Inicio | Noticias | A Coruña | Concello de Oleiros

En el foro se dijo

 
Concello de Oleiros Imprimir E-mail
Usar puntuación: / 0
MaloBueno 
Noticias - A Coruña
Escrito por Administratora   
Lunes, 07 de Abril de 2008 00:11
Indice del artículo
Concello de Oleiros
conoleiros
Todas las páginas
Boletín Nº 65. Martes, 18 de marzo de 2008
Bases xerais para a provisión en propiedade de prazas de persoal funcionario e laboral
Convocatoria unitaria para a provisión en propiedade de prazas de persoal funcionario de carreira e persoal laboral convocadas polo Concello de Oleiros e organismos dependentes no ano 2008, aprobada por resolución da primeira tenente de alcalde delegada de interior número 797/07 do 28 de febreiro.
Primeira.-Obxecto da convocatoria.
É obxecto da presente convocatoria unitaria, que se complementará coas correspondentes convocatorias específicas, a provisión en propiedade das prazas vacantes de persoal funcionario de carreira e persoal laboral que se convoquen no ano 2008, mediante o proceso selectivo que en cada convocatoria específica se determine, así como das derivadas dos plans de emprego correspondentes.
Rexerá esta convocatoria, igualmente, nos procesos selectivos que se desenvolvan con posterioridade ao ano 2008 en tanto non sexan aprobadas as dos anos correspondentes.
Segunda.-Condicións dos aspirantes.
Para tomar parte nas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, referidos todos e cada un deles á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
a) Ter a nacionalidade española ou ser nacional doutro Estado membro da U.E. ou daqueles Estados aos que se refire e nas condicións que establece o artigo 57 da Lei 7/2007 do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.
b) Ter dezaseis anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
c) Estar na posesión do título que en cada caso se sinale na convocatoria específica, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
- De acordo coa disposición adicional quinta da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, considerarase equivalente ao título de diplomado universitario o ter superados tres cursos completos de licenciatura.
- Así mesmo, e a estes efectos, para o acceso ás prazas do grupo C1 ou equiparadas, a superación das probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos considerarase equivalente á obtención do título de bacharel ou formación profesional de segundo grao.
d) Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira.
- A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. Os aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.
e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, das Comunidades Autónomas ou das Entidades Locais, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas. Idéntico requisito esixirase aos nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea, no seu caso.

Última actualización el Jueves, 03 de Junio de 2010 20:42
 
 

¿Quién está en línea?

Tenemos 18 invitados conectado(s)