen a maior puntuación e proporalle ó órgano competente da Corporación a súa contratación como persoal laboral fixo na categoría de oficial de 2ª maquinista-chófer de vehículos municipais.
O Tribunal non poderá declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.
11ª.- PUBLICIDADE DO PROCESO SELECTIVO.
A publicidade dos distintos actos derivados deste proceso selectivo, así como as comunicacións a que dese lugar, realizaranse mediante publicación no Taboleiro de Edictos deste Concello e a través do teléfono de información municipal (981470290-981470338) sen prexuízo de calquera outro medio de difusión que se considere oportuno.
12ª.-Norma final.-A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven da mesma poderán ser impugnados polos/as interesados/as nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
ANEXO I : P R O G R A M A
TEMARIO
1. A Constitución española de 1978: características. Estrutura. Contido. Principios xerais. Dereitos e liberdades.
2. O municipio. Concepto. O término municipal.A poboación. O empadroamento.
3. Organización municipal. Órganos de goberno municipais. O alcalde, Os concelleiros. A Xunta de Goberno Local. Órganos complementarios.
4. Dereitos e deberes dos/as funcionarios/as públicos locais: dereitos. Deberes. Réxime disciplinario. Dereitos de sindicación.
5.- O municipio de Mugardos. Límites. Poboación. Situación das parroquias e principais núcleos de poboación. Localización dos lugares do Concello de Mugardos.
6.- Localización dos edificios destinados a servicios públicos e funcións que se levan a cabo neles.
7. Normas xerais de comportamento da circulación: actividades que afectan á seguridade da circulación. Sinalización de obstáculos ou perigos.
8. Da carga de vehículos e do transporte de persoas ou mercancías ou cosas.
9. Da circulación de vehículos. Lugar na vía. Velocidade. Prioridade de paso. Vehículos e transportes especiais. Incorporación á circulación.
10. Cambios de dirección e de sentido e marcha atrás. Adiantamentos. Paradas e estacionamentos. Utilización da iluminación. Advertencia ós/ás conductores/as.
11. A sinalización. A prioridade entre sinais, aplicación destas. Tipos e significados das sinais de circulación e marcas viais. Sinais nos vehículos.
12. O engraxe: aceites, a súa finalidade e tipos. Sistema de engraxe. Cambio de aceites.
13. Elementos de seguridade. Freos, tipos e coñecemento.
14. Electricidade do vehículo. Batería. Bobina. Ruptor. Distribuidor. Buxías. Regraxe. Dinamo. Alternador. Motor de arranque. Bendix. O condensador. O delco.
15. A suspensión: órganos de suspensión e amortiguación do automóbil. Función dos amortiguadores. Avarías, consecuencias.
16. A transmisión. Caixa de cambios. Árbore de transmisión. Diferencial. Palieres. Embrague, a súa misión.
17. Mantemento sistemático e reparacións elementais dun vehículo. Avarías.
CONVOCATORIA ESPECÍFICA 4/2008: ARQUITECTA/O. (PERSOAL LABORAL FIXO A TEMPO PARCIAL. CONCURSO-OPOSICIÓN QUENDA LIBRE)
BASES:
A presente convocatoria específica constitúe o desenrolo da Oferta de emprego público de este Concello para o ano 2008 ( B.O.P. do 2 de xuño de 2008 ) e réxese polas Bases Xerais ou Convocatoria Unitaria para a provisión en propiedade de prazas de funcionario de carreira e persoal laboral convocadas polo CONCELLO DE MUGARDOS no ano 2008, en aplicación do disposto na base primeira da mesma, e polas seguintes bases específicas:
1ª.-Clasificación da praza.- A praza ou posto que se convoca está encadrada na plantilla de persoal como persoal laboral fixo a tempo parcial, coa categoría arquitecta/o, pertencentes ao grupo A1, (artigo 76 da Lei 7/2007, do 12 de abril).
2ª.-Dotación económica.-A praza está dotada coas retribucións básicas correspondentes ó grupo A1 e as complementarias sinaladas no cadro de persoal e demais acordos e resolucións adoptados polos órganos corporativos.
3ª.-Oferta de emprego á que corresponden: ano 2008.
4ª.-Número de prazas convocadas: unha (1).
5ª.-Sistema de selección.- O sistema de selección será o de concurso-oposición, quenda libre.
6ª.-Requisitos esixidos.-Ademais dos reflectidos nas bases xerais, requírese:
b) Titulación: Estar en posesión do título de Arquitecto Superior.
b) Xustificante acreditativo de ter ingresado na conta corrente número 2091-0205-33-3110000032 da Caixa de Aforros de Galicia a cantidade de 20,00 euros en concepto de dereitos de exame.
7ª.-Dereitos de exame.-Os dereitos de exame establécense en 20,00 euros.
Estarán exentos do pago dos dereitos de exame, previa xustificación, as persoas que figuren como demandantes de emprego durante o prazo de, cando menos, un mes anterior á data de convocatoria das probas selectivas nas que soliciten a súa participación. Serán requisitos para o disfrute da exención que, no prazo de que se trate, non houberan rexeitado oferta de emprego adecuado nin se houbesen negado a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais e que, así mesmo, carezan de rendas superiores, en cómputo mensual, ao salario mínimo interprofesional.
8ª.-Tribunal cualificador.- O órgano seleccionador estará integrado do seguinte xeito:
Presidente: Un funcionario/a ou persoal laboral de calquera administración pública.
Secretario: O funcionario/a ou persoal laboral da Corporación que se nomee.
Vogais: Tres vogais funcionarios/as ou persoal laboral de calquera administración pública.
9ª.-Contido do proceso selectivo, forma de desenvolvemento e sistema de cualificación.- O proceso selectivo estará composto de dúas fases; a primeira, fase de concurso; e a segunda, fase de oposición.
Fase do concurso:
Non terá carácter eliminatorio e nela avaliarase:
1.- Experiencia profesional ou servizos prestados, como funcionario, laboral ou con contrato de prestación de servizos (antes consultoría e asistencia):
1.1) Por servizos prestados no Concello de Mugardos, en posto de arquitecto/a : 0,13 puntos por cada mes completo de servicios prestados.
1.2) Por servizos prestados noutros Concellos da Comunidade Autonóma de Galicia, en posto de arquitecto/a: 0,10 puntos por cada mes completo de servicios prestados.
1.3) Por servizos prestados en calquera outra Administración Pública en posto de arquitecto/a: 0,06 puntos por cada mes completo de servizos prestados.
1.4) Por servizos prestados como arquitecto/a superior na empresa privada : 0,05 puntos por cada mes completo de servizos prestados.
Si os servizos se houbesen prestado a tempo parcial reducirase proporcionalme á xornada prestada, entendendo que a xornada completa é de 37,5 horas semanais. En caso de prestarse simultaneamente en dúas o mais administracións ou empresas a puntuación máxima por cada apartado non poderá superar a que nela se indica para xornda completa es nunha soa administración.
A puntuación máxima do conxunto dos apartados anteriores é de 9 puntos e só se valorarán os prestados nos últimos cinco anos, contados dende a data en que remate o prazo de presentación de instancias.
2.- Formación académica e cursos de formación, ata un máximo de 6 puntos, distribuídos do seguinte xeito:
2.1 ) Especialidade de Urbanismo: 1 punto.
2.2) Cursos de formación, masters de urbanismo, licenzas, rehabilitación,valoracións de bens etc.... relacionados coa arquitectura e o urbanismo e as funcións da praza, impartidos ou homologados por escolas públicas de formación de persoal ao servizo das administracións públicas, organismos da administración e institucións públicas ou dedidamente homologados por estos:
- De 20 a 50 horas: 0,25 puntos por curso, ata un máximo de 1,25.
- De De 50 a 100 horas : 0,40 puntos por curso, ata un máximo de 2.
- De máis de 100 horas: 1 punto por curso, ata un máixmo de 4 puntos.
Si se trata de cursos de posgrado ou de cursos superiores a 100 horas, valoranase por módulos ou pola súa duración total como si se tiveran feitos máis de un curso de 100 horas ( así, un curso de máis de 200 horas : 2 puntos, etc.... ).
No título ou no certificado acreditativo da súa realización deberá constar o número de horas de duración, noutro caso non se valorará como mérito.
3.- Coñecemento do idioma galego:
3.1) Celga 3 ou curso de Iniciación da Lingua Galega: 0,75 puntos.
3.2) Celga 4 ou curso de Perfeccionamento da Lingua Galega: 1,50 puntos.
Puntuarase o de máis alto nivel caso de posuí-los dous.
A acreditación dos servizos prestados efectuarase mediante certificación expedida polo Secretario do Concello ou Entidade Pública onde se teñan prestado os servicios ; para a empresa privada certificado de vida laboral expedido pola Tesoureria Xeral de Seguridade Social acompañdo do certificado de empresa no que conste a categoría na que se teñen prestado os servizos en grupo de cotización 1; só se avaliarán os servizos prestados non últimos cinco anos, referidos a data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
A acreditación da realización dos cursos de galego farase mediante certificado expedido ou homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüistica ou Conselleria de Educación, e a dos demáis cursos mediante o correspondente certificado da súa realización expedido pola EGAP, Universidade ou calquera Administración Pública, e a de titulación por copia atenticada deles.
Antes da fase de oposición serán publicadas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello as puntuacións asignadas ós aspirantes polos méritos acreditados, na forma descrita con anterioridade.
O total de puntuación na fase de concurso non superará en ningún caso o 40% do total da fase de oposición.
En ningún caso a puntuación obtida na fase de concurso poderá aplicarse para supera-los exercicios da fase de oposición.
Fase da Oposición:
Constará das seguintes probas, de carácter obrigatorio e eliminatorio:
Primeiro exercicio.- De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en desenvolver por escrito nun período máximo de dúas horas, un tema entre dous sacado á sorte de entre os que compoñen as materias comúns que figuran no anexo ás presentes bases.
Segundo exercicio.- De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en desenvolver por escrito, nun tempo máximo de tres horas, un cuestinario de vinte preguntas cortas relacionadas coas materias específicas do anexo que acompaña a estas bases.
Terceiro exercicio.- Obrigatorio e eliminatorio.
De carácter práctico, consistirá en desenvolver o/os suposto/os , nun tempo máximo de catro horas, referente a materias urbanísticas.
Para a realización deste terceiro exercicio, as persoas aspirantes poderán facer uso de textos legais, excluídos os libros de consulta.
Cuarto exercicio.- Obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá na tradución directa ou inversa, e sen axuda de diccionario, dun texto de castelán ao galego e de galego ao castelán . A duración do exercicio será de trinta minutos.
Estarán exentos da realización de este exercicio os apirantes/as que acrediten posuír no día de finalización do prazo de presentación de instancias o curso de perfeccionamento de galego ou Celga 4.
10ª.-Cualificación dos exercicios e resultado final.
O primeiro exercicio cualificaranse ata un máximo de 10 puntos, sendo eliminados os que obteñan unha puntuación media inferior a 5 puntos.
O segundo e terceiro serán calificados ata un máximo de 15 puntos, sendo eliminados os/as que non acaden a puntuación mínima de 7,50 puntos.
O cuarto exercicio será cualificado con apto ou non apto sendo eliminados os/as que non acaden a cualificación de apto.
As cualificacións obteranse sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do Tribunal (presidente, vocais e secretario) e dividindo o total polo número de integrantes do mesmo, sendo o cociente resultante a cualificación obtida.
A puntuación final será dada pola suma da puntuación obtida na fase de oposición e na do concurso, sempre e cando os aspirantes superen os exercicios da fase de oposición.
En caso de producirse empate entre dous ou máis aspirantes, este resolverase do seguinte xeito: a favor daquel/a aspirante/a que obtivese maior puntuación no exercicio terceiro, de persistir éste acudirase ao segundo e primerio, por esta orde.
O tribunal, á vista do resultados totais, declarará aprobado e propoñerá ao órgano competente o nomeamento do/a aspirante que teña acadado a maior puntuación, sen que, en ningún caso, poda declarar que superaron as probas un número superior ao de prazas convocadas.
11ª.- PUBLICIDADE DO PROCESO SELECTIVO.
A publicidade dos distintos actos derivados deste proceso selectivo, así como as comunicacións a que dese lugar, realizaranse mediante publicación no Taboleiro de Edictos deste Concello e a través do teléfono de información municipal (981470290-981470338) sen prexuízo de calquera outro medio de difusión que se considere oportuno.
12ª.-Norma final.-A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven da mesma poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
ANEXO I : P R O G R A M A
ANEXO: PROGRAMA PARA ARQUITECTO/A.
MATERIAS COMÚNS
Tema 1.- A Constitución Española de 1978. Principios xerais.
Tema 2.- Os dereitos fundamentais e as liberdades públicas da cidadanía.
Tema 3.- As Cortes Xerais. Elección e disolución. Organización, atribucións e funcionamento.
Tema 4.- A Comunidade Autónoma de Galicia. O seu Estatuto. A súa Asemblea Lexislativa. O Presidente e o Consello de Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia. O Valedor do Pobo.
Tema 5.- O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. Motivación e forma.
Tema 6.- Concepto e regulación do procedemento administrativo. A súa iniciación, ordenación, instrución e finalización. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos.
Tema 7.- A eficacia dos actos administrativos. A notificación e a publicación dos actos administrativos. O silencio administrativo. Os recursos administrativos.
Tema 8.- A responsabilidade da Administración Pública.
Tema 9.- O Municipio: Concepto e elementos. O termo municipal. Alteración dos termos municipais. A poboación municipal. Consideración especial do veciño/a. O empadroamento.
Tema 10.- Competencias municipais. Os servizos mínimos a prestar polas entidades locais.
Tema 11.- Organización municipal. Órganos necesarios nas entidades locais. Atribucións e delegacións. Réxime de funcionamento dos órganos colexiados locais. Celebración de sesións e adopción de acordos.
Tema 12.- O persoal ó servizo das Corporacións Locais. Clases. Cadros de persoal e relacións de postos de traballo. A Oferta de emprego. O acceso ós empregos locais. Dereitos e deberes do persoal ó servizo das entidades locais. Situacións administrativas. Réxime de incompatibilidades. Réxime disciplinario.
Tema 13.- Os bens das Entidades Locais. Clases. O inventario.
Tema 14.- A xestión dos servizos públicos locais. Formas.
Tema 15.- A contratación administrativa: A Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público : obxeto e ámbito de aplicación. Contratos do sector público.
Tema 16.- A capacidade e solvencia do empresario.O obxeto, prezo e contía do contrato. As garantías a prestar nos contratos celebrados coas Administracións.
Tema 17.- Normas xerais de preparación dos contratos. Os procedemenos de adxudicación. Selección do adxudicatario.
Tema 18.- Procedemento aberto. Procedemento restrinxido. O procedemento negociado.
Tema 19.- Especial referencia ao contrato de obras: Actuacións preparatorias e prego de claúsulas.A execución do contrato. As obras complementarias. Modificación do contrato.Certificacións e abonos a conta.A extinción e liquidación.Resolución.
Tema 20.- O imposto municipal sobre Construccións, Instalacións e Obras.A ordenanza fiscal municipal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras.
MATERIAS ESPECÍFICAS.
1. Aspectos xerais da evolución do urbanismo en España. A distribución de competencias en materia de urbanismo en España, a partir da Constitución. Lexislación estatal e autonómica. A sentencia do 20/03/97.
2. O Texto Refundido da lei de Solo do 20 de xuño ( RDL 2/008). Antecedentes, obxecto e disposicións xerais. As condicións básicas de igualdade nos dereitos e deberes dos ciudadanos. As bases do réxime do solo. As valoracións( no TR 2/2008 ).
3.- TRLS: expropiación forzosa e responsabilidade patrimonial. A función social da propiedade e a xestión do solo. Réxime xurídico. Rexistro da propidade.
4. Expropiacón forzosa e responsabilidade patrimonial. A función social da propiedade e a xestión do solo.
5. A Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas modificacións derivadas da Lei 15/2004, do 29 de decembro.. Xustificacicón e principios inspiradores, principios xerais, obxecto da Lei, aspectos da función urbanística.
6. Planeamento urbanístico na Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Clases de instrumentos de ordenación. O planeamento urbanístico supramunicipal.
7. Plan xeral de Ordenación Municipal: Obxecto, determinacións, documentación.
8. Os Plans Parciais: Obxecto, determinación, documentación, procedemento de aprobación.
9. Os Plans Especiais: Finalidades. Os Plans Especiais de Mellora do Núcleo Rural. Os Plans Especiais de Protección da Paisaxe.
10. Outros instrumentos de Urbanización: Os Estudios de Detalle, Proxectos de Urbanización, Os Catálogos.
11. Elaboración e aprobación dos instrumentos de ordenación, actos preparatorios, suspensión de licencias, iniciativas de planeamento, formulación. Ordenación urbanística común a varios Concellos. O procedemento de aprobación do planeamento municipal. A elaboración, tramitación e competencia para aprobación definitiva.
12. A vixencia e revisión de plans. A modificación de plans. Efectos da aprobación dos plans. Normas de aplicación directa da Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Adaptación ó ambiente, altura, distancias a vías de comunicación.
13. O Solo urbano na lexislación urbanística vixente.
14. O Solo urbanizable na lexislación urbanística vixente.
15. O Solo de núcleo rural na Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, concepto de núcleo rural, réxime do solo de núcleo rural na Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
16. O solo non urbanizable e o solo rústico na lexislación urbanística vixente, a incorporación ó proceso de desenvolvemento urbanístico. As proteccións especiais.
17. Prazos de edificación na Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medo rural de Galicia. Modificación, supostos de incumprimento, a caducidade de licencias.
18. Distribución de cargas e beneficios. As áreas de reparto en Solo urbano, o aproveitamento tipo de solo urbanizable, os instrumentos para distribución de cargas e beneficios nas distintas clases de solo da Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
19. A reparcelación, normas xerais, tipos, contido, procedemento, efectos, a normalización de predios. As trasferencias de aproveitamento urbanístico.
20. Execución dos Plans de Ordenación na Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, finalidades, competencias, presupostos de execución. Os polígonos, procedemento para delimitacións de polígonos. Actuacións illadas en solo urbano. Sociedades Mercantís para a execución de planeamento.
21. Os sistemas de actuación, clases. Elección de sistema. Cumprimento das determinacións do planeamento. Polígonos con exceso ou defecto de aproveitamento real. Compensación de cargas, distribución xusta de cargas e beneficios, gastos de urbanización.
22. O sistema de compensación: determinacións xerais, incorporación de propietarios. A Xunta de Compensación, o procedemento abreviado.
23. O sistema de cooperación: determinacións xerais. Gastos de urbanización, colaboración cos propietarios.
24. O sistema de expropiación: determinacións xerais. Prezo xusto. A taxación conxunta, obtención de tereos de sistemas xerais e dotacións públicas. A ocupación directa.
25. Os instrumentos de intervención no mercado do solo: o Patrimonio Municipal do Solo: bens que o integran e destino, o dereito de superficie, os dereitos de tanteo e retracto: delimitación de áreas, procedemento. As áreas de vivenda suxeitas a protección pública.
26. A intervención na edificación e no uso do solo. As licencias. Actos suxeitos a licencia, actos promovidos polas administracións públicas.
27. Deber de conservación e ruína. A declaración de ruína.
28. As parcelacion urbanísticas, indivisibilidade. Réxime das parcelacións.
29. Disciplina urbanística. Protección da legalidade: obras sen licencia en curso de execución, obras rematadas sen licencia. Suspensión de licencias, revisión de licencias e ordes de execución.
30. Infraccións urbanísticas e sancións. Prescripción, persoas responsables, órganos competentes para a imposición de sancións.O procedemento sancionador.
31.- A Axencia Galega de Protección da legalidade urbanística. Concepto, natureza xurídica e competencias. Os Estatutos da Axencia.
32.- Decreto 28/1999, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do Solo de Galicia.
33. O réxime transitorio da Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
34. Organización das Administracións competentes en materia de urbanismo. Órganos urbanísticos da Comunidade Autónoma e no ámbito local.
35.- A Lei 9/2006, sobre evaluación dos efectos de determinados planos e programas no medio ambiente.
36.- A Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.
37.- O plan xeral de ordenación municipal de Mugardos( BOP do 18-12-1999 ).Disposicións de carácter xeral.
38.- O plan xeral de ordenación municipal de Mugardos. Normas xerais relativas a edificación.
39.- O plan xeral de ordenación municipal de Mugardos. Normas xerais para viais e redes de infraestructuras.
40.- O plan xeral de ordenación municipal de Mugardos. Normas especificas para solo urbano.Ordenanza de Solo urbano casco antigo.Ordenanza solo urbano denso.
41.- O plan xeral de ordenación municipal de Mugardos. Ordenanza de Solo urbano semidenso.Ordenanza solo urbano baixa densidade.Ordenanza solo urbano dotacional de equipamento.
42.- O plan xeral de ordenación municipal de Mugardos. Ordenanza de Solo urbano dotacional de equipamento espacios libres. Ordenanza de solo urbano industrial.
43- O plan xeral de ordenación municipal de Mugardos. Ordenanza solo urbano non consolidado. Ordenanza solo de núcleo rural. Ordenanza de solo urbanizable.
44.- O plan xeral de ordenación municipal de Mugardos. Ordenanza de solo rústico.
45.- O plan xeral de ordenación municipal de Mugardos. Ordenanzas de solo rústico de especial protección.
46- O plan xeral de ordenación municipal de Mugardos.Xestión do planeamento.Catálogo de bens patrimoniais. Ordenanza reguladora de protección do patrimonio arqueolóxico.
47.- As modificacións puntuais do Plan xeral de ordenación municipal.( BOP do 26.08.2002,13.02.2003,13.05.2003,25.03.2006 e 10.08.2006.).
48.O Plan Parcial de O Baño( BOP do 11.08.2001). O estudio de detalle da fachada marítima de O Seixo. ( BOP do17.03.2001).
49. O Regulamento de Espectáculos. Aspectos xerais e a súa incidencia sobre as licencias. O Decreto 133/2008, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.
50. A Lei 38/1999, de ordenación da edificación. Esixencias técnicas e administrativas da edificación. Axentes. Responsabilidades e garantías. Disposicións relacionadas coa edificación, redacción de proxectos e dirección de obras. Intervención dos colexios profesioais, o visado colexial.
51.- Lei 7/1997, de 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica. Decreto 150/1999, de 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica.
52.- O Código Técnico da Edificación. Real Decreto 314/2006, do 17 de marzo. Esixencias básicas. Contido de proxecto. Documentación de proxecto. Seguridade estrutural. Seguridade en caso de incendios. Seguridade de utilización. Salubridade. Protección fronte a ruídos. Aforro de enerxía.
53.- As Normas do hábitat galego: Decreto 26/2007 , do 20 de decembro.Disposicións xerais.Vivendas n4vas. Vivendas existentes.
54.- As Normas do hábitat galego: Ámbitos de planeamento sen ordenación detallada.
55.- As Normas do hábitat galego: Ámbitos de planeamento con ordenación detallada vixente. Rehabilitación.Definicións.
56.- Condicións de accesibilidade e supresión de barreiras: Lei 8/1997, do 10 de agosto. Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade: Decreto 35/2000.
57.- Instalacións de telecomunicacións. Disposicións sobre infraestruturas comúns nos edificios para acceso ós servizos de telecomunicacións. Real Decreto-Lei 1/1998.
58.- Lexislación actual sobre vivendas de protección oficial. Normas xerais: superficie útil, módulos e promotores. Vivendas de protección oficial de promoción privada e de promoción pública. Actuacións protexidas en materia de rehabilitación. Rehabilitación de vivendas e edificios en conxuntos históricos. Actuacións en vivendas rurais. Rehabilitación, reconstrucción e infravivenda.
59.- A protección do medio ambiente. Lexislación comunitaria, estatal e autonómica. A avaliación ou declaración de impacto ou efectos ambientais.
60.- Espacios naturais: lexislación estatal e autonómica. Espacios naturais de interese comunitario: a Rede Natura 2000. Usos permitidos e prohibidos nas zonas de especial conservación. Significado das actividades vencelladas aos usos tradicionais.
61.- Patrimonio cultural: evolución do concepto de Patrimonio a través dos documentos e cartas internacionais. Criterios de intervención nos conxuntos histórico-artísticos e nos edificios históricos. Evolución histórica da lexislación estatal e autonómica de protección do patrimonio cultural. Materias e sistemas constructivos tradicionais aplicados á conservación e restauración de edificios históricos. Criterios e sistemas de utilización dos morteiros, pinturas, madeira, pedra, metais.
62. A valoración administrativa do solo e das construccións. Valoración do solo. Aplicación de criterios da lexislación estatal sobre réxime do solo a valoracións. Valor equitativo na expropiación forzosa. O prezo xusto. Valoración das contruccións: métodos de valoración. A taxación conxunta.
63.- Costas e portos: Lexislación estatal e autonómica. O dominio público marítimo terrestre e a súa protección. Planificación urbanística da franxa litoral e dos portos. Distribución de competencias entre as administracións estatal, autonómica e local.
64.- Estradas: Lexislación estatal e autonómica.
65.- A expropiación forzosa. Concepto, clases e procedemento.
66.- Decreto 352/2002, do 5 de decembro, polo que se regula a producción de residuos da construcción e demolición.
67.- A lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.
68.- A lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrado da contaminación e o seu Regulamento de do 20 de abril de 2007.( RD 509/2007).
69.- A lei 8/2002, do 18 de decembro, de protección do ambiente atmosférico de Galicia.
70.- Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera.
Mugardos, 7 de agosto de 2008.
O ALCALDE,
ASDO) XOSÉ FERNÁNDEZ BARCIA