Bases convocatoria e elaboración listas para a provisión temporal de postos de traballo no Concello de Mugardos
Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 22.07.2008, prestouse aprobación ás bases que de seguido se transcriben:
“BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA E ELABORACIÓN DAS LISTAS PARA A PROVISION TEMPORAL DE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE MUGARDOS.
CATEGORÍAS:
1) OFICIAL DE SERVICIOS VARIOS (GRUPO C2)
2) PEÓN DE SERVICIOS VARIOS E LIMPADOR/A EDIFICIOS MUNICIPAIS (GRUPO E/AP)
3) CONSERXE DE EDIFICIOS MUNICIPAIS (GRUPO E/AP)
Base 1ª.- Obxecto.
O obxecto das presentes bases é regula-la convocatoria e elaboración de listas con aquelas persoas interesadas na cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo dos grupos e categorías da Administración do Concello de MUGARDOS, que se especifican no anexo I, nos que a súa cobertura se considere de urxente necesidade, mentres non sexan ocupadas polo correspondente persoal fixo, tanto naqueles postos reservados ó persoal funcionario como nos reservados a persoal laboral, de acordo coa normativa de aplicación (supostos de baixa laboral, vacacións, etc...).
Base 2ª.- Listas.
Para cada grupo e categoría dos que figuran no anexo I elaborarase unha lista.
Cada interesado/a poderá presentar solicitude para ser incluído nunha ou máis listas. A súa orde de prelación virá dada pola puntuación obtida de acordo co baremo. Unha vez chamado para prestar servicios nunha das listas elixidas e logo da aceptación do posto de traballo, será excluído das demáis listas, sempre que o contrato teña unha duración mínima de un mes.
Base 3ª.- Solicitudes, apertura da convocatoria e prazos.
3.1. As solicitudes que presenten os interesados para a súa inclusión na correspondente lista dirixiranse á comisión de selección de contratacións laborais temporais do concello de Mugardos (Concello de Mugardos, r/Avda. de Galicia, 45 CP 15620) e axustaranse ó modelo que se inclúe nesta convocatoria como Anexo II.
3.2. A apertura da convocatoria e o prazo para a presentación de solicitudes serán 20 días naturais contados desde a publicación desta normativa no BOP e presentarase no rexistro xeral do Concello. As instancias tamén poderán presentarse na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Teléfono de información: 981 47 03 38 - 47 02 90.
3.3 Pagamento das taxas por dereitos de inscrición, que a continuación se expresan:
- Grupo C2: 9 euros.
- Grupo E/AP : 6 euros
Base 4º.- Requisitos.
Os/as solicitantes deben reuni-los requisitos que para cada grupo e categoría se determinan no anexo I.
Os devanditos requisitos deben posuirse o último día do prazo para a presentación de solicitudes.
Asi mesmo, terán que acreditar no momento no que acepten o posto de traballo que se lles oferte:
- Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, de acordo co disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro , e R.D. 800/1995, do 19 de maio, ou de outra nacionalidade con permiso de residencia e permiso de traballo.
- Ter cumpridos os 18 anos.
- Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
- Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.
- Estar en posesión do título esixido para o grupo e a categoría á que se accede.
No suposto de que non acrediten estes requisitos, os/as solicitantes decaerán en tódolos seus dereitos e quedarán excluídos da lista.
Base 5ª.- Documentación.
Xunto coa solicitude deberán presentar fotocopia do DNI e copia cotexada do título académico requerido para o grupo ou categoría a que se presente
Os méritos que invoquen os/as interesados/as e que, de acordo co baremo previsto, desexen que se lles teñan en conta, asi como o cumprimento dos requisitos esixidos para cada grupo e categoría que se solicite, acreditaranse debidamente por medio de documentos orixinais ou fotocopias destes que se presentarán cotexadas, fidedignamente, debendo numerarse de acordo co modelo anexo, significándose que non se valorarán aqueles méritos que pola comisión se considere que non estiveran suficientemente acreditados.
Os méritos admisibles e valorables serán únicamente os causados ata a data en que finalice o prazo de presentación de instancias.
Asimesmo presentarán xustificante acreditativo de ter ingresado na conta corrente número 2091-0205-33-3110000032 da Caixa de Aforros de Galicia a nome do Concello de Mugardos a taxa por dereitos de inscrición.
Base 6ª.-Comisión de selección.
Para a elaboración das listas así como para o seu control e correcta utilización nomearase unha comisión permanente de selección. A estes efectos a comisión permanente resolverá todalas cuestións de interpretación que puideran presentarse.
A composición da comisión permanente de selección será a seguinte:
Presidente/a: Un empregado/a público/a do Concello de Mugardos.
Vocais:
- Tres empregados/as públicos/as, a designar pola Alcaldía, a proposta da comisión de persoal.
Secretario/a: Un/unha funcionario/a da concello, que actuará con voz e voto.
Base 7ª.- Elaboración das listas.
7.1. A comisión de selección para a cobertura temporal de postos de traballo reservados ó persoal funcionario ou laboral, será a encargada de elabora-las listas correspondentes. A petición da comisión de selección, poderá nomearse persoal colaborador e as súas funcións serán participar na aplicación do baremo dós méritos alegados polos interesados/as. En tódalas deliberacións da comisión de selección poderán estar presentes, con voz e sen voto, os asesores sindicais dos representantes legais dos traballadores/as.
7.2. Unha vez elaboradas as listas, a comisión permanente de selección elevaraas á Alcaldía para que proceda a ordena-la súa aprobación definitiva e a súa publicación no BOP e nun dos medios de comunicación de ámbito provincial, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Mugardos.
7.3. Producida a situación especificada na base 1ª procederase ó chamamento da persoa que, según a orde de prelación que figura na lista previa, lle corresponda ser chamado.
O chamamento poderase facer telefónicamente en supostos de urxencia, cando se trate da cobertura dun posto de traballo cuia non cobertura puidese orixinar graves prexuizos no funcionamento e/ou prestación do servizo público.
Para poder ser citado mediante o chamamento telefónico os/as interesados/as deberán optar a esta modalidade na súa solicitude de inclusión nas listas; a dita opción será irrenunciable polo/a interesado/a.
Os chamamentos telefónicos faranse entre as 8 horas e as 15 horas, e o/a funcionario/a que os realice fará constar mediante dilixencia a realización de tales chamamentos, e se tiveron ou non resposta.
Para os demáis supostos o chamamento efectuarase por medio de telegrama ou calquera outro medio que permita ter constancia da súa recepción polo/a interesado/a.
Os que sendo chamados para facer efectiva a contratación ou nomeamento, non se presentasen no prazo de 48 horas ou renunciasen ó mesmo, perderán os seus dereitos, sendo excluídos das listas, agás casos de forza maior debidamente acreditados e apreciados libremente pola comisión permanente de selección. De producirse este suposto chamarase ó seguinte da lista.
Os integrantes das listas non perderán a súa orde de prelación nas mesmas ata a confección das seguintes listas e, en todo caso, como máximo ata que se xenere o dereito a prestación de desemprego de tal maneira que se a contratación ou o nomeamento para o que son chamados ten unha duración inferior retornarán o posto que ocupaban na orde de prelacion da lista no momento de ser chamados. Xenerado o dereito a prestación de desemprego o/a interesado/a pasará a ocupar o último lugar na lista.
As listas terán unha vixencia de dous anos, contados dende a súa aprobación definitiva, agás que durante ese tempo se convoque algún proceso selectivo que dea lugar á confección dunhas novas listas de oficio.
Base 8ª.- Baremación de méritos.
O sistema aplicable para a elaboración das listas será o seguinte:
A) Experiencia profesional (acreditarase con informe de vida laboral expedido pola Tesoería Xeral da Seguridade Social):
A.1 - Por servizos prestados no Concello de Mugardos na mesma categoría á que se pretende acceder, referidos ós últimos tres anos: 0,15 puntos/mes completo.
A.2 - Por cada mes de servizos prestados noutras administracións públicas na mesma categoria e referidos ós últimos tres anos: 0,10 puntos/mes completo.
A.3 - Por cada mes de servizos prestados na empresa privada na mesma categoría e referidos ós últimos tres anos: 0,10 puntos/mes completo.
A suma da puntuación destes tres apartados non poderá exceder de 2,5 puntos e a acreditación dos servicios na mesma categoría farase polo grupo de cotización.
|
CATEGORÍA
|
GRUPO COTIZACIÓN
|
|
CONSERXE DE EDIFICIOS MUNICIPAIS
|
6
|
|
OFICIAL SERVICIOS VARIOS
|
8
|
|
PEÓN SERVICIOS VARIOS/ LIMPADOR/A EDIFICIOS MUNICIPAIS
|
9, 10
|
B.1 - Por cada curso de formación ou perfeccionamento impartido polas administracións públicas, universidade, INEM, Forcem ou sindicatos e relacionado coas funcións propias da categoría (máximo 3 puntos):
- De máis de 15 horas a 40 horas: 0,20 puntos por curso.
- De máis de 40 horas a 70 horas: 0,35 puntos por curso.
- De máis de 70 horas a 100 horas: 0,50 puntos por curso.
- De máis de 100 horas en adiante: 0,65 puntos por curso
Non se avaliarán os cursos de menos de 15 horas de duración nin aqueles nos que non figure número de horas.
B.2-Polo coñecemento acreditado do idioma galego (só se valorará o grao superior alegado):
Celga 3 (FP1*, ESO*, Curso de iniciación) ou equivalente: 0,50 puntos
Celga 4 (LOXSE*, BUP, FPII*, Curso de perfeccionamento) ou equivalente: 0,75 puntos
(*)Coas especificacións establecidas na orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lengua galega (Celga)
B.3- Por pertencer ós colectivos desfavorecidos en materia de emprego reflexados na normativa da Unión Europea:
a) Por minusvalidez d@ solicitante compatible co posto de traballo, igual ou superior ó 33%: 1 punto (Acreditarase mediante o certificado emitido pola Area de Servicios Sociais ou Servicio de Minusvalideces dependentes da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais).
b) Por tratarse de xóvenes menores de 30 anos, demandante do 1º emprego: 1 punto. (Acreditarase mediante informe da vida laboral emitida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social e do INEM)
c) Por ser muller: 1 punto.
d) Por ser maior de 45 anos, e ser parado de longa duración: 1 punto. (Informe do INEM)
En todo caso a puntuación deste apartados non poderá exceder de 2 puntos.
De producirse empate na puntuación, acudirase para dirimilo á maior experiencia profesional, pola orde prelativa establecida neste baremo (1º concello de Mugardos, 2º outras administracións, 3º empresa privada) e así sucesivamente, seguindo a orde de baremación.
6.4. A partir da publicación das presentes listas, quedarán sen efecto calqueira das anteriores que puideran existir.
De ser necesaria a apertura de novas listas por grupos e categorías, das definidas no anexo I, a realizará a comisión permanente de selección.
Norma 8ª.- Interpretación e normativa supletoria.
A interpretación destas normas corresponde á comisión permanente de selección. A normativa supletoria é a disposta para o mesmo asunto pola Xunta de Galicia no seu convenio e decretos de desenvolvemento.
Mugardos, 22 de xullo de 2008
ÁREA DE SECRETARÍA
Mugardos, 5 de agosto de 2008
O ALCALDE
ASDO)XOSÉ FERNÁNDEZ BARCIA