Inicio | Noticias | A Coruña | Concello de San Sadurniño

En el foro se dijo

 
Concello de San Sadurniño Imprimir E-mail
Usar puntuación: / 0
MaloBueno 
Noticias - A Coruña
Escrito por Administratora   
Domingo, 20 de Julio de 2008 21:01
Diario Oficial de Galicia
martes, 8 de xullo de 2008

VI. ANUNCIOS


Número do Dog: 131

Páxina do Dog: 13.374

Data da Disposición:

Sección: VI. ANUNCIOS. DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

Organismo: CONCELLO DE SAN SADURNIÑO

Rango: Anuncio

Título: Anuncio da oferta pública de emprego para 2008.


Anuncio da oferta pública de emprego para 2008.

A Xunta de Goberno Local deste concello, en sesión que tivo lugar o día 2 de xuño de 2008, aprobou a oferta de emprego de persoal ao servizo deste concello para o ano 2008, coas seguintes características:

1.- Persoal funcionario.
-Denominación: administrativo.
-Grupo/subgrupo: c/c1.
-Clasificación: escala de administración xeral, subescala auxiliar.
-Número de vacantes: unha.
-Nivel: 22.
2.- Persoal laboral.
-Denominación: operario de maquinaria municipal.
-Número de vacantes: unha.
-Titulación: graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.
O que se fai público en cumprimento do preceptuado nos artigos 91 da Ley 7/1985, reguladora das bases do réximen local e 70 da Ley 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

San Sadurniño, 10 de xuño de 2008.
Secundino García Casal
Alcalde

 

Boletín Nº 183. SÁbado, 9 de agosto de 2008
Anuncio  Pág. 9596  Reg. 08/9426-x.
Bases oferta pública de emprego para 2008
ANUNCIO DAS BASES XERAIS E ESPECÍFICAS CORRESPONDENTES Á OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO PARA 2008
1.- Normas xerais
1.1.- O obxecto da convocatoria é a provisión en propiedade das prazas de funcionarios e persoal laboral que se relacionan na oferta de emprego público deste Concello para o exercicio de 2008 que se fan públicas no Boletín Oficial da Provincia, a través dos procedementos de selección que para cada unha delas se especifican, de conformidade ó preceptuado na Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, a Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia, o Real Decreto Lexislativo 781/1986 do 18 de abril e demais lexislación concordante.
1.2.- O número de prazas a prover, corresponde ó sinalado na citada oferta de emprego, declarando expresamente que os Tribunais encargados da selección non poderán aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número de aspirantes superior ó das prazas convocadas.
1.3.-Poderá reservarse para promoción interna un 50% das prazas convocadas para funcionarios da corporación en servicio activo que reúnan as condicións de titulación, antigüidade como funcionario de carreira ó servicio da corporación e demais requisitos esixidos na convocatoria.
O Tribunal poderá acorda-la celebración conxunta ou separada da fase de oposición, para os aspirantes do turno libre e restrinxido.
A promoción interna dos funcionarios de Administración Xeral axustarase ás regras contidas na Lei 7/2007 e resto da lexislación aplicable.
As prazas reservadas para promoción interna sen cubrir acumularanse ás convocadas polo sistema xeral de acceso libre.
2.- Requisitos de admisión
2.1.- Para ser admitido á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:
a) Ter cumpridos dezaséis anos de idade.
b) Estar en posesión do título esixible, ou en condicións de obtelo na data na que finalice o prazo de presentación de instancias. As persoas con minusvalía deberán facelo constar na instancia, indicando se precisan adaptación das probas.
c) Posuí-la capacidade funcional para a realización das tarefas habituais do corpo, escala e posto ó que se aspira.
d) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario do servicio ó Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.
e) Os requisitos especiais que, no seu caso, poidan establecerse en cada unha das convocatorias específicas.
2.2.- Os requisitos establecidos na norma anterior deberánse cumprir no último día do prazo de presentación de solicitudes.
2.3.-Será nulo o nomeamento como funcionario ou traballador da entidade local que incorra nas causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.
3.- Solicitudes.
3.1.- Quen desexe tomar parte nas probas selectivas deberá facelo constar na instancia que será facilitada gratuitamente polo Concello. As instancias dirixiranse ó Alcalde Presidente do Concello, presentándose no Rexistro Xeral deste, durante o prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial de Galicia. Poderanse remitir tamén na forma que determina o artículo 38 da Lei 30/92, de RJAP y PAC.
3.2.- Á instancia, que se presentará por duplicado, acompañarase inexcusablemente:
a) fotocopia do DNI
b) xustificante bancario acreditativo do ingreso dos dereitos de exame na conta número 2091-0208-71-3110000059, da entidade Caixa Galicia, no que figurarán nombre, apelidos, DNI e praza á que concorre.
c) para a valoración, no seu caso, da fase de concurso os aspirantes deberán presentar relación detallada dos méritos que se aleguen, pola orde establecida na convocatoria específica, e adxunta-los documentos xustificativos deses méritos (orixinais ou fotocopias compulsadas), e non serán tomados en consideración nin valorados os que non se acrediten debidamente en tódolos seus extremos, no momento da presentación de instancias.
3.3.- Os dereitos de exame so serán devoltos a quen non fora admitido ás probas selectivas por non reuniren os requisitos esixidos.
4.- Admisión de aspirantes.
4.1.- Rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía, no prazo dun mes, declarará aprobada a relación provisional de admitidos e excluídos, con indicacion, no seu caso, das causas de exclusión.
A citada Resolución publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
4.2.- Os erros de feito poderán subsanarse en calquera momento de oficio ou á petición do interesado. En tódolos casos a Resolución á que se refire o punto anterior establecerá, a efectos de posibles reclamacións, un prazo de dez días.
4.3.- Posteriormente, a Alcaldía declarará aprobada a relación definitiva de admitidos e excluídos publicándose no BOP, xunto á composición do Tribunal, lugar, data e hora de comezo do primeiro exercicio.
A data de publicación iniciará ó cómputo do prazo para a interposición do recurso correspondente.
5.- Tribunais calificadores.
5.1.- Os Tribunais das distintas probas selectivas designaranse de conformidade co estipulado no artículo 60 da Lei 7/2007, e a súa composición farase pública de acordo co establecido na base anterior.
5.2.- Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir, notificándolo á Autoridade convocante, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/92 da LRJAP e PAC, ou realizaran tareas de preparación de probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.
O Presidente poderá esixir dos membros do Tribunal declaración expresa de que non incorren (de non atoparse incursos) nas circunstancias previstas no citado artículo 28 da Lei 30/92.
Asemade, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran ditas circunstancias, segundo o diposto na mesma Lei.
5.3.- O Tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a presencia, alomenos, de tres dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.
5.4.- O Tribunal resolverá tódalas dúbidas que poideran xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deba facer nos casos non previstos.
5.5.- O Tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que estimen pertinentes, limitándose ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas.
5.6.- Os tribunais que actúan nestas probas selectivas terán o dereito a percibi-las contías correspondentes, de conformidade ó establecido no Real Decreto 462/2002, do 24 de maio e lexislación complementaria.
6.- Desenvolvemento dos exercicios
6.1.- A orde de actuación dos aspirantes iniciarase de conformidade co establecido na correspondente Resolución da Secretaría de Estado para a Administración Pública.
6.2.- Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluídos da oposición os que non comparezan, salvo nos casos debidamente xustificados e libremente apreciados polo Tribunal.
6.3.- A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios efectuarase polo Tribunal no taboleiro de anuncios do Concello.
7.- Calificación dos exercicios.
7.1.- Os sistemas de calificación das distintas probas selectivas detállanse nas Bases Específicas da presente convocatoria.
7.2.- As calificacións dos aspirantes aprobados en cada exercicio, faranse públicas no mesmo día en que se acorden e serán expostas no taboleiro de edictos da Corporación.
7.3.- A relación definitiva de aprobados, dado que non pode rebasa-lo número de prazas a cubrir, confecionarase cos aspirantes que, tendo superados tódolos exercicios obrigatorios, obteñan maior puntuación na suma da fase de concurso, no seu caso, e oposición.
7.4.- O Tribunal poderá acorda-la lectura pública daqueles exercicios que se celebren por escrito, se o estima conveniente.
8.- Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.
8.1.- Concluídas as probas, o tribunal publicará a relación de aprobados por orde de puntuación, non poidendo rebasar estes o número de prazas convocadas, e elevará dita relación, xunto coa acta da última sesión, á Alcaldía, quen efectuará o nomeamento.
8.2.- No prazo de vinte días naturais contados dende o seguinte a aquel no que se fixeran públicas as listas, os opositores aprobados deberán presentar no rexistro xeral da entidade os seguintes documentos:
a) Certificado de nacemento expedido polo Rexistro Civil corrrespondente
b) Título, ou testemuña notarial do mesmo, esixido para tomar parte nas probas selectivas para cubri-las correspondentes prazas.
c) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración Pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.
d) Declaración xurada de non atoparse incurso en causa algunha de incapacidade ou incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente e referido ó momento da súa toma de posesión.
e) Certificación médica acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio da función
f) Dúas fotografías tamaño carnet.
8.3.- Os aspirantes que fixeran valer a súa condición de persoal con minusvalía na instancia deberán presentar certificación dos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Seguridade Social que acredite tal condición e igualmente deberán presentar certificado dos citados órganos ou da administración sanitaria acreditativo da compatibilidade co desempeño de tarefas e funcións correspondentes, no prazo sinalado na base anterior.
8.4.- Diante da imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos expresados, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria, mediante calquera medio de proba admisible en dereito.
8.5.- Quen tivera a condición de funcionario de carreira estará exento de xustificar documentalmente as condicións e demáis requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Administración Pública de quen dependeran para acreditar tal condición.
8.6.- Quen dentro do prazo indicado e salvo casos de forza maior non presentara a documentación, non poderá ser nombrado, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen perxuizo da responsabilidade na que poidera ter incurrido por falsedade na súa instancia.
8.7.- Cumpridos os requisitos procedentes, o presidente da Corporación efectuará o nomeamento dos aspirantes propostos, que deberán tomar posesión no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ó que lles sexa notificado.
8.8.- Os aspirantes que obteñan o correspondente nomeamento estarán obrigados a prestar a súa xornada de traballo na medida e forma requiridas polo interés do servicio, con horario de mañá ou tarde, ou fraccionando a xornada se fora preciso.
9.- Norma final.
9.1.- A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven da mesma poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/92 do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
BASES DA CONVOCATORIA ESPECÍFICA NUMERO 1.
FUNCIONARIOS DE CARREIRA.
PRAZA DE ADMINISTRATIVO. PROMOCIÓN INTERNA.
1.- Clasificación da praza: Escala de Administración xeral, Subescala Administrativa. Promoción interna.
2.- Sistema de selección: Oposición.
3.- Titulación esixida: Bacherel, técnico ou equivalente.
4.- Requisitos específicos: Pertencer á escala de administracion xeral do Concello de San Sadurniño, ocupando en propiedade praza pertencente ó grupo C2 (antigo Grupo D) e cunha antigüidade mínima de dous anos.
5.- Número de prazas que se convocan: Unha.
6.- Dereitos de exame: 15 Euros.
7.- Proceso de selección: Constará dunha única fase de oposición, co exercicio eliminatorio único que seguidamente se sinala:
Exercicio eliminatorio: Consistirá en responder por escrito, durante un prazo máximo de vinte minutos, unha serie de preguntas tipo test, propostas polo Tribunal e correspondentes ou relacionadas co programa contido no Anexo.
8.- Calificación final: A calificación final dos aspirantes será a outorgada polo tribunal no único exercicio eliminatorio, e estará comprendida entre 0 e 10 puntos, resultando seleccionado o aspirante que obteña a máxima puntuación.
9.- Tribunal calificador. O Tribunal calificador estará integrado polos seguintes membros:
Presidente: O representante do persoal funcionario do Concello.
Secretario: O da Corporación ou funcionario en quen delegue.
Vocais:
Un experto en Administración Local, designado pola Alcaldía.
Dous funcionarios de grupo C-1 ou superior, pertencentes á Administración Local, ou de Habilitación Estatal, designados pola Alcaldía.
A designación dos membros do Tribunal incluirá a dos respectivos suplentes e farase pública no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos da Casa do Concello, a efectos de posibles recusacións.
O Tribunal non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia, alomenos, de tres dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso, requírese a asistencia do Presidente e do Secretario, ou persoa en quen deleguen.
ANEXO I.
TEMARIO DA FASE DE OPOSICIÓN.
Tema 1.- A Constitución Española de 1.978: Estructura e contido. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais e libertades públicas dos españoles.
Tema 2.- A Coroa; As Cortes Xerais; O Goberno. Organización territorial do Estado. Competencias do Estado e das Comunidades Autónomas.
Tema 3.- Principios de actuación da Administración Pública. Eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación. Sometimento da Administración á Lei e ó Dereito. Fontes do dereito público.
Tema 4.- O acto administrativo. Concepto. Elementos. Principios xerais do procedemento administrativo e as súas fases. O elemento temporal do acto administrativo: días e horas hábiles. Cómputo de prazos. A resolución presunta.
Tema 5.- Formas da acción administrativa: fomento, policía e servicio público. Responsabilidade da Administración.
Tema 6.- Facenda pública: os ingresos públicos. Os impostos. As Tasas. A Lei Xeral Tributaria; características e principios informadores.
Tema 7.- O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica. A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.
Tema 8.- O municipio. O término municipal. A poboación. O empadroamento. Organización municipal. Competencias.
Tema 9.- Outras entidades locais. As áreas metropolitanas. As mancomunidades de municipios. As agrupacións municipais. As entidades locais menores. A comarca.
Tema 10.- Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Concepto e clases. Procedemento de elaboración e aprobación.
Tema 11.- Relacións entre entes territoriais. Distribución de competencias. Autonomía municipal e tutela.
Tema 12.- A función pública local. Organización. Concepto e clases de funcionarios. Os funcionarios de habilitación nacional. Adquisición e perda da condición de funcionario. A oferta de emprego público e a relación de postos de traballo. Situacións nas que poden atoparse os funcionarios locais.
Tema 13.- Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Incompatibilidades. Dereito de sindicación. Réxime de retribucións dos funcionarios locais. Dereitos pasivos e Seguridade Social. Extinción da relación funcionarial. Réxime disciplinario
Tema 14.- Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos; requisitos de presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.
Tema 15.- Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e Orde do Día. Actas e certificados de acordos.
Tema 16.- O servicio público. Modos de xestión. A xestión directa. O contrato de xestión de servicios públicos.
Tema 17.- O patrimonio das Entidades Locais. Clasificación dos bens. Adquisición de bens polas Entidades Locais. Capacidade adquisitiva e órgano competente. Modos de adquisición. Alleamento de bens polas Entidades Locais. Competencias dos órganos de goberno local e autorizacións da administración autonómica. Venda e cesión gratuita. Reversión dos bens cedidos.
Tema 18.- O administrado; colaboración e participación dos cidadáns nas funcións administrativas; información e participación cidadá. Dereitos e deberes dos veciños. O veciño como cliente e como usuario dos servicios públicos.
Tema 19.- Atención ó público: acollida e información. Os servicios administrativos de información e de reclamación. A comunicación na administración. O uso correcto da linguaxe administrativa.
Tema 20.- O rexistro de documentos: concepto, rexistros de entrada e saída e o seu funcionamento nun concello. Presentación de instancias e documentos. Informatización dos rexistros. O arquivo, clases e funcionamento. Principais criterios de ordenación. O dereito dos cidadáns de acceso ós arquivos e rexistros.
San Sadurniño, xullo de 2008.
O ALCALDE PRESIDENTE,
Asdo.: Secundino García Casal.
Última actualización el Martes, 25 de Mayo de 2010 22:43
 
 

¿Quién está en línea?

Tenemos 13 invitados conectado(s)