Inicio | Noticias | A Coruña | Concello de Muxía

En el foro se dijo

 
Concello de Muxía Imprimir E-mail
Usar puntuación: / 0
MaloBueno 
Noticias - A Coruña
Escrito por Administratora   
Domingo, 20 de Julio de 2008 18:54

Boletín Nº 164. Jueves, 17 de julio de 2008

Contratación posto de auxiliar de axuda no fogar e creación bolsa de emprego
Aprobación pola Xunta Goberno Local dos criterios de CRITERIOS DE CONTRATACION PUESTOS DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR (temporal) E CREACION DE BOLSA DE EMPREGO.
Requisitos Esixidos:
‑ posuir nacionalidade española o dun estado membro da Unión Europea ou disfrutar do dereito á libre circulación de traballadores.
‑ Ter cumplidos 16 anos e none xceder da idade de jubilación.
‑ Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio nas AAPP nin estar inhabilitado para o ejercicio de función u emprego público.
‑ Non ter antecedentes penais nin causas abertas por agresións o malos tratos.
‑ Non padecer enfermidade infectocontagiosa ou defecto físico ou síquico que cause perjuicio para ás persoas ás que se lles preste o servicio, debendo de aportar certificado médico oficial destes extremos e da súa aptitude para realizar este tipo de traballo.
‑ Estar inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.
‑ Posuir o permiso de conducir B 1 e disponibilidade de vehículo.
‑ Poseer Graduado en ESO ou titulo equivalente.
2.‑ Forma de Selección.
2‑1 Fase de concurso de méritos: Máximo de 20 puntos.
a). Formación , ata un máximo de 10 p
Cursos, e xornadas na materia relacionada co posto, impartidos por organismos oficiais:
Ata 30 h: 0.5 p
Máis de 30 h e ata 60h : 1p
Máis de 60 h: 2p
Posuir Curso deAxuda no fogar impartido por organismo oficial, (plan FIP, PROXIMITAS, Universidade, etc):
Ata 100 h: 1 p
Entre 101 e 300 h: 2 p
Más de 300 h: 4 p
Por poseer titulación superior á requerida, relacionada co posto:
. Bacharelato ou Técnico superior: 1 p
. universitaria: 1,5 p.
. Coñecemento do idioma Galego: ( Puntuarase só o maior destes cursos)
‑ Curso de Iniciación: 0.5 p
‑ Curso de perfeccionamento: 1 p
‑ Cursos de maior nivel: 1.5 p
b) Experiencia profesional. Ata 15 p
0.5 p por mes traballado como auxiliar de axuda a domicilio para a Admón. Local, autonómica ou estatal.
0.4 p por mes traballado como auxiliar de axuda a domicilio para institucións privadas recoñecidas .
2‑2 Entrevista persoal sobre o desenrolo do traballo concreto a realizar: máximo de 5 p.
Nesta entrevista valorarase a sensibilidade do asprante ante os problemas sociais , a súa consideración hacia persoas necesitadas de atención, a posesión de conductas habilidosas no traballo ó que aspira, o respeto polas persoas ás que debería de atender, etc.
SOLICITUDES:
Presentanse no Rexistro municipal do Concello no periodo indicado na correspondente convocatoria . Ás solicitudes acompañaranse os xustificantes dos méritos alegados e dos requisitos esixidos.
TRIBUNAL:
Será colegiado e a súa composición axustarase ós principios de imparcialidade , profesionalidade e de paridade entre muller e home e integrarase exclusivamente por funcionarios e persoal laboral do Concello.
Convocada a selección só podrán resultar seleccionados un número de aspirantes igual ó dos postos convocados quedando o resto dos aspirantes que alcancen a puntuación mínima de 15p (total de ambas fases) integrados nunha bolsa de emprego para sustituciones de aqueles. Esta bolsa será renovada cada dous anos.
Estos criterios e os procesos de selección ó respecto podrán ser impugnados na forma establecida na Lei 30/1992 de réxime xurídico das AAPP e P.A.C.
Muxía, xullo 2008. O Alcalde
Félix Porto Serantes
Última actualización el Martes, 25 de Mayo de 2010 22:44
 
 

¿Quién está en línea?

Tenemos 15 invitados conectado(s)