Bases xerais e específicas da convocatoria de dúas (2) prazas de gardas da policía local
Por Decreto da Alcaldía núm. 591/2008, de 28 de xullo, aprobaranse as bases xerais e específicas que regulan o proceso selectivo, polo procedemento de oposición libre, de dúas prazas de axentes da policía local de este concello, que seguidamente se transcriben:
“BASES XERAIS DA CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE DE VARIAS PRAZAS DE FUNCIONARIOS/AS DE CARREIRA, INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2006 DO CONCELLO DE BERGONDO (A CORUÑA)
Primeira. Obxecto da convocatoria
É obxecto da presente convocatoria unitaria, que se completará coas correspondentes convocatorias específicas, a provisión en propiedade de varias prazas vacantes de funcionarios de carreira que se inclúen na oferta de emprego público do ano 2006 (BOE núm. 33, do 8 de febreiro de 2006), segundo se establecen nas citadas convocatorias específicas e mediante o proceso de selección que en cada suposto se establece nelas.
Segunda. Normativa aplicable
A normativa aplicable ós ditos procesos selectivos atópase especialmente prevista en:
Artigo 103 da Constitución Española; Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local; Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia; Lei 7/2007, de 12 de abril do Estatuto básico do empregado público; Lei 30/1984, de 2 de agosto, medidas para a reforma da función pública; Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, sobre as regras básicas e os programas mínimos aos que debe axustarse o procedemento de selección de funcionarios da Administración Local; Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia; Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia de 20 de marzo de 1991, art. 36 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación das policías locais de Galicia; Decreto 204/2000, do 21 de xullo, polo que se refunde a normativa vixente en materia de coordinación de policías locais; e supletoriamente o Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración do Estado.
Terceira. Requisitos dos/as aspirantes
Para participar nas probas selectivas os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:
a) Ser español ou nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, e o dos nacionais dalgún Estado ó cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.
b) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
c) Estar en posesión do título que en todo caso se sinale na convocatoria específica respectiva, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuí-lo documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
Conforme á disposición transitoria quinta da lei 30/1984, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, se considerará equivalente ao título de Diplomado universitario, ter superados tres cursos completos de licenciatura.
Así mesmo, e para estes efectos, para o acceso ás prazas do grupo C1 ou equiparadas, a superación das probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos consideraranse equivalentes á obtención do título de Bacharelato ou Formación Profesional de segundo grado. En relación con esta validación, deberase estar á titulación regulada na normativa vixente en materia de educación.
d) Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que aspira, sen que se padeza enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.
A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. Os aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.
e) Non ter sido separado mediante servizo disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ó emprego público.
f) Os requisitos especiais que, se é o caso, poidan establecerse nas convocatorias específicas.
Cuarta. Presentación de instancias
As instancias solicitando participar nos procesos selectivos, dirixiranse á Sra. alcaldesa do Concello de Bergondo. Presentaranse, debidamente cubertas, no Rexistro Xeral do Concello no modelo oficial que figura como Anexo I das bases xerais desta convocatoria unitaria e que se facilitará no Rexistro Xeral municipal, no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE). Poderanse así mesmo remitir na forma determinada no artigo 38.4 de Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (LRXAP e PAC).
Ás solicitudes debidamente cubertas, achegaranse os documentos que a continuación se indican e de acordo coa seguinte orde:
a) Fotocopia compulsada do DNI ou pasaporte.
Ademais, os aspirantes estranxeiros deberán presentar documento que acredite que é nacional da Unión Europea ou dalgún Estado ó cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
Así mesmo, os familiares dos anteriores deberán presentar ademais fotocopia compulsada dun documento que acredite esta condición.
b) Fotocopia cotexada da titulación requirida para o acceso ó posto.
c) Declaración xurada na que manifesten que reúnen todos e cada un dos requisitos xerais esixidos na base 3.ª, así como os específicos que esixan nas convocatorias específicas, referidos sempre ao día en que remate o prazo de presentación de instancias.
Así mesmo, os aspirantes comprométense no caso de ser propostos para o correspondente nomeamento a prestar xuramento ou promesa de acordo co que determina o Real decreto 707/1979, do 5 de abril.
d) No caso de concurso de méritos, xuntarase relación dos méritos que aleguen os aspirantes pola orde que se establece na correspondente convocatoria específica, unindo á dita relación os documentos xustificativos dos mesmos (orixinais ou fotocopias compulsadas).
e) Xustificante acreditativo do aboamento de pago dos dereitos de exame, na contía que se fixa para cada caso na convocatoria específica, de acordo co previsto na Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos aprobada polo Pleno o día 9 de maio de 2002. O pagamento efectuarase na conta bancaria da entidade “Caixa Galicia”- sucursal de Bergondo- a nome deste Concello. Deberá expresarse con claridade os datos do/a aspirante a quen corresponde o ingreso e a convocatoria á que se atribúe o pagamento.
Os dereitos de exame só serán devoltos aos que non fosen admitidos ás probas selectivas por non reunir os requisitos esixidos na convocatoria.
Quinta. Admisión de aspirantes, data e lugar de celebración das probas
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución, no prazo máximo de un mes, pola que declarará aprobada a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as.
A dita resolución publicarase no Boletín Oficial de Provincia, no Taboleiro de Edictos da casa do concello e na páxina web (www.bergondo.es). Na publicación farase constar, apelidos, nome e número do DNI, así como, se é o caso, as causas que motivaron a súa exclusión.
Os aspirantes excluídos ou omitidos nas ditas relacións disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no BOP, conforme ao disposto no art. 71 da lei 30/1992, de 26 de novembro, para emendar os defectos que motivaron a súa exclusión ou omisión das relacións de admitidos e excluídos. Se no dito prazo non se emendan os defectos serán definitivamente excluídos da realización das probas.
En todo caso, co obxecto de evitar erros e, no suposto de producirse, posibilitar a súa emenda no tempo e na forma, os aspirantes comprobarán se figuran recollidos correctamente na correspondente relación de admitidos.
No caso de non presentarse alegacións ou emendas á lista provisional, elevarase a definitiva.
A resolución pola que se aproba a lista definitiva publicarse do mesmo xeito que a provisional, determinando así mesmo lugar, data e hora de comezo das probas selectivas e composición do tribunal, e será determinante dos prazos a efectos de posibles impugnacións ou recursos.
Sexta. Tribunal cualificador
Os tribunais cualificadores dos procesos selectivos designaranse de conformidade co sinalado no artigo 4 do Real decreto 896/1991 de 17 de xuño, artigos 55.1 c) e d) e 60 da Lei 7/2007, de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público e artigo 11 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración Xeral do Estado, aprobado por Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, debendo estar integrados, polo menos, por cinco membros titulares cos seus correspondentes suplentes.
A composición dos tribunais determinarase na convocatoria específica da praza ou prazas que se convoquen. A designación nominal dos membros do tribunal incluirá a dos respectivos suplentes.
Todos os membros do tribunal deberán contar con titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso á praza ou prazas que se convoquen.
Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizase tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria e, igualmente, se colaborasen durante ese período dalgún modo con centros de preparación de opositores.
O presidente deberá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non atoparse incursos nas circunstancias previstas no citado artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común nin nas demais causas de abstención previstas nesta base.
Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias previstas na presente base, conforme o artigo 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O tribunal non poderá constituírse, nin actuar sen a presenza, cando menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requírese a asistencia do/a Presidente/a e da/o secretaria/o ou dos que legalmente os substitúan.
Os tribunais poderán dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas en que así o estimen necesario ou conveniente. Os ditos asesores actuarán con voz e sen voto; limitaranse ao exercicio das especialidades técnicas en base ás cales colaboran no respectivo tribunal.
Para os efectos de percepción de asistencias polo membros concorrentes ás sesións dos tribunais, estes estarán clasificados nas categorías que estabelece o núm. 1 do artigo 30 do Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo.
O tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes, todas as dúbidas e propostas que se produzan para a aplicación das normas contidas nestas bases, e estará facultado para resolver as cuestións que poidan suscitarse durante a realización das probas, así como adoptar as medidas necesarias para garantir a debida orde nas mesmas.
Sétima. Comezo e desenvolvemento das probas selectivas e programa
As probas non darán comezo ata transcorridos dous meses dende a data de publicación do anuncio resumido no B.O.E.
Unha vez comezadas as probas selectivas, non será obrigatoria a publicación da celebración dos sucesivos exercicios no Boletín Oficial da Provincia, senón que será suficiente coa súa exposición no Taboleiro de Edictos do concello e na páxina web (www.bergondo.es).
Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.
Os/as aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluídos da oposición os que non comparecesen, agás nos casos debidamente xustificados e libremente valorados polo tribunal. As razóns ou probas xustificativas formularanse dentro das vinte e catro (24) horas seguintes á celebración do exercicio ao que non compareceran.
Non obstante o anterior, as mulleres embarazadas que prevexan que polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación e previsión de parto, ou eventualmente primeiros días de puerperio, a súa coincidencia coas datas de realización de calquera dos exames previstos nas probas selectivas, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse como mínimo 48 horas logo do anuncio da data do exame. A citada notificación leva consigo o consentimento da interesada para permitir o acceso do tribunal ou do órgano convocante aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación.
O tribunal decidirá en cada caso, con base na información de que dispoña, se proceda ou non realizar a proba nun lugar alternativo ou ben un aprazamento da proba, ou ben ambas medidas conxuntamente. Non se admitirá recurso respecto das decisións do tribunal neste punto, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.
A actuación dos/as aspirantes naqueles exercicios que non poidan realizarse conxuntamente realizaranse pola orde alfabética segundo a primeira letra do apelido, comezando pola letra que resulte do sorteo ao que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Comunidade Autónoma do 20 de marzo de 1991.
En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acreditaren a súa personalidade.
Os exercicios escritos poderán ser lidos publicamente, se así o acordase o tribunal, podendo este dialogar co/a aspirante coa fin de determinar os seus coñecementos sobre o contido do exposto. As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada unha das probas, serán publicadas no Taboleiro de Edictos do concello e na páxina web (www.bergondo.es).
O tribunal poderá adoptar as medidas oportunas para que os exercicios sexan corrixidos sen coñecer a identidade do aspirante.
Desde a total conclusión dunha proba ata o comezo da seguinte, deberá transcorrer un prazo mínimo de corenta e oito (48) horas e máximo de corenta (40) días naturais.
De cada sesión que celebre o tribunal redactarase unha acta polo/a secretario/a do mesmo na que se farán constar a cualificacións dos exercicios dos aspirantes, así como as incidencias que se produzan.
Oitava. Sistema de selección e cualificación dos exercicios
Nas convocatorias específicas que completen esta unitaria, concretarase o sistema de selección, así como o contido de cada proba, a súa forma de desenvolvemento, sistema de cualificación dos exercicios e os programas respectivos.
No sistema de concurso-oposición, a fase de concurso, que será previa á de oposición, non terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para superar as probas da fase de oposición, e outorgaranse e faranse públicos antes da realización do primeiro exercicio. O tribunal non poderá valorar o non alegado e probado polos aspirantes nos documentos achegados no momento de presentaren a solicitude para admisión ás probas selectivas, sen que sexa admisible a concesión de prazo para emendar a falta de alegacións ou de proba de méritos.
Os/as aspirantes poderán realiza-los exercicios, a súa elección, en calquera das linguas oficiais de Galicia.
Novena. Relación de aprobados
No caso de oposición, a puntuación final virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na totalidade dos exercicios.
No suposto de concurso-oposición, a puntuación final virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na totalidade dos exercicios e na fase de concurso de méritos, así como, de ser o caso, de acordo con cada convocatoria específica, na entrevista curricular.
No suposto de empate nas puntuación de dous ou máis aspirantes, aquel resolverase a favor do aspirante que obtivese a puntuación máis alta no primeiro exercicio da oposición e, se iso non for suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva o mesmo. De persistir o empate, resolverase acudindo á puntuación obtida na fase de concurso e, se se mantén, resolverase pola orde alfabética á que se refire a base xeral sétima.
Finalizadas as probas selectivas o tribunal fará públicas nos lugares determinados, a relación definitiva dos aspirantes aprobados indicando o seu DNI e pola orde da puntuación obtida. Esta relación presentarase ao señor alcalde coa proposta dos candidatos/as para o nomeamento de funcionarios de carreira.
Os tribunais non poderán aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ao das prazas que se convocaran, resultando nulo de pleno dereito calquera acordo que contraviñese o disposto por esta norma.
Décima. Presentación de documentos
Os/as aspirantes propostos/as, achegarán no prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir da publicación da lista de aprobados/as no lugar indicado na base 9.ª, apartado 2.º, os documentos seguintes:
a) Fotocopia (que deberá presentarse xunto co orixinal para a súa compulsa) do DNI ou pasaporte
b) Fotocopia (que deberá presentarse xunto co orixinal para a súa compulsa) do Título académico esixido na respectiva base específica, ou, no seu defecto, o xustificante de ter aboado os dereitos para a súa expedición.
c) Certificado médico acreditativo de posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.
d) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
Non suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, o acceso ó emprego público.
e) Declaración xurada de non encontrarse incurso en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente e referido ó momento da súa toma de posesión.
f) Fotocopia da cartilla da Seguridade Social (no caso de estar afiliado).
Os/as aspirantes que fagan valer a súa condición de persoas con discapacidade deberán presentar certificado dos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Seguridade Social que acredite tal condición e igualmente deberán presentar certificado dos citados órganos ou da administración sanitaria acreditativo de compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.
Quen tivese a condición de funcionario público de carreira non terá que xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa acreditados para obter o seu anterior nomeamento, unicamente deberá presentar certificación da Administración Pública da que dependese que acredite tal condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal ou folla de servizos.
A non presentación dentro do prazo fixado da documentación esixida nesta base, e agás nos caso de forza maior, ou cando do exame da mesma dedúzase que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 3.ª , non poderán ser nomeados funcionarios e quedarán anuladas as actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorreran por falsidade na solicitude de participación.
Undécima. Nomeamento e toma de posesión
Rematado o proceso selectivo e presentada a documentación polos interesados, o Sr. Alcalde efectuará o nomeamento, a favor dos candidatos propostos, como funcionarios de carreira.
O nomeamento deberá ser notificado aos interesados, os cales deberán tomar posesión dentro do prazo máximo dun mes contado desde o día da data de notificación.
No acto de toma de posesión, o funcionario nomeado deberá presentar xuramento ou promesa de non estar incurso en ningunha causa de incompatibilidade conforme ao disposto pola Lei 53/1984, de 26 de decembro de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
Duodécima. Cobertura de prazas temporais
Para a cobertura de prazas con carácter interino ou a celebración de contratos laborais con carácter temporal poderá acudirse a aqueles procesos selectivos finalizados ao abeiro da presente convocatoria nos que houbese aspirantes que, superando algún dos exercicios, non obtivesen praza, debendo optarse polos opositores que superaran maior número de exercicios e que acumulen mellor puntuación. Non obstante, cando se trate da prestación dun servizo que requira unha experiencia ou aptitudes específicas poderase efectuar unha preselección entre os aspirantes que reúnan os requisitos anteriores.
Décimo terceira. Impugnación
A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven desta poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma estabelecidos pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.
Bergondo, 28 de xullo de 2008
A alcaldesa =Alejandra Pérez Máquez”
ANEXO I
MODELO DE SOLICITUDE
D./D.ª ……………………………………………, titular do D.N.I. núm. ........................, e con enderezo a efectos de notificacións en ..................................................................................................................................................................................................., Código Postal....................., teléfono...........................
EXPOÑO
• Que solicito ser admitido/a ás probas do proceso selectivo mediante ………………………….(oposición, concurso ou concurso-oposición) correspondente a …………………………………………., de acordo coa convocatoria publicada no B.O.P. ............................
• Declaro coñece-las bases reguladoras desta convocatoria.
• Que reúno todos e cada un dos requisitos esixidos na Base 3.º das xerais desta convocatoria referidos á data de remate do prazo sinalado para a presentación de instancias.
• Que achego a esta solicitude, de acordo co previsto na bases xerais e específicas reguladoras desta convocatoria, a documentación seguinte:
............
Con base no exposto
SOLICITO
A miña admisión no proceso de selección para o acceso a ----------------------, convocado polo Concello de Bergondo.
Bergondo, ----------- de --------------------------- de 2008
Asdo.
BASES ESPECIFICAS DA CONVOCATORIA DO PROCESO DE SELECCIÓN DE FUNCIONARIOS DE CARREIRA PARA O ACCESO A DÚAS PRAZAS DE POLICÍA LOCAL INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2006
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade de dúas prazas de Policía Local encadradas na Escala de Administración Especial, Subescala de Servizos Especiais, clase Policía Local, pertencentes ó grupo C1, consonte ó establecido na Disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público e incluídas na Oferta de Emprego Público do 2006 deste Concello (Boletín Oficial do Estado núm. 33, do 8 de febreiro de 2006).
2.- NORMATIVA DE APLICACIÓN
Ademais da normativa prevista na base xeral 2.ª das reguladoras desta convocatoria, seralles tamén de aplicación a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación das policías locais de Galicia e o Decreto 204/2000, do 21 de xullo, polo que se refunde a normativa vixente en materia de coordinación de policías locais.
3.- SISTEMA DE SELECCIÓN: Oposición libre
4.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
Ademais dos que figuran na base terceira das bases xerais, os/as aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:
a) Ser español/a.
b) Ter cumpridos os 18 anos e non superar os 36 anos de idade
c) Estar en posesión do Título de Bacharelato, Formación Profesional de Segundo Grado ou equivalente, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
d) Ter unha estatura mínima de 1,70 metros os aspirantes varóns e de 1,65 os aspirantes mulleres. Este requisito comprobarase inmediatamente antes do comezo do primeiro exercicio do proceso selectivo, quedando excluído do proceso quen non teña a altura mínima esixida nestas bases.
e) Estar en posesión dos permisos de conducir das clases A, B e BTP na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
Tódolos requisitos enumerados anteriormente deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
5.- DEREITOS DE EXAME
Os dereitos de exame fíxanse en 18,03 euros, segundo a Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos do Concello de Bergondo, publicada no Boletín Oficial da Provincia número 171, do 27 de xullo de 2002.
6.- SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN.
As solicitudes para participar no proceso selectivo terán que axustarse ó modelo establecido como Anexo I que se achega ás Bases Xerais e deberá xuntarse, ademais dos documentos sinalados na base xeral 4.ª, fotocopia compulsada dos permisos de conducir das clases A, B e BTP.
7.- TRIBUNAL CUALIFICADOR.
Estará constituído por:
- Presidente: un funcionario de carreira, titular e suplente
- Secretaria: a da Corporación e suplente
- Vogais: tres titulares e suplentes, funcionarios de carreira.
Tódolos vogais deberán posuír titulación igual ou superior ós postos de traballo obxecto da convocatoria.
A designación nominal dos membros do tribunal incluirá a dos respectivos suplentes e publicarase, como mínimo, no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos do Concello, xunto coa publicación da relación definitiva dos admitidos.
8.- PROCESO DE SELECCIÓN.
O procedemento de selección constará de seis exercicios, de carácter obrigatorio e non eliminatorio. Para pasar ao seguinte exercicio será necesario que os/as aspirantes acaden a cualificación mínima establecida para cada un deles.
Con carácter previo ao inicio do primeiro exercicio, levarase a cabo a práctica do control de estatura, segundo se recolle no Anexo 1 destas bases específicas; serán eliminados aqueles aspirantes que non acaden a estatura mínima prevista nas presentes bases.
Primeiro exercicio.- Recoñecemento médico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá nun recoñecemento médico no que se valorará se nos aspirantes concorre algunha das causas de exclusión que figura no Anexo I destas bases específicas. O profesional ou profesionais da menciña (médicos) encargados da realización destas probas será escollido polo Tribunal. Cualificarase, logo do informe do profesional,de apto/non apto. A declaración de “non apto”suporá que o aspirante queda eliminado non podendo continuar coa realización das restantes probas.
Para a realización da proba aplicaránselles aos aspirantes as técnicas médicas de uso convencional que se xulguen oportunas, incluída a analítica de sangue e ouriña.
Segundo exercicio.- Proba psicotécnica. De carácter obrigatorio e eliminatorio
Consistirá na realización dunha proba psicotécnica realizada por profesionais na materia dirixida a determina-la aptitude psicolóxica e a adecuación á función policial a desempeñar, valorando entre outros os seguintes factores: Razoamento verbal, razoamento abstracto, rapidez e previsión perceptiva, atención e resistencia á fatiga, axilidade mental e memoria visual.
Así mesmo, teranse en conta factores de personalidade tales como autocontrol, serenidade, capacidade empática e manexo das relacións interprofesionais, sentido da disciplina e da autoridade, seguridade, firmeza persoal e neutralidade profesional.
O Tribunal poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas para esta proba, e acorda-la realización de entrevistas cos aspirantes que estime conveniente.
A cualificación deste exercicio será de apto ou de no apto. A declaración de “non apto”suporá que o aspirante queda eliminado non podendo continuar coa realización das restantes probas.
Terceiro exercicio.- Probas físicas. De carácter obrigatorio e eliminatorio
As probas de aptitude física terán a cualificación de «apto» ou «non apto». Para obter a cualificación de «apto» é necesario non superar as marcas establecidas como máximas para as probas A.1.1, A.1.4 e A.1.5, e alcanzar ou superar os mínimos das probas A.1.2 e A.1.3. Os exercicios realizaranse pola orde en que están relacionados e cada un é eliminatorio para realizar o seguinte.
Establécense diferentes marcas para cada sexo e grupos de idade: de 18 a 24 anos, de 25 a 30 anos e de 31 a 36 anos. Cada aspirante estará incluído no grupo de idade correspondente, tendo en conta a súa idade o día da celebración das probas, salvo que superase os 36 anos, en cuxo caso estará incluído no grupo de 31 a 36 anos. As probas realizaranse de forma individual, agás as de resistencia xeral e natación que poderán facerse de forma colectiva se así considérao o Tribunal. Nas probas de resistencia xeral e natación disponse dunha soa posibilidade de execución; no resto permitirase unha segunda realización cando na primeira non se obteña a cualificación de «apto».
A.1.1. Proba de velocidade: carreira de 50 metros lisos
Realizarase nunha pista de atletismo ou calquera zona totalmente chaira de terreo compacto.
O aspirante colocarase na pista no lugar sinalado, podendo realizar a saída de pé ou agachado, sen utilizar tacos de saída; pódense utilizar zapatillas de cravos de atletismo. Se o primeiro intento é nulo, poderase realizar outro intento.
As marcas máximas esixidas para a superación da proba son:
|
CATEGORÍA
|
IDADE
|
|
18-24 anos
|
25-30 anos
|
31-36 anos
|
|
Homes
|
8 segundos
|
8,5 segundos
|
9 segundos
|
|
Mulleres
|
9 segundos
|
9,5 segundos
|
10 segundos
|
A.1.2. Proba de potencia de tren superior: Flexións de brazos en suspensión pura.
Realizarase en ximnasio ou campo de deportes.
Iniciarase dende a posición de suspensión pura, agarrando a barra coas palmas das mans núas, á fronte, e cos brazos totalmente estendidos.
A flexión completa realizarase de maneira que a barbela asome por enriba da barra. Antes de iniciar outra nova flexión será necesario estender totalmente os brazos. Non se permite o balanceo do corpo ou a axuda con movementos das pernas.
Contaranse soamente as flexións completas e realizadas correctamente.
O número de flexións mínimo esixible para cada grupo de idade é:
|
CATEGORÍA
|
IDADE
|
|
18-24 anos
|
25-30 anos
|
31-36 anos
|
|
Homes
|
8
|
7
|
6
|
|
Mulleres
|
4
|
3
|
2
|
A.1.3. Proba de potencia de tren inferior: salto vertical.
Realizarase en ximnasio ou campo de deportes, con chan horizontal e xunto a unha parede vertical, coa superficie adecuada para efectuar a medición das marcas.
O aspirante colocarase de lado xunto a unha parede vertical, e co brazo máis próximo a esta totalmente estendido cara a arriba. Dende esta posición inicial o aspirante marcará a altura que alcanza.
Separado 20 centímetros da parede vertical, saltará tanto como poida marcando novamente cos dedos o nivel alcanzado.
Medirase a distancia entre a marca inicial, co brazo estendido, e a marca sinalada ao realizar o salto. Se o primeiro intento é nulo, poderase realizar outro intento.
As marcas mínimas (en centímetros) esixidas para a superación da proba son:
|
CATEGORÍA
|
IDADE
|
|
18-24 anos
|
25-30 anos
|
31-36 anos
|
|
Homes
|
44
|
42
|
40
|
|
Mulleres
|
35
|
33
|
31
|
A.1.4. Proba de resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos.
Realizarase en pista de atletismo ou en calquera zona totalmente chaira de terreo compacto.
O aspirante colocarase na pista no lugar indicado. A saída realizarase en pé.
Será eliminado o corredor que abandone a pista durante a carreira.
Pódense utilizar zapatillas de cravos de atletismo. Se o primeiro intento é nulo, poderase realizar outro intento.
As marcas máximas esixidas para a superación da proba son:
|
CATEGORÍA
|
IDADE
|
|
18-24 anos
|
25-30 anos
|
31-36 anos
|
|
Homes
|
4 minutos
|
4’ e 15’’
|
4’ e 30’’
|
|
Mulleres
|
4’ e 30’’
|
4’ e 45’’
|
5 minutos
|
A.1.5. Proba de natación: 25 metros estilo libre.
Realizarase nunha piscina que permita efectuar o percorrido sen facer viraxes.
O aspirante poderá colocarse para a saída, ben sobre a plataforma, ben no bordo da piscina, ou ben no interior do vaso, debendo permanecer neste último caso en contacto co bordo da saída.
Unha vez que se dea o sinal de saída, os aspirantes, ben en mergullo ou por impulsión sobre a parede, segundo a situación de partida adoptada, iniciarán a proba empregando calquera estilo para a súa progresión. Se o primeiro intento é nulo, poderase realizar outro intento.
|
CATEGORÍA
|
IDADE
|
|
18-24 anos
|
25-30 anos
|
31-36 anos
|
|
Homes
|
28 segundos
|
31 segundos
|
34 segundos
|
|
Mulleres
|
34 segundos
|
37 segundos
|
40 segundos
|
A orde establecida anteriormente non comporta necesariamente que os exercicios teñan que executarse seguíndoa. O Tribunal determinará a orde no momento de realización das probas.
Só serán considerados aptos os aspirantes que superen tódalas probas, de modo que só pasarán a realización da proba seguinte aqueles aspirantes que acaden a marca mínima sinalada para cada unha, quedando eliminados os restantes.
Cuarto exercicio.- Proba de coñecementos. De carácter obrigatorio e eliminatorio
Consistirá en desenvolver por escrito no tempo máximo de tres horas, tres temas elixidos ao chou polo Tribunal cualificador inmediatamente antes do comezo da proba: un da parte xeral e dous da parte específica, de entre os que figuran no Anexo II a estas Bases.
Este exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, sendo eliminados os/as aspirantes que no acaden un mínimo de 5 puntos.
Tras o remate do tempo de exposición escrita, o tribunal poderá determinar a lectura individualizada do exercicio, podendo requirir ao aspirante aclaracións explicativas ao respecto da exposición escrita.
Quinto exercicio.- Proba práctica. De carácter obrigatorio e eliminatorio
Consistirá nas seguintes probas que se realizarán nun único acto no tempo total máximo de tres horas:
a) Exercicio escrito sobre un tema relativo ás materias contidas no programa desta convocatoria específica sen referirse a ningún epígrafe concreto; estimaranse os coñecementos, o nivel de formación xeral e a facultade de redacción.
b) Redacción dun ou varios supostos prácticos (atestado, parte ou documento) respecto dun suposto que constitúa función específica da policía local. Para a realización desta proba empregarase un ordenador e o procesador de textos WORD, tendo en conta para a puntuación a presentación do exercicio.
Este exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, sendo eliminados os/as aspirantes que no acaden un mínimo de 5 puntos.
Sexto exercicio.- Coñecemento da lingua galega. De carácter obrigatorio e eliminatorio
Consistirá na tradución, sen dicionario, de dous textos propostos previamente polo tribunal, un de castelán ao galego e outro de galego ao castelán, nun tempo máximo de media hora.
Esta proba, que será eliminatoria, cualificarase de cero a tres puntos, para superala é necesario acadar un mínimo de 1,5 puntos.
Estarán exentos da realización do sexto exercicio os aspirantes que acrediten posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes o curso de perfeccionamento de galego, ou estudos equivalentes.
A cualificación final de cada aspirante será a resultante da suma das cualificacións de cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios.
9.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS
Xunto cos documentos relacionados na base 10.º das xerais reguladoras desta convocatoria, os/as aprobados/as deberán presentar unha declaración xurada do compromiso de portar armas e, se é o caso, de chegar a utilizalas.
10.- CURSO DE FORMACIÓN.
Logo de supera-las probas, os aspirantes propostos polo Tribunal serán nomeados funcionarios en prácticas ata o remate do curso obrigatorio de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade Pública.
Durante este período percibirán con cargo ó presuposto do Concello as retribucións que a normativa vixente establece para os funcionarios en prácticas.
11.- NOMEAMENTO COMO FUNCIONARIO DE CARREIRA.
O nomeamento como funcionario de carreira requirirá en todo caso a superación do curso de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.
12. – IMPUGNACIÓN
A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven desta poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma estabelecidos pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común
Bergondo, 28 de xullo de 2008
A alcaldesa=Alejandra Pérez Máquez”
ANEXO I. CADRO DE EXCLUSIÓNS MÉDICAS.
1.- TALLA
Estatura mínima: 1,70 m. os homes e 1,65 as mulleres.
2.- OBESIDADE con Índice de Masa Corporal ( IMC ) superior a 28.
3.- VISION . SISTEMA OCULAR
· Agudeza visual sen corrección inferior a :
· 4/10 en ámbolos dous ollos, ó
· 3/10 no peor ollo con 5/10 no mellor, ó
· 2/10 no peor ollo con 6/10 no mellor
· Queratotomía radial
· Desprendemento de retina
· Estrabismo
· Hemianopsias
· Discromatopsias
· Glaucoma
4.- AUDICION. SISTEMA AUDITIVO
· Agudeza auditiva que supoña unha perda monoaural igual ou superior a 35 dB nas frecuencias de 500 a 3000 Hz. o de 45 dB a 4000 Hz.
· Alteracións do equilibrio de calquera etioloxía.
5.- LINGUAXE
· Afasias, disfonías, disfemias ( tartamudez ), disartrias e disglosias permanentes, que impidan ou dificulten o desenvolvemento da función policial.
6.- APARELLO LOCOMOTOR
· Anquilosis ou perdas anatómicas de calquera articulación, segundo a súa repercusión funcional
· Procesos articulares, segundo a súa repercusión funcional, independentemente da súa etioloxía
· Escoliosis superiores a 15º
· Cifosis superiores a 30 º
· Espondilolisis, espondilolistesis, fusións vertebrais e trastornos importantes do disco intervertebral
· Espondilitis anquilosante
· Osteoporosis e osteomalacia ( segundo a súa repercusión funcional )
· Deformidades anatómicas, segundo a súa repercusión funcional
7.- APARELLO DIXESTIVO
· Ulcera gastroduodenal, segundo evolución e prognóstico
· Enfermidade de Crohn e colitis ulcerosa
· Hepatite B e C, activas ou seus estados de portadores
· Cirroses hepática
· Cirroses biliar primaria
· Pancreatite crónica
· Fibrosis quística
· Hernias de parede abdominal
8.- SISTEMA CARDIOVASCULAR
· Insuficiencia cardíaca en tódolos seus grados
· Arritmias e bloqueos: Síndromes de preexcitación e tódolos trastornos do ritmo ou da condución cardíaca, excepto a arritmia sinusal, os extrasístoles illados, o bloqueo auriculo-ventricular de 1º grado, o bloqueo completo de rama dereita e os hemibloqueos da rama esquerda
· Malformacións do corazón e dos grandes vasos
· Cardiopatía isquémica de calquera grado
· Valvulopatías
· Miocardiopatías
· Periocardiopatías crónicas
· Hipertensión pulmonar primaria e secundaria
· Síndrome de isquemia arterial crónica
· Hipertensión arterial de calquera causa non debendo sobrepasar as cifras en repouso os 150 mm. de Hg. en presión sistólica e os 95 mm. de Hg. en presión diastólica
· Insuficiencia venosa e linfática, linfedema. Insuficiencia arterial periférica
9- APARELLO RESPIRATORIO
· Afecións crónicas do aparello respiratorio ( Bronquitis crónica, EPOC, Enfisema, Bronquiectasias )
· Derrames pleurais recidivantes
· Neumotorax espontáneo recidivante
· Enfermidades intersticiais e/ou fibroses pulmonar
· Asma e hiperreactividade bronquial, segundo repercusión funcional
10.- SISTEMA NERVIOSO
· Epilepsia
· Escleroses múltiple e outras enfermidades desmielinizantes
· Enfermidades da neurona motora
· Ataxias
· Trastornos das funcións superiores e de integración ( razoamento abstracto, memoria, xuízo e funcións executivas )
· Enfermidade de Parkinson e outros trastornos extrapiramidais
· Afeccións vasculares de natureza isquémica, hemorráxica e malformativa
· Miastenia graves e outros trastornos da unión neuromuscular
· Vértigos
· Siringomielia
· Hidrocefalia
· Miopatías
· Parálises por lesión central
· Parálises periféricas, segundo repercusión funcional
· Enfermidades de SN periférico, segundo repercusión funcional
· Outros trastornos motores ( tics e estereotipias motoras ), segundo a súa repercusión socio-profesional
· Trastornos do sono, segundo a súa repercusión socio-profesional
11.- TRANSTORNOS PSIQUIATRICOS
· Trastornos mentais orgánicos, con excepción daqueles procesos autolimitados e reversibles
· Trastornos mentais e da conduta debidos ó consumo de sustancias psicótropas, incluído ou alcohol
· Esquizofrenia e outros trastornos psicóticos
· Trastornos do estado de ánimo ( trastornos bipolares, trastornos depresivos recorrentes, episodio depresivo maior, trastornos distímicos )
· Trastornos de ansiedade con repercusión clínica significativa
· Trastornos da personalidade e do control dos impulsos con repercusión socio-profesional
12.- APARELLO XENITO-URINARIO
· Insuficiencia renal, segundo evolución e prognóstico
· Hidronefrosis. Nefropatías segundo evolución e prognóstico
· Incontinencia urinaria
· Poliquistosis renal
13.- SISTEMA ENDOCRINOLOXICO
· Trastornos do eixo hipotalamo-hipofisario
· Hipertiroidismo e hipotiroidismo, segundo evolución e pronóstico
· Addison, Cushing, feocromocitoma e outras alteracións das glándulas suprarrenais
· Hipoaldosteronismo primarios e secundarios
· Diabetes mellitus
· Adenomatosis endocrina múltiple
· Hipoparatiroidismo e hiperparatiroidismo, segundo evolución e prognóstico
14.- PEL E FANERAS
· Cicatrices e procesos crónicos da pel que, segundo extensión, repercusión funcional e localización, diminúen a capacidade para o desempeño das funcións policiais ou se agravan manifestamente con elas
15.- SANGUE U ORGANOS HEMATOPOIETICOS
· Aplasia medular, hemoglobinuría paroxística nocturna, anemias hemolíticas crónicas
· Linfomas, segundo evolución e prognóstico
· Leucemias e síndromes mieloproliferativos
· Síndromes linfoproliferativos crónicos, segundo evolución e prognóstico
· Mieloma múltiple e enfermidade de Waldeström
· Hemofilias e outros trastornos da hemostasia
· Inmunodeficiencias
· Esplenectomía
· Tratamentos crónicos con anticoagulantes, interferón, corticoides o EPO
16.- OUTROS
· Portador de anticorpos VIH
· Amiloidosis
· Colaxenosis
· Lupus eritematoso sistémico
· Artrite reumatoide
· Esclerodermia
· Síndrome de Sjögren
17.- Calquera outra afección ou proceso de calquera aparello ou sistema, con repercusión funcional que, a xuízo dos servizos médicos municipais, impidan ou menoscaben o desenvolvemento da función policial ou ben, se vexan agravados manifestamente polas ditas funcións.
ANEXO II. PROGRAMA DE MATERIAS
Parte xeral.
Tema 1.- A Constitución Española de 1978. Características. Principios xerais.
Tema 2.- Dereitos e deberes fundamentais dos españois. Garantías dos Dereitos e suspensión destes.
Tema 3.- A Coroa. O poder lexislativo. O Goberno e a Administración do Estado. O poder xudicial. Relacións entre os distintos poderes.
Tema 4.- A Organización territorial do Estado. As Comunidades Autónomas. Especial referencia ó Estatuto de autonomía de Galicia.
Tema 5.- Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica. O Municipio. Organización municipal. Competencias do municipio.
Tema 6.- O dereito administrativo. Fontes e xerarquía das normas.
Tema 7.- O procedemento administrativo: principios xerais e as súas fases. O silencio administrativo.
Tema 8.- O acto administrativo:concepto. Elementos. Clases. A validez dos actos administrativos; nulidade e anulabilidade. Notificación dos actos administrativos. Cómputo de prazos. Recursos administrativos: Alzada e reposición; o recurso extraordinario de revisión.
Tema 9.- A función pública local. Clases de funcionarios. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Incompatibilidades e réxime disciplinario.
Tema 10.- Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.
Tema 11.- A intervención administrativa na actividade privada. Actividade de policía: as licencias: concepto e clases, procedemento de concesión.
Parte específica.
Tema 1.- Organización e funcións das forzas e corpos de seguridade en España. Lei orgánica de forzas e corpos de seguridade do Estado. Especial referencia ás policías locais.
Tema 2.- Funcións da Policía Local. Referencia á lexislación vixente .
Tema 3.- Estrutura e organización da Policía Local. Escalas e categorías.
Tema 4.- O réxime disciplinario na Lei 4/2007, de coordinación de policías locais de Galicia.
Tema 5.- Principios básicos do Dereito Penal. Delitos e faltas. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal.
Tema 6.- Persoas responsables criminalmente: autores, cómplices e encubridores. Grados de perfección do delito.
Tema 7.- O homicidio e as súas formas. Faltas contra as persoas.
Tema 8.- Delitos e faltas contra o patrimonio: Furtos, roubos, extorsión, furto e roubo de uso de vehículos, defraudacións.
Tema 9.- Delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas garantidas pola Constitución. Delitos cometidos polos funcionarios públicos contra as garantías constitucionais.
Tema 10.- Delitos contra a seguridade do tráfico. Delitos contra a saúde pública.
Tema 11.- A lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección de seguridade cidadá.
Tema 12.- A seguridade en lugares públicos. Seguridade de autoridades e edificios. Regulamentación legal das armas e dos explosivos.
Tema 13.-A identificación das persoas, especialidade da identificación dos estranxeiros. Os controis policiais.
Tema 14.- Actividades relevantes para a seguridade cidadá: Medidas de seguridade nos establecementos e instalacións. Intervención policial na tenencia e consumo de drogas. Entrada e rexistro domiciliarios.
Tema 15.- Funcións de carácter asistencial da Policía Local. Asistencia a vítimas de delitos violentos. Protección de menores. Cooperación na resolución de conflitos privados.
Tema 16.- Funcións en materia de Policía Xudicial. Integrantes da Policía Xudicial. Dependencia orgánica da Policía Xudicial. As dilixencias e o atestado policial.
Tema 17.- A detención de persoas. O depósito de detidos. A asistencia letrada ó detido. O hábeas corpus. O delito de detención de detención ilegal.
Tema 18.- O tráfico: a súa ordenación legal. A lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria. Organismos oficiais que interveñen en materia de circulación e as súas competencias.
Tema 19.- Normas xerais de circulación. Sentido de circulación. Parada, posta en marcha e marcha atrás. Preferencia de paso. Vías de reparación. Detención e estacionamento. Carga e descarga. Sinais de circulación. Clasificación e orde de preeminencia.
Tema 20.- Permisos de conducir. Concepto e clases. Facultades que confiren. Requisitos para a súa obtención. Revisións. Suspensión. Licenzas de condución.
Tema 21.- Circulación urbana. Normas xerais. Circulación de peóns. Bicicletas e ciclomotores. Circulación de animais e vehículos de tracción animal. Transporte de viaxeiros e mercadorías. Estudo dos principais preceptos contidos na normativa de seguridade viaria e na lexislación de transportes. O transporte de mercadorías perigosas. Concepto e regulamentación especial.
Tema 22.- Circulación de automóbil. Clasificación. Requisitos administrativos e técnicos. Medidas precautorias no Código de circulación en relación con vehículos mal estacionados. Circulación de tractores agrícolas.
Tema 23.- Alcolemia. Estudo especial dos preceptos contidos na normativa de seguridade viaria. Inmobilización e retirada de vehículos da vía pública.
Tema 24.- Accidentes de tráfico. Concepto e clases. Actuación inmediata e actividades administrativas. Confección de atestados. Danos en sinais e instalacións.Denuncias por infracción en materia de circulación. A infracción e as súas clases. Procedemento sancionador. Iniciación, desenvolvemento e terminación.
Tema 25.- Deontoloxía policial. Principios básicos de actuación dos membros dos Corpos e Forzas de Seguridade.
Tema 26.- Competencias municipais en materia de Protección Civil. Intervención da Policía Municipal nesta materia. A Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia.
Tema 27.- A actividade da Policía Local como policía administrativa I. Espectáculos e establecementos públicos.
Tema 28.- A actividade da Policía Local como policía administrativa II. Urbanismo. Infraccións e sancións na Lei do solo de Galicia.
Tema 29.- O termo municipal de Bergondo. Límites territoriais. Rúas principais. Principais puntos de interese turístico, cultural e deportivo. Poboación, comunicacións e transportes.
Bergondo, 29 de xullo de 2008
A alcaldesa
Alejandra Pérez Máquez