Inicio | Noticias | A Coruña | Concello de Carballo

En el foro se dijo

 
Concello de Carballo Imprimir E-mail
Usar puntuación: / 0
MaloBueno 
Noticias - A Coruña
Escrito por Administratora   
Miércoles, 02 de Julio de 2008 18:25

Boletín Nº 129. Viernes, 6 de junio de 2008

Bases para a contratación en réxime laboral temporal de duración determinada de oito auxiliares de axuda no fogar (SLT 29/08)
CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN EN REXIME LABORAL TEMPORAL DE DURACION DETERMINADA DE OITO AUXILIARES DE AXUDA A DOMICILIO (SLT 29/08).
Por resolución da Alcaldía núm. 1129 de data 27 de maio de 2008 aprobaronse as bases para a contratación, en rexime laboral temporal, de oito auxiliares de axuda a domicilio.
Tal e como se indica na base terceira, o prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE OITO (8) AUXILIARES DE AXUDA A DOMICILIO
PRIMEIRA.–OBXECTO DA CONVOCATORIA, MODALIDADE DE CONTRATACIÓN E DURACIÓN DO CONTRATO.
O obxecto desta convocatoria é a contratación en réxime laboral temporal, por obra ou servizo determinado, de oito Auxiliares de Axuda a domicilio, segundo as necesidades do servicio, a través do procedemento de selección que se sinala nestas bases, de conformidade co disposto na Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, a Lei 7/1985, de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, a Lei 4/1988, de 26 de maio, da función pública de Galicia, e demais disposicións de pertinente aplicación.
Os contratos formalizaranse baixo a modalidade de obra ou servicio de duración determinada, e a súa duración será dous anos, que se contarán dende a data da sinatura dos mesmos. Todo isto sempre que as prazas non sexan creadas e cubertas por persoal permanente do Concello a través do procedemento regulamentariamente establecido antes das datas fixadas para a terminación dos respectivos contratos.
A incorporación ao posto de traballo realizarase de forma gradual e progresiva, segundo as necesidades do servicio e previa notificación ao/a traballador/a.
As persoas contratadas estarán obrigadas a prestar a súa xornada de traballo na medida e forma requiridas polo interese do servizo, de acordo coa lexislación aplicable e as instruccións dictadas polo/a concelleiro/a delegado/a.
As retribucións anuais serán de catorce mil oitocentos oitenta e dous euros con corenta e dous céntimos (14.882’42 €), por tódolos conceptos, incluída a prorrata de pagas extraordinarias, que se aboarán con cargo a partida orzamentaria 313.141.01.
SEGUNDA.–CONDICIÓNS DOS/AS ASPIRANTES.
Para tomar parte nas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, referidos todos e cada un á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
a) Posuir a nacionalidade española ou dun Estado membro da Unión Europea ou disfrutar do dereito á libre circulación de traballadores conforme ó Tratado da Comunidade Europea.
b) Ter cumpridos os dezáseis anos de idade e non exceder a idade de xubilación.
c) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario de calquera servicio das Administracións Públicas nin estar inhabilitado para o exercicio da función pública. Idéntico requisito seralles esixido aos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea no seu caso.
d) Non ter antecedentes penais nin causas abertas por agresión a terceiros, malos tratos, etc.
e) Non estar incurso en causas de incompatibilidade de conformidade co establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.
f) Non padecer enfermidades infectocontaxiosas ou defectos físicos ou psíquicos que causen prexuízos para as persoas ás que se lles presta o servicio, debendo aportar certificado médico oficial da súa aptitude para realizar este tipo de traballo.
g) Posuír o permiso de conducir B1 e dispoñibilidade de vehículo.
h) Estar en posesión do título de educación secundaria obrigatoria, título de graduado escolar ou equivalente, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias, ou outros superiores.
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse en posesión da credencial que acredite a súa homologación.
i) Dispoñer do Curso de Axuda no Fogar.
TERCEIRA.-PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
1.–As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ó señor alcalde, en modelo que se facilitará no Rexistro Xeral do Concello, na que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na Base Terceira desta convocatoria.
As citadas solicitudes presentaranse no citado Rexistro (os días laborais de 9 a 13.30 horas) durante o prazo de vinte días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se publicará no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello e na prensa. Asimesmo poderanse presentar na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común; neste caso, os concursantes deberán comunícalo mediante telegrama ou telefax durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias.
Se, conforme a este precepto se presentan a través das oficinas de correos, deberá aparecer o selo na propia solicitude. Doutro modo, a data de anotación no Rexistro xeral será a que se teña en conta a tódolos efectos.
Para ser admitido/a e, no seu caso, tomar parte nas probas selectivas, bastará con que os/as aspirantes manifesten nas súas instancias que reúnen todos e cada un dos requisitos xerais esixidos na base segunda, referidos sempre ao día en que remate o prazo de presentación de instancias.
2.–Necesariamente xunto coa solicitude para tomar parte neste proceso selectivo os aspirantes deberán achegar:
• Fotocopia DNI ou documento identificativo.
• Xustificante acreditativo de que se ingresou na Tesoureiría municipal a cantidade de dezoito euros (18,00 €) en concepto de dereitos de exame. Este importe poderá facerse efectivo directamente nas arcas municipais ou mediante xiro postal ou telegráfico, así como mediante ingreso nalgunha das seguintes contas municipais (cos datos persoais do/a aspirante e praza á que opta), número de conta de Caixa Galicia: 2091-0019-10-3110000019, e número de conta de Caixanova: 2080-0171-67-0040000013. Será devolto unicamente no caso de que o/a aspirante non sexa admitido/a no proceso selectivo por non cumprir os requisitos esixidos para participar nel.
• Fotocopia da titulación de educación secundaria obrigatoria, Graduado Escolar ou equivalente e do Curso de Axuda no Fogar exisidos na base anterior.
• Documentación xustificativa, e autentificada debidamente, dos méritos alegados (clasificada polos apartados do baremo de méritos que forma parte destas bases).
Non se terán en conta os méritos alegados e non xustificados documentalmente nin tampouco aqueles méritos que non figuren no baremo. Na fase de concurso só se terán en conta os méritos que se xustifiquen documentalmente dentro do prazo de presentación de instancias así como os méritos alegados dentro deste prazo que fosen xustificados con posterioridade no prazo de emenda de defectos formais.
NOTA.–Admítese, para os efectos de acreditación da titulación requirida, a presentación de fotocopia da solicitude de expedición do título, se ben neste suposto débese acompañar da certificación académica de que se remataron os estudos correspondentes.
Para que teñan validez neste proceso selectivo, os documentos que se presenten deberán estar expedidos nalgunha das linguas oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia (galego ou castelán). No caso de se tratar de documentos expedidos noutras Comunidades Autónomas do Estado Español, para que teñan validez deberán estar redactados na lingua castelá ou traducidos polo organismo competente da respectiva comunidade, debidamente validados e apostilados pola correspondente oficina diplomática española ou organismo competente.
Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os interesados aceptan e acatan todas e cada unha das Bases desta convocatoria.
CUARTA.–ADMISIÓN DE ASPIRANTES. Data e lugar de celebración das probas.
1.–Rematado o prazo de presentación de instancias, o alcalde dictará resolución no prazo máximo de cinco días naturais declarando aprobada a lista de admitidos/as e excluídos/as, con indicación, se é o caso, das causas de exclusión. Esta resolución publicarase no taboleiro de edictos do Concello e será determinante para os efectos de posibles impugnacións e recursos, de conformidade co previsto na lei.
Os/as aspirantes excluídos/as, dispoñen dun prazo de dez días seguintes á publicación da antedita resolución, para presentar as reclamacións oportunas ou emendas de defectos, nos termos do art. 71 da Lei 30/92.
2.–Posteriormente, o alcalde declarará aprobada a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, que se publicará no taboleiro de edictos do Concello. Na mesma resolución o alcalde determinará o lugar, data e hora de valoración da fase de concurso e da celebración do primeiro exercicio, así como a composición do tribunal cualificador.
3.–De non existir aspirantes excluídos/as, o alcalde elevará a definitiva a lista provisional na mesma resolución de aprobación.
QUINTA.–TRIBUNAL CUALIFICADOR.
O tribunal cualificador será designado por Decreto da Alcaldía, no momento de aprobación das listas de admitidos/as e excluídos/as.
Todos/as os/as vogais deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza.
O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos membros (titulares ou suplentes, indistintamente). En todo caso, será precisa a asistencia do presidente e do secretario.
O tribunal poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas que estime pertinentes, que se limitarán o exercicio das súas especialidades técnicas en base exclusivamente as cales colaborarán co órgano de selección.
O tribunal queda facultado para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nas bases.
Os membros dos tribunais deberán absterse de formar parte destes cando concurran as circunstancias previstas no artigo 28 de a Lei 30/1992, notificándollo á autoridade convocante, ou cando realizaran tarefas de preparación a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.
Os/as aspirantes poderán recusalos de acordo co artigo 29 da mencionada lei.
Para os efectos de percepción de asistencias polos membros concorrentes ás sesións dos tribunais, estes estarán clasificados nas categorías que establece o número 1 do artigo 30 do Decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.
SEXTA.–CONTIDO DO PROCESO SELECTIVO, FORMA DE DESENVOLVEMENTO E SISTEMA DE CUALIFICACIÓN.
Sistema de provisión: concurso-oposición.
Desenvolvemento das probas e programas.
A data e máis a hora na que deberá constituírse cada tribunal, así como o día e a hora para o comezo do primeiro exercicio das probas selectivas convocadas serán determinados polo alcalde mediante resolución, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de admitidos e a composición do tribunal, que se publicará no taboleiro de anuncios do Concello.
Unha vez comezadas as probas selectivas será suficiente coa exposición dos anuncios que correspondan nos locais onde teñan lugar éstas e no taboleiro de anuncios do Concello. Cando o tribunal o considere conveniente, poderá acordar a celebración de varios exercicios nunha mesma xornada, concedéndolles aos/ás opositores/as un descanso mínimo de trinta minutos entre a celebración deles, ou na xornada seguinte, deixando transcorrer un prazo mínimo de 12 horas.
Os/as aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, quedando decaídos no seu dereito os opositores que non comparezan a realizalo, salvo casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados discrecionalmente polo tribunal.
Os aspirantes deberán presentarse para realizaren cada exercicio provistos do DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal, e tamén os medios materiais adecuados que sexan necesarios para a práctica daqueles.
Na realización e corrección dos exercicios escritos garantirase o anonimato, podendo utilizar o tribunal os medios que considere oportunos.
Comezada a práctica dos exercicios, os tribunais poderán requirirlles en calquera momento aos/ás concursantes que acrediten a súa identidade.
Se durante o desenvolvemento do proceso selectivo chegase a coñecemento do tribunal que algún dos/as aspirantes carece de calquera dos requisitos esixidos na convocatoria, será excluído, previa audiencia do interesado, comunicándoo no mesmo día á autoridade que convocara o proceso selectivo.
Para determinar a orde de actuación dos/as aspirantes naqueles exercicios que non poidan celebrarse conxuntamente, iniciarase pola letra que resulte do sorteo que efectúa a Secretaría de Estado para a Administración pública ou, no seu defecto, pola que determine o tribunal, previo sorteo celebrado para tal efecto.
Os exercicios que se celebren por escrito poderán ser lidos publicamente, se así o acorda o tribunal xulgador.
Concluído cada un dos exercicios da oposición correspondente, o tribunal fará pública, no taboleiro de anuncios do Concello, a relación de aspirantes que o superasen, indicando a puntuación obtida. Os opositores non incluídos na lista terán a consideración de “non aptos”.
Fase de concurso: valoración de méritos.
Na fase de concurso comprobaranse e cualificaranse os méritos alegados polos aspirantes, que deben xustificarse fidedignamente con documentos orixinais ou unha copia autenticada acreditativa daqueles.
A puntuación máxima outorgada na fase de concurso non poderá exceder de trinta (30) puntos.
A cualificación dos méritos na fase de concurso será anterior á fase de oposición e as puntuacións outorgadas publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello.
A puntuación obtida na fase de concurso non terá carácter eliminatorio e non poderá terse en conta para superar os exercicios da fase de oposición.
Nesta fase valoraranse os méritos específicos adecuados ás características de cada posto, segundo o seguinte: BAREMO
1.–Formación específica: ata 12,00 puntos.
a) Cursos de formación relacionados coas funcións do contrato a formalizar (superiores a 40 horas):
a.1) organizado por institucións públicas: 1,00 punto por curso.
a.2) organizado por institucións privadas: 0,50 puntos por curso.
O mesmo curso impartido en anos sucesivos só contará unha vez. Cando haxa máis dun curso cos mesmos contidos, só contará o de maior duración.
Será necesario acreditar documentalmente, mediante copia compulsada calquera dos meritos alegados. As compulsas poderanse realizar no Concello.
2.–Experiencia laboral: ata 18,00 puntos.
a) 0,5 puntos por mes traballado como Auxiliar de Axuda a Domicilio para a Administración Local ou Autonómica.
b) 0,8 puntos por mes traballado como Auxiliar de Axuda a Domicilio no Concello de Carballo.
c) 0,4 puntos por mes traballado como Auxiliar de Axuda a Domicilio para institucións privadas.
Será necesario presentar Informe de Vida Laboral, en tódolos puntos deste apartado, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, que se acompañará de certificado do centro de traballo onde se prestaron os servizos (ou fotocopia dos contratos), especificando o tempo traballado, a categoría profesional e as funcións desenvolvidas no posto de traballo.
Fase de oposición:
Consistirá na realización dun exercicio de vinte preguntas cortas a determinar polo Tribunal relacionadas co temario que figura no anexo nun tempo máximo de noventa minutos. Puntuarase de 0 a 70 puntos.
Para superar esta proba será necesario alcanzar un mínimo de 35 puntos.
Publicidade do proceso selectivo.
A publicidade dos distintos actos derivados deste proceso selectivo, así como as comunicacións a que dese lugar, realizaranse mediante publicación no taboleiro de edictos deste Concello, sen prexuízo de calquera outro medio de difusión que se considere oportuno.
Cualificación final.
A cualificación final virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e fase de oposición.
Determinada a cualificación final dos aspirantes o tribunal fará pública a relación de aprobados por orde de puntuación no taboleiro de anuncios da corporación.
Serán seleccionados/as aqueles/as que obteña maior puntuación global (sumadas as da fase de concurso e oposición). En caso de igualdade será seleccionados/as aqueles/as que obteña maior puntuación na fase de oposición.
No suposto de que os/as seleccionado/a non presenten a documentación requirida ou ben renuncien ao posto obtido, as propostas de contratación efectuarase aos seguintes da lista de puntuación obtida.
SÉTIMA.–PROPOSTA DE APROBADO/A.
Concluída a cualificación final do proceso selectivo, o Tribunal publicará no citado taboleiro de anuncios do Concello o nome dos/as aspirantes aprobados/as por orde da puntuación total final, con especificación desta. Asemesmo, o Tribunal elevará esta relación, coa acta da sesión, ao alcalde para proceder á formalización dos contratos correspondentes, a favor dos/as aspirante que obtiveran a puntuación total máis alta (o Tribunal Cualificador non poderá facer proposta de contratación a favor dun número de aspirantes superior ao das prazas convocadas). Calquera proposta que inclúa máis nomes que prazas convocadas ou contradiga o anteriormente establecido, será nula de pleno dereito.
A incorporación ao posto de traballo realizarase de forma gradual, segundo as necesidades do servicio e previa notificación aos/as traballadores/as.
O chamamento para a incorporación ao posto de traballo realizarase pola orde da puntuación obtida polos/as aspirantes que superaron o proceso selectivo e incluidos na proposta de contratación elevada polo Tribunal cualificador a Alcaldía.
Na acta da última sesión, incluirase unha relación dos/as aspirantes, por orde de puntuación, que tendo superado os exercicios da oposición, no seu caso, non foran incluídos na lista de aprobados/as e proposta de nomeamento, así como daqueles outros que superaran algún dos exercicios, a efectos de poder, se así se estima, ser contratados eventualmente, para cubrir provisionalmente as vacantes que se produzan ou as ausencias por aproveitamento de licenzas regulamentarias, necesidades do servizo, etc., ou por se fose necesario cubrir algunha baixa ou renuncia dos/as selecionados/as.
A confección desta relación de aspirantes para provisións temporais, que será aprobada por Decreto da Alcaldía e publicada no Taboleiro de Anuncios do Concello, supón a derogación da lista para interinidades e contratacións laborais temporais que se deriva das bases para a selección de tres prazas de auxiliar de axuda no fogar” (SLT 29/07), que foron aprobadas por Decreto núm. 2641, de data 13 de novembro de 2007.
A orde de chamamento dos/as aspirantes da nova lista terá un carácter rotativo de maneira que cando un/a traballador/a acade 12 meses de vida laboral, permanecerá outros seis meses en expectativa de volver a ser chamado, coa finalidade de garantir o sistema rotativo e a igualdade de oportunidades para todos os alistados.
OITAVA.–PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS.
Os/as aspirantes incluídos na proposta de contratación do Tribunal cualificador, cando fosen chamados para a incorporación ao traballo, presentarán na Secretaría Xeral do Concello, no prazo de tres días naturais (contado a partir do día seguinte a aquel en que foran requiridos para elo) os documentos que acrediten que cumpren todos e cada un dos requisitos esixidos na base 2ª desta convocatoria, no caso de que non foran xa presentados xunto coa solicitude para tomar parte neste proceso selectivo.
Se dentro do prazo indicado, salvo casos de forza maior, os/as aspirante proposto/a non presentaran a súa documentación ou non acreditaran reunir os requisitos esixidos, non se poderá proceder á súa contratación, e quedarán anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades en que puidera ter incorrido por falsidade na instancia ou na documentación presentada para tomar parte neste proceso selectivo.
NOVENA.–FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.
Unha vez presentada a documentación á que se refire o apartado anterior, o órgano competente da Corporación procederá á contratación a favor dos/as aspirantes propostos/as polo Tribunal Cualificador e chamados para a súa incorporación segundo o procedemento disposto nas bases sétima e oitava, e será nula a contratación de quen estea incurso en causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.
A formalización dos contratos terá lugar dentro do prazo de cinco días naturais, a contar desde a data de notificación do acordo de contratación.
Previamente á sinatura dos contratos, os/as aspirantes contratados/as deberán subscribir a declaración á que se refire o artigo 13.1 do Real Decreto 598/1985, de 30 de abril, sobre incompatibilidades.
Mentres non se formalice os respectivos contratos e non se incorporen aos posto de traballo, os/as aspirantes non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.
As persoas contratadas estarán obrigadas a prestar a súa xornada de traballo na medida e forma requiridas polo interese do servizo, de acordo coa lexislación aplicable, e quedarán sometidas a un período de proba, co alcance previsto no artigo 14 do Estatuto dos Traballadores, e estarán suxeitas á lexislación laboral pertinente.
DÉCIMA.–NORMAS FINAIS.
Primeira.–Para todo o non previsto nestas bases, ou naquilo que as contradigan, será de aplicación supletoria o establecido na Lei reguladora das bases de réxime local, na Lei de administración local de Galicia, Real Decreto 896/1991, Real Decreto 364/1995, e demais lexislación vixente que sexa de aplicación.
Segunda.–Agás a convocatoria, que se publicará segundo se establece na base 4ª, os sucesivos actos e comunicacións que se deriven da celebración deste proceso selectivo faranse públicos, exclusivamente, a través do Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello.
Terceira.–Tódolos actos administrativos derivados desta convocatoria, así como da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polas/os interesadas/os nos casos e na forma establecidos pola Lei de procedemento administrativo e normas vixentes concordantes.
A presentación de reclamacións non suspenderá a continuación do proceso selectivo, salvo que así o decida o órgano convocante deste.
Cuarta.–Contra as presentes bases e a resolución que as aproba, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO ante o Xulgado Contencioso Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses (contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria).
Con carácter potestativo e previo, poderá interpoñer RECURSO DE REPOSICIÓN ante o mesmo órgano que adoptou o acordo de aprobación, no prazo dun mes (contado dende ao día seguinte ao da publicación da convocatoria). Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Neste último suposto, o prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses contados dende o día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro que considere procedente.
ANEXO I (TEMARIO)
1.–Obxectivos xerais do servicio de axuda a domicilio
2.–O perfil profesional dos auxiliares de axuda a domicilio
3.–Funcións dos auxiliares de axuda a domicilio
4.–Normativa relacionada co servizo de axuda no fogar
5.–A tele - asistencia domiciliaria
6.–Actuacións de carácter doméstico
7.–Actuacións de carácter persoal
8.–Servizos sociais de atención primaria
9.–A Constitución española: principios e liñas xerais
10.–O municipio: organización, elementos necesarios
Carballo, 28 de maio de 2008
O alcalde
D. Evencio Ferrero Rodríguez
Última actualización el Martes, 25 de Mayo de 2010 22:48
 
 

¿Quién está en línea?

Tenemos 15 invitados conectado(s)