Cotratación auxiliar de axuda no fogar
A Xunta de Goberno Local, na sesión que celebrou o día dez de xullo do ano en curso, acordo proceder á contratación dun/a axuliar do servizo de axuda no fogar, a probando as bases que rexirán dita contratación.
O prazo de presentación de instancias será de sete días na-turais contados a partir do seguinte á insercción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Aranga, a 11 de xullo de 2008
O Alcalde,
Asdo. Manuel Brañas
BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/A AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO NESTE CONCELLO DE ARANGA.‑
1. OBXECTO.‑ É obxecto da presente convocatoria á contratación laboral temporal, a tempo parcial, de un/a auxiliar doméstica, para a presetación do servizo de axuda a domicilio, para atender a persoas e/ou familias que, avaliadas tecnicamente, xustifiquen a intervención do servizo.
A duración do contrato será de un ano que se contará dende o día do nomeamento, podendo prorrogarse dependendo das necesidades do servizo.
2. CONDICIÓNS DO POSTO DE TRABALLO: O servizo de axuda a domicilio é unha prestación básica de servizos sociais de atención primaria que ten como obxectivo apoiar integramente ás persoas naquelas situacións nas que se vexa limitada a súa autonomía persoal e nos casos de desintegración familiar, evitando a institucioinalización e prestando atencións que logren un marco convivencial saudable previndo o deterioro persoal ou familiar.
A prestación do servizo será de 6 horas diarias, cinco días á semana, nun horario flexible de mañá e tarde que dependerá das necesidades do servizo e será fixado pola Asistente Social.
As retribucións brutas mensuais fixanse en 672,39, €, incluídos todos os conceptos.
3. CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES: Para poder participar nas probas selectivas deberanse cumprir os seguintes requisitos:
‑ Ser maior de 16 anos.
‑ Non padecer enfermidade ou defecto fisico ou psíquico que impida o desempeño das correspondentes funcións.
‑ Non esar incurso en causas de incompatibilidade o incapacidade previstas na lexislación vixente.
‑ Dispoñer de medio de locomoción propio e do correspondente carné de conducir B 1.
‑ Ter realizado un curso sobre o coidado de persoas dependentes impartido por algunha Administración Pública de máis de seiscentas horas de duración.
4. SELECCIÓN: A selección farase mediante a valoración dos seguintes méritos:
‑ Ter prestado servizos como auxiliar de axuda no fogar contratado nun Concello: 0,50 por mes de servizo ata un máximo de 3,5 puntos.
‑ Ter coñecemento do termo municipal: 2 puntos.
‑ Ter prestados servizos similares para outras administracións, entidades públicas ou privadas ou para particulares: 0,25 por cada mes de servizo ata un máximo de 1 punto.
‑ Ter realizado cursos formativos en materia de axuda no fogar, xeriatría, atención de minusválidos: 1 punto por cada curso de máis de 40 horas e 0,50 por cada curso de menos de 40 horas. Máximo: 1 punto.
‑ Proba escrita: consistirá en responder, de forma sucinta, ás preguntas curtas que formule o tribunal. Esta proba valorarase ata 2,5 puntos.
5. INSTANCIAS: As instancias, dirixidas ao Sr. Alcalde de Aranga, solicitando tomar parte nas probas selectivas, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de sete días na-turais, que se contarán a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ou na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Os aspirantes acompañaranlles ás instancias os documentos que xustifiquen os méritos sinalados na base cuarta. Para a xustificación dos méritos valerán certificados ou copia compulsada dos documentos ou contratos subscritos. O coñecemento do termo municipal poderá acreditarse mediante a presentación do certificado de empadroamento.
6. ADMISIÓN DE CANDIDATOS: Despois de que finalice o prazo de presentación de instancias aprobarase a lista de admitidos e excluídos que se publicará no taboleiro de edictos da Casa Consistorial, e concederase o prazo de dous días natuais para reclamacións, no caso de non presentarse quedará elevada a definitiva.
7. COMISIÓN SELECCIONADORA.‑ Estará formado por:
Presidente: Asistente Social.
Vogais: Dous funcionarios con titulación superior á requirida para esta praza e un persoal laboral co mesmo re-quisito.
Secretaria: A da Corporación ou funcionario en quen delegue.
8. PROBAS SELECTIVAS.‑ A valoración dos méritos levarase a cabo o terceiro día hábil posterior a aquel no que remate o prazo de presentación de instancias. Primeiro valoraranse os méritos e a continuación levarase a cabo a proba escrita.
Seleccionarase á persoa que reúna máis puntuación, e no caso de empate, á que teña maiores cargas familiares.
9. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS E FORMA-LIZACIÓN DO CONTRATO. O/A aspirante seleccionado deberá presentar no Concello, no prazo de tres días naturais, a documentación acreditativa dos requisitos da base terceira.
A formalización do contrato farase no prazo de dous días naturais dende a data de notificación do Decreto de nomeamento.
Aranga, 8 de xullo de 2008
O ALCALDE:
Asdo. Manuel Brañas Abad