Inicio | Noticias | A Coruña | Concello de A Laracha

En el foro se dijo

 
Concello de A Laracha Imprimir E-mail
Usar puntuación: / 0
MaloBueno 
Noticias - A Coruña
Escrito por Administratora   
Jueves, 14 de Agosto de 2008 15:22

Boletín Nº 183. SÁbado, 9 de agosto de 2008

Convocatoria praza escala básica da policía local, categoría: policía
CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE DUNHA PRAZA DA ESCALA BÁSICA DO CORPO DA POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DA LARACHA, CATEGORÍA DE POLICÍA, INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE A LARACHA PARA O ANO 2007
1.- Obxecto da convocatoria
O obxecto da convocatoria é a provisión en propiedade dunha praza da escala básica do Corpo da Policía Local do Concello da Laracha, categoría de Policía, incluída na oferta de emprego público do Concello da Laracha para 2007, encadrada na Escala de Administración Especial, Grupo C, subgrupo C1, categoría Policía, de conformidade coas seguintes disposicións:
- Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.
- Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público
- Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local
- Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local
- Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.
- Lei 4/1988, do 26 de maio, de función pública de Galicia.
- Decreto 204/2000, do 21 de xullo, polo que se refunde a normativa vixente en materia de coordinación de policías locais.
- Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, sobre as regras básicas e os programas mínimos aos que debe axustarse o procedemento de selección de funcionarios da administración local
- Decreto 93/1991, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da administración do Estado (con carácter supletorio)
2.- Sistema de provisión
O sistema de provisión será o de oposición libre.
3.- Requisitos dos/as aspirantes
Para ser admitido/a nas probas, o/a aspirante deberán reunir os seguintes requisitos:
1. Ser cidadán/cidadá español/a
2. Ter cumpridos os 18 anos de idade e non exceder dos 36 anos de idade
3. Estar en posesión do título de bacharelato, de técnico superior de formación profesional ou equivalente
4. Estar en posesión dos permisos de conducir das clases A e B.
5. Ter unha altura mínima de 1,70 m os homes e 1,65 m as mulleres
6. Acreditar a aptitude física, presentando, xunto coa instancia, un certificado médico oficial, no que conste expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para realizar os exercicios físicos que están especificados na correspondente proba da oposición. A presentación do certificado non excluirá as comprobacións posteriores do que reflicte ese certificado médico.
7. Compromiso de portar armas e, se é o caso, de chegar a utilizalas. Ese compromiso presentarano os/as aspirantes mediante unha declaración xurada e por escrito.
8. Non ter sido separado/a do servizo das administracións públicas mediante expediente disciplinario ou resolución xudicial firme, nin estar inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.
Os anteriores requisitos deberanos posuír os/as aspirantes con referencia ao último día do prazo para presentar as instancias da convocatoria e conservaranos, polo menos, ata a data de nomeamento. Será nulo o nomeamento como funcionario/a dos/as aspirantes que estean incursos/as en causas de incapacidade, de conformidade coa normativa vixente.
4.- Presentación de instancias
As persoas que queiran participar deberán facelo constar nunha instancia dirixida ao alcalde do Concello de A Laracha, segundo o modelo que aparece como anexo I nestas bases.
As persoas interesadas en participar poderán presentar a instancia directamente no rexistro xeral do concello ou por calquera outro dos sistemas previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas, no prazo de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
5.- Documentación
Os/as aspirantes acompañarán a instancia de:
1. A fotocopia do DNI
2. O certificado médico oficial no que conste expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para realizar os exercicios físicos que están especificados na correspondente proba da oposición.
3. O documento xustificativo de que o/a aspirante posúe o título do curso de perfeccionamento de galego ou o título do Celga 4, debidamente homologado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, para os efectos da exención prevista no quinto exercicio.
6.- Admisión de candidatos
O alcalde do concello dictará a resolución da aprobación da listaxe de candidatos/as admitidos/as e excluídos/as no prazo máximo de un mes, logo de que remate o prazo para presentar as instancias. Na mesma resolución declarará o prazo de dez días hábiles para que os/as aspirantes excluídos/as corrixan e melloren as solicitudes, nos termos do artigo 71 da Lei 30/1992.
A resolución da aprobación da listaxe de admitidos/as e excluídos/as publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do concello.
Logo de que remate o prazo de dez días para que os aspirantes excluídos/as emenden as súas solicitudes, o alcalde dictará a resolución definitiva, na que irá incluída a composición do tribunal e o lugar e a data de comezo dos exercicios e publicarase nos medios anteriormente mencionados.
7.- Tribunal cualificador
7.1 Composición
Presidente:
Titular: o xefe da policía local do concello.
Suplente: un/ha xefe/a da policía local da provincia nomeado/a polo alcalde.
Vogal 1 e 2:
Titular: un funcionario do Corpo da policía local do Concello da Laracha.
Suplente: un/unha funcionario/a da policía local de calquera concello da provincia nomeado/a polo alcalde.
Vogal 3 e 4:
Titular e suplente: un/unha funcionario/a do Grupo C1 ou superior de Administración Xeral de calquera concello da provincia nomeado/a polo alcalde.
Secretario/a (con voz e sen voto):
Titular e suplente: o secretario do concello ou o/a funcionario/a que o substitúa na súa ausencia.
7.2 O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen que estean presentes, polo menos, tres membros, titulares ou suplentes indistintamente, debendo estar presente en todo caso o Presidente e o secretario/a.
7.3 As persoas que forman parte do tribunal absteranse de intervir e comunicaranllo á autoridade que convoca cando concorra algunha das circunstancias prevista no artigo 28.2 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común. Os/as aspirantes poderán recusar os/as membros do tribunal cando concorran esas circunstancias, de conformidade co artigo 29 da Lei 30/1992.
7.4 O tribunal resolverá todas as dúbidas que xurdan de aplicar estas normas así como nos casos que estas no prevexan.
7.5 O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superou as probas un número superior de aspirantes ao de prazas convocadas.
7.6 O tribunal poderá autorizar a incorporación ás sesións de asesores/as, con voz e sen voto, cando excepcionalmente sexa preciso para cualificar adecuadamente.
7.7 Todos os/as membros do tribunal que asistan ás probas percibirán as asignacións que lles correspondan segundo a súa categoría, de conformidade co que establece o Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.
8.- Comezo e desenvolvemento das probas selectivas
8.1 Os/as opositores/as actuarán por orde alfabética segundo a primeira letra do seu apelido, comezando pola letra V, de conformidade co establecido na resolución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 28 de xaneiro de 2008, pola que se publica o resultado do sorteo realizado segundo o disposto na resolución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 17 de xaneiro de 2008 (DOG nº 16, do 23 de xaneiro).
8.2 Os/as aspirantes serán convocados/as para cada exercicio nunha chamada única e estarán excluídos/as da oposición os/as que non comparezan, excepto en caso xustificado que estime o tribunal. Os/as opositores/as acreditarán a súa personalidade mostrando o seu DNI ou documento acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal.
8.3 O tribunal publicará no taboleiro de anuncios da casa do concello os anuncios do segundo exercicio e o dos seguintes.
8.4 Entre o final dunha proba e o comezo da seguinte deberán transcorrer, polo menos, 48 horas e non máis de 20 días.
9.- Probas selectivas e cualificación dos exercicios
Antes de comezar as probas, os/as aspirantes serán medidos/as e pasarán un recoñecemento médico. Non superarán esta proba os/as aspirantes que non teñan a altura mínima esixida e os/as que padezan enfermidades que impidan o desenvolvemento do traballo obxecto destas probas. A listaxe desas enfermidades aparece no anexo III destas bases.
O sistema de selección constará de dúas fases:
9.1 Fase de probas selectivas da oposición:
9.1.1 Primeiro exercicio: probas de capacitación física.
Ten carácter obrigatorio e eliminatorio.
Para realizar este exercicio, os/as aspirantes deberán presentarse con roupa deportiva.
Os/as aspirantes realizarán as seguintes probas:
- Natación: os/as aspirantes deberán percorrer 50 metros. Para ser declarados/as aptos/as, os aspirantes homes realizarán esta proba nun tempo máximo de 45” e as aspirantes mulleres nun tempo máximo de 50”. Terá lugar na piscina municipal da Laracha.
- Velocidade: os/as aspirantes deberán percorrer 100 metros sobre unha superficie lisa, chan e dura. Para ser declarados/as aptos/as, os aspirantes homes realizarán esta proba nun tempo máximo de 16” e as aspirantes mulleres nun tempo máximo de 17”.
- Salto de lonxitude: sen carreira, os aspirantes homes saltarán 2 m e as aspirantes mulleres 1,70 m, para ser declarados/as aptos/as. Para realizar a proba de salto de lonxitude en carreira os/as aspirantes disporán de dous intentos.
- Resistencia: os/as aspirantes deberán percorrer 1.000 metros sobre unha superficie lisa, chan e dura. Para ser declarados/as aptos/as, os aspirantes realizarán esta proba nun tempo máximo de 4’20” e as aspirantes nun tempo máximo de 4’50”.
Os/as aspirantes deberán realizar todas as probas e obter a cualificación de “aptos/as” en cada unha delas para superalo. Serán declarados “non aptos/as” os/as aspirantes que non superen calquera das probas que compoñen este exercicio.
9.1.2 Segundo exercicio: exame psicotécnico
Ten carácter obrigatorio e eliminatorio.
Será por escrito e consistirá en contestar a un test psicotécnico para valorar a capacidade de razoamento e de planificación do/a aspirante, así como a actitude máis adecuada á función que vai desenvolver.
A proba desenvolverase nun tempo máximo de 60 minutos.
O tribunal valorará o test como “apto/a” ou “non apto/a”. Os/as aspirantes deberán obter a cualificación de “apto/a” para superar este exercicio.
9.1.3 Terceiro exercicio: avaliación de coñecementos.
Ten carácter obrigatorio e eliminatorio.
Será por escrito e consistirá en contestar a 100 preguntas con respostas alternativas relacionadas co temario que figura como anexo II nestas bases.
A proba durará, como máximo 60 minutos.
O tribunal valorará de 0 a 20 puntos. Os/as aspirantes deberán obter un mínimo de 10 puntos para superar este exercicio. O/a aspirante que non acade, polo menos, 10 puntos quedará eliminado.
9.1.4 Cuarto exercicio: caso práctico
Ten carácter obrigatorio e eliminatorio.
Será por escrito e consistirá en realizar dous supostos prácticos (atestado, parte, informe, etc..) sobre calquera materia relacionada coas tarefas da policía local e co temario que figura como anexo II nestas bases, nun tempo máximo de 3 horas.
O tribunal valorará o cada suposto práctico de 0 a 10 puntos. Os/as aspirantes deberán obter un mínimo de 5 puntos en cada suposto para superar o exercicio. O/a aspirante que no acade, polo menos, 5 puntos en cada exercicio quedará eliminado.
9.1.5 Quinto exercicio: coñecemento da lingua galega
Terá carácter obrigatorio e eliminatorio para os/as aspirantes que non posúan o título de perfeccionamento ou o Celga 4. Estarán exentos destra proba os/as aspirantes que presente o orixinal ou a fotocopia compulsada desa titulación ou a validación, de conformidade coa Orde do 16 de xullo de 2007 da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 146, do 30 de xullo de 2007), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).
O exercicio consistirá en traducir un texto en castelán ao idioma galego sen axuda de diccionario, en media hora, como máximo.
O tribunal cualificará este exercicio como “apto/a”.
9.2 Curso selectivo de formación:
Os/as aspirantes que superen as probas selectivas deberán superar un curso obrigatorio de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade Pública, nas condicións que regulamentariamente estean determinadas, de conformidade co artigo 35 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais e, co artigo 4.2 da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública.
Durante o período no que os/as aspirantes permanezan no curso de formación no centro, percibirán as retribucións que a normativa vixente establece para os funcionarios en prácticas con cargo aos orzamentos xerais do concello.
10.- Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento
10.1 Cando rematen as probas, o tribunal publicará a relación de aspirantes pola orde de puntuación acadada, así como tamén publicará a proposta de nomeamento do/a aspirante que aprobou. A proposta de nomeamento remitiralla o tribunal ao alcalde para que faga o nomeamento. O tribunal publicará no taboleiro de anuncios as cualificacións dos/as aspirantes aprobados en cada exercicio o mesmo día que as acorde. A puntuación final e a orde de cualificación do/a aspirante aprobado/a será o resultado da media das puntuacións obtidas no conxunto das probas selectivas.
10.2 O/a aspirante proposto/a presentará no rexistro xeral do concello a documentación requirida na base 3, debidamente autenticada, no prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do nome do/a aspirante proposto/a ou da comunicación que o concello lle faga a el/a.
Os/as aspirantes que tivesen a condición de funcionarios de carreira estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e os requisitos xa probados para obter o seu nomeamento. Nese caso, deberán presentar unha certificación que acredite esa condición da administración pública da que dependan.
10.3 O/a aspirante proposto/a que non presente a documentación esixida no prazo sinalado, no poderá ser nomeado/a, se a causa de que non presente a documentación non é por forza maior e quedarán anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puidera incorrer por falsidade.
10.4 Unha vez que estean cumpridos os mencionados requisitos, o alcalde nomeará funcionario/a en prácticas ao/á aspirante proposto/a, que deberá tomar posesión no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel no que lle foi notificado o nomeamento.
10.5 O/a funcionario en prácticas deberá realizar o curso obrigatorio teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade Pública á que se refire o apartado 9.2 destas bases. O nomeamento como funcionario de carreira producirase unha vez superado o curso de formación citado e o período de prácticas.
11.- Norma final
As persoas interesadas poderán impugnar esta convocatoria, as súas bases e todos os actos administrativos que dela se deriven e das actuacións do tribunal nos casos e na forma dispostos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O tribunal queda facultado para resolver todas as dúbidas que xurdan de aplicar estas bases, así como nos casos non previstos por elas.
Anexo I
Modelo de instancia
<<......................................, co NIF/DNI ........................., domicilio en ............................., rúa ......................, número, teléfono ......................................., nacionalidade ............................. e de ................ anos de idade, coñezo a convocatoria publicada no Boletín Oficial do Estado o día ......... de ....................... de 2008, para para provisión en propiedade dunha praza de policía local do Concello da Laracha, incluída na oferta de emprego público para o ano 2008.
Manifesto que reúno todos os requisitos esixidos na base 3 e comprométome a prestar a promesa ou o xuramento establecido no Real decreto 701/1979, do 5 de abril, no caso de que obteña a praza, e solicito participar no correspondente proceso selectivo.
Con esta instancia, achego a documentación sinalada na base 5 das bases.
A Laracha, o ......... de................. de 2008.
Sinatura>>
Os datos recollidos nesta solicitude serán tratados coa conformidade prevista na lexislación de Protección de datos de carácter persoal.
Anexo II
Temario das probas para o ingreso na escala básica do Corpo da Policía Local da Laracha, categoría: Policía
Parte xeral:
Tema 1. A Constitución Española de 1978. Principios constitucionais. A división de poderes. Dereitos e deberes fundamentais e liberdades públicas dos españois.
Tema 2. Garantías e suspensións dos dereitos fundamentais.
Tema 3. O Goberno: concepto e funcións. As Cortes Xerais: composición e funcionamento. A función lexislativa.
Tema 4. A lei: procedemento de elaboración. Clases de leis. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos leis e decretos lexislativos. Tratados internacionais.
Tema 5. O regulamento: concepto, clases, procedemento de elaboración. Eficacia.
Tema 6. A organización territorial do Estado: as comunidades autónomas. Os estatutos de autonomía: órganos e competencias. As administracións públicas: estatal, autonómica e local.
Tema 7. O Estatuto de Autonomía de Galicia. Disposicións xerais. O parlamento. A Xunta de Galicia.
Tema 8. O acto administrativo: concepto. Elementos. Clasificación. Invalidez. Dereito positivo español. Principios xerais do procedemento administrativo: concepto e clases. Fases do procedemento administrativo xeral: principios. Normas regulamentadoras. Días e horas hábiles. Cómputo de prazos. A notificación.
Tema 9. O réxime local español: principios constitucionais e regulamentación xurídica. A provincia e o municipio: territorio, poboación e organización.
Tema 10. O Concello: organización e competencias. Órganos de goberno municipais.
Tema 11. Potestade normativa e de autoorganización dos entes locais. Ordenanzas, regulamentos e bandos.
Tema 12. Réxime das sesións dos órganos colexiados locais.
Tema 13. A función pública local. Ideas xerais. Concepto de funcionarios. Clases. Dereitos e deberes dos funcionarios. Organización da función pública local: órganos e grupos que a integran. Funcionarios con habilitación de carácter nacional. Funcionarios propios das corporacións. Adquisición e perda da condición de funcionario. Situacións nas que poden atoparse. A oferta de emprego público e as relacións de postos de traballo.
Tema 14. A responsabilidade da administración. Fundamentos e clases. A responsabilidade dos funcionarios. Réxime disciplinario.
Tema 15. A policía como forma de intervención dos entes locais na actividade privada. As ordenanzas municipais. As licenzas.
Tema 16. Concepto de dereito penal. Delictos e faltas. Graos de execución do delicto. Persoas criminalmente responsables. Causas que modifican o grao de responsabilidade: eximentes, atenuantes e agravantes.
Tema 17. As lesións. Delictos contra a liberdade. As torturas e outros delictos contra a integridade moral. Delictos contra a liberdade sexual. A omisión do deber de socorro.
Tema 18. Delictos contra a intimidade, á inviolabilidade do domicilio. Delictos contra o honor. Delictos contra as relacións familiares.
Tema 19. Delictos contra o patrimonio e a orde socioeconómica. Delictos contra a ordenación do territorio, a protección do patrimonio histórico-artístico e o medio ambiente e delictos relativos á protección da flora, da fauna e dos animais domésticos.
Tema 20. Delictos contra a Constitución. Delictos contra a orde pública.
Parte especial:
Tema 21. A policía local: concepto, natureza e organización. O modelo policial español.
Tema 22. As competencias da policía local en canto policía xudicial, administrativa e de seguridade. Referencia á lexislación vixente.
Tema 23. Ideas xerais da Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade do Estado. Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación das policías locais. Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá.
Tema 24. Facultades do alcalde en materia de seguridade cidadá. Autoridade directa do alcalde.
Tema 25. O tráfico: a súa ordenación legal. Competencia dos concellos en materia de tráfico.
Tema 26. O Código de Circulación: concepto, estructura e extensión. Normas de comportamento na circulación. Especial referencia ao réxime de parada e estacionamento.
Tema 27. Os sinais de circulación. Preeminencias. Clases. Sinais dos gardas de circulación.
Tema 28. Permisos de conducir. Clases. Requisitos para obtelos. Revisións. Licenzas de conducción.
Tema 29. Requisitos que deben reunir os vehículos para circular polas vías públicas: administrativos, técnicos, de identificación.
Tema 30. Infraccións en materia de circulación. Procedemento sancionador. Actuación como denunciantes dos axentes da policía local. Delictos contra a seguridade do tráfico.
Tema 31. Accidentes de tráfico: concepto e clases. Actuación inmediata e actividades administrativas. Investigación de accidentes.
Tema 32. Normativa sobre seguridade viaria. Estudio especial da alcoholemia.
Tema 33. A igualdade e a violencia de xénero. Xuventude: a delincuencia xuvenil. A terceira idade: actuacións de apoio ás persoas maiores.
Tema 34. Conceptos básicos en drogodependencias. Clasificación das diferentes drogas.
Tema 35. Funcións da Policía Local en materia de tenencia de animais domésticos e salvaxes en cautividade.
Tema 36. Actividade municipal de policía: licenzas de obras, licenzas de apertura de establecementos, ocupación da vía pública, mercados e venda ambulante.
Tema 37. Ordenanza xurídica reguladora de terrazas (BOP nº 181 de 8 de agosto de 2006).
Tema 38. Ordenanza municipal reguladora de plantacións forestais, depósito, carga e transporte de madeira de tala (BOP nº 166 de 21 de xullo de 2004).
Tema 39. A venda ambulante. Ordenanza reguladora do exercicio da venda ambulante fora de establecemento comercial permanente (BOP nº 148 de 29 de xuño de 1.989).
Tema 40. O termo municipal da Laracha. Termo municipal. Límites territoriais. Parroquias e entidades de poboación. Rúas de Laracha, Caión e Paiosaco. Organismos dos que dependen as súas vías públicas. Principais aspectos históricos e culturais do concello. Principais sitios de interese turístico, deportivo, artístico e cultural. Feiras e mercados. Centros, dependencias e edificios públicos.
Anexo III
Cadro de exclusións médicas
1 Estatura
Estatura mínima: 1,70 metros os homes e 1,65 as mulleres
2 Obesidade-delgadeza
Obesidade ou delgadeza manifestas que dificulten ou incapaciten para o exercicio das funcións propias do cargo.
Este apartado avaliarase a través do índice peso ideal = 0,75 (estatura en centímetros – 150) + 50. O peso do/a aspirante non debe desviarse un 20% do ideal.
3 Exclusións circunstanciais
Enfermidades ou lesións agudas, activas no momento do recoñecemento, que poidan producir secuelas capaces de dificultar ou impedir o desenvolvemento das funcións policiais. Nestes casos poderase, en función do proceso de selección e da natureza da enfermidade, sinalar un novo prazo de recoñecemento.
4 Exclusións definitivas
4.1 Ollo e visión
4.1.1 Agudeza visual sen corrección inferior aos dous terzos da visión normal nos dous ollos
4.1.2 Queratotomía radial
4.1.3 Desprendemento de retina
14.1.4 Estrabismo
4.1.5 Hemianopsias
4.1.6 Discromatopsias
4.1.7 Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo dos especialistas do tribunal médico dificulte, de xeito importante, a agudeza visual
4.2 Oído e audición
Agudeza auditiva que supoña unha perda entre 1.000 e 3.000 hertz a 35 decibelios ou de 4.000 hertz a 45 decibelios
4.3 Outras exclusións
4.3.1 Aparello locomotor: alteracións do aparello locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento das funcións policiais ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal médico, co desempeño do posto de traballo (patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares)
4.3.2 Aparello dixestivo: úlcera gastro-duodenal e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do tribunal médico, dificulte o desempeño do posto de traballo
4.3.3 Aparello cardiovascular: hipertensión arterial de calquera causa, non debendo exceder as cifras en repouso os 145 mm/Hg, en presión sistólica, e os 90 mm/Hg, en presión diastólica; varices ou insuficiencia venosa periférica, así como calquera outra patoloxía ou lesión cardiovascular que, a xuízo do tribunal médico, poida limitar o desempeño do posto de traballo
4.3.4 Aparello respiratorio: asma bronquial, a broncopatía crónica obstructiva, o pneumotórax espontáneo (en máis dunha ocasión), a tuberculose pulmonar activa ou outros procesos do aparello respiratorio que dificulten o desenvolvemento da función policial.
4.3.5 Sistema nervioso: epilepsia, depresión, xaquecas, tremor de calquera causa, alcoholismo, toxicomanías ou outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función policial
4.3.6 Pel e faneras.- Psoríase, eccema, cicatrices que produzan limitación funcional e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función policial
4.3.7 Outros procesos patolóxicos: Diabete, enfermidades transmisibles en actividade, enfermidades de transmisión sexual, enfermidades inmunolóxicas sistémicas, intoxicacións crónicas, hemopatías graves, malformacións conxénitas, psicose ou calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, limite ou incapacite para o exercicio da función
A Laracha, 28 de xullo de 2008
O alcalde
José Manuel López Varela
Última actualización el Martes, 25 de Mayo de 2010 18:39
 
 

¿Quién está en línea?

Tenemos 9 invitados conectado(s)