Inicio | Noticias | A Coruña | Concello de Pontedeume

En el foro se dijo

 
Concello de Pontedeume Imprimir E-mail
Usar puntuación: / 0
MaloBueno 
Noticias - A Coruña
Escrito por Administratora   
Martes, 22 de Julio de 2008 23:35

Boletín Nº 169. MiÉrcoles, 23 de julio de 2008

Convocatoria dunha praza de arquitecto/a interino/a
Convocatoria para unha praza de Arquitecto/a, con carácter de interinidade, para a sustitución transitoria do seu titular
1.ª Obxecto da Convocatoria
O obxecto da presente convocatoria é cubrir mediante concurso-oposición unha praza de funcionario/a interino/a de Arquitecto/a, encadrada na escala de Administración Especial, Subescala Técnica, pertencente ao grupo A1, consonte ás equivalencias establecidas na disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, para a sustitución transitoria do seu titular, na Relación de Postos de Traballo código: 03.00.00.01.01.
2.ª Funcións do posto de traballo.
As funcións da praza, con carácter meramente descriptivo e sen prexuízo das que o ordenamento xurídico reserva a esta titulación académica e, consonte co que estableza a correspondente relación de postos de traballo, serían as relativas á área de urbanismo, arquitectura e obras, enumerándose a título enunciativo as seguintes:
1. Coordinación e supervisión, polo menos, da redacción do Plan xeral que se desexa acometer e instrumentos de desenvolvemento.
2. Xestionar e informar a aplicación do Plan Xeral de Ordenación Municipal e demais instrumentos de planeamento, execución e xestión urbanística, incluída a cartografía municipal 3.-Informe e dirección técnico-facultativa dos expedientes de licencias municipais de obras, instalación e apertura de actividades; licencias de primeira ocupación e usos, ordes de execución e declaracións de ruína.
4.-Inspección e control de disciplina urbanística e dirección técnico-facultativa da tramitación de expedientes sancionadores.
5.-Desenvolvemento e xestión dos plans de renovación urbana, rehabilitación de vivenda, de conxuntos urbanísticos e calquera outro de natureza análoga.
6.-Elaboración de normas e ordenanzas en materia de urbanismo, proxectos e memorias estimadas de obra nova, reforma ou instalación de servicios, así como a súa dirección técnico-facultativa.
7.-Inspección e dirección técnico-facultativa de expedientes en materia de medio ambiente e elaboración de normas e ordenanzas municipais en materia de medio ambiente.
8.-Conservación e mantemento de vías públicas, instalacións e edificios municipais.
9.-Deseño, execución e mantemento de parques e xardíns públicos, así como mellora e xestión de infraestructuras rurais is de competencia municipal.
10.-Xestión das redes de auga, electricidade, sumidoiros, alumeado público e sinalización para tráfico rodado.
11.-Redacción de normas e ordenanzas en materia de mantemento e obras municipais.Representación facultativa da administración nas obras e servicios contratados por este Concello. Emisión de certificacións de obra, actas de replaneamento e de comprobación e as restantes funcións facultativas previstas na lexislación de contratos das administracións públicas.
12.-Calquera outras funcións que lle sexan encomendadas pola alcaldía ou concelleiro delegado.
3.ª Sistema de selección e forma de acceso:
O sistema de selección é o de concurso-oposición.
4.ª Lexislación aplicable.
O procedemento selectivo de concurso-oposición desenvolverase de acordo co previsto na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; R.D. Lexislativo 781/86, do 18 de abril, polo que se aprobou o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; a Lei 7/2007, de 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto Básico do Empregado Público; Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de administración local sen habilitación de carácter nacional; Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servicio da administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da administración xeral do Estado; Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aporba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia; o acordo regulador do persoal funcionario do Concello de Pontedeume, publicado no BOP núm. 207, de 9 de septembro do 2003; Relación de Postos de Traballo do Concello de Pontedeume - BOP nº 48 do 28.02.2007- así como, as normas recollidas nas presentes bases.
5ª. Requisitos dos aspirantes.
Para participar nas probas selectivas os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:
a)Ser español ou nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, e o dos nacionais dalgún Estado ó cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita edad dependentes.
b)Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
c) Estar en posesión do título de Arquitecto/a, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
Conforme a disposición transitoria quinta da Lei 30/1984, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, se considerará equivalente ao título de Diplomado universitario, ter superados tres cursos completos de licenciatura.
d)Posúir a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que aspira, sen que se padeza enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.
A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. Os aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.
e)Non ter sido separado mediante servizo disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ó emprego público.
6ª. Presentación de solicitudes.
Os que desexen tomar parte do procedemento selectivo desta praza de funcionario interino, presentarán solicitude no modelo oficial, que figura no Anexo II a estas bases, e que se facilitará nas dependencias municipais gratuitamente.
Na solicitude manifestarán que reúnen todos e cada un dos requisitos da presente convocatoria e comprometeranse, no caso de obter a praza, a prestar xuramento ou promesa de conformidade co RD 70/79.
As solicitudes dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente da Corporación Municipal, e presentaranse no rexistro xeral do Concello, no prazo de oito (8) días naturais, contados dende o dia seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP, acompañaranse da seguinte documentación:
- Fotocopia cotexada polo concello do DNI
- Fotocopia cotexada polo concello da titulación requerida para o acceso ó posto.
- Relación dos méritos que aleguen os aspirantes pola orde que se establece na convocatoria, unindo á dita relación os documentos xustificativos dos mesmos (orixinais ou fotocopias compulsadas). Non serán tomados en consideración nin valorados os que non se acrediten debidamente en todos os seus extremos, no momento de presentación de instancias.
O Tribunal non avaliará os méritos que non se aporten ou acrediten desta maneira.
7ª. Admisión de aspirantes.
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Pontedeume, ditará resolución na que se aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos e publicarase no Taboleiro de anuncios do Concello. Se houbera aspirantes excluídos, indicarase a causa de exclusión, concedendose un prazo de 3 días naturais para os efectos de reclamacións. As reclamacións, se as houbera, resolveránse na resolución que aprobe a lista definitiva, a cal se publicará do mesmo xeito que a provisional.
Nesta resolución figurará a composición do tribunal, o lugar e a data de realización das probas selectivas.
No caso de que por circunstancias excepcionais houbese que modificar lugar, data ou a hora do primeiro exercicio, publicarase no Taboleiro de Edictos do Concello.
Posteriormente o alcalde declarará aprobada a relación definitiva de admitidos e excluídos, publicándose no Taboleiro de Anuncios do Concello, xunto á data do comezo do procedemento avaliador.
Se non houbera reclamacións contra a lista provisional, quedará elevada automáticamente a definitiva, sen necesidade de nova publicación.
Os sucesivos anuncios, agás disposición en contrario, publicaranse no Taboleiro de Edictos do Concello.
8ª.-Composición, constitución e actuación do Tribunal de selección.
Consonte cos artigos 55 e 60 da Lei 7/2007, do Estatuto básico do empregado público, co Real decreto 896/1991, polo que se establece as regras básicas e os programas mínimos aos que teñen que axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da administración local e co artigo 11 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado, aprobado por Real decreto 364/1995, o tribunal terá unha composición mínima de cinco membros e contará cos seguintes membros:
Presidente: Un/ha funcionario/a do Concello pertencente ao grupo de clasificación profesional de titulación igual ou superior á esixida par ao acceso á praza convocada e suplente
Secretaria/o: A da Corporación e suplente
Vogais:
Tres arquitectos/as e/ou funcionarios/as de carreira pertencente a grupo de clasificación profesional de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso á praza convocada e suplentes.
Todos os membros do Tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza que se convoca.
Os integrantes do tribunal deberán absterse de formar parte destes, cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, notificándoo á autoridade convocante, ou cando houbesen realizado tarefas de preparación a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Os aspirantes poderán recusar os membros do Tribunal de acordo co artigo 29 da mencionada Lei.
O tribunal non poderá constituírse, nin actuar sen a presenza, cando menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requírese a asistencia do/a Presidente/a e do/a Secretario/a ou dos que legalmente os substitúan.
O tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes, todas as dúbidas e propostas que se produzan para a aplicación das normas contidas nestas bases, e estará facultado para resolver as cuestións que poidan suscitarse durante a realización das probas, así como adoptar as medidas necesarias para garantir a debida orde nas mesmas.
As resolucións do tribunal vinculan á Administración sen prexuízo de que esta, de ser o caso, poida proceder a súa revisión de acordo co previsto no artigo 102 e seguintes da Lei 30/1992, de 26 de novembro.
O Tribunal poderá solicitar o asesoramento dos expertos ou especialistas que determine. Asemade, o Tribunal, se o estima preciso ou conveniente poderá dispoñer a incorporación ós seus traballos de asesores ou especialistas que actuarán como colaboradores do tribunal exclusivamente no exercicio das súas especialidades técnicas. Estes asesores tamén terán dereito á correspondente compensación económica.
O Tribunal resolverá tódalas dúbidas que poideran xurdir na aplicación destas normas así como o que se deba facer nos casos non previstos.
9ª- Contido do proceso selectivo, forma de desenvolvemento e sistema de cualificación:
O procedemento selectivo divídese nunha fase de concurso que será previa e unha fase de oposición.
A.- Fase de concurso:
A fase previa de concurso non terá carácter eliminatorio e a puntuación obtida nel non poderá aplicarse para superar os exercicios da fase de oposición. Puntuarase de 0 a 8 puntos.
Nesta fase avaliaranse os méritos dos/das aspirantes, de acordo co baremo establecido para esta finalidade, tendo en conta e ponderando os méritos relacionados con esta praza que ten como funcións as propias ou particulares dunha carreira ou titulación Universitaria específica e que se vinculan cos tarefas da praza enunciadas a título descritivo na base anterior.
Baremo de méritos.
A.- Experiencia profesional: A puntuación máxima por este apartado A é de 3 puntos.
A.1.- Por cada ano completo en postos de traballo de Arquitecto Municipal (na área de Urbanismo): 1 punto.
A.2.- Por cada ano completo en outros postos de traballo na Administración Pública relacionados directamente co posto que hai que desempeñar: 0,5 puntos.
Non se terán en conta as fraccións inferiores ao ano.
Na certificación acreditativa de servizos prestados debe indicarse a función desempeñada e/ou o posto de traballo concreto no que se prestou ou presta servizos.
B.-Especialización: A puntuación máxima neste apartado non poderá superar os 2 puntos.
Colectiva ou individualmente
- Redacción de documentos de planeamento de desenvolvemento (aprobados definitivamente): plans parciais, plans especiais, estudos de detalle...:
* 1 punto por plan parcial, plan especial ou plan de sectorización.
* 0,50 puntos por estudo de detalle.
- Por asesoramento en entidades relacionadas coa actividade urbanística local ou planeamento (comisións, consellos municipais, xurados, xuntas de compensación, entidades urbanísitcas de conservación...) : 0,50 puntos por cada asesoramento.
Apartado C: Formación directamente relacionada coa praza convocada. A puntuación máxima neste apartado non poderá superar os 3 puntos.
- Por título de Arquitecto coa especialidade en Urbanismo: 0,50 puntos.
- Por outro título universitario distinto do esixido na convocatoria e relacionado co posto a desempeñar: 0,50 puntos.
- Curso de especialización en Estudos Territoriais e Urbanísticos “Diploma de Técnico/a Urbanista” do INAP (dous anos), 2,00 puntos.
- Curso Superior de Urbanismo ou Curso Superior de Xestión e Disciplina Urbanística da EGAP, 1,00 punto.
- Por outros cursos de formación en urbanismo desde o 01.01.2005 e coñecementos informáticos acreditados en programas de deseño asistido (CAD, Microstation, Sistemas de Información Xeográfica... ): máximo de 2 puntos.
- 0,25 puntos por cursos de 50 a 100 horas.
- 0,50 puntos por cursos de máis de 101 horas.
Non se valorarán as titulacións académicas esixidas polo artigo 76 da Lei 7/2007, do 12 de abril, para o acceso aos distintos grupos de titulación, nin os cursos encamiñados á obtención destes.
Os aspirantes presentarán conxuntamente coa instancia para tomar parte no proceso selectivo unha relación dos méritos que aleguen.
Á dita relación acompañaranse os documentos xustificativos dos mesmos, orixinais ou fotocopias compulsadas, pois non se terán en conta, nin se valoraran aqueles que non queden debidamente acreditados, en todos os seus estremos, dentro do prazo de presentación das instancias.
A experiencia profesional na Administración Pública acreditarase coa certificación de servizos prestados da administración pública correspondente, na que claramente consten as datas concretas de prestación de servizos, a categoría profesional e na que se poda comprobar que as funcións ou tarefas realizadas correspondese coa praza convocada.
A especialización do perfil profesional en urbanismo, vivenda e ordenación do territorio, acreditarase mediante relación de traballos profesionais, premios e distincións recibidos, experiencia docente, publicacións, traballos de investigación, relatorios e conferencias.
No referente á formación e perfeccionamento só se avaliarán aqueles cursos de formación e perfeccionamento impartidos por organismos da administración, entidades académicas ou entidades homologadas, que versen sobre materias obxecto da praza que se convoca. Os diplomas ou certificados que acrediten a realización dos cursos deberán expresar a duración en horas ou xornadas completas e, expresar con suficiente claridade o seu contido básico.
Antes do comezo da fase de oposición publicaranse no taboleiro de edictos do Concello a puntuación outorgada a cada aspirante polos méritos alegados e debidamente acreditados.
B.- Fase de oposición:
A fase de oposición constará de tres exercicios que serán os seguintes:
Primeiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario acadar 5 puntos para superalo.
Consistirá en contestar por escrito, nun tempo máximo de dúas horas, dous temas sacados ao chou, de entre os que figuran no programa desta convocatoria, pertencentes ao Grupo I e Grupo II, respectivamente, do temario que figura no Anexo.
Tras o remate do tempo de exposición escrita, o tribunal poderá determinar a lectura individualizada do exercicio, podendo requirir ao aspirante aclaracións explicativas ao respecto da exposición escrita.
Segundo exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario acadar 5 puntos para superalo.
Consistirá na resolución do suposto ou supostos prácticos que o Tribunal determine, durante un tempo máximo de tres horas e que estará relacionado coas materias do programa que figuran na Grupo II do temario Anexo.
Terceiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio
Consistirá na tradución, sen dicionario, de dous textos propostos previamente polo tribunal, un de castelán ao galego e outro de galego ao castelán, nun tempo máximo de media hora.
Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obter o resultado de apto, correspondéndolle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos esixido para acadar o resultado de apto.
Estarán exentos da realización do terceiro exercicio os aspirantes que acrediten posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes o CELGA 4 ou curso de perfeccionamento de galego.
10ª.- Orde de actuación dos aspirantes
Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluídos os que non comparecesen, agás nos casos debidamente xustificados e libremente valorados polo tribunal.
En calquera momento o tribunal poderá requirir aos aspirantes que acrediten a súa personalidade coa exhibición do documento nacional de identidade.
A publicación dos sucesivos anuncios da celebración do segundo e restantes exercicios efectuaráa o Tribunal nos locais onde se celebrase o primeiro, ou no Taboleiro de Anuncios da Corporación.
Cada exercicio poderá celebrarse inmediatamente despois de publicar a cualificación do anterior, salvo que algún opositor esixa que se cumpra o prazo minimo previsto na normativa vixente nesta materia.
De cada sesión que celebre o tribunal redactarase unha acta pola secretaria/o do mesmo na que se farán constar a cualificacións dos exercicios dos aspirantes, así como as incidencias que se produzan.
11ª.- Lista de aprobados e presentación de documentos
A cualificación final do concurso-oposición virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e concurso.
Finalizadas as probas selectivas o tribunal fará públicas no taboleiro de edictos do concello, a relación definitiva dos aspirantes aprobados indicando o seu DNI e pola orde da puntuación obtida. Esta relación presentarase ao señor alcalde coa proposta do candidato/a que obtivese mairo puntuación para o nomeamento de funcionarios interino.
O tribunal non poderán aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ao das prazas que se convocaran, resultando nulo de pleno dereito calquera acordo que contraviñese o disposto por esta norma.
O/a aspirante proposto/a, achegará no prazo de catro (4) días hábiles, contados a partir da publicación da lista de aprobados no Taboleiro de Edictos, os documentos seguintes:
1º.- Fotocopia (que deberá presentarse xunto co orixinal para a súa compulsa) do DNI ou pasaporte.
2º.- Fotocopia (que deberá presentarse xunto co orixinal para a súa compulsa) do Título académico esixido, ou, no seu defecto, o xustificante de ter aboado os dereitos para a súa expedición.
3º.- Certificado médico acreditativo de posúir a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.
4º.- Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
Non suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, o acceso ó emprego público.
5º.- Declaración xurada de non encontrarse incurso en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente e referido ó momento da súa toma de posesión.
6º.- Fotocopia da cartilla da Seguridade Social (no caso de estar afiliado).
Os/as aspirantes que fagan valer a súa condición de persoas con discapacidade deberán presentar certificado dos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Seguridade Social que acredite tal condición e igualmente deberán presentar certificado dos citados órganos ou da administración sanitaria acreditativo de compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.
A non presentación dentro do prazo fixado da documentación esixida nesta Base e agás nos casos de forza maior, ou cando do exame da mesma dedúzase que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 5ª , non poderán ser nomeados funcionarios interinos e quedarán anuladas as actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que houberan incorrido por falsidade na solicitude de participación.
12ª.- Nomeamento e toma de posesión.
Rematado o proceso selectivo e presentada a documentación polo/a interesado/a, o Sr. Alcalde efectuará o nomeamento, a favor do/a candidato/a proposto/a, como funcionario/a interino/a.
O nomeamento deberá ser notificado ao interesado/a, o/a cal deberá tomar posesión dentro do prazo máximo de dous (2) días hábiles contados desde o día da data de notificación, tendo en conta que cesará no momento en que se reincorpore o titular ao seu posto de traballo.
13ª.- Lista de reserva
Para a cobertura de prazas con carácter interino ou a celebración de contratos laborais con carácter temporal poderá acudirse o proceso selectivo realizado ao abeiro da presente convocatoria nos que houbese aspirantes que, superando algún dos exercicios, non obtivesen praza, debendo optarse polos opositores que superaran maior número de exercicios e que acumulen mellor puntuación. Non obstante, cando se trate da prestación dun servizo que requira unha experiencia ou aptitudes específicas poderase efectuar unha preselección entre os aspirantes que reúnan os requisitos anteriores.
14ª.- Recursos
Esta convocatoria, as súas bases e contos actos administrativos se deriven delas ou da actuación do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida pola Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.
ANEXO
TEMARIO
Grupo I
Tema 1.- A Constitución Española. Proceso constituínte. Estrutura e contido esencial. Procedemento de reforma.
Tema 2.- A organización territorial do Estado na Constitución. As Comunidades Autónomas. Os Estatutos de Autonomía. Réxime de competencias.
Tema 3.- O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. Requisitos: a motivación e a forma.
Tema 4.- A eficacia dos actos administrativos: executividade. A notificación dos actos. A invalidez do acto administrativo. Supostos de nulidade de pleno dereito e anulabilidade. O principio de conservación do acto administrativo
Tema 5.- O procedemento administrativo: concepto e fases. Os interesados. A terminación do procedemento: a obriga de resolver. A falta de resolución expresa: o silencio administrativo.
Tema 6.- Os recursos administrativos: principios xerais. Actos suceptibles de recurso. Clases de recursos. A revisión xurisdiccional da actuación administrativa.
Tema 7.- A organización municipal. Órganos necesarios: o Alcalde, Tenentes de Alcalde, o Pleno, e a Xunta de Goberno municipal. Órganos complementarios: Comisións Informativas e outros órganos. Os grupos políticos. A participación veciñal na xestión municipal. O concello aberto. Outros réximes especiais.
Tema 8.- Réxime de sesións e acordos dos órganos de goberno local. Actas, certificacións, comunicacións, notificacións e publicación de acordos. O Rexistro de documentos.
Tema 9.- Os recursos das Facendas Locais. Especial referencia aos impostos municipais.
Grupo II
Tema 1 .- Real decreto Lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundidoo da Lei do solo: Disposicións xerais. Condicións básicas da igualdade nos dereitos e deberes constitucionais dos cidadáns
Tema 2 .- Real decreto Lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundidoo da Lei do solo:Bases do réxime do solo
Tema 3 .- Real decreto Lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundidoo da Lei do solo:Valoracións; ámbito, criterios xerais de valoración de inmobles, valoracións no solo rural, valoración no solo urbanizado, valoración do solo en réxime de equidistribución de beneficios e cargas.
Tema 4 .- Real decreto Lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundidoo da Lei do solo: Expropiación forzosa e responsabilidade patrimonial. Venda e sustitución forzosas. Patrimonios públicos do solo. Dereito de superficie.
Tema 5.- Real decreto Lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundidoo da Lei do solo. Réxime Xurídico.
Tema 6.- A Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia coas modificacións derivadas da lei 15/2004. Principios e disposicións xerais. Clasificación do solo.
Tema 7 .- Réxime do solo urbano e réxime do solo urbanizable.
Tema 8 .- Réxime do solo de núcleo rural
Tema 9 .- Réxime do solo rústico
Tema 10 .-Clases de instrumentos de ordenación e natureza.
Tema 11.- Plan xeral de ordenación municipal: Obxecto, determinacións e documentación. Procedemento de elaboración e aprobación.
Tema 12.-O planeamento de desenvolvemento (I): Plans parciais, Plans de sectorización, Plans especiais e Estudos de detalle. Clases e réxime xurídico.
Tema 13.- O planeamento de desenvolvemento (II): Elaboración e aprobación. Competencia e procedemento.
Tema 14 .- Vixencia e revisión dos plans. Efectos da aprobación dos plans
Tema 15 .- Execución dos plans de ordenación: Disposicións xerais. Áreas de reparto. Aproveitamento tipo. A equidistribución: Obxecto, contido do instrumento de equidistribución, procedemento de aprobación,efectos, extinción de dereitos e cargas, inscrición
Tema 16.- Os sistemas de actuación: Sistemas de cooperación. Sistema de expropiación.
Tema 17.- Os sistemas de actuación indirectos: compensación, concerto e concesión de obras urbanizadoras.
Tema 18.- Obtención de terreos de sistemas xerais e dotacións públicas.
Tema 19 .- As licenzas urbanísticas: Concepto. Actos suxeitos a licenza. Procedemento de outorgamento. Caducidade. Actos promovidos polas Administracións Públicas.
Tema 20.- O deber de conservación dos inmobles. As ordes de execución. A declaración de ruina. As parcelacións urbanísticas: Indivisibilidade. Réxime
Tema 21.- Disciplina urbanística: Inspección urbanística. Protección da legalidade
Tema 22.- Disciplina urbanística: Infraccións e sancións: Definición.Tipificación. Prescripción. Persoas responsables.Sancións. Órganos competentes.Procedemento.
Tema 23 .- O réxime transitorio na Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia coas modificacións derivadas da Lei 15/2004, con especial atención ao disposto nas disposicións transitorias primeira e cuarta.
Tema 24.- As Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Pontedeume. Regulación dos núcleos rurais e condicións da edificación.
Tema 25.- As Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Pontedeume: Regulación do solo urbano. Disposicións xerais. Ordenzas de edificación
Tema 26.- Ordenanzas reguladoras do Polígono Industrial de Pontedeume: Condicións técnicas das obras en relación coas vías públicas. Condicións da edificación. Condicións de uso. Condicións estéticas.
Tema 27 .- Licenzas de apertura de establecementos ou funcionamento de actividades. A súa relación coas licenzas de obras. Procedemento. O Decreto 133/2008, de 12 xuño, polo que se regula a avalición de incidencia ambiental. O Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Peligrosas (Decreto 2414/1961). O Regulamento xeral de policía, espectáculos públicos e actividades recreativas.
Tema 28.- Aspectos urbanísticos na normativa sobre patrimonio histórico, estradas, transportes, comunicacións e augas.
Tema 29 .- Aspectos urbanísticos na lexislación de Costas.
Tema 30 .- A Lei 6/2007, de 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia: Obxecto da Lei. Medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia. Disposición adicional primeira.
Tema 31 .- A Lei 38/1999, de ordenación de la edificación: Esixencias técnicas e administrativas da edificación. Axentes. Responsabilidades e garantía. Disposicións relacionadas coa edificación, redacción de proxectos e dirección de obra. Intervención dos colexios profesionais, o visado colexial.
Tema 32.- Disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obas de construción. Real Decreto 1627/1997: Disposicións específicas das fases de proxecto e execución das obras. O coordinador. Estudo de seguridade e saúde. Estudo básico de seguridade e saúde.
Tema 33 .- Normativa sobre condicións mínimas de habitabilidade das vivendas. Decreto 262/2007, do 20 de decembro, polo que se aproban as normas do hábitat galego. Condicións de accesibilidade e supresión de barreiras: Lei 8/1997, de 10 de de agosto. Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade: Decreto 35/2000. Obxecto. Ámbito de aplicación. Disposicións xerais.
Tema 34 .- Ordenación do territorio: Principios xerais. A Lei de ordenación do territorio de Galicia. As directrices de ordenación do territorio.
Tema 35.- O contrato de obras: Obxecto do contrato. Contratos menores. Clasificación das obras. Contido dos proxectos e responsabilidade derivada da súa elaboración. Instruccións técnicas. Supervisión do proxecto. Replanteo.
Tema 36 .- Normas básicas da edificación. A súa aplicación e obrigatoriedade. Normas en vigor. Contido. Normas tecnolóxicas da edificación. Clasificación sistemática. Especificacións, contido e estrutura das normas tecnolóxicas da edificación.
Tema 37 .- O Real Decreto 314/2006 de 28 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico da Edificación: Obxecto. Contido do CTE. Condicións de carácter xeral no proxecto, na execución das obras e do edificio. Breve referencia ás esixencias básicas.
ANEXO II.- Solicitude
Para tomar parte no proceso selectivo para a provisión por concurso-oposición, dunha praza de Arquitecto/a interino/a, para a sustitución transitoria do seu titular, en tanto non se reincorpore o titular ao seu posto de traballo.
D./Dna. , co DNI núm. , e con enderezo a efectos de notificacións, en , código postal , localidade , e teléfono
EXPOÑO
- Que solicito ser admitido/a ás probas do proceso selectivo por concurso-oposición correspondente a unha praza de arquitecto/a en réxime de interinidade pola sustitución transitoria do seu titular, de acordo coa convocatoria publicada no BOP nº , de data
- Que declaro coñecer e acepto as Bases reguladoras desta convocatoria.
- Que reúno todos e cada un dos requisitos esixidos na Base 5ª das reguladoras desta convocatoria referidos á data de remate do prazo sinalado para a presentación de instancias.
- Que achego a esta solicitude de acordo co previsto nas Bases reguladoras da convocatoria a documentación seguinte:
Con base no exposto SOLICITO
A miña admisión no proceso selectivo para a praza de Arquitecto/a Interino/a convocada polo Concello de Pontedeume.
Pontedeume, de xullo de 2008
Asdo.
Pontedeume, 17 de xullo de 2008
O alcalde
Gabriel Torrente Piñeiro
Última actualización el Martes, 25 de Mayo de 2010 22:42
 
 

¿Quién está en línea?

Tenemos 14 invitados conectado(s)