|
Boletín Nº 136. SÁbado, 14 de junio de 2008
Bases específicas para a contratación temporal de dous auxiliares de axuda no fogar
I.–Obxecto da convocatoria.
A contratación temporal mediante a modalidade contractual de contrato de duración determinada, a tempo parcial e cunha duración dende a selección polo tribunal ata o 31 de decembro de 2008, de douslas traba lladoreslas para obra ou servizo denominada “auxiliares de axuda no fogar”
II.–Concepto.
O servizo de axuda no fogar defínese como unha prestación básica de servizos sociais de atención primaria, de carácter complementario, que non exime á familia das responsabilidades, con planificación, coordinación e control público que ofrece un conxunto de atencións dende unha perspectiva integral e normalizadora dentro do propio domicilio, con carácter preventivo, educativo e rehabilitador..
III.–Obxectivo.
É obxectivo xeral deste servizo apoiar integramente ás persoas‑ grupos naquelas situacións nas que se vexa limitada a súa autonomía persoal e nos casos de desintegración familiar, facilitando a permanencia no seu propio contorno de convivencia e evitando no posible a súa institucionalización, e prestándolle atencións que logren un marco convivencia¡ saudable previndo o deterioro persoal ou familiar.
IV.–Funcións do posto de traballo.
As prestacións do Servizo de Axuda no Fogar serán de carácter doméstico, técnico, persoal e psicosocial‑educativo
– Nun primeiro nivel de atención estará o traballador social de atención primaria que desempeña as labores de diagnóstico, trámite das solicitudes, elaboración do plan de traballo, coordinación coas auxiliares seguimento e avaliación dos casos.
– Nun segundo nivel intervirán as auxiliares como profesionais que se encargan da execución, que realizarán tarefas de carácter asistencial, educativo en contacto directo co usuario de servizo, a súa familia e o seu entorno.
V.–Prazo de presentación de solicitudes.
As instancias dirixiranse ó Alcalde do Concello de Cee e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, de 9 a 13.30, situado en rúa Domingo de Andrade, s/n, 15270 Cee, A Coruña, ou na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez (10) días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación das bases no BOP.
I. Requisitos.
a) Ser maior 16 anos.
b) Estar en posesión do título de Graduado Escolar ou similar.
c) Estar en posesión do certificado acreditativo de ter superado un curso de auxiliar de axuda no fogar, impartido por un organismo, asociación ou centro autorizado ou ter formación relacionada directamente co posto de traballo de rama sanitaria ou social, como poden ser auxiliar de enfermería, aux. de xeriatría, coidador de persoas dependentes e similares.
d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo.
e) Que non fora separado mediante expediente disciplinario, do Servizo da Administración.
f) Non estar incurso en causas de incompatibílidade de conformidade co establecido na Lei 53/84, de 26 de decembro, do persoal ó servizo das Administracións Públicas.
g) Posuír o permiso de conducir da clase B.
h) Documentación.
Os aspirantes ó posto deberán aportar, xunto coa solicitude en modelo normalizado, o currículum vitae acompañado de copias compulsadas dos méritos, así como declaración xurada en como non teñen incompatibilidades, que os datos aportados son certos e que se someten ao establecido nas bases. Deberá estarse en posesión dos méritos alegados, como máximo, na data de expiración do prazo concedido para a presentación de instancias‑solicitudes.
i) Baremo aplicable.
Será de aplicación o baremo contemplado nas bases xerais de contratación de persoal laboral temporal para prazas de persoal de Obras e Servizos.
– Valoración do currículum vitae ata un máximo de 4 puntos.
– Proba oral ou escrita ou práctica ata un máximo de 6 puntos. O tribunal si ten dubida no curriculum dalgun aspirante podrá realizar unha entrevista curricular para solventar dita dúbida. No suposto de empate entre aspirantes se resolverá por orden alfabético do primeiro apelido empezando na letra A.
A puntuación máxima a obter en tódolos apartados será de 10 puntos.
j) Publicidade o desenvolvemento das probas.
As presentes bases, son específicas para esta praza e complementan ó reflexado nas bases xerais, unha vez aprobadas pola Alcaldía‑Presidencia e expirado o prazo de presentación de instancias o alcalde dictará resolución no prazo máximo de dez (10) días hábiles, pola que se declarará aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos con indicación, se é o caso, dos motivos de exclusión. Esta resolución será publicada no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e dentro dos dez (10) días hábiles seguintes ó desta última publicación poderanse subsanar os posibles defectos ou omisións na documentación presentada de acordo co artigo 71 da Lei 3011992, de 26 de novembro. De non existir aspirantes excluídos, o alcalde elevará a definitiva a lista provisional na mesma resolución de aprobación.
Si os houbese e unha vez rematado o prazo de subsanacións a Alcaldía aprobará a lista definitiva de admitidos e excluídos que será publicada igualmente no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
Nesta última publicación incluirase ademais a composición nominal do tribunal de selección (titulares e suplentes) ós efectos das posibles recusacións.
A publicación dos sucesivos anuncios efectuarase no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
En Cee, a 14 maio de 2008.
Sr. alcalde:
D. Ramón Vigo Sambade
|