Inicio | Noticias | A Coruña | Concello de Vimianzo

En el foro se dijo

 
Concello de Vimianzo Imprimir E-mail
Usar puntuación: / 0
MaloBueno 
Noticias - A Coruña
Escrito por Administratora   
Domingo, 06 de Julio de 2008 14:16
Boletín Nº 142. SÁbado, 21 de junio de 2008
Oferta de emprego público do Concello de Vimianzo para o exercicio de 2008
ASUNTO: OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE VIMIANZO, EXERCICIO 2008.
RESOLUCIÓN:
Don Alejandro Rodríguez Lema, alcalde-presidente do Concello de Vimianzo, no exercicio das facultades de representación que lle atribúe a lexislación de réxime local e, considerando que o art. 21.1 da Lei 7/85, do 2 de abril, na redacción que lle deu a Lei 1 1/99, do 21 de abril, establece como competencia da Alcaldía “Aprobar a oferta de emprego público de acordo co presuposto e cadro de persoal aprobada polo pleno”.
Neste senso, logo da correspondente aprobación inicial e preceptivo período de información pública o Concello-Pleno na súa sesión de 27 de decembro de 2007 aprobou con carácter de definitivo o orzamento xeral para 2008, xunto co cadro de persoal e relación de postos de traballo do Concello de Vimianzo, publicándose no BOP núm. 300 do 31 de decembro de 2007.
Considerando o disposto no art. 91 da mesma Lei 7/85 de 2 de abril, en relación co art. 128 do Real Decreto Lexislativo 781/86, do 18 de abril, ao dispoñer respectivamente:
- Que as corporacións locais formularán a súa oferta de emprego, axustándose aos criterios fixados na normativa básica estatal (artigo 91.1 Lei 7/85).
- Que as corporacións locais aprobarán e publicarán anualmente, dentro do prazo dun mes dende a aprobación do seu presuposto, a oferta de emprego público para o ano correspondente axustándose a lexislación básica sobre a función pública e os criterios que regulamentariamente se establezan... (artigo 128.1 do RDL 781/86).
Considerando o disposto no art. 70 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, ao sinalar, en síntese, que as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamental, deben proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso serán obxecto de oferta de emprego público ou a través doutro instrumento semellante de xestión da provisión das necesidades de persoal, o que conleva a obriga de convocar os correspondentes procesos selectivos, (...) fixando o prazo máximo para a convocatoria destes procesos.
Considerando que a oferta de emprego público do exercicio 2008 responde aos principios de racionalidade, economía e eficiencia tal e como se deduce do expediente orzamentario para este exercicio de 2008.
Asimesmo, a modificación do cadro de persoal deste Concello obedece ás seguintes razóns:
A) Facer fronte cunha organización eficaz, inspirada nos principios de economía e eficiencia á prestación dos servizos obrigatorios e complementarios previstos no art. 26 da Lei 7/85 do 2 de abril e tamén 81 e seguintes da Lei 5/97 do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.
B) Ademais, o propio art. 25 da Lei 7/85 sinala que “O municipio, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, pode promover toda clase de actividades e prestar cantos servizos públicos contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal”. Idea que enlaza co principio de autonomía municipal e principio de subsidiariedade no sentido de que a satisfación das necesidades colectivas se efectúe nas instancias e na administración máis próxima aos cidadáns.
Doutro lado, estes principios teñen acomodo no dereito comunitario, tamén se reflecten de modo expreso na CARTA EUROPEA DE AUTONOMÍA LOCAL, cando sinala no seu artigo 4.3 que “El ejercicio de las competencias públicas debe, de modo general incumbir preferentemente a la autoridad debe tener en cuenta la amplitud de la tarea o las necesidades de eficacia o economía”.
Asemade, o artigo 6 deste instrumento internacional propiciado polo consello de Europa e ratificado polo Estado Español na data do 20 de xaneiro de 1998, sinala:
1. “Sin perjuicio de las disposiciones más generales creadas por la Ley, las Entidades Locales deben poder definir por sí mismas las estructuras administrativas internas con las que pretenden dotarse, con objeto de adaptarlas a sus necesidades y a fin de permitir una gestión eficaz”.
2. “El estatuto del personal de las Entidades Locales debe permitir una selección de calidad, fundamentada en el principio de mérito y capacidad; a este fin, debe reunir condiciones adecuadas de formación, remuneración y perspectivas de carrera”.
As prazas de auxiliar que se sacan a oferta pública xa aparecían no cadro de persoal funcionario do exercicio 2007, e responden ao dinámico incremento da prestación de Servizos Sociais, tanto por aumento do número de usuarios de axuda a domicilio, como pola laboriosa xestión que conleva a prestación, aínda que mediante xestión indirecta, dos Servizos Sociais especializados de centro de día, vivenda comunitaria, escola infantil e comedor e lavandería sobre rodas, co correspondente nivel de expedientes de solicitudes de altas, baixas, modificacións, etc.
A isto debe engadirse a necesidade de procurar financiamento alleo, dado o sistema de achegas condicionadas coa conseguinte preparación de expedientes de solicitudes de subvencións e as simétricas xustificacións.
Doutro lado, non é menor a esixencia de soporte administrativo que impón a lexislación de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia ( Lei 39/2006, do 14 de decembro).
No caso que nos ocupa, ademais as dúas prazas de auxiliar administrativo xa estaban previstas no plantel de persoal (RPT) do ano 2007 e atópanse cubertas de modo interino. Desta maneira dase cumprimento ao mandato contido no Artigo 10.4 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, que conleva que as prazas vacantes desempeñadas por funcionarios interinos se inclúan na oferta de emprego correspondente ao exercicio no que se produce o seu nomeamento e, se non fose posible, no seguinte, a non ser que se decida a amortización. En consecuencia, ao apareceren no cadro de persoal débense incluir na oferta de emprego público deste exercicio 2008.
A lei orzamentaria vixente ao tempo de aprobar esta proposta de oferta de emprego público, isto é a Lei 51/2007, do 26 de decembro, de presupostos Xerais do Estado para 2007, no seu artigo 23 sinala que no ámbito da administración local non se aplicará o criterio previsto no primeiro parágrafo do propio precepto e coñecida coma “taxa de reposición de efectivos” (cifrada neste exercicio 2008, no 100%) no que toca ao Persoal da Policía Local, nin tampouco aos servizos de prevención de incendios; “tampouco se aplicará aos municipios con poboación inferior a 50.000 habitantes” en consecuencia esa taxa do 100% de reposición non ten aplicación neste Concello de Vimianzo. Por ende, amósase como axustado ao ordenamento xurídico que o Concello de Vimianzo, ao abeiro do ordenamento xurídico, inclúa na oferta de emprego público as prazas de referencia.
Tendo en conta que se deu traslado, polo prazo de quince días, tanto á administración central, como a autonómica e á representación sindical no Concello de Vimianzo, sen que conste alegación en contra, dentro do prazo de quince días que fora conferido.
Visto canto antecede e considerando o Real Decreto 352/86 de 10 de febreiro, no que se atope en vigor, así como o seu anexo sobre modelo normalizado de oferta de emprego público, por medio da presente resolvo:
I. Aprobar a seguinte oferta de emprego público do Concello de Vimianzo para o exercicio 2008.
FUNCIONARIOS DE CARREIRA
GRUPO
CLASIFICACIÓN
PROFESIONAL
SEGUNDO ART. 76
DA LEI 7/07
CLASIFICACIÓN
Nº DE
VACANTES
DENOMINACIÓN DA PRAZA
CÓDIGO
GRUPO C
Subgrupo C2
Escala de Administración
Xeral. Subescala Auxiliar
2
Auxiliar
administrativo
SFF – 02
SSF – 03
2.- Efectúense as publicacións desta resolución que establece o ordenamento xurídico e, particularrmente, no BOP e no DOG:
Vimianzo, 9 de xuño de 2008
O alcalde
Alejandro Rodríguez Lema
diante de min
O secretario acc.
Manuel Ángel Jove Losada
Diario Oficial de Galicia
mércores, 18 de xuño de 2008
VI. ANUNCIOS

Número do Dog: 117

Páxina do Dog: 11.960
Data da Disposición:
Sección: VI. ANUNCIOS. DA ADMINISTRACIÓN LOCAL
Organismo: CONCELLO DE VIMIANZO
Rango:Oferta
Título: Oferta de emprego público.

Oferta de emprego público.

Por Resolución da Alcaldía con data do 10 de xuño de 2008, na virtude das facultades conferidas polo artigo 21 g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, na vixente regulación, acordouse aprobar a oferta de emprego público deste concello para o exercicio de 2008, que segue:


Provincia: A Coruña.

Municipio: Vimianzo; concello de Vimianzo.

Nº de código territorial: 15092.

Grupo de clasificación profesional, segundo artigo 76 da Lei 7/2007: grupo c, subgrupo c2.


Clasificación: escala de Administración xeral, subescala de auxiliar.

Nº de vacantes: 2.

Denominación: auxiliar administrativo.

Código: SSF-02, SSF-03.

Vimianzo, 10 de xuño de 2008.

Alejandro Rodríguez Lema
Alcalde
 
Boletín Nº 207. Lunes, 8 de septiembre de 2008
Publicación das bases da convocatoria para cubrir dúas prazas da escala de Administración Xeral, subescala de auxiliar administrativo, vacantes no cadro de persoal do Concello de Vimianzo
BASES DA CONVOCATORIA PARA CUBRIR DÚAS PRAZAS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO, VACANTE NO CADRO DE PERSOAL DO CONCELLO DE VIMIANZO. Sistema de relación acceso libre. Oferta de emprego público 2008. Convocatoria de ingreso.
BASE PRIMEIRA. – Obxecto.
O obxecto destas bases é regular a relación para cubrir dúas prazas pertencentes á escala de administración xeral, subescala de auxiliar administrativo, grupo C2, segundo os grupos de clasificación presentes no artigo 76 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, vacante no cadro de persoal do Concello de Vimianzo e incluído na oferta de emprego público para o exercicio do 2008.
O número de prazas convocadas é de: dúas
BASE SEGUNDA. – Lexislación aplicada.
Resulta de aplicación o Estatuto básico de emprego público, aprobado pola Lei 7/2007, do 12 de abril, o R.D 364/1995, do 10 de marzo, a Lei 4/1998, do 26 de marzo, da Fundación Pública de Galicia, na vixente redacción, a Lei 7/1985, do 2 de abril reguladora das bases de réxime local, así como o RD 896/1991, do 7 de xuño, sobre regras básicas e programas mínimos dos funcionarios/as da administración local.
As demáis disposicións de concordante e xeral aplicación
BASE TERCEIRA. – CARACTERÍSTICAS DAS PRAZAS
Ámbalas dúas prazas están previstas na oferta de emprego público para o ano 2008, e constan no cadro de persoal aprobado polo Pleno do Concello como pertencentes á escala de administración xeral, subescala auxiliar (Área de Servizos Sociais) e con código dos postos: SSF-02 e SSF-03.
As funcións a desenvolver, sinaladas a título meramente descritivo e sen prexulgar as funcións propiamente ordenadoras da relación de postos de traballo son, esencialmente:
* Participación activa dentro do Programa de Información, Orientación e Asesoramento no que deben traballar como apoio dos/as técnicos/as responsables deste programa: trámite de distintas solicitudes, organización da cita previa, chamadas de teléfono, atención ó público naqueles casos que non requiran a intervención dun/dunha técnico/a (solicitude de termalismo social, prestación sanitaria, título de familia numerosa...).
* Encargarse do arquivo nos SS.SS de atención primaria tanto a nivel dos distintos expedientes cos que se traballe como tamén a nivel de fichas sociais.
* Coñecer e traballar coa aplicación SIUSS (Sistema de Información de Usuarios dos Servizos Sociais), ferramenta esencial no traballo diario dos SS.SS de atención primaria.
* Elaboración de estatísticas e estudos ó longo de cada exercicio tomando como referencia o traballo feito a diario en tódolos programas da área.
* Colaboración e apoio nos distintos trámites e seguimentos que se levan a cabo nos SS.SS de tipo especializado cos que se conta hoxe en día en Vimianzo: Centro de Día, Comedor e Lavandería sobre Rodas, Vivenda Comunitaria e Escola Infantil.
* Apoio no resto dos programas que se levan a cabo: Axuda no Fogar, Inserción Social, Animación-Prevención e Cooperación Social...
* Apoio informático con elaboración de bases de datos, manexo de internet, correo electrónico, tratamento de textos, e semellantes.
* Aqueloutras funcións que, respectando o seu nivel de titulación e coñecementos lle encomende o Sr. Alcalde ou concelleiro delegado.
BASE CUARTA. -REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
1) Para ser admitido ao proceso selectivo será necesario reunir os seguintes requisitos:
a) Ser español, ou nacional doutro Estado da Unión Europea ou doutro Estado nos termos do artigo 57 do Estatuto Básico do Empregado Público, Lei 7/2007, de 12 de abril
b) Ter cumpridos 16 anos de idade.
c) Estar en posesión do título de Graduado Escolar, FP I ou titulación equivalente.
d) Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas, achegando certificado médico que o acredite.
e) Non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregados ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso o corpo ou escala de funcionario ou para exercer funcións semellantes as que desempeñaban no caso de persoal laboral do que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente que impida no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.
Como regra xeral, o cumprimento destes requisitos refírese á data na que remate o prazo de presentación de instancias ou solicitudes de participación e deberán continuarse coa súa titularidade ó longo do procedemento selectivo.
Resulta de aplicación o establecido no artigo 56 do Estatuto Básico de Emprego Público
BASE QUINTA.-PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
5. 1. As persoas que desexen tomar parte do procedemento selectivo destas prazas/postos de funcionario de carreira, presentarán solicitude no modelo oficial, que figura no anexo II a estas bases, e que se facilitará nas dependencias municipais. Na solicitude manifestarán que reúnen todos e cada un dos requisitos da presente convocatoria e comprometeranse, no caso de obter a praza, a prestar xuramento ou promesa de conformidade co RD 70/79.
5.2. As solicitudes dirixiranse ó Sr. alcalde da corporación municipal, e presentaranse no rexistro xeral do Concello, no prazo de vinte días naturais, contados dende o seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
5.3. As instancias tamén se poderán presentar na forma prevista no artigo 38, apartados 4 e 6 da Lei 30/92, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.
5.4. Os dereitos de participación neste proceso fíxanse na contía de 24,41 euros, que deberán ingresarse na tesourería municipal. O xustificante do pagamento de tales dereitos xuntarase á instancia presentada. Asemade, achegarase igualmente unha fotocopia compulsada do DNI e dúas fotos tamaño carné.
BASE SEXTA. -APORTACIÓN DE MÉRITOS. COMPOSICIÓN, CONSTITUCIÓN E ACTUACIÓN DO TRIBUNAL DE SELECCIÓN.
6.1. Os interesados aspirantes xuntarán coa súa instancia ou solicitude, no modelo oficial recollido no anexo II, os méritos alegados para a súa avaliación no concurso.
6.2. Os méritos alegados acreditaranse fielmente por medio de certificación expedida por funcionario ou autoridade competente, ou ben presentando os orixinais da documentación na que consten, ou con fotocopias debidamente compulsadas destes.
O Tribunal non avaliará os méritos que non se aporten ou acrediten desta maneira.
6.3. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. alcalde do Concello de Vimianzo, dictará resolución na que:
- Declare aprobada a lista de admitidos e excluídos. Nela constará o nome, apelidos e DNI dos aspirantes. Se houbese aspirantes excluídos, indicarase a causa de exclusión e o prazo de rectificación, emenda ou mellora da solicitude que se lles conceda, no caso de ser posible de acordo co previsto no artigo 71, da Lei 30/92, do 26 de novembro. Se non houbese reclamacións contra a lista, quedará elevada automaticamente a definitiva.
- Determine o lugar, data e hora de constitución do tribunal e comenzo do proceso avaliador. Esta resolución publicarase no Boletín Oficial da Provincia e servirá de emprazamento para os aspirantes.
- Citarase igualmente os membros do tribunal para que asistan ao trámite de constitución, mediante notificación individual.
Os sucesivos anuncios, agás precepto en contrario, publicaranse no taboleiro de edictos do Concello.
6.4. - Composición do tribunal
O tribunal cualificador estará constituído polos seguintes membros:
Presidente: D. José Domingo Rodríguez Ferreira, Tax-xefe do servicio económico- administrativo e interventor en funcións do Concello de Vimianzo.
Suplente: D. Cándido Vidal Amigo, administrativo do Concello de Vimianzo, responsable do departamento de contabilidade e control formal do gasto.
Primeiro vogal: D.ª Sandra Abeijón Romero, funcionaria traballadora social e xefa dos Servizos Sociais do Concello de Vimianzo.
Suplente: D. Manuel Antelo Santos, funcionario administrativo e tesoureiro do Concello de Vimianzo.
Segundo vogal: D. Calixto González Arias, funcionario coa categoría de axente da policía local do Concello de Vimianzo.
Suplente: D. Elías Francisco Cernadas Carballo, funcionario coa categoría de axente da policía local do Concello de Vimianzo.
Terceiro vogal: D. Manuel Ángel Jove Losada, técnico de administración xeral-xefe do servicio xurídico adminstrativo do Concello de Guitiriz (Lugo)
Suplente: D.ª Teresa Castro Arturo, administrativa-responsable da área de procedementos administrativos e resolución
Cuarto vogal: D. Gonzalo Saborido Martínez, funcionario traballador social do Concello de Muxía
Suplente: D.ª María Pérez Bermúdez, funcionaria traballadora social do Concello de Camariñas
Quinto vogal: D.ª Margarita Docanto Alonso, funcionaria traballadora social do Concello de Cabana de Bergantiños
Suplente: D.ª Ana Hoyuelos Bolón, funcionaria traballadora social do Concello de Carballo.
Secretario: O funcionario que desempeñe a Secretaría do Concello de Vimianzo ou funcionario no que deleque.
6.5.- Constitución e actuación do tribunal.
O tribunal constituirase no lugar e data previsto na resolución prevista na base 6.3, precedente.
O tribunal cualificador non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros.
O tribunal resolverá, por maioría dos votos dos membros presentes, tódalas dúbidas que xurdan na aplicación das normas contidas nas presentes bases.
Este tribunal está facultado para resolver as cuestións que se susciten durante o proceso selectivo, así como para adoptar as medidas necesarias que garantan a debida orde deste en todo o que non se atope previsto nestas bases. Os seus acordos só poderán seren impugnados polos interesados nos supostos e na forma establecida na Lei de réxime xurídico e procedemento administrativo común.
6.6. Abstención e recusación
Os membros do tribunal deberán absterse de intervir e así llo deberán comunicar ao Sr. alcalde, cando concorra algún dos motivos previstos no artigo 28, da Lei 30/92, do 26 de novembro, (LRX-PAC), e nas demais disposicións aplicables ó caso. Poderán ser recusados polos aspirantes, baseándose nos mesmos motivos e de conformidade co previsto no artigo 29 da Lei 30/92, do 26 de novembro.
6.7.-Dereitos de asistencia aos tribunais
Os membros do tribunal terán dereito, pola súa concorrencia ás sesións, ó abonamento de asistencias, a estes efectos, tomando como pauta orientativa a normativa estatal, este tribunal ten de categoría cuarta.
6.8. Poderá solicita-lo asesoramento dos expertos ou especialistas que determine. Asemade, o tribunal, se o estima preciso ou conveniente poderá dispoñer a incorporación ós seus traballos de asesores ou especialistas que actuarán como colaboradores do tribunal exclusivamente no exercicio das súas especialidades técnicas. Estes asesores tamén terán dereito á correspondente compensación económica.
6.9. O tribunal, na súa actuación, axustarase ó establecido nas presentes bases; no non disposto, seralle de aplicación a normativa prevista para a formación da vontade dos órganos colexiados, tanto na Lei 30/92, do 26 de novembro, como na demais normativa de concordante aplicación.
BASE SETIMA.-PROCEDEMENTO SELECTIVO.
7.1. A orde de actuación determinarase polo Tribunal, unha vez constituído, e inmediatamente antes de comeza-lo procedemento avaliador. A orde de actuación fixarase por sorteo, ou ben poderá acollerse ó sinalado, para este fin, pola Secretaría de Estado para a Administración Pública, segundo prevé o artigo 17 do RD 364/95, do 10 de marzo.
7.2. O procedemento selectivo divídese nunha fase de concurso que será previa e unha fase de oposición.
Fase de concurso.
A fase previa de concurso non terá carácter eliminatorio e a puntuación obtida nel non poderá aplicarse para supera-los exercicios da fase de oposición. A avaliación do concurso tampouco determinará, por si mesma, o resultado do proceso selectivo.
Nesta fase de concurso avaliaranse os méritos profesionais dos/das aspirantes, de acordo co baremo establecido para esta finalidade, tendo en conta e ponderando os méritos que sirvan para acreditar unha cualificación práctica e experimental en relación cos cometidos propios da praza e posto a desempeñar (subescala auxiliar) que pola súa propia definición ten unha dinámica funcional eminentemente práctica.
De conformidade co establecido na lexislación da Función Pública de Galicia, e nas disposicións de normalización do idioma galego na administración local é obxecto de avaliación especifica o coñecemento da lingua galega.
BAREMO DA FASE DE CONCURSO.
I.- EXPERIENCIA PROFESIONAL.
Experiencia profesional por servizos prestados en áreas de administración e/ou servizos sociais no sector privado, a razón de 0,05 puntos por cada mes efectivamente traballado.
Experiencia profesional por servizos prestados en áreas de administración e/ou servizos sociais nunha administración pública , a razón de 0,10 puntos por mes efectivamente traballado.
Experiencia profesional en tarefas semellantes ás propias desta praza/posto de auxiliar administrativo, segundo se enuncian na base terceira, desenvoltas no sector privado, a razón de 0,08 puntos, por mes efectivamente traballado.
Experiencia profesional en tarefas semellantes ás propias desta praza/posto de auxiliar administrativo, segundo se enuncian na base terceira, desenvoltas nunha administración pública, a razón de 0,20 puntos por cada mes efectivamente traballado.
DISPOSICION INTERPRETATIVA:
Non se prorratean os periodos de tempo inferior a un mes.
A puntuación máxima que se atribuirá a cada aspirante neste apartado de experiencia profesional (I) é de 7,00 puntos.
II.- FORMACIÓN PROFESIONAL
II.I.- Por cada 15 horas de cursos, xornadas de formación ou formatos análogos de formación, relacionados coas tarefas a desenvolver como auxiliar administrativo, enunciadas de xeito descritivo na base terceira precedente, outorgase a puntuación de 0,50 puntos ata un máximo de 2,50 puntos.
III.2.- Por cada 20 horas de cursos, xornadas de formación ou formatos análogos de formación en disciplina informática aplicable as tarefas propias da praza de auxiliar administrativo, outorgarase a puntuación de 0,30 puntos, ata un máximo de 2,00 puntos.
III.3.- Por cada 40 horas de cursos, xornadas de formación ou formatos análogos de formación, distintos dos procedentes, pero que contribúan a mellorar a aptitude e cualificación profesional para desenvolver as tarefas profesionais da praza de auxiliar administrativo, concretamante dentro da área de servizos sociais, outorgarase a puntuación de 0,20 puntos, ata un máximo de 1,50 puntos.
DISPOSICION INTERPRETATIVA
Computaranse a suma do total de horas dos diferentes cursos, xornadas de formación ou formatos análogos de formación, referidos nos apartados anteriores e por cada fraccion das 15 horas, 20 horas e 40 horas obtidas desa suma outorgaraselle a puntuación establecida por cada un dos apartados precendentes (III.1, III.2 e III.3). Non se prorrotearán as fraccións inferiores á sinalada como número de horas computables para a asignación da respectiva puntuación.
A puntuación máxima que se atribuirá a cada aspirante neste apartado de formación profesional profesional (II) é de 5,00 puntos.
III.- POR COÑECEMENTO DO GALEGO
III.I.- Curso de iniciación ou formación equivalente oficialmente validada, 0,50 puntos.
III.2.- Curso de perfeccionamento ou formación equivalente oficialmente validada, 1,00 puntos.
III.3.- Curso básico de linguaxe administrativa para persoal das corporacións locais, 2,00 puntos.
III.4.- Curso medio de linguaxe administrativa para persoal das corporacións locais, 3,00 puntos.
III.5.- Curso superior de linguaxe administrativa para persoal das corporacións locais, 4,00 puntos.
Neste apartado de coñecemento do galego (III) somentes será obxecto de atribución de puntuación o curso de maior graduación que se posúa.
Fase de oposición.
Unha vez avaliado o concurso pasarase á fase de oposición, que consistirá en realiza-los seguintes exercicios:
Primeiro exercicio.-Obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en respostar, durante 30 minutos, dous cuestionario tipos “test” de 40 preguntas, proposto polo Tribunal e determinado inmediatamente antes do seu comenzo, de temas relacionados coa parte xeral do programa que figura como anexo 1 a estas bases.
O tribunal proporá 4 cuestionarios e os/as aspirantes terán dereito a elixir dous deles.
Cada pregunta acertada puntuarase con 0,25 puntos. Non se aplicarán penalizacións por respostas erradas ou preguntas non contestadas.
Segundo exercicio.-Obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar durante 40 minutos a dous cuestionarios de preguntas e respostas cortas do temario da parte especial do programa (anexo I a estas bases). Estes cuestionarios versarán sobre a práctica administrativa, propia das funcións dun auxiliar da Área de Servizos Sociais, así como o coñecemento do municipio de Vimianzo. Cada pregunta acertada puntuarase como 0,50 puntos. Non se aplicarán penalizacións por respostas erradas ou preguntas non contestadas.
O tribunal determinará os cuestionarios con carácter inmediatamente anterior ó comezo deste exercicio. Facilitaranse ós aspirantes 4 cuestionarios, dos que os aspirantes terán dereito a elexir dous deles.
Terceiro exercicio.- Obrigatorio e eliminatorio
Consistirá en contestar por escrito a un dos temas da parte especial do programa (anexo I a estas bases), durante un tempo máximo de unha hora.
O tribunal sacará ó chou, inmediatamente antes do comezo deste exercicio, dous temas, dos que os interesados terán dereito a elixir un.
Cuarto exercicio.-Obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en resolver, por escrito, dous casos prácticos, a elixir entre catro propostos polo Tribunal, inmediatamente antes do seu comezo, durante un período de tempo de dúas horas, relacionados con materias previstas no anexo I do programa e no que deba acreditarse coñecementos e pericia en relación coas funcións descritas na base terceira precedente, de acordo cos seguintes parámetros: Versarán sobre o traballo práctico da área de servizos sociais no que que atinxe ó funcionamento dos Servizos Sociais de Atención Primaria dun Concello: creación dunha base de datos, tramitación dalgunha prestación que non requira da intervención da traballadora social na xestión ordinaria do expediente, informatización de expedientes de Servizos Sociais; calculo de custos dos servizos prestados a un usuario dos servizos socias, segundo ás ordenanzas e regulamentos muncipais, efectuando proposta de liquidación e semellantes.
Quinto exercicio.- Obligatorio e non eliminatorio
Terase que demostrar o coñecemento do idioma galego e da linguaxe administrativa. Consistirá nunca traducción do castelán ó galego ou á inversa, dun texto proposto polo tribunal, inmediatamente antes do seu comezo, durante un tempo de quince minutos.
7.3. Os aspirantes deberán acreditar, en cada momento, a súa personalidade con exhibición do DNI, ou identificación correlativa como cidadá da Unión Europea.
BASE OITAVA.-SISTEMA DE AVALIACIÓN.
8.1.-Efectuada a cualificación da fase de concurso, que se acadará mediante a media aritmética dos puntos outorgados por cada membro do tribunal presente. Publicaranse no taboleiro de edictos as puntuacións obtidas.
8.2.-Na fase de oposición, á que se pasará rematado o concurso, executaranse os cinco exercicios sinalados no apartado anterior.
8.3.-Os catro primeiros exercicios son ademais de obrigatorios, eliminatorios, cualificándose de 0 a 10 puntos. Os/As aspirantes que non acaden un mínimo de 5,00 puntos en cada un deles serán eliminados. Efectuaranse as oportunas operacións matemáticas para que a puntuación resultante se manteña dentro dos parámetros 0,00-10,00, con independencia do número de cuestións ou preguntas plantexadas.
O quinto exercicio, previsto para acredita-los coñecementos do idioma galego e da linguaxe administrativa galega é obrigatorio pero non eliminatorio, e estimarase de 0 a 3,00 puntos.
8.4.-A cualificación de cada exercicio obterase pola media aritmética da puntuación outorgada por cada un dos membros do Tribunal asistentes. Esta cualificación publicarase no taboleiro de edictos do Concello.
8.5.-A cualificación definitiva estará determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e en cada un dos exercicios da fase de oposición. Esta puntuación final publicarase no taboleiro de edictos do Concello.
8.6.-Por razóns de celeridade, coa conformidade de tódolos aspirantes, o Tribunal poderá decidir motivadamente, pasar dun exercicio a outro, anque non transcorrese o prazo establecido regulamentariamente.
8.7.-O tribunal non poderá en ningún caso propoñer máis aspirantes como aprobados que o número de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobado que contradiga este mandato será nula de pleno dereito.
8.8.-A avaliación do concurso, o desenvolvemento da fase de oposición coa relación de exercicios, así como, a puntuación outorgada e a proposta que se leve á Alcaldía-Presidencia, recollerase razoadamente nunha acta, que se levantará ó efecto, elevando a identificación dos/as aprobados á Alcaldía-Presidencia.
BASE NOVENA.-PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS.
9.1.-No prazo máximo de vinte días naturais contados dende a notificación fiel da proposta de resolución efectuada polo tribunal avaliador do concurso- oposición, os aspirantes propostos como elixidos ou seleccionados neste proceso, deberá aporta-la documentación acreditativa de que reúnen os requisitos esixidos na convocatoria nos termos reflectidos na precedente base cuarta.
9.2.-Se a/s persoa/s elixida/s neste concurso-oposición non presentan a documentación requirida no prazo preceptuado, agás causa de forza maior sou caso fortuíto, non poderán ser nomeado/s funcionario titular das prazas obxecto desta convocatoria; sen prexuízo da responsabilidade na que puidese ter incorrido por falsidade na solicitude.
BASE DÉCIMA.-RESOLUCIÓN DO CONCURSO-OPOSICIÓN E TOMA DE POSESIÓN.
10.1.-Despois de emitida ou efectuada a proposta de resolución polo tribunal avaliador do concurso-oposición e achegada a documentación preceptiva, a Alcaldía-Presidencia, dictará resolución motivada efectuando nomeamento para titular da praza obxecto deste concurso-oposición, de conformidade coa antedita relación de aprobados efectuada polo tribunal (ó abeiro do artigo 102 da Lei 7/85, do 2 de abril, na redacción que lle deu a Lei 14/2000, do 29 de decembro).
10.2.-En todo caso, a resolución deste concurso-oposición será motivada con referencia ó cumprimento das normas regulamentarias e das bases da convocatoria. Acreditarase no procedemento, como fundamento da resolución adoptada, a observancia do procedemento debido e á avaliación final dos méritos dos candidatos, así como dos exercicios da fase de oposición.
10.3.-Os/As funcionarios/as seleccionado/s tomarán posesión, como máximo no prazo de 20 días naturais contados dende a notificación da resolución do nomeamento.
10.4.-A resolución do concurso-oposición e o novo nomeamento de funcionario será publicado nos boletíns oficiais que proceda.
10.5.-Unha vez efectuado o nomeamento e tomado posesión darase cumprimento á Lei 53/84, do 26 de decembro, sobre incompatibilidades.
BASE DÉCIMO PRIMEIRA.-IMPUGNACIÓN.
11.1.-Contra as presentes bases a resolución que as aproba, poderán os interesados interpoñer o recurso potestativo de reposición previsto no artigo 109 e 116 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo dun mes contado dende a publicación destas bases no BOP.
Tamén poden os interesados acudir directamente a vía contencioso- administrativa sen que se poda simultanear este recurso co de reposición, interpoñendo o dito recurso diante do Xulgado do Contencioso Administrativo con sede na Coruña no prazo de dous meses contando igualmente dende a publicación das bases rectoras do proceso selectivo no BOP.
11.2.-Contra as restantes resolucións e actos de trámite poderán os interesados formular reclamacións nos casos e nas formas establecidas pola Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
Disposición final primeira.
O tribunal queda autorizado para aclarar as dúbidas que xurdan na interpretación destas bases no eido da súa aplicación ó proceso avaliador, asi como, para toma-los acordos necesarios para o seu bo desenvolvemento, determinando o modo de proceder, nos casos non previstos.
Disposición final segunda.-Publicidade.
- As presentes bases serán obxecto de publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia.
- O anuncio da convocatoria efectuarase no Boletín Oficial do Estado e tamén no DOGA (“ex” artigo 233.3 da Lei 6/97, do 22 de xullo, de administración local de Galicia).
- O prazo para presentar solicitudes contarase dende a publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
- O nomeamento de funcionario titular da praza obxecto destas bases efectuarase no boletín oficial que proceda, consonte co establecido no Estatuto Básico de Emprego e demais disposicións de concordante e xeral aplicación.
- Os restantes anuncios relacionados coa convocatoria regulamentada nestas bases publicaranse no taboleiro de edictos do Concello de Vimianzo.
Disposición final terceira.
No non previsto nestas bases rexerá, de modo complementario e supletorio, a lexislación de réxime local, da comunidade autónoma e estatal.
ANEXO I
PROGRAMA DE DÚAS PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO (ÁREA DE SERVIZOS SOCIAIS). ACCESO LIBRE.
A) Parte xeral
Tema 1.-A Constitución española: estructura e contido. Principios xerais. O seu carácter normativo. A reforma constitucional.
Tema 2.-Dereitos e deberes fundamentais dos españois: principios xerais. Concepto. Catalogación. Estudio dos diversos grupos. Garantía dos dereitos e liberdades.
Tema 3.-A Coroa: carácter, sucesión e proclamación. Rexencia. Funcións. Especial referencia a reforma constitucional da coroa.
Tema 4.-As Cortes xerais: órganos e funcións. A potestade lexislativa. Funcionamento e composición das Cortes Xerais.
Tema 5.-O Goberno: concepto e regulación. Integración. Cesamento do Goberno. Responsabilidade. Funcións do Goberno. Deberes. A Administración do Estado: concepto e a súa diferenciación co Goberno. Regulación constitucional.
Tema 6.-O Poder xudicial: regulación Constitucional da xustiza. Principios da organización xud¡cial. O Consello Xeral do Poder xudicial
Tema 7.- A administración Xeral do Estado. Organización territorial e administración autonómica.
Tema 8.- O acto administrativo. O procedemento administrativo.
Tema 9.- Os recursos administrativos. A revisión de oficio.
Tema 10.-A Administración Local: entidades que comprende. Principios constitucionais. Regulación.
Tema 11.- A gobernanza municipal: O alcalde e o pleno. Xunta de goberno local. Os tenentes alcalde. Os concelleiros delegados. Comisións informativas. Funcionamento dos órganos colexiados municipais
B) Parte Especial. Servizos Sociais
Tema 12.- Lei 4/1993, do 14 de abril, de Servizos Sociais.
Tema 13.- Servizos Sociais de atención primaria
Tema 14.- Ética profesional no entorno dos Servizos Sociais.
Tema 15.- Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
Tema 16.- Plan Concertado.
Tema 17.- Lei da renda activa de integración social de Galicia. (RISGA)
Tema 18.- Lei 7/2004 do 16 de xullo galega para a igualdade de mulleres e homes.
Tema 19.- Lei 11/2007, do 27 de xullo galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Tema 20.- Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención a persoas en situación de dependencia.
Tema 21.- Ordenanza fiscal número 24, reguladora da taxa pola prestación de servizos públicos municipais de vivenda comunitaria, escola infantil, centro de día, comedor sobre rodas e lavandería sobre rodas.
Tema 22.- Regulamento de organización e funcionamento do Centro de día do Concello de Vimianzo.
Tema 23.- Regulamento de organización e funcionamento da Escola Infantil municipal do Concello de Vimianzo.
Tema 24.- Regulamento de organización e funcionamento da Vivenda Comunitaria do Concello de Vimianzo.
Tema 25.- Regulamento de organización e funcionamento do Comedor e Lavandería sobre rodas do Concello de Vimianzo.
Tema 26.- A Ofimática aplicada. O SIUSS.
Tema 27.- O municipio de Vimianzo (I). Situación xeográfica. Superficie. Division administrativa e eclesiástica. Núcleos de población. Vias e medios de comunicación
Tema 28.- O municipio de Vimianzo(II). Situación socioeconómica. A población e a súa distribución, especial referencia ós asentamentos tradicionais. A clasificación urbanística do solo. O fenómeno da emigración.
Tema 29.- O municipio de Vimianzo(III). A historia de Vimianzo. O seu patrimonio artístico. Lugares de interese histórico-artístico e ambientais paisaxísticos
ANEXO II
Solicitude
Para tomar parte no proceso selectivo para cubrir por concurso-oposición, dúas prazas de auxiliar administrativo (Área de Servizos Sociais), sistema de acceso libre.
“D./D.ª......., con DNI número.... veciño/a de.... con enderezo a efectos de notificación en...., teléfono número....
Expón:
Que enterado/a da convocatoria para cubrir dúas prazas/postos de auxiliar administrativo (escala de administración xeral, subescala de auxiliar administrativo, posto de auxiliar de servizos xerais), co carácter de funcionario de carreira e polo sistema de concurso-oposición sistema de acceso libre, publicada no Boletín Oficial do Estado número...., de data...., desexo participar en dita selección e con tal obxecto manifesto que:
1.-Reúno todos e cada uns dos requisitos da convocatoria.
2.-Comprométome, no caso de obte-la praza, a prestar xuramento ou promesa de conformidade co RD 70/79 ou normativa ó efecto, de acatamento á constitución, o Estatuto de Autonomía de Galicia e ó resto do ordenamento xurídico.
Igualmente e para que a presente solicitude sexa admitida a trámite, achego os seguintes documentos:
a) Fotocopia compulsada do DNI.
b) Dúas fotos tamaño carné.
c) Xustificante de ter ingresado na tesourería municipal os dereitos de exame por importe de 24,41 euros.
d) Fotocopia compulsada do título de graduado escolar, formación profesional de 1.º grao ou equivalente.
e) Xustificantes dos méritos que aporto para a súa valoración no concurso.
Vimianzo., ..... de.... de....
Sr. alcalde do Concello de Vimianzo’’.
Vimianzo, 25 de agosto de 2008
O alcalde
Alejandro Rodríguez Lema
Última actualización el Martes, 25 de Mayo de 2010 22:45
 
 

¿Quién está en línea?

Tenemos 14 invitados conectado(s)