Convocatoria e bases reguladoras do proceso de selección para a cobertura en propiedade de dúas prazas vacantes do posto de vixilante ambiental, grupo E, correspondente á OEP 2006 para o Concello de Arteixo
CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN por procedemento de CONCURSO- OPOSICIÓN , PARA COBERTURA EN PROPIEDADE DE DÚAS PRAZAS VACANTES , CUBERTAS EN INTERINIDADE DENDE O 2005, DO POSTO DE VIXIANTE MEDIOAMBIENTAL, GRUPO E, PERTENCENTES Á OEP 2006
PRIMEIRA.- Obxecto das presentes Bases
É obxecto das presentes Bases a aprobación da Convocatoria e regulación das Bases do proceso selectivo para a cobertura en propiedade, de dúas prazas cubertas interinamente dende o 2005, do posto de VIXIANTE MEDIOAMBIENTAL, persoal funcionario de carreira, grupo E. Escala Admón especial, servizos especiais, polo procedemento de CONCURSO-OPOSICIÓN e pendentes de convocatoria da OEP 2006..
SEGUNDA: REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
Para tomar parte no proceso selectivo, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos na data de expiración do prazo concedido para a presentación de instancias-solicitudes:
a. Ser español/a ou nacional doutro Estado membro da Comunidade Europea nos termos previstos nos art. 57 e 58 da Lei 7/2007 pola que se deroga a Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre acceso a determinados sectores da Función pública dos nacionais dos demais membros da Comunidade Europea. Poderán participar nos procesos selectivos nacionais doutros Estados da Unión europea e/ou extranxeiros residentes en España, sen necesidade de que se inclúa expresamente nas Bases específicas de cada convocatoria, de acordo coa Lei Orgánica 4/2000 de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.
b. Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder da idade máxima de xubiliación forzosa ( modificación introducida polo art. 56.1.c) da lei 7/2007 .
c. Estar en posesión do título de Graduado en ESO ou equivalente,
d. Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a dita praza. Acreditarase mediante declaración xurada ( ou na declaración da Instancia adxunta as presentes Bases) . As persoas con minusvalías deberán aportar certificación do correspondente organismo, facendoo constar asemade na instancia, sinalando si precisan adaptacións para realización das probas e espeficiando tales adaptacións.
e. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado para o desenvolvemento de funcións públicas por sentenza firme. Acreditarase mediante declaración xurada ( ou na declaración da Instancia adxunta as presentes Bases)
TERCEIRA: INSTANCIAS.
a. As instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo dirixiranse á Sra. Alcaldesa-Presidenta do Concello de Arteixo, presentándose no REXISTRO XERAL do mesmo (ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común dentro do prazo sinalado) no prazo de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio de convocatoria no BOE toda vez se teña publicado anuncio de convocatoria no DOGA e as Bases de convocatoria no BOP de A Coruña e no taboleiro de edictos da Corporación, así como comprementariamente na webb. Municipal .
b. A instancia irá inescusábelmente acompañada da seguinte DOCUMENTACIÓN:
- Fotocopia cotexada do DNI (no seu defecto, resgardo do DNI, pasaporte ou carné de conducir).
- Fotocopia cotexada da titulación requerida para o acceso ao posto
- Declaración xurada específica dos requisitos contemplados na Base 2º d) e ) ou, no seu caso, declaración contida no Modelo de Instancia adxunto ás presentes Bases.
- Fotocopia cotexada de toda a documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais. A efectos de méritos profesionais deberá acompañarse un certificado de vida laboral de Seguridade social xunto con copia de contratos, nomeamentos,etc.
- Carta de pagamento de ter aboado os dereitos de exame nos servizos económicos municipais (Tesourería) ou copia compulsada do xustificante de ingreso nas contas municipais designadas de seguido, cos datos persoais do/a aspirante e praza á que opta ( Nº conta para abono bancario: Caixa Galicia 2091/0014/D C 95/3110000096; Banesto: 0030/6142/DC 12/0375101273; La Caixa: 2100/5097/DC 24/0200006255). Ningún caso a presentación e pago da taxa por dereitos de exame suporá substitución do trámite de presentación de instancia. Asemade a ausencia de xustificante do abono dos dereitos de exame, dentro do prazo de presentación de instancias, non poderá ser obxecto de subsanación, determinando a exclusión do/a aspirante.
Quedarán exentos do pagamento das tasas de dereito de exame, aqueles aspirantes que acrediten minusvalía e/ou situación de desemprego de longa duración ( a tal efecto deberá aportarse xunto coa instancia o certificado de minusvalía superior ao 33% ou certificado do INEM de estar en situación de desemprego durante 1 ano ou mais tempo) segundo a Ordenanza fiscal nº 11 do Concello de Arteixo.
c. Os dereitos de exame estabelécense en 8´68 €, e só serán devoltos a quen non fora admitido/a ao proceso selectivo por non reunir os requisitos esixidos no epígrafe 2º das presentes bases, isto é unicamente a aqueles aspirantes que resulten excluidos na Listaxe definitiva.
d. Expirado o prazo de presentación de instancias a Alcaldía-Presidencia dictará Resolución pola que se declarará aprobada a listaxe provisional de admitidos e excluídos con indicación, se é o caso, dos motivos de exclusión e do prazo para a corrección da documentación. No caso de non existires aspirantes excluidos,poderase elevar a definitiva a listaxe provisional na mesma resolución, dando inicio ao proceso selectivo.
CARTA: ADMISIÓN DE ASPIRANTES E NORMAS XERAIS DE DESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS SELECTIVOS.
4.1.- Publicarase no BOP de A Coruna e no taboleiro de Edictos da Casa do Concello a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, a composición final e nominativa do Tribunal cualificador cos titulares e suplentes , composto en base ao principio de idoneidade e especialidade e segundo o establecido na Lei 7/2007 e Lei de igualdade do Home e da muller. Asemade, na mesma resolución determinarase o día e hora de comezo do proceso selectivo, determinando a data de incio da fase de concurso de méritos e a data de inicio da fase de oposición ( posterior ao antedito concurso). Comezado o proceso selectivo e non tendo que mediar prazo algún entre a publicación das cualificacións da fase de concurso de méritos e o primeiro exercicio da fase de oposición, a publicación dos sucesivos anuncios para a celebración das probas restantes, así coma a listaxe dos aspirantes aprobados en cada exercicio, efectuarase no taboleiro de Edictos da Casa do Concello ( e sempre que sexa posibel, con carácter non preceptivo e complementario na webb. Municipal).
4.2.- Coa finalidade de facilitar o acceso á información dos aspirantes e, sempre con carácter complementario, tanto as Convocatorias e Bases, como os anuncios de calificacións, chamamento a exercicios, etc serán publicadas na webb. municipal, toda vez sexa realizada a publicación no taboleiro de Edictos e demais publicacións preceptivas, si é o caso. Asemade, tamén aparecerán na webb. municipal e no taboleiro, sempre que sexa posibel, as calificacións numéricas co nome a apelidos dos aspirantes que acaden a consideración de Apto, así como o nome e apelidos dos aspirantes que resulten non aptos e os non presentados. Tales publicacións na webb. municipal non terán validez a efectos de cómputo de prazos e, asemade, a información de carácter persoal contida nas mesmas será posibel baixo a consideración de que os aspirantes, coa sinatura da instancia solicitando tomar parte no proceso, se someten e aceptan todo o clausulado establecido na presente Convocatoria e Bases reguladoras. Os restantes usos dos datos personais contidos nas solicitudes , así como todo o desenvolvemento dos procesos selectivos, será de carácter interno e uso restrinxido , segundo o estipulado na lei 15/1999, de 13 de decembro.
Como normas xerais no desenvolvemento do proceso selectivo, establécense as seguintes:
4.3.- Baixo ningunha circunstancia facilitarase información telefónica dende o Servizo central de Información sobre prazos de presentación de instancias, documentación, listaxes de admisión de aspirantes, chamamento a exercicios, calificacións obtidas ou similares. As consultas sobor o contido das Bases ou sobre posibels interpretacións , dúbidas e/ou cuestións incidentais únicamente poderán ser atendidas polo Dpto. De persoal e RR.HH (telefónicamente ou por escrito). Calquera outra cuestión ou incidencia relativa ao desenvolvemento do proceso selectivo será resolta polo Tribunal calificador designado no proceso selectivo.
4.4.- Os aspirantes convocaranse para cada exercicio en chamamento único, agás casos de forza maior, debidamente acreditados a apreciados discrecionalmente polo Tribunal. O prazo mínimo entre un exercicio e o seguinte da fase de oposición, será de 48 horas, agás naqueles casos que o Tribunal, co consenso de todos os aspirantes, considere conveniente a realización de varios exercicios nunha mesma xornada, ou nun prazo inferior ao anteriormente establecido, concedendo aos aspirantes un descanso mínimo de 30 minutos.
4.5.- Para determinar a orde de actuación dos aspirantes naqueles exercicios que non poidan celebrarse conxuntamente, actuarase por orden alfabética, segundo Resolución de 21 de xaneiro de 2008, da Secretaría Xeral de Admón Pública (BOE 4 de febreiro 2008), isto é, comezarase por aqueles aspirantes que o primeiro apelido comece pola letra “x”. No suposto de que non exista aspirante ningún co primeiro apelido que comece pola letra “x” pasarase á letra “y” e así sucesivamente.
4.6.- O Tribunal poderá requirir aos aspirantes, en calquera momento da práctica de calquera exercicio ou proba, co obxecto de que acrediten a súa identidade, para o que deberán estar provistos do DNI ou documentación identificativa análoga (carné de conducir ou pasaporte). Pese a que na realización das probas, velarase polo anonimato dos aspirantes , sempre que o Tribunal así o estime pertinente pola lóxica do desenvolvemento do proceso selectivo, os aspirantes serán chamados, en chamamento único, polo Secretaria/o actuante do Tribunal debendo identificarse nese momento únicamente ante este membro do Tribunal, coa mesma acreditación identificativa que a mencionada enriba.
4.7.- Se durante o desenvolvemento do proceso selectivo chegase a coñecemento do Tribunal que algún dos aspirantes carece de calquera dos requisitos esixidos na convocatoria, excluirase da mesma previa audiencia do interesado, comunicándollo no mesmo día á autoridade que convocou o proceso selectivo.
QUINTA: PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN E EXERCICIOS.
O procedemento de selección , Concurso- Oposición constará das seguintes Fases:
1ª FASE: CONCURSO DE MÉRITOS, de carácter previo e non eliminatorio: Suporá un máximo do 40% do total do proceso selectivo ( Maximo Concurso de méritos 40 puntos, non existindo puntuación mínima dado o carácter non eliminatorio)
a. MÉRITOS ACADÉMICOS:
- por titulación superior ao nivel mínimo esixido ( Graduado en Eso ou equivalente):
Bacharelato ou FP medio: 0´5 puntos
FP superior: 1 punto
Diplomatura ou licenciatura: 2 puntos
( as titulacións son autoexcluintes, valorándose unicamente a de maior nivel e puntuación)
- Por formación especifica en vixiancia medioambiental impartida pola Xunta de Galiza:
· Curso de protección do medio ( Academia de estudios xudiciais de Galicia- CEXESGA): Iniciación : 1´5 punto
· Curso de especialización do medio natural ( Academia gaelga de estudios xudicias de Galicia- CEXESGA): 3 puntos
- Por outra formación relacionada co posto de traballo e impartida por centros públicos, oficiais ou concertados: por cada 20 horas de formación acumulada : 1 punto ate un máximo de 10 puntos.
- Por carné de conducir:
- B1: 1 punto
- C1 e/ ou BTP: 2 puntos
b. MERITOS PROFESIONAIS
B.1: Por experiencia profesional no grupo/categoría profesional en postos iguais ou asimilados na Administración pública ou asimilados: 1 punto por cada 3 meses acumulados ate un máximo de 10 puntos
b.2: Por experiencia profesional noutros grupos/categorías profesionais na Administración pública ou asimilados:0´5 puntos por cada 6 meses acumulados ate un máximo de 5 puntos
b.3: Por experiencia profesional no grupo/categoría profesional asimilada (grupo E) na esfera privada : 0´5 puntos ate un máximo de 6 puntos
c. GALEGO
-por posuir curso de iniciación de lingua galega ( ou homologación equivalente): 0´25 puntos
- por posuir curso de perfeccionamento de lingua galega ( ou homologación equivalente) : 0´5 puntos
- Por curso de linguaxe administrativa, nivel medio : 0´75 puntos
- Por curso de linguaxe administrativa, nicel superior: 1´5 puntos
(Unicamente se valorará a titulación de maior puntuación/nivel)
2ª FASE. OPOSICIÓN, que suporá, na súa totalidade o 60% da puntuación global máxima do proceso selectivo e consistirá nos seguintes exercicios :
1º EXERCICIO : carácter eliminatorio, exame teórico,tipo test, referido ao temario anexo á convocatoria ( temario xeral e específico)
2ºEXERCICIO: carácter eliminatorio, suposto práctico consistente nunha proba de capacitación relacionada co temario anexo e, especificamente coas funcións do posto de traballo (vixiancia e seguimento de conductas que supoñan incumprimento das disposición legais en materia medioambiental, levantamento de actas, dilixencias e outros relacionadascoas anteditas actuacións, seguimentodos expedientes sancionadores e outros relativos e colaboración cos técnicos municipais e doutros Corpos e niveis da Administración no cumprimento da legalidade mediambiental)
3ºEXERCICIO: carácter non eliminatorio, proba oral, consistente en 5 preguntas de índole teorico-práctico e relacionadas coas funcións do posto e coa temario específico anexo á presente convocatoria.
4º EXERCICIO, carácter non eliminatorio, proba de idioma galego, consistente na trducción de castelan ao galego normativo dun texto facilitado polo Tribunal.
O prazo mínimo entre un exercicio e o seguinte da fase de Oposición será de 48 horas, agás naqueles casos que o Tribunal, co consenso de todos os aspirantes, considere conveniente a realización de varios exercicios nunha mesma xornada, ou nun prazo inferior ao anteriormente establecido, concedendo aos aspirantes un descanso mínimo de 30 minutos.
DESENVOLVEMENTO DOS EXERCICIOS:
1º EXERCICIO: EXAME TEÓRICO:de carácter obrigatorio e eliminatorio. Puntuación máxima 20 puntos, sendo necesario acadar 10 puntos para supera-lo.
Consistirá no desenvolvemento, por escrito, dun exame, tipo test, dun máximo de 50 preguntas con respostas alternativas durante un tempo máximo de 45 minutos (poidendo o Tribunal determinar tempos de realización inferiores). As preguntas versarán sobor os contidos dos temas do temario Anexo desta convocatoria (temario xeral e temario específico).
2º EXERCICIO: SUPOSTO PRÁCTICO : carácter eliminatorio. Puntuación máxima 30 puntos, puntuación necesaria para o superar 15 puntos .
Consistirá na realización dunha proba de capacitación especificamente relacionada coas funcións propias do posto convocado , e/ou relacionado co temario Anexo á convocatoria. . A duración do exercicio non superára as dúas horas, permitíndose a utilización de apoio bibliográfico e/ou documental si é o caso e sempre previa aprobación dos membros do tribunal. Finalizado o tempo concedido o Tribunal poderá solicitar a lectura do exercicio aos aspirantes, que deberán ceñirse á exposición escrita realizada, quedando o Tribunal capacitado para realizar canta pregunta considere oportuna en relación ao exercicio..
3º EXERCICIO:. PROBA ORAL: carácter non eliminatorio. Puntuación máxima 7 puntos. Este exercicio consistirá nunha proba oral, de duración nunca superior a 30 minutos , na que o Tribunal realizará 3 preguntas relacionadas co temario específico Anexo á presente, elexidas aleatoriamente, así como 2 preguntas de índole curricular e de personalidade, a fin de avaliar as aptitudes e actitudes dos aspirantes.
4º EXERCICIO : Proba de idioma galego, carácter non eliminatorio. Máximo 3 puntos. A proba consistirá nunha traducción dun texto facilitado en castelán polo Tribunal, ao galego normativo, nun tempo de 30 minutos e de dificultade acorde ao grupo profesional E, de pertenza do posto convocado, en cumprimento das modificacións introducidas pola Lei 4/1988 da Función pública de Galiza ( art.33 da lei 13/2007 de 27 de xullo- DOGA 27 de agosto)..
SEXTA :TRIBUNAL DE SELECCION.
a. O tribunal nomearase de conformidade co artigo 55.1..c) e d) e art. 60 da lei 7/2007 do Novo Estatuto do empregado público, así como garantindo a paridade na súa composición, de conformidade ao establecido na Lei de Igualdade do Home e da Muller e estará composto do seguinte xeito:
A * Presidente: Titular: Un funcionario, Técnico da Administración local, preferentemente do Concello de Arteixo (titular e suplente).
B * Secretario que actuará con voz e voto: Un funcionario, Técnico da Administración local, preferentemente do Concello de Arteixo (titular e suplente).
C * Vocais: O tribunal compoñerase garantindo a composición eminentemente técnica e paritaria deste órgano colexiado (en base ao principio de especialidade/&idoneidade).
Asemade,garantirase a composición impar deste órgano de selección, cun mínimo de 5 membros ( incluidos Presidente e Secretario), designándose polo tanto 3 vocais titulares e 3 suplentes:
- Dous vogais, preferentemente persoal de Admón pública, de especialidade relacionada co posto convocado ( 2 titulares e 2 suplentes)
- Un vocal titular e suplente, cuia designación cédese á Xunta de persoal funcionario, solicitando que na súa proposta se respecte o principìo de paridade, así como de idoneidade e especialidade técnica.
b. O Presidente do Tribunal poderá dispoñer a incorporación ao Tribunal doutros asesores especialistas para as probas que considere pertinentes, limitándose os devanditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas, e actuando con voz pero sen voto.
c. O Tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de polo menos tres dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente, e resultando, en todo caso, imprescindíbel a asistencia do Presidente e do Secretario. As decisións adoptaranse por maioría de votos dos membros asistentes, resolvendo en caso de empate o voto de calidade do Presidente.
d. Os vogais do Tribunal, titulares e suplentes, que actúen nestas probas terán a titulación correspondente, de conformidade co artigo 4 do Real Decreto 896/91, e percibirán as gratificacións correspondentes segundo o Real Decreto 462/2002, e as Bases de execución do Orzamento municipal do 2007.
SÉTIMA: RELACION DE APROBADOS E DOCUMENTACION.
7.1.- A cualificación de cada exercicio publicarase no taboleiro de Edictos do Concello, constando unicamente a calificación numérica dos aspirantes que superen o exercicio correspondente , así como o chamamento para realización do seguinte exercicio. Comprementariamente será publicada na webb. municipal, aos meros efectos informativos.
7.2.- O Tribunal non poderá aprobar nin declarar que superan o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao número de praza/s convocada/s. Rematada a cualificación dos aspirantes, esta determinará a proposta do Tribunal cualificador, elevando á Sra. Alcaldesa-Presidenta a correspondente proposta de nomeamento
7.3 - De non superar as probas establecidas ningún aspirante, o Tribunal poderá declarar deserta a praza convocada, así como determinar unha listaxe de reservas cos aspirantes que, superando os exercicios de caracter eliminatorio, non acadaran a maior puntuación ( coa finalidade de cubrir rexeitamentos, baixas e outras vacantes temporais de natureza similar e/ou de postos asimilados ao convocado).
7.4.- O/as aspirantes proposto/as deberá presentar dentro do prazo máximo de 5 días naturais (a contar desde o día seguinte a aquel en que se fixo pública a listaxe final de puntuacións coa propostas de nomeamento/contratación), os documentos acreditativos de reunir todos e cada un dos requisitos que segundo a base segunda desta convocatoria se esixen para tomar parte na selección, así como toda a documentación requirida polo Dpto. de Persoal co fin de efectuar o nomeamento como persoal funcionario de carreira . Estarán exentos, se tivesen relación anterior con esta Administración local, da xustificación documental, aqueles que o tivesen demostrado para obter o seu anterior nomeamento/contrato.
OITAVA: NORMA FINAL.
Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos deriven das mesmas, así coma as actuacións do Tribunal, poderán ser impugnadas polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei de Réxime das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
O Tribunal queda facultado para resolver as dúbidas que poidan presentarse e adoptar as resolucións, criterios e medidas necesarias para a boa orde dos procesos selectivos naqueles aspectos previstos ou non, nestas bases, sendo en todo caso aplicábel para o non previsto na presente convocatoria o Real Decreto RD 364/95 de 10 de marzo; a Lei 7/1985, de 2 de abril; o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, RD 896/91 e demais normas concordantes de xeral aplicación mentras no se opoñan ao establecido polo novo marco legal estatal, Lei 7/2007 de 13 de abril, e Lei 13/2007 da Función pública de Galiza ( modificación Lei 4/1988)
O/a aspirante, dende a súa contratación, quedará obrigado a utilizar os medios que para o exercicio das súas funcións poña á súa disposición o Concello.
ANEXO I: TEMARIO
( temario xeral e específico)
TEMARIO XERAL
1. A Constitución Española de 1978. Dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns.
2. A Coroa: as funcións do rei. O referendo.
3. O Estatuto de Autonomía de Galicia. As institucións da CC.AA: o Parlamento, o Consello da Xunta, o Presidente, o Valedor do Pobo, o Tribunal de Contas.
4. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. A eficacia dos actos administrativos. Nulidade e anulidade.
5. Procedemento administrativo I: Natureza e fins. Regulamentación legal. Principios xerais de procedemento administrativo. Os interesados no procedemento administrativo.
6. Procedemento administrativo II: Termos e prazos. Iniciación, ordenación e instrucción. Participación dos interesados. Terminación do procedemento: a resolución, terminación convencional, outros xeitos de terminación: desestimación, renuncia e caducidade. O silencio administrativo. Os recursos administrativos: concepto e clases, requisitos xerais, réxime de recursos administrativos.
7. O Concello. Competencias municipais. Organización municipal: órganos necesarios e complementarios. Constitución, vixencia e finalización do mandato corporativo.
8. O Alcalde: atribucións. O Pleno: composición e atribucións. Os Tenentes de Alcalde e os Concelleiros: competencias e atribucións.
9. Xuntas de Goberno, Comisións Informativas e outros órganos colexiados na Administración Local.
10. Facendas Locais. Clasificación de ingresos e gastos. Orzamento municipal. Ordenanzas fiscais. Recursos de facendas locais.
11. Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Arteixo ( disponibel na webb. municipal).
12. Prevención de riscos laborais: marco legal (Lei 31/1995).
TEMARIO ESPECÍFICO
13.Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade.
14.Ordenanza municipal reguladora da posesión e custodia de animais de compañía.
15.Lei 43/2003, do 21 de novembro, de Montes.
16.Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
17.Lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas.
18.Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da lei de augas.
19.Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de Protección Ambiental de Galicia.
20.Decreto 156/1995, do 3 de xuño, de inspección ambiental.
21.Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.
22.Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.
23.Decreto 320/2002, do 7 de novembro, polo que se aproba o regulamento que establece as ordenanzas tipo sobre a protección contra a contaminación acústica.
24.Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia.
25. Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.
INSTANCIA
Lembre que deberá presentar ista Instancia no Rexistro Xeral ou calquera outro dos medios legalmente permitidos (correo certificado, xanela única...) acompañando toda a documentación requerida segundo as Bases de convocatoria
D/Dona ............................................................ con DNI núm.:...................... con enderezo..........................................C.P................. Localidade................. e telefono de contacto ........................
EXPÓN:
Que tendo coñecemento da Convocatoria do proceso selectivo de dúas prazas do posto VIXIANTE MEDIOAMBIENTAL, persoal funcionario de carreira, polo procedemento de CONCURSO-OPOSICIÓN , e
e declarando explícitamente coñecer e aceptar as Bases reguladoras da Convocatoria, cumprindo os requisitos de acceso da Base 2ª (Base 2.d :Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemente das funcións correspondentes a dita praza. As persoas con minusvalías deberan aportar certificación do correspondente organismo, facéndoo constar asemade na instancia, sinalando si precisan adaptacións para realización das probas; e Base 2.e: Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Publicas, nin estar inhabilitado para o desenvolvemento de funcións publicas por sentencia firme.)
Aportase a tal efecto a seguinte documentación: (marcar cunha X )
Fotocopia DNI cotexado
Fotocopia Titulación cotexada
Taxas dereito exame
Fotocopia cotexada de t´dolos méritos académicos e profesionais (Certificado de vida laboral da Seg. social acompañado de copia cotexada de contratos/nomeamentos)
SOLICITA: sexa admitida ista Instancia para participar no proceso selectivo referido.
Data, DNI e Sinatura do/a aspirante:
A SRA. ALCALDESA – PRESIDENTA do CONCELLO DE ARTEIXO
Arteixo, 29 de abril de 2008
A ALCALDESA-PRESIDENTA
Administración Local (BOE 213 de 3/9/2008)
Resolución de 14 de agosto de 2008, del Ayuntamiento de Arteixo (A Coruña), referente a la convocatoria para proveer varias plazas.
Rango: Resolución
Páginas: 35815 - 35815
Referencia: 2008/14526
TEXTO
En el «Diario Oficial de Galicia» número 155, de fecha 12 de agosto de 2008, aparece el anuncio de la convocatoria del proceso selectivo por concurso-oposición libre, para la cobertura en propiedad de dos plazas vacantes de Vigilantes Medioambientales, personal funcionario, grupo E, de la Escala de Administración Especial, Servicios Especiales.
Asimismo, en el «Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña» número 155, de 7 de julio de 2008, aparecen publicadas íntegramente las bases reguladoras que regirán el proceso selectivo. Las instancias para solicitar participar en el correspondiente proceso selectivo se presentarán en el plazo de veinte días naturales contados a partir del siguiente al de la publicación del presente anuncio en el «Boletín Oficial del Estado».
Los sucesivos anuncios relacionados con estas plazas se publicarán en el «Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña» y en el tablón de edictos del Ayuntamiento de Arteixo (A Coruña).
Arteixo, 14 de agosto de 2008.-La Alcaldesa-Presidenta, Pilar Souto Iglesias.