|
Boletín Nº 137. Lunes, 16 de junio de 2008
Bases de selección de un puesto de Auxiliar de Policía Local
BASES PARA A SELECCIÓN DUN AUXILIAR DE POLICÍA LOCAL PARA A PROVISIÓN EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL PARA O CONCELLO DA LARACHA
Primeira.–Obxecto da convocatoria.
O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal dun Auxiliar de Policía Local para a súa provisión de xeito temporal, para realizar as funcións propias da súa categoría profesional como Auxiliar da Policía Local da Laracha, como son a custodia e vixilancia de bens, servizo e instalacións municipais, así como auxilio, colaboración, apoio e reforzo aos demais membros do Corpo da Policía Local do Concello.
Segunda.–Sistema de selección e normativa.
A praza obxecto de provisión cubrirase, mediante o sistema de concurso-oposición.
As probas selectivas regularanse por estas bases, e no non previsto nelas polo establecido na Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, RDL 781/1986 do 18 de abril, Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, Lei 5/1997 de 22 de xullo da Administración Local de Galicia, RD 896/1991 de 7 de xuño, e supletoriamente polo RD 364/1995 de 10 de marzo, Lei 7/2007 de 12 de Abril do Estatuto Básico do Empregado Público, e pola lexislación aplicable.
As presentes bases publicaranse integramente no BOP e colocaranse no taboleiro de edictos da Casa Consistorial; os sucesivos anuncios faranse públicos no taboleiro de edictos da Casa Consistorial.
Terceira.–Duración do contrato.
A duración do contrato será de 3 meses, contados a partir da súa sinatura, baixo a modalidade de contrato de obra ou servizo de duración determinada.
Cuarta.–Dotación económica.
A retribución económica, con cargo á partida orzamentaria 22213100, que lle corresponderá ao traballador que ocupe o posto de Auxiliar de Policía Local será de 790 euros/brutos mensuais por todos os conceptos salariais, incluídas as pagas extraordinarias.
Quinta.–Requisitos dos aspirantes.
Para ser admitido no proceso selectivo, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Ser español ou nacional dun país da Unión Europea.
b) Non ter cumpridos os 36.
c) Certificación de ter superada a Educación Secundaria Obrigatoria, título de Graduado Escolar ou equivalente, correspondente ao grupo D dos establecidos no artigo 25 da Lei 30/84 do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública.
d) Ter o permiso de conducir da clase B na data de remate do prazo de presentación de instancias.
e) A altura mínima esixida será de 1,70 metros para os homes e de 1,65 para as mulleres.
f) Achegar un certificado médico no que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que forman parte desta proba selectiva. O certificado médico achegarase xunto coa instancia de solicitude de participación no proceso selectivo.
g) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida ou sexa incompatible co desempeño das tarefas correspondentes á praza á que se opte.
h) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.
i) Ter superado o curso teórico - práctico na Academia Galega de Seguridade Pública.
Sexta.–Presentación de instancias e documentación.
As solicitudes para tomar parte nas probas selectivas deberán ser remitidas ao Sr. Alcalde, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou na forma prevista no art. 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 7 días naturais contados a partir do seguinte ao da data de publicación do anuncio de convocatoria no BOP, no modelo oficial que se facilitará nas oficinas do Concello.
Nas solicitudes deberá facerse constar expresamente que o aspirante ten todos e cada un dos requisitos esixidos na convocatoria ou na contra estar na condición de obtelos antes da data de finalización do prazo de presentación de instancias, debendo achegar toda a documentación compulsada, acompañada da fotocopia tamén compulsada do DNI.
En caso de ter experiencia laboral acreditada como membro do Corpo de Policía Local de calquera administración local, a documentación que deberá achegar será orixinal ou copia compulsada dos contratos de traballo e certificado, informe ou outro documento debidamente asinado e cuñado pola empresa.
Sétima.–Admisión de aspirantes.
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. Alcalde, no prazo máximo de 10 días naturais, mediante resolución aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos. Esta resolución será exposta no taboleiro de edictos do Concello. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 10 días para reclamacións e corrección de deficiencias sinaladas. Estas reclamacións e correccións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución de alcaldía que aprobe a lista definitiva de admitidos e dos excluídos que será exposta no taboleiro de edictos do Concello, xunto coa composición definitiva do tribunal, e o lugar, data e hora do único exercicio. Será tamén no taboleiro onde se expoña a listaxe de aspirantes que superaron esta proba, coa correspondente cualificación.
Contra a resolución na que se declare a exclusión definitiva do aspirante, poderá interporse potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que ditou o acto, ou directamente recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso – administrativo da Coruña, contados a partir do día seguinte ao da publicación no taboleiro de anuncios.
Oitava.–Tribunal cualificador.
1.–O tribunal cualificador designado pola alcaldía - presidencia (en virtude do artigo 21.1.g) de 7/85 de 2 de abril reguladora das bases do réxime local), e en base ao establecido pola Lei 7/2007 de 12 de abril, Estatuto Básico do Empregado Público, estará integrado polos seguintes membros:
Presidente: O interventor do Concello da Laracha, ou traballador que o substitúa.
Secretario: (con voz e sen voto): O da corporación, ou traballador que o substitúa.
Vogais:
Un policía local do Concello da Laracha, ou membro da Policía Local que o substitúa.
Un policía local do Concello da Laracha, ou membro da Policía Local que o substitúa.
A técnico local de emprego ou traballador que o substitúa.
A enxeñeira técnica ou traballador que o substitúa.
2.–O tribunal non poderá constituírse, nin actuar sen a presenza, polo menos, de tres dos seus membros, titulares ou suplentes, debendo estar presentes en todo caso o presidente e o secretario ou persoas en quen deleguen. De todas as reunións que faga o tribunal o secretario redactará acta.
3.–Os membros do tribunal absteranse de intervir e comunicaralle á autoridade convocante cando concorran algunhas das circunstancias previstas no artigo 28.2 de Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas. Os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran aquelas circunstancias.
4.–O tribunal resolverá todas as dúbidas que xurdan en aplicación das presentes normas así como nos casos non previstos por elas.
5.–O alcalde, vista a proposta do tribunal, procederá á adopción do decreto correspondente que resolverá la contratación.
Novena.–Criterios de selección dos candidatos.
A selección dos candidatos farase mediante o sistema de concurso-oposición e consistirá na realización das seguintes probas:
Fase de Concurso: CONCURSO
Valorarase a experiencia laboral como membro do Corpo da Policía Local de calquera administración local: 0,25 ptos/mes ou fracción (máximo 6 puntos)
Fase de Oposición: PROBAS FÍSICAS
1) Correr 100 metros lisos nun tempo máximo de:
17 segundos para os homes // 19 segundos para as mulleres
– Por cada medio segundo ou fracción que o candidato rebaixe no tempo máximo permitido: 0,50 ptos. (máximo 2,5 puntos)
2) Salto de lonxitude en carreira:
3,50 metros para os homes // 3,00 metros para as mulleres
– Por cada 5 cm. ou fracción que o candidato supere: 0,50 ptos. (máximo 2,5 puntos)
3) Salto de altura, debendo o aspirante superar o listón colocado a unha altura de:
1,20 metros para os homes // 1,10 metros para as mulleres
– Por cada 5 cm. ou fracción que o candidato supere: 0,50 ptos. (máximo 2,5 puntos)
* Existirá unha terceira fase, que consistirá nun exercicio de lingua galega, obrigatorio e eliminatorio, soamente para os aspirantes que non estean en posesión do certificado do curso de perfeccionamento da lingua galega, estando exentos de realizar este exercicio os aspirantes que acrediten mediante a presentación do orixinal ou copia compulsada do certificado do curso de perfeccionamento de lingua galega. (Sentenza TSXG, nº: 435/2003).
Décima.–Proposta de aprobados.
Concluída a cualificación do proceso selectivo, o tribunal publicará no taboleiro de anuncios do Concello a relación de todos os aspirantes coa puntuación final. O tribunal elevará a correspondente proposta de contratación a favor do aspirante que obtivera a puntuación total máis alta.
Non se poderá propoñer máis dun candidato, aínda que co resto dos solicitantes non seleccionados poderá elaborarse unha relación de reservas, por orde de puntuación, de maior a menor, por se fose preciso cubrir posibles baixas, renuncias, ausencias por goce de licenzas regulamentarias, ou necesidades debidamente xustificadas do servizo, soamente válida para a presente convocatoria e ano.
Undécima.–Formalización do contrato.
A proposta do tribunal cualificador elevarase a alcaldía, para a resolución do expediente de selección, mediante decreto, que será publicado no taboleiro de anuncios.
A formalización do contrato laboral co aspirante seleccionado será competencia do Sr. Alcalde. O aspirante deberá incorporarse ao seu posto de traballo no prazo máximo de cinco días, dende que sexa requirido para iso.
A Laracha, 10 de xuño de 2008.
O Alcalde,
|